Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Monumento a Concepción Arenal

Coord.:43°22′01″N8°24′13″O / 43.36681295,-8.40354815
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento a Concepción Arenal
A CoruñaEditar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Xénero artístico
Persoas e organizacións
 Creador/a
 Dedicado a
Datas
 Fundación / creación
17 de setembro de 1916Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
Wikidata C:Commons

Omonumento a Concepción Arenal é un conxunto escultórico realizado polo arquitectoRafael González Villar na memoria da sociólogaConcepción Arenal. Atópase nosXardíns de Méndez Núñez.

Descrición

[editar |editar a fonte]

En 1914 o concello da Coruña deulle o visto e prace á idea do presidente doCírculo de Artesáns de construír un monumento aConcepción Arenal nun dos macizos situados xunto ao estanque dosXardíns do Recheo. No macizo simétricos situaríase outro monumento dedicado aRosalía de Castro, que non chegou a levantarse.[1] O arquitectoRafael González Villar ofreceuse desinteresadamente para o seu deseño.[2]

O monumento, aínda sen finalizar,[3] inaugurouse o 17 de setembro de 1916, estando presente o presidente do Consello de MinistrosEduardo Dato.[4]

O monumento é moi innovador, xa que nese momento o costume era colocar unha estatua do homenaxeado sobre un pedestal. Foi o primeiro monumento español pensado como un conxunto arquitectónico, e non se atopa ningún outro deste estilo ata 1931.[5] Está composto por seis pináculos, cunha escultura que representa unha aguia, un libro e unha serpe.[6] Tamén se incluíu un medallón co retrato da homenaxeada. A escultura é unhaalegoría da obra de Concepción Arenal, que loitou por mellorar as condicións nos cárceres.[7] Neste simbolismo, así como nos ornamentos obsérvase un estilomodernista.[8] A obra de cantería levouna a cabo o construtorJosé María Longueira, os elementos ornamentais de forxaJulio Wonenburger e as esculturas de bronceJoaquín López Fernández.[3]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Detalle da aguia
    Detalle da aguia
  • Medallón co retrato de Concepción Arenal
    Medallón co retrato de Concepción Arenal
  • Monumento diante do estanque
    Monumento diante do estanque

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. En 1952 decidiuse finalmente erguer un monumento a Rosalía de Castro na Coruña, situado nun lateral da estrada de Madrid.
  2. Garrido Moreno 1998, p. 126.
  3. 3,03,1Garrido Moreno 1998, p. 127.
  4. Fernández Caamaño, J.M. (14-04-2019)."La cara y la cruz del homenaje a dos gallegas: Concepción Arenal y Rosalía de Castro".El Ideal Gallego(encastelán). Consultado o 26-10-2024. 
  5. Garrido Moreno 1998, p. 128-29.
  6. Modernismo en A Coruña
  7. Esculturas en A Coruña
  8. Turismo da Coruña

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Monumento a Concepción ArenalModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:A Coruña

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Garrido Moreno, Antonio (1998).El Arquitecto Rafael González Villar(encastelán). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña.ISBN 84-89652-63-5. 
De interese naCoruña
Lugares senlleiros
Cidade Vella
A Pescaría
Ensanche
Paseo Marítimo
Outras áreas
Edificios desaparecidos
Museos
Museos Científicos
Casas museo
Outros museos
Artes escénicas e da imaxe
Espazos naturais
Parques e xardíns
Praias
Outros lugares
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monumento_a_Concepción_Arenal&oldid=6993716»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp