Omosquito,cínfano oucínife,[2] é uninsecto da familiaCulicidae. Coma os outros membros da ordeDiptera, os mosquitos teñen un par de ás e un par de halteres. As características da súa familia inclúen un corpo esguío e patas longas. O tamaño varía pero raramente supera os 15mm. O peso dos mosquitos é só de 2 a 2.5 miligramos. Conseguen voar de 1.5 a 2.5 km/h. Os mosquitos existen desde hai 170 millóns de anos (Xurásico medio).
O mosquito pasa por catro fases distintas no seu ciclo vital: ovo, larva, pupa e adulto. O tamaño que alcance nas tres primeiras etapas depende do seu especie e da temperatura.
Na maioría dos mosquitos femia as pezas bucais forman unha longaprobóscide preparada para perforar a pel dosmamíferos (ou nalgúns casos deaves,réptiles ouanfibios) para succionaren o seusangue.[3] As femias requiren proteínas para a creación de ovos e xa que a dieta normal do mosquito consiste en néctar e zumes de froitas, carentes de proteínas, deben beber sangue para obter as proteínas necesarias. A dieta dos machos consiste ennéctar,saiba ezumes defroitas, xeralmente ricos enazucres. Os órganos bucais dos machos difiren dos das femias en que están inhabilitados para succionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos,Toxorhynchites, non inxiren sangue e as súas larvas son predadoras doutras larvas de mosquitos. O comportamento picador destas especies é moi variable habendo especies que pican preferentemente as aves e outras os mamíferos con toda unha gradación intermedia.
Anatomía dunha larva deCulexImaxe microscópica dacabezaCiclo vital do mosquito
Como noutros insectosholometábolos (con metamorfoses completa) o desenvolvemento atravesa catro fases distintas:ovo,larva,pupa eadulto. A taxa de crecemento corporal depende da especie e da temperatura. Por exemplo,Culex tarsalis pode completar o seu ciclo vital en 14 días a 20 °C e en só dez días a 25 °C. Algunhas especies teñen ciclos vitais de apenas sete días e outras, pola contra, de varias semanas. As larvas deOchlerotatus detritus poden desenvolverse lentamente a baixas temperaturas durante máis dun mes.
As larvas de mosquitos atópanse en case calquera masa de auga que se encontre estancada durante polo menos unha semana, dende o Ecuador ata case ocírculo polar ártico. Así, pódese atopar larvas en pantanos, marismas, canais, pozas, ribeiras dos ríos, costas, buracos nas árbores, interior de plantas carnívoras, cisternas e todo tipo de recipientes ao aire libre. Non é necesario que haxa unha gran cantidade de auga e na maioría dos casos unha altura de 1 cm pode ser abonda para completar a súa etapa larvaria.
Larvas e pupa de mosquito na superficie da auga
En xeral, os ovos quedan inactivos a baixas temperaturas ou en períodos de seca, esperando condicións favorables para o seu desenvolvemento. Por exemplo, as femias dos xénerosAedes eOchlerotatus adoitan depositalos en lugares propensos a anegarse como marismas, recipientes ou ocos nas árbores, agardando que as mareas ou as choivas inunden os seus hábitats.
Tanto as fases preimaxinais (larvas e pupas) como os adultos son depredados por unha gran diversidade de organismos. As fases acuáticas son atacadas por diversas especies depeixes, larvas deescaravellos acuáticos,notonéctidos e outros grupos de insectos. Os adultos son depredados porarañas,libélulas,anfibios,aves,morcegos e tamén outros insectos.
Como outros insectoshematófagos, os mosquitosvectores deenfermidades infecciosas. Os esforzos para erradica estas enfermidades adoitan escoller como albo a exterminación dos vectores, porque para o axente infeccioso frecuentemente non existen terapias curativas eficaces, como ocorre coafebre amarela, ouvacinas, como nodengue e amalaria. Tradicionalmente combatéronse tanto na súa fase larvaria como en estado adulto, desecando áreas anegables ou tratando coninsecticidas os seus focos de cría e lugares de repouso. Estas actuacións provocaron tamén efectos secundarios ambientais máis ou menos graves. Antes da aparición dos insecticidas aplicuse a loita biolóxica en gran medida, empregando peixes depredadores, morcegos e mesmo libélulas. Actualmente na maioría dos países desenvolvidos, a loita contra os mosquitos baséase no control integrado e especialmente no control larvario mediantebacterias tóxicas contra os mosquitos como éBacillus thuringiensis var.israelensis.[4]
Hai cerca de 2700 especies de mosquitos, organizadas nuns 35 xéneros. Moitas destas especies son causa da transmisión de doenzas mortais para o home, como por exemplo:
Omosquito da febre amarela (Stegomyia aegypti) é un mosquito que pode ser hóspede dovirus do dengue e do dafebre amarela, así como doutras enfermidades. Anteriormente clasificado como un subxénero deAedes (ao que pertence o estreitamente emparentadoAedes albopictus, o principalvector do dengue), en2005 estudos moleculares levaron a reclasificarStegomyia como xénero, mudando o nome do mosquito (que se denominaba até entónAedes aegypti).
En zonas endémicas omosquito tigre (Aedes albopictus) é vector na transmisión de enfermidades como o dengue en América Central, do Sur e zona do Pacífico, a febre amarela e aínda que en moita menor frecuencia que oStegomyia aegypti pode ser vector na transmisión doVirus do Nilo Occidental. Estudos norteamericanos evidenciaron a presenza de virus no insecto, dos cales polo menos dous son causa de enfermidade en humanos como aencefalite equina do leste.
Ovector da malaria humana é a femia do mosquitoAnopheles. Esta enfermidade é a primeira causa de enfermidades debilitantes, con máis de 200 millóns de casos cada ano en todo o mundo.
Ademais do seu papel como transmisores de enfermidades humanas e animais, os mosquitos teñen outras funcións nos ecosistemas, proporcionando certos servizos. Os machos adultos e as femias de moitas especies visitan as flores para alimentarse do seu néctar e así contribúen ápolinización.[5] Son parte significativa dos ecosistemas das zonas húmidas, onde desenvolven un papel no ciclo docarbono e donitróxeno ata o punto de seren consideradosbioindicadores por algúns biólogos como Martina Schäfer[6] e Willott.[7] Contribúen ábiodiversidade dos chamadospuntos quentes (lugares de maior diversidade de especies na Terra).[8]
As larvas son parte dozooplancto de numerosas zonas húmidas,[9] mais con características diferentes ás doutros dípteros.[10] As larvas e os adultos son unha fonte de nutrición de numerosos depredadores (insectos, peixes, anfibios,lagartas, aves). Transfiren biomasa dos ambientes acuáticos á tierra.[5][11] Algunhas larvas constitúen unha parte importante da biomasa de ecosistemas acuáticos, alimentándose de microorganismos e refugallos orgánicos, purificando así a auga.[11] Participan na purificación de augas estancadas e os seus cadáveres e desperdicios achegan nitróxeno comofertilizante de plantas.[5]
Entre asfábulas daantiga Grecia recóllense "O elefante e o mosquito" e "O touro do mosquito", que teñen como sentenza que o animal grande non se decata da presenza do pequeno. A fábula provén deMesopotamia.[12]
O filme deWinsor McCayHow a Mosquito Operates (1912) foi unha das primeiras obras de animación. Mostra un mosquito xigante atormentando un home que dorme.[13]
↑Willott E (2004)Restoring nature, without mosquitoes ? Restoration Ecology, 12 : 147-153
↑Väisänen R & Heliövaara K (1994)Hot-spots of insect diversity in northern Europe. Annales Zoologici Fennici 31:71-81
↑Batzer DP & Wissinger SA (1996)Ecology of insect comm unities in nontidal wetlands. Annual. Review of Entomology 41:75-100.
↑Beaver J Miller-Lemke AM & Acton JK (1999)Midsummer zooplankton assemblages in four types of wetlands in the Upper Midwest, USA. Hydrobiologia 380:209-220
↑11,011,1Moustique, ennemi public, revistaLa Salamandre, número 199, agosto 2010, p. 24.
Brunhes, J.; Rhaim, A.; Geoffroy, B.; Angel, G.; Hervy, J. P.Les Moustiques de l'Afrique mediterranéenne French/English. Interactive identification guide to mosquitoes of North Africa, with database of information on morphology, ecology, epidemiology, and control. Mac/PC Numerous illustrations. IRD/IPT [12640] 2000 CD-ROM.ISBN2-7099-1446-8
Jahn, G. C., Hall, D. W. & Zam, S. G. (1986). "A comparison of the life cycles of twoAmblyospora (Microspora: Amblyosporidae) in the mosquitoesCulex salinarius andCulex tarsalis Coquillett".Journal of the Florida Anti-Mosquito Association57: 24–27.