Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Montserrat Calleja Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMontserrat Calleja Gómez
Biografía
Nacemento20 de abril de 1973Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Ourense, EspañaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de CompostelaEditar o valor en Wikidata
Actividade
EmpregadorInstituto de Micro y Nanotecnología(en)Traducir,CSIC Scientific Researcher(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Premios

Dialnet: 3184905

Montserrat Calleja Gómez, nada enOurense o20 de abril de1973,[1] é unha físicagalega especializada ennanotecnoloxía ebiosensores, é unha investigadora doConsello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Microelectrónica de Madrid.[2]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Nos seus primeiros anos viviu primeiro en Cercedilla e logo na Coruña. Estudou Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid cunha tese na área de nanotecnoloxía.[3][4]Grazas a unha bolsa postdoctoral traballou no Microelectronics Center (MIC), en Dinamarca, conAnnia Boysen. Tamén fixo estadías de investigación en Italia e o Xapón.

É cotitular de dez patentes[5], publicou 53 artigos, dous deles en Nature Nanotechnology. É a xefa do grupo de investigación Bionanomechanics Lab, no CSIC.[6] Liderou o proxecto NANO FOR CELLS, unha das prestixiosas Starting Grant concedida polo Consello Europeo de Investigación, que ten como obxectivo o estudo das propiedades mecánicas das células e a súa relación cocancro.[7]Máis tarde centrouse no proxecto Liquid Mass, de estudo das proteinas a través de sensores nanomecánicos.[3]

É cofundadora da empresa Mecwins, pioneira na comercialización debiosensores nanomecánicos.

Premios e recoñecementos

[editar |editar a fonte]
  • Concedéuselle o premio Miguel Catalán 2012 para investigadores menores de 40 anos.[8]
  • En 2018 foi recoñecida polarevista QUO como unha das científicas españolas máis importantes, dentro da chamada Selección Española da Ciencia.[9]
  • En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[10]
  • En 2022 é galardoda coPremio Rei Jaume I de novas tecnoloxías.[11]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Amestoy, Ignacio (22 de abril de 2013)."Montse Calleja,esa Marie Curie"(PDF).El Mundo: 50. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 02 de marzo de 2019. Consultado o 01 de marzo de 2019. 
  2. Referentes."Montserrat Calleja Gómez".Executivas(encastelán). Consultado o2020-06-28. 
  3. 3,03,1Gil Villar, Pilar (3 de decembro de 2018)."Montserrat Calleja: "Nuestra ilusión es que los instrumentos que desarrollamos en este laboratorio puedan usarse algún día en un hospital"".Quo(encastelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  4. González, Jorge Yáñez (9 de novembro de 2013)."Mujeres y Ciencia: MONTSERRAT CALLEJA".Mujeres y Ciencia. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  5. "BioNanoMechanics Lab".www.imm-cnm.csic.es. Arquivado dendeo orixinal o 01 de marzo de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  6. "BioNanoMechanics Lab".www.imm-cnm.csic.es. Arquivado dendeo orixinal o 01 de marzo de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  7. "Montse Calleja, esa Marie Curie"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 19 de xuño de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  8. "Montse Calleja". Arquivado dendeo orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  9. "Presentamos a la Selección Española de Ciencia 2018".Quo(encastelán). 26 de novembro de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  10. Carro, Ana (2022-01-11)."“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”".La Opinión de A Coruña(encastelán). Consultado o2022-01-15. 
  11. "Estos son los premios Rey Jaume I 2022".elperiodic.com(encastelán). Consultado o2022-06-08. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Montserrat_Calleja_Gómez&oldid=7130641»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp