Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Monarquía

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde setembro de 2015.)
Monarquía
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
 Lista do elemento
Identificadores
Freebase/m/04szcEditar o valor en Wikidata
OpenAlexC203458295Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
A raíñaIsabel II do Reino Unido (1952-2022).

Monarquía[1] (dogrego:monos 'un' earcheien 'gobernante') é a forma degoberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título derei,káiser,tsar,xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como narepública), mais exérceo

  1. por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)
  2. recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno doVaticano unha monarquía.

A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetarleis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, namonarquía constitucional ou polo propio soberano, namonarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seuhimno nacional ou abandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a deFrancia ata1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional estáEspaña, onde oreiFilipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en EspañaPresidente do Goberno) éPedro Sánchez. Outros exemplos son oReino Unido (rei:Carlos III do Reino Unido e primeiro ministro: Rishi Sunak),Suecia,Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, o reiCarlos III do Reino Unido tamén é Xefe de Estado doCanadá, dasBahamas, deAustralia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros do Canadá, Bahamas ou Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Tipos de monarquías

[editar |editar a fonte]

Segundo ateoría política pódense considerar varios tipos de réximes monárquicos:

Monarquía absoluta

[editar |editar a fonte]

A monarquía absoluta é unhaforma de goberno na que é omonarca quen exerce opoder sen restriccións en termos políticos, e na maior parte dos casos tamén nos aspectos relixiosos, ou polo menos cun gran compoñente espiritual.

Monarquía constitucional e monarquía parlamentaria

[editar |editar a fonte]

Historicamente, as limitacións ao poder dos monarcas xurdiron en Europa a partir da crise doAntigo Réxime, que nalgúns casos conduciu á supresión da monarquía e á constitución de repúblicas, como en Francia durante aRevolución francesa entre 1791 e 1804 ou en Inglaterra durante aRevolución Inglesa entre 1649 e 1660, mentres que noutros (como namonarquía polaco-lituana entre 1569 e 1795) o rei aceptou ceder parte do seu poder e compartilo con representantes elixidos.[2][3][4]

Na monarquía parlamentaria, ogoberno é responsable ante oParlamento, que é o depositario da soberanía nacional.

Monarquías híbridas

[editar |editar a fonte]

Ao longo da historia existiron sistemas de goberno a medio camiño entre a monarquía absoluta e a constitucional, onde o monarca se ve obrigado a ceder parte do seu poder a un goberno en ocasións democrático, pero continúa a manter unha importante influencia política. A evolución foi moi diferente segundo os países, e depende dodereito comparado.

Monarquía electiva

[editar |editar a fonte]

A monarquía electiva é unha forma de goberno na cal o monarca é elixido por votación a través dalgún mecanismo de natureza variábel. A diferenza da democracia, os electores e os candidatos pertencen a algún corpo restrinxido, polo cargo ocupado, a pertenza a un estamento (nacemento), ou algún tipo de condición persoal ou social. Na actualidade fican moi poucos países con esta forma de goberno; un deles éMalaisia.

Monarquías vixentes

[editar |editar a fonte]
PaísTipo de monarquíaRei ou raíñaHerdeiro o herdeira
AndorraCoprincipadoparlamentarioelectivoNon foron designados
BélxicaMonarquía parlamentariafederalhereditariaFilipe Rei dos BelgasIsabel Princesa herdeira de Bélxica e Duquesa de Brabante
Cidade do VaticanoPapadoabsolutoelectivoLeón XIV Papa da Igrexa CatólicaNon foi designado
DinamarcaMonarquía constitucionalhereditariaMargarida II Raíña de Dinamarca e Condesa consorte de MonpezatFederico Príncipe herdeiro de Dinamarca e Conde de Monpezat
EspañaMonarquía parlamentaria hereditariaFilipe VI Rei de EspañaLionor Princesa de Asturias, Xirona e Viana
LiechtensteinPrincipado constitucional hereditarioHans-Adam II Príncipe soberano de LiechtensteinLuís Príncipe herdeiro de Liechtenstein, Conde de Rietberg e Duque consorte en Baviera
LuxemburgoGran Ducado Parlamentario hereditarioHenrique I Gran Duque de LuxemburgoGuillerme Gran Duque herdeiro de Luxemburgo, Príncipe de Nassau
Orde de MaltaPrincipado electivoFrei Mateo Festing Príncipe e Gran Mestre da Orde de MaltaNon foi escollido
MónacoPrincipado parlamentario hereditarioAlberte II Príncipe soberano de MónacoXaime Príncipe herdeiro de Mónaco e Marqués de Baux
NoruegaMonarquía constitucional hereditariaHarald V de NoruegaHaakon Magno Príncipe herdeiro de Noruega
Países BaixosMonarquía parlamentaria hereditariaGuillerme Alexandre I Rei dos Países BaixosCatalina Amalia Princesa de Orange
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do NorteMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
SueciaMonarquía parlamentaria hereditariaCarlos XVI Gustavo Rei de SueciaVitoria Princesa herdeira de Suecia e Duquesa de Västergötland
AustraliaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Illas SalomónMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Papúa-Nova GuineaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Nova ZelandiaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
SamoaMonarquía democrática parlamentaria unitaria hereditaria electiva alternada entre Tapua e MalietoaTuitatua Tapua Rei de SamoaNon foi escollido
TongaMonarquía parlamentaria hereditariaTupou VI Rei de TongaTupoutoʻa ʻUlukalala Príncipe herdeiro de Tonga
TuvaluMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Antiga e BarbudaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
BahamasMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
BarbadosMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
BelizeMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
CanadáMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
GranadaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
XamaicaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Saint Kitts e NevisMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
San Vicente e as GranadinasMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Santa LucíaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
AfroboliviaMonarquía constitucionalJulio I Rei afrobolivianoRolando Pinedo Príncipe herdeiro afroboliviano
LesothoMonarquía parlamentaria hereditariaLetsie III Rei de LesothoLerotholi David Príncipe herdeiro de Lesotho
MarrocosMonarquía constitucional hereditariaMohamed VI Rei de MarrocosMoulay Hassan Príncipe herdeiro de Marrocos
EswatiniMonarquía absolutaMswati III Rei de EswatiniNon foi escollido
Arabia SauditaSultanato absolutistaSalmán Sultán de Arabia SauditaMohamed Príncipe herdeiro de Arabia Saudita
BahrainMonarquía constitucionalHamad II Rei de BahrainJeque Salmán Príncipe herdeiro de Bahrain
BruneiSultanato absolutistaHassanal Bolkiah Sultán de BruneiAl-Muthadee Billah Príncipe herdeiro de Brunei
ButánMonarquía constitucionalJygme Khesar Namgyal V Rei Dragón de ButánJygme Namgyal Príncipe dragón de Bután

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramonarquía.
  2. John Markoff describes the advent of modern codified national constitutions as one of the milestones of democracy, and states that "The first European country to follow the U.S. example was Poland in 1791." John Markoff,Waves of Democracy, 1996,ISBN 0-8039-9019-7, p.121.
  3. Madison, James (novembro de 1987).The Federalist Papers. Penguin Classics. 
  4. Blaustein, Albert (xaneiro de 1993).Constitutions of the World. Fred B. Rothman & Company. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  MonarquíaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monarquía&oldid=7166485»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp