Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Monte Breamo

Coord.:43°23′59″N8°11′00″O / 43.39971542,-8.18338645
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Breamo
TipomontañaEditar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPontedeume, EspañaEditar o valor en Wikidata
Mapa
 43°23′59″N8°11′00″O / 43.39971542,-8.18338645
Características
Altitude305 mEditar o valor en Wikidata
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Breamo.

OMonte Breamo é un monte situado no concellocoruñés dePontedeume. Os seus 305 metros fan del o punto máis alto do occidente do concello eumés.

Ermida de San Miguel vista desde a área recreativa

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Hai varias teorías sobre a orixe do nome. ParaÁngel del Castillo deriva dun monte sagrado de nomeBrigamo.Antonio Couceiro Freijomil afirma que o nome provén do míticorei Brigo que edificou alí un castro. FinalmenteIsidoro Millán González-Pardo non dubida en atribuírlle unha orixecelta, concretamente do vocábulogaélicobri (monte). Basea a súa afirmación en que na documentación máis antiga existente úsase o termoBriamo alternándose co deBreemo[1]

Morfoloxía e hidroloxía

[editar |editar a fonte]

É un monte senlleiro situado no corazón doGolfo Ártabro, dominando a entrada a el desde o mar. Aos seus pés esténdense as rías deAres e deBetanzos. As vistas da costa son espectaculares, chegando a verse en días claros asillas Sisargas.

Ten numerososmananciais que alimentan as fontes públicas das parroquias situadas na súa aba, que son as eumesas deBreamo,Pontedeume,Centroña,Boebre eVilar; e a deVilanova no concello deMiño.

Porén, debido á súa proximidade á costa, non ten longos cursos de auga, a excepción da vertente sur onde teñen unha certa entidade oRego dos Muíños que desemboca napraia de Perbes, e oRegato de Dandel que verte norío Xarío.

Acción do home

[editar |editar a fonte]

Desde tempos remotos o home deixou a súa pegada no monte Breamo. A referencia máis antiga é a da cidadeártabra deArdóbriga nomeada polos conquistadoresromanos. É situada por algúns historiadores noCastro de Centroña, na aba noroeste do monte.

No cume do monte está aermida de San Miguel que é o que queda dun antigo mosteiro, edificado probabelmente sobre outro templo pagán anterior. Nos arredores da ermida hai unha área recreativa.

Ocemiterio novo de Pontedeume foi construído a rentes da estrada que sobe ao monte.

Os lugares da parroquia de Breamo deO Barro,Cermuzo,As Pedridas eVista Alegre aséntanse na aba do monte.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Castro Álvarez, Carlos de (1995): "En torno al real priorato de San Miguel de Breamo y su iglesia.Cátedra nº 2.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monte_Breamo&oldid=6964933»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp