Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mongolia

Coord.:46°N105°L / 46,105
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMongolia
Монгол Улс (mn)
ᠮᠣᠩᠭᠣᠯ ᠤᠯᠤᠰ (mn)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional de Mongolia (1950)Editar o valor en Wikidata

Lema«Crwydrwch a Phrofwch Mongolia»Editar o valor en Wikidata
EpónimoPobo mongolEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 46°N105°L / 46,105
CapitalUlán BátorEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Arkhangay(pt)Traducir
Bayan-Ölgiy(pt)Traducir
Bayankhongor(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación3.409.939(2021)Editar o valor en Wikidata (2,18hab./km²)
Lingua oficialLingua mongolEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.564.116 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude1.528 mEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Khüiten(pt)Traducir (4.374 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoHoh Nuur(pt)Traducir (560 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 12 de febreiro de 1992:  (Constituição da Mongólia(pt)Traducir)Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernosistema parlamentarioEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataUkhnaagiin Khürelsükh(pt)Traducir(2021–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno da Mongólia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro da Mongólia(pt)TraducirEditar o valor en WikidataLuvsannamsrain Oyun-Erdene(pt)Traducir(2021–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoGrande Assembleia Estatal(pt)Traducir ,(Escano: 76)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal15.286.441.740 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaTugrikEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mnEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+976Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia101,102,103 e105Editar o valor en Wikidata
Código de paísMNEditar o valor en Wikidata

Sitio webgov.mn…Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453645
Este artigo amosaescritos mongois. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

ARepública de Mongolia[1] (enmongol:) é un país deAsia, encravado entreRusia e mais aChina. A súa capital éUlán Bátor (Ulaanbaatar), a lingua oficial é okhalkha e a moeda o tugrik. Posúe unha extensión de 1.565.000 km² e unha poboación estimada no2006 de 2.832.224 habitantes. Forma parte da rexión deMongolia.

Historia

[editar |editar a fonte]

Noséculo XIII,Xenxis Khan unifica as tribosmongois e crea un imperio, obra seguida polos seus sucesores Ögödei, Güyük, Mönkh e Khubilai. Este imperio comeza a recuar no1386, coa perda da China. Noséculo XV, baixo o reino de Altan Khan, os mongois convértense aobudismo tibetano. Un século máis tarde, caen baixo a dominación dosmanchús, que conquistan tamén aChina. O seu país foi transformado en dúas provincias chinesas, a Mongolia interior e a Mongolia exterior. A independencia de Mongolia exterior foi declarada no1921 á calor dunha revolución liderada porSukhbaatar; mais tivo goberno independente ata1924, cando se declarou a República popular mongol co sostén daURSS.

Durante asegunda guerra mundial, os aliados soviéticos defenden Mongolia fronte ao Xapón. O20 de outubro de1945, porreferendo, os mongois votan polaindependencia daChina (97,8 % desi; 98,4 % de participación).

A República popular mongol foi recoñecida á vez polaRepública da China e mailaRepública Popular da China. O país achégase porén aos soviéticos no1958 e ten numerosas bases soviéticas durante aGuerra fría. Mongolia entra naONU no1961.

En1990, o partido comunista relaxa o seu control sobre o goberno. No1992, a República Popular é substituída por un estado mixto, entre sistema parlamentario e sistema presidencial.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

A meirande parte do país está constituída por estepas. Porén, odeserto do Gobi recobre unha parte do sur do país, mentres que ao norte e ao oeste, atópanse as rexións montañosas de bosques frondosos.

O clima presenta unha acusada oscilación térmica estacional, con moita calor en verán e extremadamente frío no inverno, con temperaturas baixando ata os -30 °C.

Política

[editar |editar a fonte]

O partido dominante en Mongolia é oPartido revolucionario do pobo mongol formado polos antigos comunistas mongois despois daGuerra Fría. O principal partido de oposición é oPartido democrático que controlou unha coalición no poder entre o1996 e2000. Esta coalición non logrou nin manter a súa cohesión, nin arranxar os problemas económicos do país, polo que foi moi fortemente sancionada polos electores no2000, que deron a vitoria aoPRPM cunha esmagadora maioría. Durante as eleccións lexislativas do2004, oPRPM e o partido Democrático obtiveron un número igual de escanos. A fin de que o desenvolvemento da Mongolia non sexa trabado por crises políticas, decidiron elaborar un programa común e formar un goberno de unión nacional.

Este Estado ten un executivo bicéfalo, á cabeza do Estado hai un presidente elixido e á cabeza do goberno un primeiro ministro. O parlamento chámase oGran Hural, unha cámara composta de 76 asentos.

Nas eleccións de22 de maio de2005, o antigo primeiro ministroNambaryn Enkhbayar, candidato doPRPM, foi elixido presidente de República co 53,4 % dos sufraxios. O seu principal adversario,Mandsaikhanin Enkhsaikhan, candidato do partido Demócrata, obtivo o 20 %. Enkhbayar comezou o seu mandato á fin do mes de xuño do 2005 e substitúe ao presidenteNatsagiyn Bagabandi, tamén doPRPM.

División territorial

[editar |editar a fonte]
Mapa de Mongolia por provincias.
Artigo principal:Provincias de Mongolia.

Mongolia está dividida en 21provincias (aimags), que están á súa vez divididas en 329distritos (sumas).[2] A capital,Ulaanbaatar non pertence a ningunha provincia. Asaimags son:

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra daFAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Linguas

[editar |editar a fonte]

A lingua oficial de Mongolia é omongol, que fala arredor do 95% da poboación. En Mongolia escríbese desde 1946 oficialmente coalfabeto cirílico; porén tradicionalmente se escribiu usando oalfabeto mongol como aínda se escribe o mongol na China. En Mongolia intentouse reintroducir en 1994 pero finalmente non se realizou polas dificultades que tiñan amplos sectores da poboación en comprendelo[3], aínda que se introduce devagar no sistema educativo.[4].

Fálanse tamén dialectos doutras linguas mongólicas, no oeste dooirat e no norte doburiato. No oeste fálanse dúas linguas túrquicas, okazako e otuva. A principal lingua da comunidade xorda é alingua de signos mongol.

Oruso é a lingua estranxeira máis coñecida, foi obrigatorio no ensino secundario ata 1990 e de novo desde 2007, considerándose que Mongolia é o país onde o ruso está máis difundido fóra dos países que formaron parte da Unión Soviética[5]. A segunda lingua estranxeira é oinglés, que gradualmente ve aumentar a súa difusión. Ocoreano gañou popularidade polos milleiros de emigrantes enCorea do Sur.[6]

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Mongolia.

A economía mongol está esencialmente centrada nopetróleo, ocarbón e ocobre. Atópase tamén un débil tecido de pequenas industrias domolibdeno, dotungsteno, e minas defosfato. Despois de anos de economía de estado, o país ten encamiñado unha difícil transición cara á economía de mercado. A maior parte das empresas sitúanse nas cidades: fóra delas, a maior parte dos Mongois son nómades.

Mongolia entrou naOrganización Mundial do Comercio no1997. Exporta caxemira, la e alimentos aRusia, áChina, aoXapón e a outros países.

Cultura

[editar |editar a fonte]

Ocanto difónico é propio da zona. Require do cantor que xere dúas notas á vez, unha máis alta ca outra.

Mapas e imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Mapa.
    Mapa.
  • Imaxe satélite con Mongolia cuberta de neve.
    Imaxe satélite con Mongolia cuberta de neve.
  • Imaxe satélite.
    Imaxe satélite.
  • Diagrama climático de Ulán Bátor.
    Diagrama climático deUlán Bátor.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramongol.
  2. Givaandondogiin Purevsambuu (2006).Mongolia. Montsame News Agency. p. 46.ISBN 978-99929-0-627-9. 
  3. Ulrich Ammon, Norbert Dittmar, Klaus J. Mattheier, Peter Trudgill (2006). Walter de Gruyter & Co., ed.Sociolinguistics/Soziolinguistik: An Internationdkznal Handbook of the Science of Language and Society. Berlín.ISBN 978-3-11-018418-1. 
  4. "Mongolia: Essential information".guardian.co.uk (Londres). 22 de novembro de 2006. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  5. NEWSru, ed. (15 de marzo de 2007)."В школах Монголии вводят русский язык как обязательный". Arquivado dendeo orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2010. 
  6. Han, Jae-hyuck (2006-05-05). Office of the President, Republic of Korea, ed."Today in Mongolia: Everyone can speak a few words of Korean". Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o2007-08-17. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Mongolia
Estados soberanos
Dependenciase rexións
administrativas especiais
Australia
China
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mongolia&oldid=6924037»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp