O termoconvento, dolatínconventus que significa "asemblea", procede orixinalmente da asemblearomana onde os cidadáns se reunian para fins administrativos ou de xustiza (conventum iuridicum). Posteriormente pasouse a utilizar con sentidorelixioso, relativamente aomonasticismo cando, para mellor servir e amar aDeus, os homes se retiraban do mundo, primeiro soíños (como ermitáns), despois en grupos demonxes (comunidades relixiosas), para edificios concibidos para o efecto, osconventos. En termos xerais, aínda queconvento sexa sinónimo demosteiro (algunhas persoas pensan, erradamente, que os mosteiros se destinan a homes e os conventos, a mulleres), a palabraconvento pode ser, especificamente utilizada para as ordes monásticas de vida activa, mentres quemosteiro se aplica, en xeral, a ordes contemplativas, vocacionadas para aclausura - mais tal diferenciación non presenta unanimidade existindo diversos posicionamentos doutrinais[1].
San Bieito, noOccidente, foi o primeiro a crear a estrutura dun convento. Despois, ao traballo daIgrexa, xuntouse o dascruzadas desde oséculo XII nasOrdes militares, e o dos apostolados nasOrdes mendicantes. Os conventos, fose cal fose o estiloarquitectónico da súa construción, tiveron sempre unhatraza fundamentalmente igual, debido ás esixencias da vidarelixiosa encomunidade: a igrexa conventual cocoro; oclaustro onde abrian as salas en que se realizaban os outros actos de vida en común; a sala docapítulo para as reunións solemnes de instrución e corrección onde normalmente tamén eran erguidos o refeitorio e abiblioteca; encima, a toda a volta, corrían os dormitorios, con celas individuais; ao redor do edificio, campo para recreo ecultivo.
A Igrexa, a través dos mosteiros, cumpriu un papel determinante na transición entre a antigüidade e ofeudalismo, na consolidación do sistema feudal, cuxo control, seguindo aLe Golf:"pasa en todos os elementos esenciais pola igrexa, igrexa de celibatarios que dominan a produción económica, a medida do tempo, os lazos de parentesco, a ensinanza, a cultura, a arte, a asistencia e a caridade"[2]
O cristián medieval fixo dos mosteiros uns dos centros máis beneficiados das súas actitudes piadosas co obxecto de procurar os seus servizos relixiosos para que actuaran como intermediarios entre Deus e os fieis. Reciben esmola e doazóns a cambio de actuar como axentes redentores que interceden polos fieis na procura da salvación da súa alma.
A aparación en Galicia da primeira comunidade bieita documéntase en datas moi tardías. A incorporación áOrde de Cluny foi promovida durante o reinado deAfonso VI (metade doséculo XII) e a finais deste século e principios do seguinte moitos dos mosteiros galegos acolléronse areforma do Císter. Durante toda aIdade Media os cenobios foron obxecto de interese da nobreza galega que vinculaba pola forza ao mosteiro coa súa liñaxe e economía. En tempos dosReis Católicos o Papa ordena a reestruturación do entramado monacal de España. A partir de entón todos os mosteiros e conventos pasaron a depender dun mosteiro central pasando a formar parte da Congregación Cisterciense de Castela. No caso de Galicia os mosteiros masculinos pasaron a depender doMosteiro de San Martiño Pinario e os de mulleres doConvento de San Paio de Antealtares.
↑Por exemplo, oDRAG especificaconvento como "Edificio onde viven en comunidade frades ou monxas dunha orde relixiosa" emosteiro como "Convento grande, xeralmente apartado das poboacións, onde viven os membros dunha orde relixiosa", polo que as diferenzas veñen dadas polo tamaño e pola situación. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraconvento.; Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramosteiro.
↑Prefacio do libro de A.Guerreau"Le feudalisme. Un horizon theorique".París. Le Sycomore. (1980). Páx. 13.