Onúmero da Comisión de Encimas (Enzyme Commission) ounúmero EC é un esquema de clasificación numérica para osencimas baseado nas reaccións químicas quecatalizan, elaborado pola Comisión de Encimas da Unión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular.[1]Como é parte dun sistema denomenclatura de encimas, cada número EC está asociado cun nome recomendado para o encima respectivo.
Falando estritamente, os números EC non especifican encimas, senón máis ben reaccións catalizadas por encimas. Se distintos encimas (por exemplo de diferentes organismos) catalizan a mesma reacción, recibirán o mesmo número EC.[2] Polo contrario, existen tamén os identificadoresUniProt, que especifican unhaproteína só pola súa secuencia de aminoácidos.[3]
Cada código de encima consta das letras "EC" seguidas de catro números separados por puntos. Os números representan a clasificación do encma en grupos progresivamente máis detallados.
Por exemplo, astripéptido aminopeptidases teñen o código "EC 3.4.11.4", cuxos compoñentes significan que pertence ás seguintes clases de encimas:
- EC 3. O primeiro número indica o primeiro nivel da clasificación, que consta de seis grandes clases de encimas. O número 3 corresponde áshidrolases, é dicir, encimas que utilizan aauga para romper enlaces noutra molécula (hidrólise).
- EC 3.4. O segundo número indica un subgrupo dentro das hidrolases. O grupo 4 corresponde ás hidrolases que actúan sobreenlaces peptídicos; por tanto, romperán enlaces peptídicos utilizando para facer dita reacción unha molécula de auga.
- EC 3.4.11. O número 11 indica as hidrolases que rompen enlaces peptídicos rompendo o enlace do extremoamino terminal dopolipéptido, polo que separan oaminoácido situado nese extremo.
- EC 3.4.11.4. O número 4 final asígnase a aqueles encimas que hidrolizan os enlaces peptídicos polo extremoN-terminal concretamente de tripéptidos.
Códigos de nivel máis alto do número EC[4]Grupo | Reacción catalizada | Reacción típica | Exemplo(s) de encimas co seu nome común |
---|
EC 1 Oxidorredutases | Catalizan reaccións deoxidación-redución; transfiren átomos de H ou O ouelectróns dunha substancia a outra | AH + B → A + BH (reducida) A + O → AO (oxidada) | Deshidroxenase,oxidase |
---|
EC 2 Transferases | Transfiren ungrupo funcional dunha substancia a outra. O grupo pode sermetilo,acilo,amino oufosfato. | AB + C → A + BC | Transaminase,quinase |
---|
EC 3 Hidrolases | Formation de dous produtos a partir dun substrato por medio dunhahidrólise | AB + H2O → AOH + BH | Lipase,amilase,peptidase |
---|
EC 4 Liases | Adición ou eliminación non hidrolítica de grupos dun substrato. Poden romper enlaces C-C, C-N, C-O ou C-S | RCOCOOH → RCOH + CO2 ou [X-A-B-Y] → [A=B + X-Y] | Descarboxilase |
---|
EC 5 Isomerases | Rearranxos intramoleculares, por exemplo, cambios nunha soa molécula que provocanisomerizacións | AB → BA | Isomerase,mutase |
---|
EC 6 Ligases | Unen dúas moléculas sintetizando novosenlaces covalentes C-O, C-S, C-N ou C-C co gasto simultáneo da enerxía doATP | X + Y+ ATP → XY + ADP + Pi | Sintetase |
---|
O esquema para a nomenclatura dos encimas empezou a desenvolverse en 1955, cando o Congreso Internacional de Bioquímica en Bruxelas creou a Comisión de Encimas. A primeira versión publicouse en 1961. A edición actual é a sexta, publicada polaUnión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular en 1992, e contén 3196 encimas distintos.
- ↑Webb, Edwin C. (1992).Enzyme nomenclature 1992: recommendations of the Nomenclature Committee of the International Union of Biochemistry and Molecular Biology on the nomenclature and classification of enzymes(eninglés). International Union of Biochemistry and Molecular Biology by Academic Press - San Diego.ISBN 0-12-227164-5. [1]
- ↑"ENZYME (Enzyme nomenclature database)". ExPASy. Consultado o2006-03-14.
- ↑Apweiler R, Bairoch A, Wu CH, Barker WC, Boeckmann B, Ferro S, Gasteiger E, Huang H, Lopez R, Magrane M, Martin MJ, Natale DA, O'Donovan C, Redaschi N, Yeh LS (2004)."UniProt: the Universal Protein knowledgebase".Nucleic Acids Res.32 (Database issue): D115–9.PMC 308865.PMID 14681372.doi:10.1093/nar/gkh131.
- ↑Moss, G.P."Recommendations of the Nomenclature Committee". International Union of Biochemistry and Molecular Biology on the Nomenclature and Classification of Enzymes by the Reactions they Catalyse. Consultado o2006-03-14.