Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Musca Borealis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da constelación de Musca Borealis.

Musca Borealis, a Mosca Boreal, foi unha pequena e febleconstelación situada entreAries,Triangulum ePerseus. Actualmente xa non forma parte das constelacións oficiais e as súas estrelas volveron á constelación de Aries. A súa estrela máis brillante eraBharani (41 Arietis), demagnitude aparente 3,61.

A historia e a orixe de Musca Borealis son confusos; o primeiro en introducila foiPetrus Plancius no1612 baixo o nome deApis, a abella. Máis tardeJakob Bartsch cambioullo porVespa (a avéspora) no seu atlas de 1624, nome que tamén lle foi dado nos seus comezos á actualMusca, a cal se atopa ó sur deCrux. O astrónomoJohannes Hevelius rebautizouna coma Musca no seu atlas de1690, se ben despois engadiulle o termo Borealis para distinguila daMusca Australis.

Musca Borealis foi rexeitada noséculo XVIII pola meirande parte dos astrónomos debido á confusión de nomes que orixinaba xunto con Musca (Australis), aínda que non por isto deixaron de aparecerasterismos coas mesmas estrelas. Por exemplo, as mesmas estrelas foron utilizadas no1674 polo francésIgnace-Gaston Pardies para formarLilium, aflor de lis de Francia, pero este asterismo nunca chegou a ser unha constelación.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Constelacións obsoletas incluíndo Argo Navis de Ptolomeo

Anser |Antinoo |Argo Navis |Asterion |Cancer Minor |Cerberus |Chara |Custos Messium |Felis |Frederici Honores/Gloria Frederici |Gallus |Globus Aerostaticus |Jordanus |Lochium Funis |Machina Electrica |Malus |Mons Maenalus |Musca Borealis |Noctua |Officina Typographica |Polophylax |Psalterium Georgii/Harpa Georgii |Quadrans Muralis |Ramus Pomifer |Robur Carolinum |Sceptrum Brandenburgicum |Sceptrum et Manus Iustitiae |Solarium |Tarandus vel Rangifer |Taurus Poniatovii |Telescopium Herschelii |Testudo |Tigris |Triangulum Minor |Turdus Solitarius |Vultur

Nomes Obsoletos de Constelacións

Apis |Phoenicopterus |Serpentarius |Vespa |Xiphias

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Musca_Borealis&oldid=6146322»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp