Montreal (enfrancés e oficialmente:Montréal) é a maior cidade da provincia doQuebec, noCanadá, a segunda máis populosa do país, e tamén a segunda cidade francófona máis populosa do mundo. É tamén unha rexión administrativa do Quebec. Sitúase nailla de Montreal, norío San Lourenzo. É un dos principais centros industriais, comerciais e culturais deAmérica do Norte.
Montreal posúe a segunda maior poboación francófona do mundo, estando só por detrás deParís. Porén, Montreal tamén posúe unha considerábel comunidadeanglófona, e un crecente número de persoas cuxoidioma materno non é nin o francés nin o inglés.
A palabra "Montreal" é a versión arcaica, escrita de forma simplificada, deMont-Royal, un monte localizado na cidade, no centro da illa.
Montreal é un dos centrosculturais máis importantes do país, aloxando varios eventos nacionais e internacionais. Entre eles, están aJuste pour Rire, un dos maiores festivais de comedia do mundo, oFestival de Jazz de Montreal, un dos maiores festivais deJazz do mundo, e oGrand Prix de Montreal. A cidade, en total, aloxa máis de 70 eventos internacionais por ano. Con todos estes eventos, aliado ao seu centro antigo, aVieux Montreal, a cidade é considerada a cidade máis europea de América do Norte.
Montreal posúe unha das poboacións melloreducadas do mundo, posuíndo a maior concentración de estudantes universitarios per cápita de toda América do Norte. A cidade posúe 4universidades -dúas delas francófonas e dúas delas anglófonas- e 12facultades. É un centro de industria de alta tecnoloxía -especialmente na área demedicina e na industria aeroespacial.
O lugar onde se levanta a cidade de Montreal era habitado por nativosalgonquinos,huróns eiroqueses, durante miles de anos antes da chegada dos primeiroseuropeos. Osríos elagos da rexión estaban cheos depeixes, que servían como alimento aos nativos, alén de servir como rutas de transporte.
O primeiro europeo en pisar na actual cidade de Montreal foiJacques Cartier, que navegara oRío San Lourenzo, en1535. Tras escoitar rumores nunha aldea iroquesa, onde hoxe está localizada acidade do Quebec, de que existíaouro na Illa de Montreal, e impedido de continuar a súa exploración río arriba polasCataratas de Lachine (xeograficamente ao sur de Montreal), Cartier explorou a illa, avistando unha aldea iroquesa,Hochelaga, onde vivían aproximadamente mil nativos. A aldea estaba localizada ao pé doMonte Royal. Cartier entón fincou unhacruz, a primeira dunha serie, en honra aorei francésFrancisco I, que patrocinara a expedición de Cartier. Para desgraza do navegante francés, o que os nativos describiran como un "metal brillante" non pasaba de sercuarzo, ou talvezpirita (o ouro dos parvos).
Samuel de Champlain foi á illa de Montreal dúas veces, en1603 e1611, case un século despois de Cartier.Hochelaga, daquela, xa fora abandonada polos iroqueses.
En1639, o cobrador deimpostos JéromeLe Royer creou unha compañía, enParís, co obxectivo de colonizar a actual illa de Montreal. En1641, a compañía enviou un grupo de misioneiros cristiáns, cuxo obxectivo principal era "cristianizar" os nativos locais. En1642, o grupo misioneiro, composto por preto de 50 persoas, desembarcou na illa e construíu unforte, establecendo a Vila María de Montreal (Ville Marie de Montréal).
Os iroqueses atacaron continuamente o forte, esperando destruír o entón rendíbel intercambio de peles que os franceses mantiñan cos algoquinos e furóns, rivais dos iroqueses. A pesar destes ataques, Montreal prosperaba como centro católico de cambio e venda de peles, ben como unha base central para a exploración doutras rexións daNova Francia (rexións da América do Norte parte do imperio francés). No comezo doséculo XVII, a pequena Ville-Marie pasou a ser chamada Montreal. Entón, posuía unha poboación de aproximadamente 3 500 habitantes.
Montreal foi invadida por forzas inglesas en1760, durante aGuerra dos Sete Anos (1754 a1763), e pasando definitivamente a estar baixo controlbritánico en1763, dada a decisión francesa de manter a illa deGuadalupe, noTratado de París, e cedendo as colonias en América do Norte para o Reino Unido.
Foi ocupada temporalmente polosEstados Unidos durante a guerra da independencia en1776.Benjamin Franklin e outros diplomáticos americanos tentaron conseguir o apoio de canadenses francófonos á causa daindependencia das 13 colonias americanas contra os británicos, sen éxito. En xuño de1776, coa chegada de tropas británicas, os americanos recuaron.
No inicio do século XIX, Montreal posuía aproximadamente 9 000 habitantes, cando inmigrantes vidos daEscocia comezaron a se instalar na cidade. Aínda que constituíndo apenas unha pequena porcentaxe da poboación da cidade, foron esenciais para a construción doCanal de Lachine, en1825, que permitiu a navegación de grandesnavíos polo río, tornando a pequena Montreal nun dos principaiscentros portuarios de América do Norte. Os pioneiros escoceses tamén crearon a primeiraponte conectando a illa co continente, o primeiroshopping center da cidade, ferrocarrís, e oBanco de Montreal, o primeiro banco do Canadá, e actualmente un dos maioresbancos do país.
Foi a capital da provincia colonial do Canadá entre1844 e1849, e centro dunha explosión económica que atraeu moitosinmigrantes de lingua inglesa, comoirlandeses,escoceses eingleses. Isto tornou a cidade por un curto período de tempo primariamente anglófona, ata a chegada de máis inmigrantes franceses nas décadas de1840 e1850. Este crecemento acelerado fixo de Montreal a maior cidade da América inglesa, e indiscutibelmente a capital económica e cultural do Canadá, causando unboom de poboación: de1825 a1850, a cidade pasou de 16.000 a 50.000 habitantes.
O crecemento da cidade, tanto en termos económicos (construción de industrias e ferrocarrís) como de poboación (a cidade alcanzou os 100.000 habitantes no final dadécada de 1860, dos cales a metade eran de orixe francesa) continuaba. A importancia e a prosperidade económica da cidade aumentou cando se construíu a primeira vía ferroviaria transcontinental, conectando Montreal conVancouver, naColumbia Británica, e outras cidades importantes no interior. No cambio de século, Montreal alcanzara aproximadamente 270.000 habitantes.
Naprimeira guerra mundial, na queCanadá loitou do lado dos aliados (Francia,Inglaterra, e, posteriormente, os Estados Unidos), os habitantes anglófonos da cidade apoiaron o goberno, con moitos deles ofrecéndose para loitar na guerra. Os habitantes francófonos, con todo, non tiveron o mesmo entusiasmo. En1917, con insuficiencia desoldados, o recrutamento forzado de calquera persoa elixíbel para loitar na guerra causou revoltas en Montreal, afastando a poboación anglófona e francófona unha da outra.
Despois da primeira guerra mundial, coa prohibición de bebidas alcohólicas nos Estados Unidos, Montreal tornouse un paraíso para os norteamericanos na busca dealcohol. A cidade gañou o infame apelido deSin City (Cidade do Pecado), grazas á venda de bebidas alcohólicas,xogo eprostitución.
A pesar de ser duramente atinxida polaGran Depresión económica nosanos 30, Montreal continuou a desenvolverse, coa construción de varios rañaceos. Entre eles, oEdificio Sun Life, o máis alto da Commonwealth Inglesa por un longo período de tempo.
Asegunda guerra mundial e o alistamento forzado de persoas trouxeron novamente problemas de cuño cultural entre anglófonos e francófonos. Desta vez, sen maiores consecuencias que a prisión deCamillien Houde, entón prefecto da cidade, que incentivara os habitantes de Montreal a ignorar a causa do goberno canadense na guerra, exhortando ao non alistamento na mesma.
ABiosfera de Montreal, unha das atraccións da antiga Feira Mundial de 1967.
Cara1950, a cidade de Montreal alcanzou seu primeiro millón de habitantes.Jean Drapeau foi elixidoprefecto da cidade en1954, ficando no cargo ata1957, e, despois, de1960 ata1986, iniciando grandes proxectos como un sistema demetro, unha cidade subterránea, a expansión dabaíaportuaria, a inauguración do canal hidroviario do Río San Lourenzo e a construción de modernos edificios comerciais no centro da cidade.
Montreal foi o centro do crecemento donacionalismoquebequés, que comezara nos anos 50, e medrou ata o comezo dos anos 70. En1967, Montreal foi sede daExpo 67, unha feira internacional que coincidiu co centenario da independencia canadense. A Expo 67 acabou por ser unha das maiores xa realizadas da historia, alén de ter sido o palco dun famoso discurso do entón presidente francés,Charles de Gaulle, no cal expresaba o seu apoio aos nacionalistasQuebequenses, causando turbulencias nas relacións franco-canadenses.
Montreal organizou osXogos Olímpicos de Verán de1976, o que dividiu profundamente a cidade debido a gastos non controlados e acorrupción. A débeda continúa a ser pagada hoxe en día.
O maior centro urbano do Canadá e principal centro comercial e industrial do país desde os principios dahistoria moderna do Canadá, Montreal, foi superado, en número de habitantes e importancia económica, pola cidade deToronto (Toronto e os seus cinco suburbios da época, que actualmente compoñen a cidade de Toronto), na provincia deOntario, entre adécada de 1970 e80.
O crecemento do nacionalismoQquebequense tivo como consecuencia a ocorrencia deactos terroristas, cometidos na cidade por extremistas entre1963 e1970. A aprobación daLei 101 polo goberno do Quebec, en1977, limitando o uso do inglés e outros idiomas distintos ao francés napolítica,comercio e nosmedios de comunicación, foron factores decisivos, causando o afastamento de comerciantes e empresas internacionais, que se mudaron principalmente a Toronto, e a diminución do número de inmigrantes instalados na cidade.
Mapa da cidade de Montreal e os seus 26 distritos antes da fusión do 2001
En2001, oPartido Quebequés, entón no goberno da provincia, fundiu as outras 26 cidades que ocupaban aIlla con Montreal, formando unha única cidade - a cidade de Montreal - baixo o lemaUne île, une ville (Unha illa, unha cidade), á vez que tamén se fusionaban outras cidades doQuebec. Isto foi feito por razóns económicas, esperando que as cidades maiores serían máis eficientes en termos económicos, podendo ser máis competitivas con outras cidades canadenses, comoToronto, que se fusionara con outras cinco cidades veciñas en1998.
Porén, como aconteceu noutras fusións fóra do Canadá, a fusión destas 26 cidades non foi ben aceptada por boa parte da poboación desas cidades. Complicando aínda máis esta situación, era a presenza de cidades anglófonas, que se fusionaron coa francófona Montreal. A poboación destas temía que os seus dereitos non se respectasen con este acto.
As boas condicións económicas da cidade permitiron avances na infraestrutura da cidade, coa expansión do sistema de metro ata a cidade veciña deLaval e o desenvolvemento dun anel rodoviario en torno da illa de Montreal. A revitalización de varios barrios, antes decadentes, tamén está ocorrendo.
A cidade localízase na Illa de Montreal, no Río San Lourenzo, incorporando un total de 74 illas menores localizadas preto da Illa de Montreal. Localízase a 75 km leste da provincia canadense de Ontario, a 150 km leste da capital do país,Ottawa e a aproximadamente 200 km suroeste da capital da provincia, a cidade deQuebec. As coordenadas xeográficas de Montreal son 45°28′ Norte e 73°45′ Oeste; aaltitude da cidade é de 57 metros, de media, sendo de 23 metros nas marxes do San Lourenzo.
A Illa de Montreal posúe 50 quilómetros de lonxitude por 16 quilómetros de ancho, na súa máxima extensión, e unha área de 482,84 km². Por estar nunha posición diagonal, os habitantes da cidade posúen un xeito atípico de describir direccións na cidade: o norte da cidade corresponde na verdade á dirección nordeste nocompás magnético; o sur da cidade, ao suroeste magnético, o leste da cidade, ao nordeste magnético, e o oeste da cidade, ao noroeste magnético.
Montreal é o centro dunharexión metropolitana que se estende por un raio de aproximadamente 40 km da cidade. A metrópole de Montreal é a segunda máis populosa do Canadá, e a décima máis populosa deAmérica do Norte.
A Metrópole Comunitaria de Montreal (Communauté Métropolitaine de Montréal) é o órgano público encargado da organización, coordinación e financiamento de desenvolvemento económico,transporte público, recollida delixo etc, nesta rexión metropolitana, que comprende 3 839 km² e posúe 3.431.551 habitantes. O presidente da Metrópole Comunitaria de Montreal é o prefecto da cidade de Montreal.
As cidades que compoñen a Rexión Metropolitana de Montreal son:
As seguintes 15 cidades son actualmente parte de Montreal, mais segundo os resultados do referendo de 2004, sepáranse de Montreal, e tórnanse cidades independentes novamente:
Unha escena común en Montreal, nos días deinverno.
Oclima de Montreal varía bastante, debido á localización da cidade nunha área onde adoitan encontrarse grandes frontes de ar, unha vindo dopolo norte, e outra, dos Estados Unidos. A inestabilidade do tempo é considerada polos habitantes de Montreal como parte do carácter da cidade.
Aprecipitación é abundante na rexión. Aproximadamente caen anualmente na cidade 2,4 metros deneve, e achoiva é abundante ao longo do ano, principalmente noverán, aestación máis húmida da cidade. A remoción de neve das principaisrúas eautoestradas da cidade custa a Montreal máis de 50 millóns de dólares canadenses por ano.
O clima de Montreal étemperado, con catro estacións ben definidas e variadas. No inverno, atemperatura media da cidade é de -10,4 °C (non incluíndo ofactor do vento), con mínimas entre -40 °C a -10 °C e máximas entre 0 °C e -25 °C. No verán, a media é de 21 °C, con máximas entre 23 °C a 35 °C.
A cidade de Montreal é administrada por unprefecto e un Consello, que está composto por 73 membros, polos 73 distritos diferentes. A poboación de cada distrito escolle unha persoa, que atuará como representante do distrito no Consello Municipal, por mandatos de 4 anos de duración. O prefecto da cidade actúa como administrador principal do goberno da cidade, supervisando e orientando os varios departamentos da cidade. O Consello discute e aproba diferentes proxectos, así como o orzamento anual.
Montreal está dividida en 27 barrios diferentes (non confundir coas 27 antigas municipalidades existentes anteriormente á fusión ocorrida en 2001, eses mesmos números son simples coincidencias), que posúen os seus propios consellos, encargados dos problemas do barrio, e de supervisar proxectos municipais realizados na rexión. Os membros de tales consellos rexionais posúen un mandato de dous anos.
Cerca do 40% da renda da cidade provén deimpostos cobrados apropiedades. O resto dos fondos municipais proveñen de taxas cobradas a estabelecementos comerciais e sobre o consumo deauga, ademais de fondos provenientes da provincia do Quebec.
Montreal é actualmente unha cidade multicultural, mais a cidade é unha excepción na provincia do Quebec. Mentres que os habitantes de descendencia francesa continúan a saír da cidade para se estableceren en suburbios, ou mesmo noutras cidades da provincia, novos inmigrantes continúan a se establecer na cidade. Mentres boa parte da poboación de Montreal recibe e acepta cos brazos abertos aos inmigrantes das máis variadas partes do mundo, habitantes doutras partes menos habitadas e máis conservadoras da provincia, mesmo de certos suburbios de Montreal, posúen unha postura máisdiscriminatoria en relación a unha sociedade multicultural, o que xera serios problemas de cuño cultural entre Montreal e o resto da provincia.
Montreal posúe preto de 1,8 millóns de habitantes (1,6 millóns despois da fusión) dentro dos seus límites municipais. A Gran Montreal posúe 3.607.000 habitantes, segundo unha estimativa daCentro de Estatísticas do Canadá. Os habitantes da cidade son coñecidos comoMontrealer, en inglés, eMontréalais (persoa do sexo masculino) ouMontréalaise (persoa do sexo feminino), en francés.
A cidade de Montreal, como noutras grandes cidades canadenses, é unha cidade multicultural, ou sexa, posúe unha gran variedade de etnias e culturas diferentes. Xuntamente cos descendentes de franceses e ingleses, coexisten comunidades irlandesas,italianas,xudaicas,gregas,árabes,hispánicas,haitianas eportuguesas.
Máis do 25% (aínda que certasestatísticas eleven ese número a 50%) da poboación de Montreal é descendente de dous ou máis grupos étnicos. Os habitantes non nacidos no país compoñen o 20% da poboación da cidade.
A relixión predominante na cidade é ocatolicismo (dadas as raíces francesas), aínda que elevadas cantidades deprotestantes,musulmáns exudeus vivan actualmente dentro da cidade.
O feito de que Montreal fose desde a súa fundación un centro católico favoreceu a inmigración de irlandeses, en grandes cantidades, debido á gran maioría católica.
A maioría dos habitantes de Montreal posúe como idioma materno o francés, principalmente despois que aLei 101 entrou en vigor nos anos 70. Porén, unha minoría expresiva posúe oinglés como idioma materno, e unha crecente cantidade de persoas posúe competencia en ambos os idiomas.
O 67,8% dos habitantes da zona metropolitana de Montreal son francófonos, o 18,4% son anglófonos, e o restante 13,8% posúen outro idioma como lingua materna. Unha investigación realizada en maio de2004 mostrou que o 53% dos habitantes da cidade falan francés e inglés, o 37% só francés e 7% só inglés.
Desde o século XIX ata mediados do século XX, a economía da cidade foi dominada por comerciantes e empresas anglófonas, que mantiñan seus ambientes de traballo case sempre en inglés, obrigando os habitantes da cidade a dominar esta lingua, en caso de pretender un emprego bo e ben pagado. A Lei 101, con todo, obrigou a todos os estabelecementos e empresas con máis de 50 operarios a manter tamén o francés na área de traballo.
Montreal posúe actualmente unha forza detraballo ben experta mais en declive, coa migración de habitantes da clase media e alta (especialmente francófonos) cara a outras cidades veciñas, e coa entrada de emigrantes doutras partes do Quebec, especialmente de áreas rurais, que non posúen experiencia oueducación para conseguir un bo traballo, tendo unha renda mínima, moitas veces insuficiente para cubrir os altos custos de vida na gran cidade.
Sendo o maior centro financeiro do país, Montreal continua a ser un dos principais centros financeiros de América do Norte. As súas raíces bilingües e a súa posición estratéxica en América do Norte atraen empresas interesadas en traballar no continente norteamericano, especialmente, compañías francesas, dando a Montreal un acceso especial ao mercado francés e europeo.
Importantes empresas, tanto compañías canadenses localizadas na cidade, como compañías doutros países que escolleron a cidade como principal sede no país ou mesmo no continente, posúen os seus cuarteis xerais na cidade, como aAir Canada, aIBM Canada e aBombardier. Montreal é o segundo centro económico de lingua francesa máis importante do mundo.
Abolsa de valores da cidade (Bourse de Montréal), creada en1874, a primeira do Canadá e a principal do país ata1999, foi superada pola bolsa de valores de Toronto. Agora, está especializada no cambio e venda dederivatives (contratos de investimento).
Outra importante fonte de renda da cidade é oturismo.
Oporto hidroviario de Montreal, co centro da cidade ao fondo.
Cerca de 5 000 fábricas instaladas en Montreal empregan preto do 25% da forza de traballo da cidade. Montreal é un centro de industria farmacéutica, de altatecnoloxía, téxtil e de manufactura deroupas. Produce tamén produtos electrónicos, equipamentos detransporte e detelecomunicación, alimentos industrializados, e é un centro de procesamento detabaco.
A rexión metropolitana de Montreal é un dos principais centros aeroespaciais do mundo, onde está localizada a maioría das fábricas daBombardier, empregando milleiros de traballadores. AIATA (Asociación Internacional de Transportes Aéreos) e aCAE (produtora de simuladores de voo) tamén están localizadas na cidade.
Refinarías depetróleo instaladas na cidade producen boa parte dagasolina do país. A cidade tamén é un forte centro de procesamento de alimentos, grazas á súa localización na provincia, unha das rexións máis fértiles do país.
Montreal posúe 28 estacións deradio (17 en francés, 10 en inglés e 1 bilingüe), 9 estacións detelevisión (5 en francés e 4 en inglés), 4xornais diarios (3 en francés e 1 en inglés), alén doutros xornais, publicados semanalmente, en francés, inglés e outros idiomas.
Os tres xornais diarios en francés sonLa Presse,Le Journal de Montréal eLe Devoir.Le Journal de Montréal é o xornal de maior circulación no Quebec, e tamén é o xornal francófono de maior circulación en América do Norte.
AMontreal Gacette é o único xornal diario publicado en inglés na cidade, e, sendo publicada por primeira vez en1778, é tamén o xornal máis antigo da cidade.
O centro financeiro da cidade, cos seus varios predios modernos. O edificio Ville-Marie, un dos máis altos da cidade cos seus 188 metros de altura forma o núcleo dacidade subterránea de Montreal, onde está localizada o maiorshopping center subterráneo do mundo (con máis de 1.600 comercios).
OQuartier international de Montréal, ouQIM (Quartier Internacional de Montreal), unha área no centro da cidade que foirevitalizada entre2000 e2001. Posúe varias prazas, e é onde está localizado o centro de convencións da cidade (ver abaixo).
Montreal posúe centenas deparques e áreas verdes dentro da cidade e nas varias illas cercando a illa de Montreal. Entre as máis famosas están:
OMonte Royal, que é parte dun inmensoparque urbano, localizado en Montreal e na cidade veciña deMont-Royal. O centro financeiro da cidade atópase ao pé do outeiro. Cadadomingo noverán, centenas de persoas xúntanse ao pé do Monte Royal, no parque, para asistir a horas dedanza sincronizada, entre outras actividades, un evento coñecido comoTan Tams.
Arue Sainte-Catherine é unharúa comercial que atrae moitos turistas, debido aos seus comercios,teatros erestaurantes.
ABoulevard Saint-Laurent, a principal avenida de Montreal, á que corta nun sentido norte-sur, é unha mostra da variedade cultural da cidade, onde se localizan comercios, restaurantes e comunidades portuguesas, gregas, xudaicas, rusas, ucraínas e latinoamericanas. Alén diso, a rúa corta o centro financeiro, a Chinatown e a Pequena Italia (centro comunitario de italianos) da cidade.
Arue Sherbrooke, con súas tendas luxosas e as súas galerías dearte.
Boulevard René-Levésque, o centro financeiro da cidade, onde a maior parte dos rañaceos da cidade están localizadas.
Oestadio olímpico, inaugurado en1976, que posúe a maiortorre inclinada do mundo, cos seus 170 metros de altura.
Aarquitectura de moitos dos edificios de apartamentos de dous a catro andares da cidade caracterízase pola presenza de escadasfóra do edificio, co obxectivo de economizar espazo interno.
Montreal é un dos maiores centroshomosexuais daAmérica do Norte, posuíndo unha das maioresvilas gais do continente. O seu festival de Orgullo Gai é o segundo maior de América do Norte, só por detrás do realizado enToronto.
Existen dous sistemas públicos de educación na cidade, un encargado de atender alumnos cuxo idioma materno é o francés, e outro para atender alumnos primariamente anglófonos. Os pais tamén poden optar por deixar os seus fillos no sistema católico de ensino, que é subsidiado polo municipio.
A taxa de alumnos estudando en escolas particulares na cidade é a maior do Canadá: aproximadamente un 24% dos alumnos residentes en Montreal estudan en escolas privadas.
O sistemabibliotecario de Montreal componse dunha biblioteca central, e outras menores ao redor da cidade. En tanto que a maioría das edicións deenciclopedias e outroslibros importantes son franceses, outras coleccións, libros e revistas poden ser atopadas en inglés e mesmo noutros idiomas, das cales as máis comúns son enitaliano,chinés,portugués (dePortugal),español e enárabe, entre outros.
Otransporte público de Montreal é un dos máis eficientes de América do Norte.
O órgano público encargado de administrar o sistema de transportes públicos de Montreal é aSociété de Transport de Montréal (STM, Sociedade de Transportes de Montreal). Son un total de 361 liñas deautobús, alén de sistema de metro que posúe 64 quilómetros de lonxitude e 65 estacións, todas con acceso a liñas de autobús. O sistema de transportes públicos de Montreal é totalmente integrado, como é habitual no Canadá, e en moitas cidades dos Estados Unidos.
As estacións demetro da cidade son obras de artes coñecidas na cidade.
As estacións de metro de Montreal son verdadeiras obras de arte, grandes, usando de artificios artísticos comoestatuas,pinturas earquitectura, que lle renderon o apelido deAs maiores obras de arte subterránea do mundo. De feito, todo o sistema de metro de Montreal fica abaixo do solo, co obxectivo de maximizar a temperatura dentro das estacións nos días rigorosos deinverno.
A cidade de Montreal é o principal centro ferroviario do Canadá, debido ao seu porto de grandes dimensións e á súa localización estratéxica no continente. A cidade é un punto de conexión para o transporte decereais,azucre, derivados depetróleo, maquinaría e produtos acabados, obxectos de comercio non soamente con outras cidades canadenses, como tamén con cidades do interior do nordeste dos Estados Unidos. Cinco pontes ferroviarias conectan a illa de Montreal co continente.
O porto de Montreal esténdese ao longo de 15 quilómetros na marxe sureste do río San Lourenzo, tanto servindo a grandes navíos oceánicos de gran porte como a navíos menores adaptados para uso nosGrandes Lagos. Move preto de 23 millóns de toneladas de carga anualmente. Montreal é un dos principais centros portuarios de América do Norte, e o segundo do Canadá, só por detrás do porto deVancouver.
Montreal é unha cidade ben servida por estradas, con seisautoestradas nacionais conectando a cidade a outras cidades canadenses, e aproximadamente 85 km deautovías cortando a cidade. Outros 60 km de autovías están localizadas nas inmediacións da cidade. Está conectada coas cidades veciñas a través de 4 pontes, en dirección á marxe sur do San Lourenzo, 6 en dirección áLaval, e 2 en dirección á marxe norte do San Lourenzo.
A pesar disto, a cidade posúe problemas de tránsito, consecuencia do gran tráfico de vehículos procedentes dos suburbios, principalmente deLongueuil, onde a anchura do Río San Lourenzo torna a construción de pontes cara e difícil.
As flores na bandeira e no selo da cidade son símbolos de Francia, de Inglaterra, Escocia e Irlanda.
O nome da cidade orixínase deMont Royal, o monte ondeJacques Cartier fincara unha cruz no cumio, e que o navegador nomeou en homenaxe ao Rei que o patrocinara,Francisco I. Finalmente, o nome do monte pasaría a ser asociado tamén coa cidade.
O nome oficial da cidade éMontréal, segundo o goberno doCanadá e doQuebec, debendo apareceracentuado, en todos os materiais impresos no país, sexa en inglés ou en francés. Porén, acostumase omitir o acento en materiais anglófonos, mentres que os materiais francófonos manteñen a acentuación.