O monteDamavand (en escrita árabe: دماوند), tamén ditoDonbavand, é unestratovolcán de 5.610 m. de altura que constitúe a maior elevación doIrán. E tamén o volcán de maior altitude de todaAsia.
O Damavand érguese lixeiramente ao sur domar Caspio, no centro da cadea montañosa dosMontes Elburz, preto das aldeas de Vararu, Sesang, Gol-e Zard e Mianrud, no departamento deAmol, na provincia deMazandaran, a 66 km ao nordeste da capital do país,Teherán. Os principais centros urbanos da área son a cidade deRineh e a deLarijan, famosa polas súas fontes termais.
A montaña está cualificado como dormente, porén mostra indicios de certa actividade, pois existenfumarolas preto docráter da cima que depositan sulfuros, e que teñen sido particularmente activas o6 de xullo de2007.
Existen seis itinerarios de subida recoñecidos. O máis popular é o do sur, que dispón dun campamento a unha altura de arredor de 4.000 m. A ruta máis longa é a de nordeste. Precísanse dous días para atinxir a cima, partindo desde a aldea de Nāndal, pasando unha noite no refuxio Takht-e Fereydun (4.300 m). A vía oeste ten sona polas fermosas vistas que se contemplan no solpor. Esta vía ofrece tamén un refuxio de dous andares que foi construído recentemente, e que se coñece comoSimorgh.
O Damavand ocupa un lugar particular namitoloxía iraniana. Non textos e na mitoloxíazoroástrica, o dragón tricéfaloAži Dahāka estaba encadeado ao monte Damāvand, condenado a ficar así até a fin do mundo. Nunha versión máis tardía da mesma lenda, o tiranoZahhāk estaba encadeado, de xeito semellante, nunha gruta do monte Damāvand, logo de ser vencido porKāveh eFereydūn.
NoŠahnâmeh, a montaña estaba dotada de poderes máxicos.
Naliteratura irania , o Damavand é o símbolo da resistencia contra os soberanos estranxeiros.Mohammad Taqī Bahār, por exemplo, compuxo unha célebrecasida, tituladaDamāvand.