Alcume | lapazorrixak![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Guipúscoa | |||
Comarcas | Debabarrena![]() | |||
Capital | Mutriku(en)![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.281(2024)![]() | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante)![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 27,69 km²![]() | |||
Bañado por | Mar Cantábrico![]() | |||
Altitude | 49 m![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1209![]() | |||
Organización política | ||||
• Alcalde![]() | Jose Angel Lizardi Agirregomezkorta(en)![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 20830![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 20056![]() | |||
Sitio web | mutriku.eus![]() |
Mutriku (encastelánMotrico) é un concello da provincia deGuipúscoa, noPaís Vasco. Áchase na costa do mar Cantábrico facendo límite conBiscaia, no noroeste da provincia guipuscoana. Pertence á comarca deDebabarrena cunha poboación de 4.973 habitantes segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2008.
Mutriku tamén se atopa no noroeste da comarca á que pertence, aínda que non está estritamente na conca doDeba, que está nunha pequena conca independente. Esténdese dende a desembocadura do Deba até a do Aretibai, ficando o núcleo urbano equidistante entre estes puntos. As súas costas son cantís onde se abren dúas pequenas baías, unha é onde está o núcleo urbano e o peirao, e a outra a que comparte conOndarroa, e está formada pola desembocadura doArtibai, onde se localiza a maior das súas praias, a de Saturrarán.
Motrico é a forma na que tradicionalmente se transcribiu o nome do municipio, dende o século XIII até1980 era o nome polo que era coñecido. Mais enlingua vasca empregábase a forma Mutriku, que obtivo carta de oficialidade en1980 cando foi adoptada polo Concello, sendo actualmente a forma habitual de denominar este concello.
Sobre a orixe do topónimo, realmente é incerta. En primeiro lugar non se sabe se o topónimo naceu coa fundación da vila en1209 ou se é anterior. Dado que en documentos do século XIII figura transcrito baixo o nome deMortrico,Motrico e sobre todovilla Nueba de Motrico, pode deducirse que existía o topónimo con anterioridade.
Tradicionalmente identificouse Mutriku coa localización da antiga poboación prerromana deTritium Tuboricum, poboación citada polo xeógrafo gregoClaudio Tolomeo no territorio da antiga tribo dosvárdulos. A identificación Mutriku-Tritium Tuboricum é certamente problemática, xa que se realizou sempre máis pola suposta semellanza dos nomes que por outro tipo de factores. De feito, o xeógrafo describíaTritium Tuboricum no interior do país várdulo, non na costa; e a pasaxe que alude ao seu asentamento nas beiras do Deba é dubidoso. Algúns autores vascos consideran que a antigaTritium Tuboricum puido ser a poboación deAstigarribia, situada algúns quilómetros cara ao interior seguindo o curso dorío Deba. Astigarribia é actualmente un barrio rural de Mutriku, pero foi unha poboación anterior á fundación da vila (a súa igrexa considérase unha das máis antigas de Guipúscoa) e encontráronse vestixios de presenza romana en Astigarribia.
Sobre a posible derivación do nome Motrico a partir do deTritium Tuboricum tampouco hai unanimidade. O lingüista alemánGerhard Bähr (que nacera no País Vasco), pensaba queTritium Tuboricum era un topónimo de orixe celta e propoñía unha evoluciónTuboricum->But(o)ricu-> Mutriku, para explicar a orixe do nome.Koldo Mitxelena consideraba que esta explicación era foneticamente satisfactoria, pero non estaba moi convencido da etimoloxía proposta por Bähr. Outros historiadores e cronistas clásicos comoEsteban de Garibay pensaban que Mutriku era a antigaTritium Tuboricum, pero facían derivar o nome da poboación dunMons tritium latino ('monte de trigo') segundo algúns. Garibay sostiña que o topónimo se compoñía deMonte eTrico, Garibay xustificaba este nome polo feito de que na entrada do porto desta vila había unha pena puntiaguda que era coñecida comoTrico(a) (palabra que quería dicir ourizo enéuscaro). Na actualidade ourizo disetriku enéuscaro batua etrikuharri (literalmente pedra de ourizo), é o nome que reciben osdolmens en éuscaro.
Os xentilicios son motriqués/motriquesa, docastelán, e mutrikuarra, doéuscaro.
No límite noroeste da provincia e da comarca, facendo fronteira con Biscaia, Mutriku esténdese sobre o mar en altos acantilados que deixan, na baixada de marea, zonas de baño e pesca nas que se abre algún pequeno areal. As praias situadas na desembocadura dos ríos Deba e Artibai e lonxe do centro urbano son a de Deba, a de Ondarbeltz, de area negra e con algunha rocha, e a do Artibai, de fina area marela. Tamén se pode apreciar arasa mareal que vén dendeZumaia. O núcleo urbano áchase nunha pequena baía equidistante entre as dúas desembocaduras. Nesta baía atópase o porto e sobre el, subindo pola ladeira, os edificios que conservan o carácter medieval.
A súa situación, apartada das vías principais de comunicación da zona, fai que quede relativamente illado. Está situado a 3km de Deba, por onde pasa a estrada nacionalN-634, a autoestradaA-8 e o ferrocarril de vía estreita deEuskotren que o enlazan coa cabeza comarcal,Éibar, da que dista 23 km, e coas capitais de Guipúscoa (Donostia), que fica a 46 km, e coa de Biscaia (Bilbao) a 70 km.
A estrada provincialGI-638 atravesa o municipio ligándoo coa nacional N-634 en Deba e coa BI-3222 en Ondarroa. É a vía principal de comunicación, aínda que hai outra estrada local que chega atéMendaro pasando polo alto do Calvario.
Mutriku limita cos seguintes municipios, ao suroeste conMarkina (Biscaia), ao surMendaro, ao leste conDeba e ao oeste conBerriatua eOndarroa (Biscaia).
Ademais do núcleo urbano que se sitúa sobre o porto onde vive entre un 85 e un 90% da poboación, o concello de Mutriku está composto polos seguintes barrios rurais. Os datos de poboación son do 2007.
As covas de Jentiletxea II, Langatxo e Iruroin son testemuñas da ocupación destas terras en períodos prehistóricos que se remontan aoPaleolítico superior.
A vila de Mutriku fúndase en1209 polo rei castelánAfonso VIII que lle outorgoucarta de poboamento e a posibilidade de amurallar a urbe (hai algún resto das murallas).
O casco medieval desenvolveuse e construíronse importantes palacios e casa torre pertencentes ás familias aristocráticas e algunhas outras cuxas riquezas viñan do comercio marítimo ou de servir como mariños naArmada. En 1553 un incendio destruíu gran parte da vila salvándose algunhas casas de pedra e perdéndose todas as de madeira.
Noséculo XIX, sendo alcaldeCosme Damián Churruca, Mutriku coñece unha revolución urbana na que se abren dúas prazas situadas aos extremos do núcleo urbano. Unha delas constrúese no lugar onde estaba a antiga igrexa que, debido ao seu estado ruinoso, se demole. A outra, no outro extremo, fórmase coa construción da nova igrexa de estiloneoclásico conformando a praza co concello.
Oséculo XX trouxo a ampliación do porto e as súas instalacións, e o XXI outra nova ampliación co ánimo de potenciar a pesca e o turismo. É de destacar que esta nova ampliación comporta unhacentral eléctrica mareomotriz.
O río Deba é o límite do municipio polo leste, algúns pequenos regatos que nacen no municipio chegan a el como o Olatzgoiko erreka, o Añoerreka, Jarrolatza erreka e o Txokorrekua. Polo límite oeste ocorre o mesmo co Artibai aínda que neste caso o río que fai de límite municipal é o regato de Mijoaerreka que desemboca na praia de Saturraran na baía da desembocadura do Artibai. O Saturraran forma unha pequena conca que recolle as augas provenientes de Olatz e os montes dos arredores cos ríos Errekabeltz, Armentxako erreka, Ziñoaetxeberriko erreka, Artzainerreka, Aldaberreka, Bidekoaerreka, Ondaberroerreka e Kurpitako erreka. Entre estas dúas concas, a do Deba e a do Saturraran, hai outra pequena conca que a forma un pequeno río que baixa do Calvario e recorre a valgada onde se asenta o núcleo urbano e arredores, estes son: Errekaundi, Idurreko erreka, Leizarreko erreka, Maldomin erreka, Xoxuarterreka e Lasaoko erreka.
A orografía de Mutriku está marcada polo monteArno (608 m) que se alza sobre o municipio. É unha mole de rocha calcaria cuberta deaciñeiras cantábricas autóctonas e de coníferas das explotacións forestais. O relevo é moi accidentado con fortes pendentes nos estreitos e pequenos vales. A costa, acantilada, continuación darasa mareal guipuscoana.
A economía de Mutriku está ligada ao mar. A pesca foi o seu principal motor directa ou indirectamente, subministrando a materia prima para as fábricas conserveiras.
Osector primario, representado pola pesca e en clara crise. Da frota pesqueira de baixura soamente quedan un par de barcos. Aagricultura, que se desenvolve nos barrios rurais, é de subsistencia e os seus excedentes véndense nos mercados da comarca. A gandería é escasa e pouco significativa. A explotación forestal céntrase nos bosques depinus insignis e outras coníferas.
Osector secundario, claramente en desenvolvemento. Aindustria conserveira, historicamente a principal do municipio, deixou paso a toda clase de talleres de transformación metálica que entroncan coa importante industria da comarca. Isto foi posible pola adecuación de terreos chans, na parte de Saturraran, para a creación de polígonos industriais. As principais empresas do municipio son actualmente a conserveira Yurrita e Hijos S.A.,[1] Metec Motric S.A.,[2] que fabrica instrumental médico e o taller protexido de Katealegaia.[3]
Osector servizos, ten especial relevancia neste sector o turismo. O interese turístico de Mutriku é manifesto e vén sendo segunda residencia para moitoseibarreses. Ten varias instalacións de camping e unha boa dotación de estabelecementoshostaleiros. Comparte recursos coa veciña Deba. Os servizos están centralizados na comarca e o comercio é o axeitado para as necesidades dos veciños.
En Mutriku celébranse as seguintes festas:
Motrico, puerto rico, se entra con una mula y se sale con un borrico.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mutriku |