Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mosteiro Mater Ecclesiae

Coord.:41°54′14″N12°27′04″L / 41.90375,12.45108
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro Mater Ecclesiae

TipomosteiroEditar o valor en Wikidata
EpónimoMãe da Igreja(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
DioceseDiocese de Roma(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°54′14″N12°27′04″L / 41.90375,12.45108
EstadoCidade do VaticanoEditar o valor en Wikidata
LocalizaciónJardins do Vaticano(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1994Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
FundadorXoán Paulo II, papaEditar o valor en Wikidata
Dedicado aMãe da Igreja(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Fotografía do mosteiroMater Ecclesiae (Cidade do Vaticano)

Omosteiro Mater Ecclesiae (enlatín,Nai da Igrexa) é unconvento demonxas daCidade do Vaticano no que viviu opapa eméritoBieito XVI entre2013 e2022.

Edificio

[editar |editar a fonte]

Localízase nos Xardíns do Vaticano nas proximidades do sede daRadio Vaticana e dafonte doAquilone. O mosteiro ten forma deparalelepípedo e conta con dúas ás: na leste, de tres andares e soto, están os espazos comúns e as doce celas para as residentes, e a oeste, de dous pisos, onde está a capela. Ademais, ao seu carón, hai unha leira que se cultiva seguindo criterios daagricultura ecolóxica.[1]

A parte máis antiga do recinto, a construída a principios doséculo XX, é a á leste, chamadaCasetta Giardini, ideada para o Corpo de Xendarmaría, foi logo morada dos directores da Radio Vaticana e despois sede de diferentes dependencias administrativas. Este edificio acondicionouse entre1992 e1994 para albergar á comunidade monástica e sendo, nese momento, ampliado coa construción da ala da capela.[2]

Historia

[editar |editar a fonte]

O mosteiro foi fundado por iniciativa deXoán Paulo II para contar dentro do Vaticano cun grupo de monxas que orase polaIgrexa e o papa. Segundo os estatutos do mosteiro, a orde relixiosa que o ocupe debe trocar cada cinco anos, lapso logo reducido a tres.[2] Deste xeito alternáronse as seguintes:

1994-1999: Orde de Santa Clara (clarisas)

1999-2004:Orde das Carmelitas Descalzas

2004-2009:Orde de San Bieito (bieitas)

2009-2012: Orde da Visitación (salesas)

En 2012 a comunidade de salesas deixou o edificio e acometéronse obras de restauración. Cando en 2013, o papaBieito XVI anunciou a súa abdicación, o mosteiro foi preparado para acoller a súa morada.[3] Dende entón, reside aló canda o seu secretario privadoGeorg Ganswein e catro leigas consagradas da comunidadeMemores Domini (ligadas ao movementoComuñón e Liberación) que axudan cos labores domésticos.[4] Ademais, o seu irmán,Georg Ratzinger, tiña un cuarto para cando o visitaba.[5]

Durante o seu retiro, Bieito XVI mantivo unha rutina diaria que consistía na misa conventual durante a mañá e o estudo nabiblioteca.[6] Ademais, tamén recibiu visitas do papaFrancisco e concedeu algunhas audiencias públicas.[7][8] Bieito XVI faleceu no mosteiro Mater Ecclesiae ás 9.34 horas do31 de decembro de2022.[9]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Giacometti, Veronica."Raccontando la Città del Vaticano. Il Monastero Mater Ecclesiae, la casa di Benedetto XVI".www.acistampa.com. Consultado o2022-12-30. 
  2. 2,02,1"Un monasterio en el Vaticano".Alfa y Omega(encastelán). 2013-04-30. Consultado o2022-12-30. 
  3. "2 maggio 2013 Benedetto XVI si stabilisce nel Monastero Mater Ecclesiae".www.ilmessaggero.it(enitaliano). 2018-05-01. Consultado o2022-12-30. 
  4. Rusconi, Giuseppe (2013-05-03)."Benedetto XVI al Mater Ecclesiae. Due Papi in Vaticano".ZENIT(enitaliano). Consultado o2022-12-30. 
  5. El Papa Francisco recibe a Benedicto XVI en su regreso al VaticanoArquivado 04 de marzo de 2016 enWayback Machine. Informador.
  6. "En visite chez Benoît XVI au monastère 'Mater Ecclesiae'".cath.ch. 
  7. "El Papa y los nuevos cardenales visitan a Benedicto XVI - Vatican News".www.vaticannews.va(encastelán). 2022-08-27. Consultado o2022-12-31. 
  8. "Una birra per Benedetto XVI. Ecco come lui stesso parlava del suo compleanno, «amicizia» con Cristo".Tempi(enitaliano). 2015-04-16. Consultado o2022-12-31. 
  9. "Morre Bento XVI, "humilde trabalhador na vinha do Senhor" - Vatican News".www.vaticannews.va(enportugués). 2022-12-31. Consultado o2022-12-31. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Mosteiro Mater EcclesiaeModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mosteiro_Mater_Ecclesiae&oldid=6994123»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp