A historia de Mozambique atópase documentada, polo menos, dende o século X, cando un estudoso viaxanteárabe,Al Masudi describiu unha importante actividade comercial entre as nacións da rexión doGolfo Pérsico e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que abranguía gran parte da costa norte e centro do actual Mozambique.
Porén, varios achados arqueolóxicos permiten caracterizar a prehistoria de Mozambique dende moitos séculos antes da escrita. Probablemente o evento máis importante desa prehistoria foi o asentamento nesta rexión dos pobosBantú que, non só foron agricultores, senón que tamén introduciron a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.
A penetraciónportuguesa en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 -coa partilla deÁfrica polas potencias europeas durante aConferencia de Berlín- transformouse nunha ocupación militar (véxase oMapa Cor-de-Rosa e oUltimato británico), ou sexa, na submisión total dos estados alí existentes, que levou, nos comezos doséculo XX, a unha verdadeira administración colonial.
Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de xuño do1975.
Ademais de membro daUnión Africana, Mozambique é tamén membro fundador daSADC, Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral.
AFrelimo foi o movemento que loitou pola liberación desde o comezo dadécada de 1960. Despois da independencia, a Frelimo tornouse nun partido político e pasou a controlar o poder.Samora Machel ocupou a presidencia do país ata a súa morte no1986. A Frelimo permaneceu no poder ata hoxe, tendo gañado en tres ocasións as eleccións multi-partidarias realizadas en1994,1999 e2004. ARenamo é o principal partido de oposición.
O país localízase na costa leste deÁfrica, na maior chaira costeira do continente (a metade do territorio do país encóntrase a 230 m sobre o nivel do mar). A cadea montañosa coñecida como Inyanga atópase ao oeste do país, alcanzando o seu máximo pico 2500 m. As maiores elevacións montañosas están a carón deZimbabwe,Zambia eMalawi.
As costas son moi irregulares, estando cubertas por grandes pantanos. As praias son turísticas, con area fina branca e augas cristalinas.
En 1975, ano da súa independencia, Mozambique era un dos países máis pobres do mundo, máis os problemas de xestión da economíasocialista e unha guerra civil entre o 1977 e o 1992 empeoraron a situación.[2]
O 1987 o goberno comezou unha serie de reformasmacroeconómicas con fins de estabilizar a economía, coñecidas comoPrograma de Rehabilitación Económica e Social, malia isto, aagricultura de subsistencia segue sendo a principal fonte de renda da maioría da poboación.
Oportugués é a lingua oficial e a máis falada do país, (70% como segunda lingua e 30% como primeira lingua). En Mozambique o portugués está menos estendido que enAngola, onde si é falado como primeira lingua pola maioría da poboación.
En Mozambique fálanse diversas linguas nativas, todas da gran familia delinguas bantús, as principais das cales son o macua, falada polo 26,3% da poboación, otsonga (11,4%) e o elomwe (7,9%), outras linguas bantús sonshona, ronga, echuwabo, chichewa, chope, bitonga, sena, ñungwe, ekoti, yao, maconde e mwani. Tamén ao norte do país se fala osuajili.[3]
Dende comezos do século XX, escritores e periodistas africanos publicaron o seu propio xornal na capital,O Africano (logo rebautizado baixo o nome deO Brado Africano), o cal subministrou un espazo de discusión para os intelectuais durante décadas.
O poetaJosé Craveirinha, autor deChigubo e deKaringana ua karingana (Era unha vez), foi galardoado co Premio Camões en 1991.[4] Outros autores relevantes sonMia Couto ePaulina Chiziane.
O pintor Malangatana Valente Ngwenya, coñecido como Malangatana, é un artista de renome internacional, sendo nombrado Artista daUnesco para a Paz. O escultor Alberto Chissano foi un pioneiro da escultura moderna en madeira en Mozambique, é considerado, xunto con Malangatana e o muralista Mankew Valente Muhumana, un dos artistas máis importantes e influentes de Mozambique.[5]
↑Bento Sitoe e Armando Ngunga (ed.). Relatório do II Seminário sobre a Padronização da Ortografia de Línguas Moçambicanas realizado na Matola (Maputo), de 8 a 12 de março de 1999. (2000) Centro de Estudos das Línguas Moçambicanas, Maputo.