Murray Street | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum deSonic Youth | ||||
Publicado | xuño de2002 | |||
Gravación | agosto de2001 - marzo de2002 | |||
Duración | 45:37 53:11 (CD Xapón) | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | DGC/Interscope | |||
Produtor | Sonic Youth | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Murray Street é un álbum da banda estadounidense derock alternativoSonic Youth. Foi editado a comezos de xuño do2002 noXapón, o día 10 enEuropa e o enNorteamérica[1]. O disco recibiu moi boas críticas e foi o primeiro conJim O'Rourke como membro da banda.
Algunhas copias francesas do álbum veñen cun vinilo de 10" azul nunha edición limitada de 500 exemplares . Tiña tres temas exclusivos, sacados de traballos da banda para bandas sonoras, "Derniere Minute Electrifee" na cara A, e "Le Paysage Zim Zum" e "Coca Neon Kamera Sutra" na B.
Membros do grupo de noise/improvisaciónBorbetomagus aparecen no tema "Radical Adults Lick Godhead Style". Unha das rapazas que aparece na fotografía da portada é Coco Hayley Gordon Moore, a filla deThurston Moore eKim Gordon. A outra nena que aparece é unha amiga de Coco chamada Stella. A contraportada ten unha fotografía dun edificio de oficinas situado no cruzamento entre Murray Street e West Broadway, preto da Zona Cero deManhattan. O estudio deSonic Youth entre1996 e2006, chamado Echo Canyon, estaba situado en Murray Street.
Pitchfork Media situou aMurray Street no número 108 da súa lista dos 200 mellores álbums dos anos 2000[2].
Tódolos temas escritos e compostos porSonic Youth.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "The Empty Page"(letra/voces Moore, coros Ranaldo) | 4:20 | |||||||
2. | "Disconnection Notice"(letra/voces Moore) | 6:24 | |||||||
3. | "Rain on Tin"(letra/voces Moore) (Tema 4 no vinilo) | 7:56 | |||||||
4. | "Karen Revisited"(letra/voces Ranaldo) (Tema 3 no vinilo) | 11:10 | |||||||
5. | "Radical Adults Lick Godhead Style"(letra/voces Moore, coros Gordon) | 4:27 | |||||||
6. | "Plastic Sun"(letra Moore, voces Gordon) | 2:14 | |||||||
7. | "Sympathy for the Strawberry"(letra/voces Gordon) | 9:06 | |||||||
45:37 |
Canción extra da edición xaponesa
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
8. | "Street Sauce" | 7:34 |