Monterroso é un concello daprovincia de Lugo, pertencente áComarca da Ulloa. Segundo oINE en 2021 tiña 3.562 habitantes (1771 homes e 1791 mulleres). O seu xentilicio é monterrosina/monterrosino.
A denominación Monterroso non aparece ata mediados doséculo XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía acomarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.
No século XII, dentro do conflito entrePedro Froilaz e o matrimonio real deUrraca de León eAfonso o Batallador, entrando este enGalicia e asediando aoConde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre[2] amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.
A finais de1920 comezou a editarse en Monterroso o periódicoEl Eco del Ulla,Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.