Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Morriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os soldados acabados de enrolar algunhas veces experimentan morriña cando están nun campo de adestramento.

Amorriña é un sentimento detristeza, é amelancolía que se sente cando se está lonxe da terra en que se nace, a cal botas en falta[1]. Máis concretamente, a morriña é un estado de depresión vital ao que acompaña un sentimento psicolóxico de tristura. O estado vital contraposto é aeuforia, á que acompaña o sentimento psicolóxico deledicia.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A palabramorriña procede do galaico-portuguésmorrinha (tristeza). Uns[quen?] pensan que a palabramorrinha provén dolatín "mori" (morrer). Pero a morte non ten nada que ver co sentimento de tristeza que a morriña presenta. Segundo o dicionario etimolóxico Corominas, a palabra morriña podería vir de "morro" "emurria" (tristeza)[Cómpre referencia].

Diferenciación entre morriña e saudade

[editar |editar a fonte]

Segundo Ramón Piñeiro, moitas veces,morriña esaudade empréganse como sinónimos, pero son sentimentos diferentes. A saudade é un sentimento que sempre resultou difícil de definir, identificamos a saudade propoñendo varios sentimentos como anostalxia, amelancolía e a propia morriña; todos correspondentes á liña detristura. Isto débese a que o carácter depresivo que ten a tristura favorece a interiorización, achega áintimidade e mesmo por iso, ten certo punto de contacto coa saudade. Pero non chegan a ser a mesma cousa.

Segundo Castelao a morriña é a saudade en conciencia: o desexo, posible ou imposible, de recobrar o que se perdera; mentres que a saudade sen morriña é devecer por algo que se ama sen telo coñecido. Tamén diferenza morriña e saudade dos termos noutras linguas comanostalgia,homesickness oumal du pays, ao consideralos restrinxidos ao individuo; mentres que a morriña e saudade é compartido por todos os membros dos dous pobos galego e portugués.[2]

A morriña pode ser, nalgún caso, unha consecuencia da vivencia da saudade. Cando o home sente saudade pode saír deste sentimento de dúas maneiras: ou entregándose a un pulo de transcendencia, o sentido final da cal é a procura do Ser, ou abandonándose a unha especia de pasividade interior "que conduce á caída na morriña" (melancolía).

Outras veces ocorre á inversa: séntese morriña por causas de orixe orgánica, psíquica, moral etc., e o seu efecto depresivo, xunto coa adherencia psicolóxica de tristura, tenden a producir un ensimismamento, unha interiorización anímica que nos pode levar ao sentimento puro da saudade.

Tanto nun caso como outro, o sentimento de morriña está próximo ao da saudade, pois non tenden á obxectivación, senón á interiorización do home en si mesmo. Pero a relación entre ambos sentimentos é de pura propincuiade, non de natureza. O que caracteriza á morriña é a tristura depresiva; o que caracteriza á saudade é a carencia de significación psicolóxica. O contraposto da morriña é aeuforia; o contraposto de saudade é a éxtase mística (a contemplación do Ser).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramorriña.
  2. Narracións e outras prosas, Alfonso R. CASTELAO

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
  • Hiraeth, concepto galés da morriña.

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Piñeiro, Ramón (1984).Filosofía da saudade. Vigo: Galaxia. pp. 35, 39, 59. 

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Emocións
Cosmovisións
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Morriña&oldid=6947882»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp