OMundial de Fútbol de 1970 foi a novena edición do campionato do mundo de seleccións internacionais defútbol, aCopa do Mundo da FIFA. O torneo celebrouse entre o 31 de maio e o 21 de xuño enMéxico, sendo esta a primeira edición do torneo con sede enAmérica do Norte, así como a primeira fóra deEuropa eAmérica do Sur. Na fase de clasificación para o torneo, que comezou en maio de1968, participaron seleccións representando a 75 países de seis continentes. Deste proceso saíron catorce equipos que se uniron á anfitrioaMéxico e aos defensores do títuloInglaterra. As seleccións debutantes neste torneo foronIsrael,Marrocos eO Salvador.
O campión do torneo foi o equipo doBrasil, o cal venceu na final celebrada noEstadio Azteca deCidade de México á selecciónitaliana por 4−1. Esta vitoria supuxo o terceiro título para os brasileiros, o que lles permitiu ficar co Trofeo Jules Rimet en propiedade. Isto supuxo que para a seguinte edición, en1974, aFIFA introducise un novo trofeo. Esta selección do Brasil, que contaba con xogadores comoPelé,Gérson,Jairzinho,Rivellino ouTostão, esta considerada como unha das mellores en teren participado do Mundial.[1] De feito, os brasileiros conseguiron gañar todos os seus encontros tanto da fase de clasificación como da fase final.
Pese aos problemas derivados daaltitude e as altas temperaturas,[2] o torneo destacou polo seu fútbol ofensivo e a cantidade de goles marcados, sendo a media de goles por encontro deste torneo a máis alta de toda a historia. Cos avances en comunicacións porsatélite, este torneo supuxo un récord de audiencia televisiva, sendo os encontros retransmitidos en directo para todo o mundo, algúns deles incluso en cor por vez primeira.[3][4]
De acordo aos criterios de rotación continental, despois da celbración da edición de1966 enInglaterra, o torneo de1970 debía ser organizado por un paísamericano. Os candidatos foronMéxico, que presentaba candidatura por vez primeira, e aArxentina, na cal era a súa cuarta tentativa (previamente tentara organizar os campionatos de1934,1942 e1962). Outras candidaturas foron presentadas, mais abandonaron antes da votación. A candidatura de México supuxo unha grande controversia debido a que o país xa fora escollido en 1963 sede dosXogos Olímpicos de 1968. AFIFA xunto coComité Olímpico Internacional, analizaron se organizar dúas competicións da devandita magnitude nun lapso de dous anos non sería prexudicial para a organización dos seus respectivos eventos. Con todo, o máximo organismo do fútbol chegou á conclusión de que a infraestrutura que se herdaría da Olimpíada sería beneneficiosa para a organización do mundial. Este feito, xunto coa maqueta doEstadio Azteca e maior estabilidade política do país norteamericano nese momento inclinaron a balanza ao seu favor, converténdose o8 de outubro de1964 no primeiro país en organizar unsXogos Olímpicos e unha Copa do Mundo de Fútbol de forma consecutiva.
Na fase de clasificación para o Mundial foron inscritos setenta e cinco equipos, cinco dos cales retiráronse antes do comezo. Descontando os clasificados automáticos,México eInglaterra, organizador e campión defensor, respectivamente, participaron sesenta e oito equipos, disputando 170 partidos e anotando 542 goles. A diferenza do torneo anterior, os equiposafricanos recibiron por vez primeira unha praza directa na fase final (Exipto se clasificara en1934 debido ao retiro dos seus adversarios). Esta praza foi conseguida porMarrocos. De igual forma, unha praza foi entregada ao gañador da clasificatoria deAsia eOceanía, na que participou de maneira extraordinariaRhodesia, excluída daCAF. Finalmente, clasificouseIsrael tras vencer aAustralia.
Europa contaba con oito prazas alén da de Inglaterra. Para escoller aos equipos participantes dividiuse aos vinte e nove candidatos en oito grupos, obtendo a clasificación o campión de cada un. No grupo 2,Checoslovaquia eHungría empataron no primeiro lugar, polo que xogaron un encontro de desempate en campo neutral (Marsella). O partido foi gañado polos checoslovacos por 4−1, obtendo así a súa clasificación.América do Sur, por outra banda, dispoñía de tres prazas para dez equipos. Nun sistema semellante ao europeo, os equipos foron divididos en tres grupos, sendo o campión de cada un deles o que disputaría o Mundial. Cómpre destacar a ausencia daArxentina despois de finalizar última no seu grupo. Foi esta a súa primeira ausencia despois de fallar nas eliminatorias.
América do Norte contaba cunha praza para trece equipos. O feito máis máis lembrado desta fase de clasificación daCONCACAF foi a chamada Guerra do Fútbol.Honduras eO Salvador levaban meses de tensión debido a diversas disputas de carácter económico, político, fronteirizo e migratorio. Durante a segunda fase da clasificatoria, ambos os países tiñan que se enfrontar en encontros de ida e volta para definir que equipo pasaba á terceira fase. No primeiro partido disputado enTegucigalpa o8 de xuño de1969, ocombinado local venceu por 1−0, pero enSan Salvador, ossalvadoreños lograron unha vitoria por 3−0, provocando o descontrol nos seareiros. Doce afeccionados hondureños serían asasinados pola multitude local, mentres en Honduras os inmigrantes salvadoreños foron atacados. As fronteiras foron pechadas e a tensión chegaría a niveis límites. Por outro lado, a federación de fútbol de Honduras presentou reclamacións á FIFA acusando ameazas de morte cara aos seus xogadores. Un terceiro partido de desempate disputado o26 de xuño noEstadio Azteca, confirmaría a clasificación salvadoreña cunha vitoria por 3−2. Esta vitoria permitiulles xogar a terceira e definitiva eliminatoria. Nele conseguiron vencer aHaití, obtendo así o pase á fase final do Mundial. Con todo, a tensión entre ambos os países non finalizou, Aprovocando a invasión do exército salvadoreño a Honduras o14 de xullo de1969. Polo menos 2000 persoas faleceron durante o conflito bélico, que terminou seis días despois grazas á mediación daOrganización de Estados Americanos.[5]
Para a organización dos xogos do tornos, foron seleccionados cinco estadios en cinco cidades. Alén das cidades escollidas, foron propostas sedes enHidalgo e na cidade portuaria deVeracruz.[6] Cada un dos catro grupos nos que foron dividos os participantes no torneo disputouse nunha única sede. A única excepción foi o Grupo 2, o cal se xogou entrePuebla eToluca. Excepto oEstadio Luis Dosal, todos os campos foron construídos durante adécada de 1960, xa que México se preparaba para acollar tanto a Copa do Mundo como osXogos Olímpicos de 1968.[7]
Dos cinco estadios utilizados para os trinta e dous partidos disputados. O máis grande e máis utilizado foi oEstadio Azteca deCidade de México, o cal albergou dez xogos. Isto inclúe a final, o partido polo terceiro e cuarto lugar e todos os encontros do Grupo 1, no cal estaba a selección mexicana. O Estadio Jalisco deGuadalaxara albergou oito encontros, incluído todos os xogos do Grupo 3 e unha semifinal. No Estadio León xogáronse sete partidos, incluíndo todos os do Grupo 4 e un de cuartos de final. Por outra banda, o Luis Dosal deToluca acolleu catro encontro e o Cuauhtémoc Puebla tres. Este último foi o único dos cinco que non albergou ningún encontro das eliminatorias finais.
Con dez goles,Gerd Müller foi o máximo goleador do torneo. En total, foron marcados 95 goles por 55 xogadores, sendo tan só un deles considerado enpropia meta.