Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Muxe'

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos poboszapotecas do val central deOaxaca,México, chámansemuxe' oumushe ás persoas que aparentan ser predominantemente homes pero exhiben certas características femininas. Os muxe' desempeñan un rol sexual correspondente a un terceiro xénero, que estaría a medio camiño entre o rol masculino e o feminino e con características de cada un deles.[1] Nas actuais poboacións zapotecas pódense encontrar aínda vestixios da tolerancia e da aceptación que os muxes recibían antes daconquista, se ben agora ahomosexualidade nesta rexión está tan estigmatizada como noutras partes do país.

Características

[editar |editar a fonte]

Crese que o termomuxe' ven da palabra españolamujer, que significamuller, nunha derivación fonética que os zapotecas empezaron a usar noséculo XVI.

Cabe notar que o núcleo da cultura zapoteca era a unidadefamiliar organizada nun sistema similar aomatriarcado. Os homes facíanse cargo decazar,cultivar a terra e tomar decisiónspolíticas, mentres que as mulleres controlaban ocomercio e as decisiónseconómicas. Un muxe' podía participar en decisións que polo xeral se reservaban para as mulleres da familia.

Tradicionalmente algúns muxe' tamén tiñan o rol de iniciarsexualmente aos rapacesadolescentes, xa que non era socialmente aceptado que as mozas novas perderan avirxindade antes domatrimonio.[2] Noutras culturas desta rexión existiron grupos que cumprían funcións similares deterceiro sexo, como no caso dosbiza’ah deTeotitlán. Aínda que a actitude dos muxe' é tradicionalmente andróxina, adoitan ter unha aparencia máis masculina que feminina, sobre todo no vestir. O status do muxe' é recoñecido durante a súainfancia. Dende a épocaprecolombiana, os zapotecas consideraban aos muxe' parte dunterceiro sexo. Con frecuencia o muxe' adopta o papel pasivo-penetrado nas relacións sexuais con homes que cos que, ás veces, formaban unha parellamonógama.[3] Outros vivían en grupos e outros casaban con mulleres e tiñanfillos.

Papel social

[editar |editar a fonte]

Un estudoantropolóxico encontrou que aproximadamente o 6 por cento da poboación masculina doIstmo de Tehuantepec estaba composta por persoas muxe'.[4] Hoxe en día os muxe' adoitan formar parellas temporais con outros homes, as relacións estables a longo prazo non son moi comúns e é extremadamente raro que formen parellas con mulleres.

Nunha familia tradicional, o muxe aínda adoita ser considerado pola súanai como "o mellor dos seus fillos"[5], xa que o fillo muxe nunca abandona aos pais nos momentos difíciles da vida: avellez e asenfermidades. A diferenza dos fillosheterosexuais que casan e van formar outro núcleo familiar que necesita coidados, o fillo muxe' queda na casa ou regresa cando é necesitado. Por iso os muxe' representan para as súas nais tanto unha seguridade económica como un apoiomoral, sobre todo cando en idade madura quedan soas. Nalgúns casos, cando fan falta fillas e un fillo home non expresa a "natural" agresividade dos homes, a mesma nai cría ao cativo favorecendo unha serie de comportamentos atribuídos socialmente ás nenas. Por iso non é raro ver aos nenos muxe' menores de dez anos acompañando á nai a vender nomercado ou aprendendo dela a bordar.[5]

No2003 a activistaAmaranta Gómez Regalado,[6] unha muxe' de 25 anos de idade, chamou a atención dosmedios de comunicación internacionais coa súa candidatura aocongreso unicameral do estado de Oaxaca.[7] Gómez Regalado continúa participando en varios proxectos en pro da comunidadeLGTB e é membro do Comité Estatal Contra aHomofobia. No2005 a directora mexicanaAlejandra Islas filmou undocumental enJuchitán de Zaragoza titulado"Muxes: Auténticas, intrépidas y buscadoras de peligro", que foi ben acollido en varios festivais internacionais. Tras a estrea do documental, a cadea de televisión de Juchitán emitiu debates sobre o dereito dos muxe' a vestir a indumentaria tradicional e se iso implica que se lles de be dar o mesmo trato que ás mulleres. Alén destes debates, a apertura da discusión de temas sexuais levou a que en Juchitán se leven a cabo continuamente campañas de información sobresexualidade, prevención dedoenzas de transmisión sexual e prevención deembarazos non desexados entre os novos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. EMBER, C.R.;EMBER, M. (2003).Encyclopedia of sex and gender: men and women in the world's cultures, Volume 1.Springer.ISBN 030647770X. 
  2. SMALLMAN, S.C. (2007).The AIDS pandemic in Latin America.UNC Press.ISBN 0807857963. 
  3. NEILL, J. (2009).The origins and role of same-sex relations in human societies.McFarland.ISBN 0786435135. 
  4. SÁNCHEZ, G.Homosexualismo.Gerardo Sánchez.ISBN 0965258084. 
  5. 5,05,1MIANO BORRUSO, M. (2002).Hombre, mujer y muxe': en el Istmo de Tehuantepec.Plaza y Valdes.ISBN 9701883209. 
  6. "Entrevista con Amaranta Gómez Regalado". Arquivado dendeo orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2010. 
  7. Reportaxe acerca da candidata Amaranta Gómez Regalado

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Diversidade sexual

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Orientación e identidadexenérico-sexuais
Identidades do xénero
Terceiro xénero
Orientacións sexuais
Roles de xénero
Home · Muller · Boi · Genderfuck · Womyn
Véxase tamén
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Muxe%27&oldid=6633917»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp