Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Monte submarino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos maiores montes submarinos do mundo.

Unmonte submarino é unhamontaña que se eleva do fondo doocéano, pero que non chega a sobresaír donivel do mar.

Definición e características

[editar |editar a fonte]
Formación de montes submarinos e illas como consecuencia desubdución, enHonshu (Xapón).

Osoceanógrafos definen os montes submarinos como estruturas independentes que se elevan polo menos 1000 m sobre ofondo oceánico.

Os montes submarinos formánronse pola acción devolcáns actualmenteextintos, que os fixeron emerxer abruptamente. Usualmente encóntranse no leito mariño entre os 1.000 e os 4.000 m de profundidade.

As súas cimas están a miúdo entre os centos e miles de metros por debaixo da superficie, polo que se considera que xacen en mares profundos.[1]

Estímase que hai cerca de 30.000 montes submarinos nosmares daTerra, dos cales só uns cantos están estudados.

A maioría deles agrúpanse en pequenos conxuntos, formando uns a xeito dearquipélagos somerxidos.

Cómpre non confundilos cosguyots.[2]

Importancia ecolóxica e recursos naturais

[editar |editar a fonte]
Esquema batimétrico dun monte submarino: oDavidson Seamount).

Os montes submarinos tenden a proxectarse en zonas pouco profundas e moi propicias para a vida mariña, subministrando hábitats para especies que non se encontran en sectores máis profundos do leito mariño. Debido a que estes montes están illados os uns dos outros, forman "illas submarinas", creando unha zona bioxeográfica especial.

Como están formados a partir derochas volcánicas, osubstrato é moito máis pesado que o leito desedimentos que o rodea, o que provoca a existencia dun diferente tipo defauna que a do resto do relevo oceánico, o que comporta a un alto nivel deendemismos.

Ademais, os montes submarinos son vitais puntos de estancia para algúnsanimais migratorios, como asbaleas, que alí poden alimentarse e esconderse dedepredadores.

Por outro lado, os montes submarinos posúen incrustacións polimetálicas, e algúns son ricos enmetais comocobalto eplatino, aínda que a explotación destes recursos é reducidísima.

Maiores concentracións no mundo

[editar |editar a fonte]

Os principais montes submarinos, en orde ao seu tamaño e proliferación, encóntranse noocéano Pacífico, maioritariamente nas costas deHawai, nogolfo de Alasca, na fosachileno-peruana e nomar de Coral.

Noutros océanos hai concentracións de montes submarinos nas costas deEscocia, nas do centro doBrasil, nas dasillas Azores e asCanarias, e noAtlántico sur.

En Galicia

[editar |editar a fonte]

Nas augas próximas aGalicia ten sona o denominadobanco de Galicia, situado a uns 200 km ao oeste deFisterra.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nybakken, James W. & Bertness, Mark D. (2004):Marine Biology: An Ecological Approach. 6ª Ed. San Francisco, California: Benjamin Cummings.ISBN 978-0-8053-4582-7.
  2. Definición deguyot* noDicionario de Galego deIr Indo e aXunta de Galicia.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Monte submarinoModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Keating, B. H.; Fryer, P.; Batiza, R. & Boehlert, G. W., eds. (1987): "Seamounts, islands and atolls".Geophys. Monogr.43 :319-334.
  • Koslow, J. A. (1997): "Seamounts and the ecology of deep-sea fisheries".Am. Sci.85: 168-176.
  • Menard, H. W. (1964):Marine Geology of the Pacific. International Series in the Earth Sciences. Mew York, NY: McGraw-Hill.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monte_submarino&oldid=6195911»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp