Omonte Medulio é o lugar da batalla dosgalaicos,cántabros eástures no ano22 a. C. contra as lexións deCaio Furnio ePublio Carisio, e onde os últimos guerreiros resistentes se suicidaron durante o sitio.
A súa situación xeográfica hoxe en día é aínda controvertida. Segundo algúns sitúase nas montañas do concello deḶḷena[1], outros sitúano no Picu Cervera, noCastro Meduales, enMiranda[2]. Aduciuse que fontes clásicas o sitúan preto doBierzo[3], preto das minas romanas dasMédulas, o cal explicaría a toponimia do lugar. Con todo,Paulo Orosio situábao nas partes máis afastadas da Gallaecia (Praeterea ulteriores Gallaeciae partes, quae montibus siluisque consitae Oceano terminantur) preto dorío Miño (Minium flumine inminentem), o que leva aVicente Risco a descartar esta localización, que considera unha xustificación previa á teoría deSarmiento relativa a que o antigo Miño era orío Sil, o cal considera pouco probable en favor doutras posibles localizacións como o Monte Medelo, enSanta Cruz de Arrabaldo (sostido por Boán e que tamén conta co argumento da toponimia ao seu favor); Cabeza de Meda (naBaixa Limia, e sostido por Cortés,Cornide eMurguía), osmontes Aloia (enTui) ouSanta Trega, naGuarda (sostido porAdolf Schulten)[4].
Modernos estudos establecen unha hipótese que o situaría nun dos montes daSerra do Courel, o Monte Cido, cuxo topónimo podería provir da voz latina Occidio, (matanza, carnizaría), e no que se poden apreciar os restos dun foxo como o que, segundo os datos de que se dispón, se fixo para cercar o monte e no que se descubriron vestixios romanos como unha aguia imperial de bronce procedente dun estandarte.[5] SegundoAndré Pena Graña o monte Medulio estaría na xuntanza dos ríos Miño e Sil, nos Peares[6].
A principal referencia á batalla da que dispoñemos é a dePaulo Orosio:
..."Por outro lado, oslegados Antistio e Firmio someteran en singulares e duros combates as partes máis afastadas de Galiza, as cales, sementadas de montes e bosques, terminan no océano. Asediaran efectivamente, mediante a construción dunha fosa de 15 millas ó seu redor, o monte Medulio, que se levantaba sobre o río Minius e no que se tiñan fortificado unha multitude de persoas. O resultado final foi que, cando esta raza de xentes, cruel e feroz por natureza, comprendeu que eran insuficientes para aguantar o asedio e sen capacidade para entrar en combate suicidáronse por temor á escravitude."- Paulo Orosio, Hist. VI, 21[7]
Segundo cita o historiador romanoFloro sobre a batalla:
..."os indíxenas ao ver chegada a fin da súa resistencia, a porfía danse a morte co lume e co ferro, no medio dunha comida, cun veleno que alí se extrae comunmente do teixo, librándose así a maior parte da escravitude que a unha xente ata entón indómita parecía máis intolerable que a morte ..."[8]- Lucio Anneo Floro.
Segundo o padre Sarmiento eVicente Risco, uns inxeriron o veleno doteixo, mentres que outros se botaron ao lume dunha inmensa fogueira e outros se deron morte coas súas espadas.Ramón Cabanillas escribiría no seu poema "¡En pé!", pertencente ao seu poemario de 1917Da terra asoballada:
- "O día do Medulio
- con sangue quente e roxa
- mercámo-lo dereito
- á libre honrada chouza!"
- - Ramón Cabanillas, "¡En pé!", 1917