Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Monumento aos heroes de Ponte Sampaio

Coord.:42°25′54″N8°38′51″O / 42.4317,-8.6475
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento aos heroes de Ponte Sampaio
PontevedraEditar o valor en Wikidata
O monumento napraza de España
 Instancia de
 Xénero artístico
 Material usado
Persoas e organizacións
 Inaugurado por
 Creador/a
 Representa a
Datas e cronoloxía
 Fundación
27 de agosto de 1911Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
27 de agosto de 1911Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Altura8 mEditar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Código postal
36002Editar o valor en Wikidata
 Enderezo
Plaza de España
Praza de EspañaEditar o valor en Wikidata
 Altitude
17 mEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

OMonumento aos Heroes de Ponte Sampaio é un conxunto escultórico conmemorativo creado polo escultor Julio González Pola, situado enPontevedra.[1]

Atópase nos xardíns dapraza de España e foi inaugurado o 27 de agosto de 1911. O monumento conmemora o valor do pobo pontevedrés liderado polo oficialPablo Morillo e o seu triunfo sobre as tropas napoleónicas do mariscalMichel Ney, liberando aPontevedra da ocupación do exército francés os días 7 e 8 de xuño de 1809.[2]

Historia

[editar |editar a fonte]

O parlamentario galegoEduardo Vincenti Reguera e o Centro Galego de Madrid foron os principais artífices da creación do monumento.[3] O 9 de febreiro de 1909, o Concello de Pontevedra acordou conceder unha subvención de 500pesetas e, posteriormente, autorizou a achega da pedra degranito que soporta as figuras. Esta iniciativa foi apoiada tamén porJavier Puig Llamas, alcalde de Pontevedra nese momento, eEugenio Montero Ríos, presidente doSenado. Todas estas autoridades pronunciaron discursos na inauguración do monumento o 27 de agosto de 1911.[4]

O goberno do reiAfonso XIII, que doou o bronce necesario para a escultura, concedeu tamén unha medalla conmemorativa dabatalla de Ponte Sampaio. A contribución de moitos particulares ao financiamento do monumento tamén quedou testemuñada.[5]

A estatua estaba rodeada por unha fonte monumental construída en 1983, que foi desmontada en 2009 para devolver ao monumento e os seus arredores o seu deseño espacial orixinal.[6][7]

Descrición

[editar |editar a fonte]

Este grupo escultórico pertence ao movemento de escultura conmemorativa española de principios do século XX.

O conxunto ten oito metros de altura. Consta de varias figuras de bronce sobre un pedestal de granito que representan a un grupo de campesiños, soldados e estudantes encabezados polo oficialPablo Morillo, sostendo unha bandeira nos momentos finais da batalla.[8]

Na parte central do monumento, unha figura feminina (que representa aGalicia e ápatria) apoia a súa man nunescudo coas armas de España e estende o seu brazo para convidar ó combate. Na parte superior, a figura do oficial Pablo Morillo anima a loitar coaespada. Xunto a el hai un campesiño, un estudante, un soldado e outro combatente ferido que representan a resistencia do pobo contra o invasor. Detrás deles está abandeira e xunto a ela uncanón.[9]

Nas esquinas da parte inferior do monumento atópanse os catroescudos das provincias galegas. A construción central de granito simboliza un dos piares daponte de Ponte Sampaio, onde tivo lugar a maior parte da batalla e que foi destruída tras a mesma.[10]

No reverso, o corpo central de granito leva a seguinte inscrición en letras de bronce :

LOS HÉROES DE PUENTESAMPAYO ACAUDILLADOS POR MORILLO

E debaixo :

PRIMER CENTENARIO 1909

No lado dereito hai outra inscrición tallada na pedra que di:

JULIO G POLA – ESCULTOR

Na esquina esquerda do conxunto, figura a seguinte inscrición:

ERIGIDO POR SUSCRIPCIÓN POPULAR
A INICIATIVA DEL CENTRO GALLEGO DE MADRID
PRESIDIDO POR EL EXCMO. S. D. EDUARDO VICENTI Y REGUERA
Y SIENDO ALCALDE DE PONTEVEDRA D. JAVIER PUIG LLAMAS
Y GOBERNADOR DE LA PROVINCIA D. JOSÉ BOENTE SEQUEIROS

Relevancia

[editar |editar a fonte]

O catedrático de historia da arte daUniversidade Complutense de MadridFrancisco José Portela Sandoval considerouno un dos monumentos máis logrados da época pola súa composición e reprodución fiel do acontecemento que pretende inmortalizar.[11]

Galería

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "La Guerra de la Independencia calle a calle en Pontevedra".Diario de Pontevedra(encastelán). 3 de decembro de 2017. 
  2. "La batalla del puente Sampayo, cuando España aplastó a Napoleón en Galicia".ABC(encastelán). 3 de xuño de 2014. 
  3. "La Guerra de la Independencia calle a calle en Pontevedra".Diario de Pontevedra(encastelán). 3 de decembro de 2017. 
  4. "El eterno monumento a los 'Héroes de Pontesampaio'".Diario de Pontevedra(encastelán). 2 de outubro de 2022. 
  5. "El monumento a los héroes de Ponte Sampaio, un símbolo centenario".La Voz de Galicia(encastelán). 9 de xuño de 2009. 
  6. "La fuente luminosa de la Alameda ya es historia".La Voz de Galicia(encastelán). 29 de xuño de 2010. 
  7. "Inauguración de la fuente luminosa de la Alameda".La Voz de Galicia(encastelán). 4 de abril de 2018. 
  8. "El monumento dedicado a los héroes de Ponte Sampaio cumple cien años".Diario de Pontevedra(encastelán). 24 de agosto 2011. 
  9. "El monumento dedicado a los héroes de Ponte Sampaio cumple cien años".Diario de Pontevedra(encastelán). 24 de agosto 2011. 
  10. "La batalla del puente Sampayo, cuando España aplastó a Napoleón en Galicia".ABC(encastelán). 3 de xuño de 2014. 
  11. Julio González Pola y la escultura conmemorativa española en los albores del siglo XX. p. 267-279. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Monumento aos heroes de Ponte SampaioModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Gallego Esperanza, Mª de las Mercedes (1996).La Escultura Pública en Pontevedra(encastelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra.ISBN 9788488363350. 
  • Portela Sandoval, José (1985). "Julio González Pola y la escultura conmemorativa española en los albores del siglo XX".Boletín del Museo de Pontevedra (Museo de Pontevedra).ISSN 0210-7791. 
  • Taboada, Roberto; Hermida, Arturo (2009).O monumento ós héroes de Pontesampaio e o seu contorno. Pontevedra: Deputación de Pontevedra.ISBN 978-84-8457-330-2. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
De interese enPontevedra
Lugares senlleiros
Edificios civís
Casa das Campás • Casa do Correo Vello • Casa dos Vaamonde • Pazo dos Condes de Maceda • Pazo de Mugartegui • Pazo de Castro Monteagudo • Pazo de García Flórez • Casa das Caras • Liceo Casino • Teatro Principal • Casa consistorial de Pontevedra • Palacete das Mendoza • Pazo da Deputación de Pontevedra • Goberno Militar de Pontevedra • Hospital Provincial de Pontevedra • Mansión do Marqués de Riestra • Edificio da antiga Escola Normal • Praza de touros • Café Moderno • Edificio do Banco de España • Villa Pilar • Instituto Valle Inclán • Pazo de Lourizán • Antigo Cuartel de San Fernando • Casa dos Fonseca • Casa de Correos • Edificio Gran Garaje • Edificio do Colexio Oficial de Aparelladores • Mercado de Abastos de Pontevedra • Edificio da Caixa de Pontevedra • Goberno Civil de Pontevedra • Pavillón Municipal dos Deportes • Biblioteca Pública do Estado • Auditorio e Pazo de Congresos e Exposicións • Recinto Feiral de Pontevedra • Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra • Edificio Castelao  • Cidade da Xustiza de Pontevedra
Edificios relixiosos
Monumentos e esculturas
Prazas e rúas
Pontes
Restos arqueolóxicos
Museos
Artes escénicas
Educación e Cultura
Parques e espazos naturais
Instalacións deportivas
Exposicións e espectáculos
Hospitais
Transportes
Barrios
Medios de comunicación
Eventos
Asociacións culturais
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monumento_aos_heroes_de_Ponte_Sampaio&oldid=6997513»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp