Moroni (enárabe مورونيMūrūnī) é a cidade máis grande dasComores, e a súa capital dende1962.O nome "Moroni" provén de "Oundroni", que significa benestar, felicidade. A súa capital municipal, Badjanani, provén á súa vez das palabras árabes "Bab" (portas) e "Djannat" (paraíso), isto é, porta do paraíso.
Moroni era a capital dosultanato deBambao. Alberga unhamedina que estaba rodeada por unha muralla que foi destruída polos franceses noséculo XIX.
Converteuse na capital das Comores en 1962. Foi capital da República Federal Islámica das Comores trala independencia en 1975, e dende o 2002 é a capital daUnión das Comores.
Na cidade está a embaixada da ONU, oPNUD, a embaixada de Francia e a da China. Tamén alberga a sede do parlamento da Unión das Comores, a do Banco Central e a do conxunto dos ministerios e a administración da Unión, así como a Universidade das Comores.