Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Montenegro

Coord.:42°46′00″N19°13′00″L / 42.76667,19.21667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Montenegro (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaMontenegro
Crna Gora (cnr)
Црна Гора (cnr-cyrl)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoOj, svijetla majska zoroEditar o valor en Wikidata

Lema«Harddwch gwyllt»Editar o valor en Wikidata
EpónimoLovćenEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 42°46′00″N19°13′00″L / 42.76667,19.21667
CapitalPodgorica
CetinjeEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Andrijevica(pt)Traducir
Bar (Montenegro)(pt)Traducir
Berane(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata../... 25+
Poboación
Poboación617.213(2022)Editar o valor en Wikidata (44,46hab./km²)
Lingua oficiallingua montenegrinaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie13.883 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado pormar Adriático eMar MediterráneoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoZla Kolata (2.535 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixomar Adriático (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación3 de xuño de 2006Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepúblicaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataJakov Milatović(pt)Traducir(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Montenegro(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro(pt)TraducirEditar o valor en WikidataMilojko Spajić(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Montenegro(pt)Traducir ,(Escano: 81)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Montenegro(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal5.861.430.526 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.meEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+382Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112,122,123 e124Editar o valor en Wikidata
Código de paísMEEditar o valor en Wikidata
Código NUTSMEEditar o valor en Wikidata

Sitio webgov.meEditar o valor en Wikidata
BNE: XX4575551
Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Montenegro (/monteˈne.ɣɾo/;lit. "montenegro"; enmontenegrino:Crna Gora[a] /Црна Гора;[b] enalbanés:Mali i Zi)[1][2] é un estado situado nosBalcáns, aosueste deEuropa.[3] Linda ao norte conBosnia e Hercegovina, conSerbia ao nordés, conKosovo ao leste, conAlbania ao sueste, conCroacia ao noroeste e comar Adriático ao oeste, cunha costa de 293.5 km.[4]Podgorica é a capital do país, amais da súa cidade máis grande; abrangue 10,4% dos 13 812 km2 do territorio montenegrino, e alberga aproximadamente o 35% da súa poboación total, segundo datos de2018, case uns 623 000 habitantes.[5]Cetinje é a antiga capital real e centro cultural de Montenegro, sendo esta a sede de moitas institucións nacionais, incluíndo a residencia oficial dopresidente de Montenegro.

Durante o período daAlta Idade Media, tres principados estaban situados no territorio do actual Montenegro:Duklja, que corresponde aproximadamente á metade sur,Travunia, ao oeste eRascia propiamente dita, o norte.[6][7][8] OPrincipado de Zeta xurdiu nos séculos XIV e XV. Desde finais do século XIV ata finais do século XVIII, gran parte do sur de Montenegro estivo gobernada polaRepública de Venecia e incorporada áAlbania Veneciana.[9] O nomeMontenegro utilizouse por primeira vez para referirse ao país a finais do século XV. Despois de caer baixo o dominio otomán, Montenegro recuperou a súa independencia en 1696 baixo o goberno daCasa de Petrović-Njegoš, primeiro comoteocracia e máis tarde comoprincipado. A independencia de Montenegro recoñeceuse polasGrandes Potencias noCongreso de Berlín en 1878. En 1910, o país converteuse nunreino.

Dende o4 de febreiro de2003, despois da disolución deIugoslavia, estableceuse como uns dos estados membros da Federación deSerbia e Montenegro, mais o21 de maio de2006 nunreferendo o 55,5% da poboación votou pola independencia do país, sendo declarada oficialmente a independencia o3 de xuño dese mesmo ano enPodgorica.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]
MonteBobotov Kuk

O nome enmontenegrino deste estado éCrna Gora que se traduce aogalego literalmente como "monte negro", como referencia á cor coa que se ven osAlpes Dináricos dende omar Adriático debido á escura tonalidade dos bosques que cobren ditos cumios. O nome do país na maior parte dos países occidentais provén da tradución do termo envéneto durante a hexemonía daRepública de Venecia sobre as costas orientais do Adriático.

Así, tanto oinglés como oalemán usan o nomeMontenegro para definir ao devandito estado. Outros idiomas por exemplo usan traducións directas do significado de Montenegro como oalbanésMali i Zi, ogregoΜαυροβούνιο ou oturcoKaradağ. No caso do galego, a tradución deCrna Gora coincide co termo adoptado polos navegantes venecianos.

Historia

[editar |editar a fonte]

Primeiros asentamentos

[editar |editar a fonte]

O actual territorio de Montenegro foi habitado durante séculos por diversas triboseslavas, mesturadas conávaros,ilirios eromanos produto do dominio destes pobos sobre a rexión.

Idade Media

[editar |editar a fonte]

Estas tribos eslavas durante oséculo X formaron unprincipado chamadoDuklja, cuxa independencia foi recoñecida poloPapaGregorio VII en1077, aínda que se mantivo como tributario doImperio bizantino.

En1186 foi conquistada porEstevo Nemanja, Gran Príncipe do reinoserbio deRascia.

Baixo a influencia directa deSerbia, formouse o Principado deZeta e produciuse a conversión da poboación áIgrexa Ortodoxa.

En1356, Zeta logrou a súa independencia de Rascia, enfrontando ao longo doséculo XV invasións doImperio Otomán que conquistou gran parte do principado, aínda que non logrou sometelo totalmente.

Idade Moderna

[editar |editar a fonte]

En1516, baixo a influencia deVenecia formouse o Principado de Montenegro, un estado teocrático liderado polo príncipe-bispo de Cetinje ouvladika. En1852, ovladika Danilo II converteu ao país nun estado secular tomando o título deknjaz (príncipe).

En1860 foi nomeado príncipeNicolao I, o cal declarou a guerra ao Imperio Otomán en1861.

Malia un comezo difícil,Serbia e oImperio ruso convertéronse nos seus aliados en1877 na chamada Guerra ruso-turca logrando a vitoria en1876.

Tras oCongreso de Berlín, a independencia de Montenegro quedou asegurada e o seu territorio practicamente duplicouse.

Século XX

[editar |editar a fonte]
O rei Nicolao I.

O28 de agosto de1910 foi proclamado oReino de Montenegro poloknjaz Nicolao enCetinje.

NasGuerras balcánicas (19121913), Montenegro conseguiu expandir o seu territorio tomando oSandžak doReino de Serbia o30 de maio de1913. Ao facer isto, incorporou unha poboación que non se identificaba cultural o historicamente co país.

A cidade recentemente capturada deSkadar tivo que ser devolta ao novo estado deAlbania por exixencia das grandes potencias a pesar de que osmontenegrinos perderon 10.000 vidas para capturar a cidade ás forzas otomás (albanesas) deEssad Bajá.

En1914, tras o estoupido daprimeira guerra mundial, Montenegro aliouse conSerbia contra osImperios Centrais, pero o pequeno exército montenegrino rendeuse finalmente aoImperio Austrohúngaro o25 de xaneiro de1916. Atéoutubro de1918, Montenegro estivo ocupado por tal Imperio. O rei fuxiu paraBordeos (Francia).

O20 de xullo de1917, asinouse aDeclaración de Corfú, que declarou a unificación de Montenegro co Reino de Serbia, que foi proclamada o26 de novembro de1918, pouco antes da formación doReino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, o1 de decembro (que se converteu noReino de Iugoslavia en1929. Polo tanto, o seu único xefe de Estado foiNicolao I de Montenegro, rei entre1910 e1918, cando foi deposto. En Serbia, Montenegro conformou inicialmente a banovina (provincia) de Zeta, cuxo territorio foi reducido de xeito importante en1939 conformando o actual territorio do país.

Co fin dasegunda guerra mundial, o Reino de Iugoslavia converteuse naRepública Federal Socialista de Iugoslavia en1946. Con este cambio, Montenegro deixou de depender directamente deSerbia obtendo certa autonomía como aRepública Socialista de Montenegro. Debido ás súas características como a menor das seis repúblicas que conformaban Iugoslavia, Montenegro recibiu grandes achegas do goberno federal volvéndose un estado próspero.

En1992, a República Federal Socialista desintegrouse, pero Montenegro e Serbia decidiron manterse unidos formando aRepública Federal de Iugoslavia. O embargamento que sufriu aIugoslavia produto das guerras durante a primeira metade dosanos 1990 afectou notablemente a economía de Montenegro. Con todo, a tensión entreserbios emontenegrinos debido á desigual posición que tiñan ambos os grupos na República Federal aumentou cos anos. Como forma de igualar a importancia de ambos os estados, en2002 estableceuse a federación deSerbia e Montenegro. Porén, diversos grupos comezaron facer presión para acadar aindependencia, a cal foi aprobada a través dunplebiscito realizado o21 de maio de2006 por un 55,5 % dos votantes. Finalmente, o Parlamento de Montenegro proclamou a independencia do estado o3 de xuño de2006. O estado foi recoñecido nos días posteriores por diversos estados do mundo, incluíndoSerbia o15 de xuño, e finalmente ingresou como o 192º membro daOrganización das Nacións Unidas o28 de xuño.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Vista da baía deKotor
Monte Biogradska

Montenegro é un país pequeno, sendo cunha superficie de 13.812 km² o oitavo menor deEuropa. Atópase situado naPenínsula dos Balcáns xunto á costa oriental domar Adriático. A súa xeografía caracterízase principalmente pola presenza de catro zonas principais: o litoral, as mesetas rochosas, unha depresión e as altas montañas. As chairas costeiras son estreitas, cun ancho de entre dous e dez quilómetros ao longo do accidentado litoral adriático, no que se presentan diversosestuarios ebaías, destacando a baía de Kotor, considerado ofiorde máis austral do continente. Estas chairas acaban abruptamente pola presenza das mesetas rochosas de estrutura cárstica, superando os 1.000 metros de altitude media, aínda que existen algúns montes que se achegan aos 2.000 como o monte Orjen e o monte Lovjen.

Nas zonas interiores atópase a única zona chá do país, destacando a rexión de Zeta e o lago Skadar. Nesta zona, sitúase a maior parte da agricultura e da poboación do país debido ao seu agradable clima temperado e o seu suave relevo. Na zona setentrional sitúase unha das zonas máis abruptas do continente debido á presenza da cadea dosAlpes Dináricos e á erosión glacial producida durante miles de anos. A maioría dos picos superan os 2.000 metros de altitude, cubertos por zonas boscosas escuras. Na zona ademais destaca a orixe de diversos ríos que forman enormes canóns ao longo das cadeas montañosas.

O clima de Montenegro depende directamente das características xeográficas. Así, oclima mediterráneo predomina na zona litoral, ocontinental é o preponderante no resto do territorio debido aobiombo climático formado polos Alpes Dináricos e que impide o ingreso da influencia marítima ao interior. Os veráns son longos e secos, contrario ao inverno, usualmente húmido e curto. As formacións do relevo permiten o ingreso de ondas de intensa calor ao interior do país, principalmente ás zonas en torno aPodgorica, unha das cidades máis cálidas da Península Balcánica. Doutra banda, nas zonas montañosas oclima alpino existente permite a caída de fortes nevadas cubrindo os principais cumes con neve durante gran parte do ano. Segundo oFondo Mundial para a Natureza, o territorio de Montenegro está ocupado por tres ecorrexións: o bosque caducifolio de Iliria, un tipo de bosque mediterráneo na costa, e dous tipos de bosques mornos de frondosas (o Bosque mixto balcánico, nalgúns puntos dos extremos norte e leste, e o bosque mixto dosAlpes Dináricos, no resto do país).

Demografía

[editar |editar a fonte]
Etnias en Montenegro (2003)
Montenegrinos267.79943,16%
Serbios198.41431,99%
Bosníacos48.1847,77%
Albaneses31.1635,03%
Eslavosmusulmáns24.6253,97%
Croatas6.8111,10%
xitanos2.8260,46%
Artigo principal:Demografía de Montenegro.

Montenegro ten unha poboación de 616.258 segundo o último censo oficial, realizado o ano2003, correspondentes a unha densidade de poboación de 44,7 hab/km². A composiciónétnica do país é, do mesmo xeito que na maioría das antigas repúblicasiugoslavas, complexa e de grande importancia para o desenvolvemento do país. O grupo predominante é o dos montenegrinos, principalmente nas zonas centrais do territorio seguidos polos serbios, situados na zona setentrional do país. Con todo, é difícil determinar unha división clara entre ambas etnias, debido a unha homologación entre elas producida durante os anos de unión entre ambas nacións. Moitos montenegrinos e serbios poden considerarse como membros de ambos grupos étnicos, pero doutra banda existen gruposnacionalistas que reivindicación as súas identidades propias e a diferenciación entre ambas. Algúns outros grupos como bosníacos e albaneses sitúanse na zona nororiental e suroriental, respectivamente.

Vista deKotor

O idioma oficial do país é alingua montenegrina, despois de que en1992 se deixase atrás a designación deserbocroata e máis tarde deserbio, aínda que adoitan ser consideradas a mesma lingua. No último censo o 63,5% da poboación afirmou ter ao serbio como lingua materna, mentres só o 22% referiuse ao montenegrino.

En canto a relixión, preto do 74% dos habitantes de Montenegro pertencen á Igrexa Ortodoxa Serbia, malia a creación en1993 da Igrexa ortodoxa montenegrina, que ten escasos seguidores actualmente. O 17,74% da poboación do país afirma pertencer aoislam, os cales corresponden principalmente a albaneses, bosníacos e ao grupo de eslavos musulmáns. En tanto, a fecatólica é practicada nas zonas costeiras (coma Kotor) polos grupos de etnia croata. As principais cidades son:

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Montenegro.
Banco Nacional de Montenegro, situado enPodgorica, capital do país
Budva, un dos máis importantes destinos turísticos

Durante a época baixo dominio iugoslavo, Montenegro experimentou unha rápida urbanización e industrialización baseada na industria de xeración eléctrica, industriamineira (metal,aluminio ecarbón), forestal e téxtil. A isto sumouse posteriormente a produción detabaco e oturismo, este último principalmente durante fins dosanos 1980.

Co crebe da antiga Iugoslavia, Montenegro perdeu gran parte do seu mercado e dos seus abastecedores. O progreso económico detívose do mesmo xeito que o programa deprivatizacións, durante1989. Enmaio de1992, as sancións impostas polaONU produto dasGuerras Iugoslavas agravaron a crise converténdoa na peor dende asegunda guerra mundial. En1993, dous terzos da poboación montenegrina estaba baixo a liña da pobreza e no inicio de1994 o país alcanzou a segunda máis alta hiperinflación da historia, superior aos 3 millóns por cento. Estímase na actualidade que as perdas xeradas polo embargo durante eses anos equivalen a 6.390 millóns dedólares.

Debido á súa favorable localización xeográfica xunto ao Adriático e conectado conAlbania a través do lago Skadar, Montenegro converteuse nun centro de contrabando. Posto que a totalidade da produción industrial montenegrina detívose, a principal actividade económica da república foi o contrabando de bens materiais, especialmentepetróleo ecigarros. Soamente en1997, a economía de Montenegro estabilizouse: omarco alemán foi introducido como moeda oficial para evitar a inflación e o goberno montenegrino esixiu máis autonomía para as súas políticas económicas as que serían establecidas coa formación da Unión deSerbia e Montenegro en2002. Dende ese momento, o goberno de Montenegro estableceu fortes políticas para a melloría da economía, especialmente axilizando o proceso deprivatizacións, introdución do IVE e doeuro como moeda oficial (a pesar de que o país non é membro oficial daEurozona).

Na actualidade, Montenegro é un dos países máis pobres do continente cunPIB per cápita de 3.800dólares mais durante os últimos anos producíronse importantes melloras. Apenas o 12,2% da poboación está baixo a liña da pobreza e a cesantía caeu do 27,7% de2005 ao 16,4% en xullo de2006, mentres a inflación mantense preto do 3%. O principal produto do país é oaluminio que é exportado a través deSuíza, destino do 83,9% das exportacións totais. As importacións, en tanto, cuadruplican o valor das exportacións e proveñen principalmente deGrecia,Italia,Alemaña eBosnia e Hercegovina.

Infraestrutura

[editar |editar a fonte]
Ponte de Djurdjevica Tara

A infraestrutura viaria de Montenegro non está adecuada ás normas europeas e aínda que a rede de estradas é extensa, non hai ningún corredor construído que se poida considerar unha autoestrada completamente. Os proxectos que deberían cambiar ese feito son a autoestrada entreBelgrado e Bar (na costa adriática) e a sección montenegrina da autoestrada Adriático-Xónico, unha vía que atravesará osBalcáns dendeTrieste (Italia) ataKalamata (enGrecia, ao sur doPeloponeso). A construción destas autoestradas está considerada como unha prioridade nacional, xa que ambas serán moi importantes para o desenvolvemento económico rexional uniforme de Montenegro, ademais do desenvolvemento do país como un destino turístico de elite.

A columna vertebral da rede ferroviaria de Montenegro é a liña entreBelgrado e Bar. Este tren crúzase coa liña deNikšić aTirana (Albania) enPodgorica, porén este ferrocarril non se utiliza para o servizo de pasaxeiros. Montenegro ademais posúe dous aeroportos internacionais, o de Podgorica e o de Tivat, que moveron entre ambos 1,1 millóns de pasaxeiros en2008. A compañía aérea nacional montenegrina é Montenegro Airlines. En canto a tranposrte marítimo o porto máis importante é o de Bar.

Goberno e política

[editar |editar a fonte]
Entrada do Pazo Presidencial
Véxase tamén:Presidente de Montenegro.

Montenegro é unharepúblicademocráticaparlamentaria. A Constitución de Montenegro foi aprobada o12 de outubro de1992 e establece o sistema político do país. As reformas constitucionais, en tanto, deben ser aprobadas por plebiscitos. Oxefe de estado é o Presidente de Montenegro, cargo que ostenta actualmenteFilip Vujanović. OPresidente é electo cada catro anos e ten entre as súas funcións, promulgar leis, convocar as eleccións e plebiscitos e propoñer oprimeiro ministro. O Primeiro Ministro, actualmenteMilo Đukanović, é oxefe de goberno e baixo o seu cargo está a dirección das relacións exteriores, a posta en funcionamento das leis e a administración do Estado.

O Parlamento de Montenegro está composto por setenta e sete membros electos cada catro anos, encargados da redacción das leis, aprobación do orzamento gobernamental, ratificación de tratados, a designación do goberno e a elección do primeiro ministro. OPoder Xudicial, en tanto, é autónomo e independente.

O sistema político de Montenegro é pluripartidista, mais os diferentes partidos deben formar coalicións. Actualmente, o principal partido político é o oficialistaPartido dos Socialistas Democráticos que posúe trinta escanos no Parlamento. OPartido Popular Socialista é o segundo en importancia, xurdido dunha escisión do PDS, e é o principal membro do pacto opositor Xuntos polo Cambio con dezanove escanos.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]

Administrativamente Montenegro está dividida en vinte e un concellos (opština), e dous municipios urbanos, subdivisións do concello dePodgorica:

Concellos de Montenegro

Dereitos humanos

[editar |editar a fonte]

En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Montenegro firmou ou ratificou:

MontenegroMontenegro Status dos principais instrumentos internacionais dedereitos humanos[10]
CESCRCCPRCERDCEDCEDAWCAT[11]CRCMWCCRPD
CESCRCESCR-OP[12]CCPRCCPR-OP1CCPR-OP2-DPCEDAWCEDAW-OP[13]CATCAT-OPCRCCRC-OP-ACCRC-OP-SCCRPDCRPD-OP[14]
PertenzaFirmado e ratificadoFirmado pero non ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoMontenegro recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoMontenegro recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado pero non ratificadoMontenegro recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesMontenegro recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Cultura

[editar |editar a fonte]
Kotor,Patrimonio da Humanidade

Por mor da súa situación xeográfica, a cultura de Montenegro moldeouse grazas a diversas influencias o longo da súa historia, sendo as máis importantes as de orixe serbia, ortodoxa, eslava, centroeuropea e adriática.

Existen moitos lugares de grande importancia histórica e cultural en Montenegro, incluíndo sitios dos períodospre-románico,gótico ebarroco. A zona costeira de Montenegro é bastante coñecida polos seus diversos monumentos relixiosos católicos, mentres na zona interior a arquitectura e a arte relixiosa reflicte a influenciabizantina.

A danza tradicional é oouro que consiste en diversos bailaríns que conforman un círculo ao abrazarse dos ombreiros mentres un ou dous bailaríns en solitario danzan no centro ao ritmo dos tambores. A literatura en tanto se remonta a máis de dez séculos atrás mentres en1494 foi establecida a primeira imprenta estatal en Cetinje onde xurdiu o primeiro libro sudeslavo foi impreso: oOktoih. A isto súmanse diversos manuscritos doséculo XIII gardados en diversos mosteiros do país.

Símbolos

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Bandeira de Montenegro, Escudo de Montenegro e Oj, svijetla majska zoro.
Escudo de Montenegro.

A nova bandeira oficial de Montenegro foi aprobada o13 de xullo de2004 polos lexisladores montenegrinos, baseada no estandarte real do Rei Nicolao I. Esta bandeira era completamente vermella cun bordo de prata, un escudo de armas prateado e as iniciais НІ encirílico (correspondente á NI noalfabeto latino), que representaban ao Rei Nicolao I. O bordo e as armas foron cambiadas de prata a ouro na bandeira moderna e o emblema real no centro foi quitado e substituído cun león de ouro.

O escudo está formado por unha aguia bicéfala de ouro, con pico e garras do mesmo metal e linguada de goles. A aguia sostén sobre o seu peito un brasón que estivo vinculado coa Casa Petrović, é un campo partido por unha faixa de ouro. Na súa partición superior que é de maior tamaño, de azur, un león pasante de ouro; a inferior, de sinople. A aguia sostén coas súas garras un cetro de ouro e un orbe de azur, co seu ecuador e semi-meridiano de ouro, rematado cunha cruz do mesmo metal. Sobre as cabezas da aguia, unha coroa real pechada, de ouro.

O día nacional é o13 de xullo, que rememora esa data en1878 cando o Congreso de Berlín recoñece a Montenegro como Estado independente número vinte e sete do mundo[15] e o inicio dun dos primeiros levantamentos populares enEuropa contra asPotencias do Eixo o13 de xullo de1941 en Montenegro.

En2004, a lexislatura de Montenegro seleccionou unha canción popular tradicional de Montenegro,Oj, svijetla majska zoro (""Oh, brillante alba de maio"), como o himno nacional. O himno oficial de Montenegro durante o reinado do Rei Nicolao foiUbavoj Nam Crnoj Gori ("Á nosa fermosa Montenegro"). Alén diso, un himno popular montenegrino foi extraoficialmenteOnamo, 'namo! ("Aló, por aló!"), escrito polo propio Rei Nicolao durante a década de1860.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Escrita idéntica enlingua bosnia,croata eserbia.
  2. Escrita idéntica enserbio cirílico.

Referencias

[editar |editar a fonte]
  1. "Влада Црне Горе".Vlada Crne Gore(en Montenegrin). Arquivado dendeo orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  2. "Vlada Crne Gore".Влада Црне Горе(en Montenegrin). Arquivado dendeo orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  3. "Montenegro – The World Factbook".www.cia.gov. 19 de outubro de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  4. "Montenegro – History".Encyclopedia Britannica. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  5. "Republic of Montenegro / Crna Gora – Country Profile".Montenegro. 12 de outubro de 1992. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  6. Luscombe, David; Riley-Smith, Jonathan (2004).Cambridge University Press, ed.The New Cambridge Medieval History: Volume 4, c. 1024-c. 1198. pp. 266–.ISBN 9780521414111. 
  7. Sedlar, Jean W. (2013).University of Washington Press, ed.Europa central oriental na Idade Media, 1000–1500. pp. 21–.ISBN 9780295800646. 
  8. John Van Antwerp Fine (1983).University of Michigan Press, ed.Os Balcáns altomedievais: unha investigación crítica desde o século VI ata finais do século XII. p. 194.ISBN 9780472100255. 
  9. Schmitt, Oliver Jens (2001).Das Venezianische Albanien (1392–1479). Walter de Gruyter.ISBN 978-3-486-56569-0. 
  10. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos."Status by country"(eninglés).Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  11. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  12. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales(PDF) (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  13. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  14. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  15. "President Vujanovic's Closing Speech at the Crans Montana Forum". Predsjednik.me. 21 de febreiro de 2006. Arquivado dendeo orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 11 de setembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  MontenegroModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Eslavos do oeste
Eslavos do sur
Eslavos do leste
Países e territorios doMediterráneo
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Montenegro&oldid=6940842»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp