Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Moluscos

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Molusco»)

Moluscos
Mollusca

Rango fósil:cámbrico inferior -actualidade

Polbo (Octopus vulgaris). Uncefalópodo
Clasificación científica
Dominio:Eukaryota
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa
(sen clasificar)Bilateria
(sen clasificar)Coelomata
Superfilo:Protostomia
CladoLophotrochozoa
Filo:Mollusca
Linnaeus, 1758
Clases

O dosmoluscos[1] (Mollusca) constitúe un dos grandesfilos doreino animal.[2][3]

Soninvertebradosprotóstomos,celomados,triblásticos, consimetría bilateral (aínda que algúns poden presentar unha asimetría secundaria) e non segmentados, decorpo brando, espido ou protexido por unhacuncha.

Os moluscos son osinvertebrados máis numerosos despois dosartrópodos, e inclúen formas tan coñecidas como asameixas,ostras,luras,polbos,lesmas e unha gran diversidade decaracois, tantomariños comoterrestres. Calcúlase que poden existir cerca de 100 000especies viventes, e 35.000 especies extintas, xa que os moluscos teñen unha longa historia xeolóxica, que abarca desde ocámbrico inferior até a actualidade.[4]

Os moluscos colonizaronn practicamente todos os ambientes, desde as grandes alturas de até máis de 3 000 m sobre o nivel do mar até profundidades oceánicas de máis de 5 000 m de profundidade, nas augas polares ou tropicais, e adoitan seren elementos comúns dos litorais de todo o mundo. E o filomariño máis numeroso, e contén un 23 % de todas osorganismos mariños descritos.

O filo usualmente divídese en nove ou dezclases, das que dúas están totalmenteextintas. Osgasterópodos (caracois e lesmas) son, con diferenza, os moluscos máis numerosos polo que concirne a especies clasificadas, e suman o 80 % do número total de especies de moluscos coñecidas. Os moluscoscefalópodos, como as luras, sepias e polbos, encóntranse entre os invertebrados cun sistema neurolóxico máis avanzado. Asluras xigantes (xéneroArchiteuthis) e asluras colosais (xéneroMesonychoteuthis) disputan o título deinvertebrado máis grande coñecido.

O estudo científico dos moluscos denomínasemalacoloxía.[5] O termo malacoloxía vén do grego μαλακόςmalakos, 'brando' e -λογία, de λόγοςlogos 'estudo',[6] e empezou a usarse en francés en1814,[7] e do francés pasou ás demais linguas europeas.[8]

Falando desta disciplina cómpre dicir que o interese dohome polos moluscos é moi grande, e moi antigo, e que durante osséculos XVIII eXIX se formaron importantes colecciónsmalacolóxicas econquiliolóxicas (de cunchas) tanto de prestixiosas institucións como museos e academias de ciencias como de coleccionistas privados, e aínda hoxe en día coleccionar cunchas de moluscos é un dos principais pasatempos de moitas persoas en todo o mundo. Debido a esta afección os moluscos son un dos grupos zoolóxicos mellor estudados despois dosvertebrados.

Os moluscos son unha importante fonte de alimentación para a especie humana. Ademais, numerosasenfermidades parasitarias tanto humanas como veterinarias son transmitidas polos moluscos, que actúan comohospedadores intermediarios, sobre todo deplatihelmintostrematodos.

Etimoloxías

[editar |editar a fonte]

O termo dolatín cinetíficoMollusca é un préstamo dolatín modernomolluscus, que comezou a usarse en1650 baixo a forms do neutro pluralmollusca, creado a partir do termo dolatín imperialmollusca (nux), 'especie de noz de casca tenra', derivada do latín clásicomollis, brando.[9] O termomollusque comezou a usarse en francés en1763 no sentido zoolóxico como «animal invertebrado de corpo brando».[10] E do francés pasou ás demais linguascultas.

Diversidade

[editar |editar a fonte]

Hai unhas 93.000 especies de moluscos descritas,[11] que inclúen o 23% do total de organismos mariños denominados.[12] Os moluscos son os segundos, por detrás dosartrópodos, en canto ó número total de especies animais viventes[13] -moito por detrás dos artrópodos (1.113.000), pero moito por diante doscordados (52.000).[14] Estimouse que actualmente hai unhas 200.000 especies en total,[15] e 70.000 especies fósiles,[16] a pesar de que o número total de especies de moluscos que existiron, tanto se se preservaron como se non, pode ser moitas veces superior no número de especies presentes hoxe en día.[17]

Os moluscos teñen unha cantidade de formas máis variadas que calquera outrofilo animal –caracois e outrosgasterópodos,ameixas e outrosbivalvos,luras e outroscefalópodos, e outros subgrupos menos coñecidos pero tamén distintivos. A maior parte das especies aínda viven nos océanos, dende a costa até azona abisal, pero algúns son membros significativos dosecosistemas deauga doce e terrestres. Son extremadamente variados nas rexiónstropicais etépedas, pero pódense atopar en tódalaslatitudes.[18] Un 80% de todas as especies coñecidas de moluscos son gasterópodos.[13] Os cefalópodos comoluras,sepias epolbos atópanse entre os invertebradosneuralóxicamente máis avanzados.[19] Alura xigante, que até hai pouco non se observara viva en forma adulta,[20]é un dos invertebrados máis grandes. Aínda así, un espécime recentemente capturado delura colosal, que tiña 10 metros de lonxitude e pesaba 500 kg, poderíao superar.[21]

Os moluscos de auga doce e terrestres son excepcionalmente vulnerables á extinción. As estimacións do número de moluscos non mariños varía amplamente, en parte porque moitas rexións non foron investigadas a fondo e non hai bastantes especialistas na clasificación destes animais. Aínda así, en 2004 alista vermella da IUCN de especies ameazadas incluíu preto de 2.000 moluscos non mariños ameazados. Para comparar, a gran maioría de especies de moluscos son mariñas, pero só 41 destas aparecen na lista vermella do ano 2004. O 42% das extincións rexistradas desde o ano 1500 son de moluscos, case todos non mariños.[22]

Características xerais

[editar |editar a fonte]
Caracol (xéneroHelix),gasterópodo terrestre.
Mexillóns (Mytilus galloprovincialis).Bivalvo.
Cunchas esquerda e dereita dazamburiña (Chlamys varia). Bivalvo.
Dentalium vulgaris (escafópodo).

A variedade de formas, tamaños, modos de vida e ciclos vitais nos moluscos é extraordinaria; basta con comparar unmexillón, uncaracol e unhalura. Pero a organización de todos os moluscos segue un plan fundamental. Son animais de corpo brando, divididos en cabeza, masa visceral e pé, con tres características únicas no reino animal polas cales se identifican:

  • Un pé musculoso.
  • Unhacunchacalcaria segregada por un integumento subxacente chamadomanto, en ocasións moi reducida ou ausente.
  • Un órgano de alimentación denominadorádula (formada por fileiras de dentesquitinosos curvos).

Aínda quecelomados, oceloma nos adultos queda reducido a vestixios ao redor dosnefridios, asgónadas, ocorazón e ointestino. O patrón básico dun molusco consiste nun organismo de corpo brando, non segmentado, oval, consimetría bilateral e unhacuncha (ausente ou interna nalgúns grupos). En vez de cuncha poden ter espículas (que poden aparecer en estado embrionario, pero nos adultos poden fusionarse para dar a cuncha) ou placas, aínda que todas edstas estruturas coa mesma orixe.

Anatomía externa

[editar |editar a fonte]

Manto, cavidader paleal e cuncha

[editar |editar a fonte]

A cuncha fórmase grazas áepiderme subxacente, denominadamanto ou palio, que tencélulas secretoras decarbonato cálcico que cristaliza no exterior en forma dearagonita ou decalcita; o manto tamén segrega unha substanciaquitinosa de composición complexa, aconquiolina, que se deposita sobre o substrato calcario formando un estrato orgánico denominadoperióstraco, esencial para evitar adisolución da cuncha en ambientesácidos.

Na parte posterior o manto forma unha cámara denominadacavidade paleal onde se aloxan asbranquias, que teñen unha estrutura moi característica en forma de peite (ctenidios), ososfradios (órganos sensoriais quimiorreceptores encargados de detectar a calidade da auga), e onde desembocan osnefridios (a través dos nefridioporos), asgónadas (a través dos gonóporos) e oano.

Nospulmonados (gasterópodos terrestres), a superficie interna da cavidade paleal está moi irrigada e o intercambio gasoso se produce a través do epitelio, de maneira que actúa como unpulmón.

A epiderme dos moluscos está recuberta decilios e posúe un gran número deglándulas produtoras democo.

[editar |editar a fonte]

Outro órgano característico dos moluscos, o, mostra unha enorme plasticidade evolutiva. Está dotado dunha musculatura complexa e potente. Suponse que, primitivamente, era reptante (parecido ao dosgasterópodos actuais), pero experimentou unha gran diversificación, orixinando o pé escavador dosbivalvos, o pé escindido ententáculos doscefalópodos ou o pé nadador dalgúns gasterópodospeláxicos, entre outros.

Anatomía interna e fisioloxía

[editar |editar a fonte]
Esquema anatómico dun gasterópodo:
1-cuncha, 2-figado, 3-pulmón, 4-ano, 5-poro respiratorio, 6-ollo, 7-tentáculo, 8-ganglios cerebrais, 9-conduto salivar, 10-boca, 11-, 12-glándula salivar, 13-poro xenital, 14-pene, 15-vaxina, 16-glándula mucosa, 17-oviduto, 18-saco de dardos, 19-pé, 20-estómago, 21-ril, 22-manto, 23-corazón e 24-vasos deferentes

Alimentación

[editar |editar a fonte]

Os moluscos teñen untubo dixestivo completo. A cavidade bucal, revestida dequitina, presenta un órgano de alimentación único, arádula, que consiste nunha base cartilaxinosa alongada (oodontóforo) recuberta de fileiras lonxitudinais de dentículosquitinosos curvos; a forma e a disposición dos dentículos relaciónase co tipo de alimentación. A rádula está provista de potentes músculos que lle permiten proxectarse fóra daboca, actuando como raspador. O moco segregado polas glándulas salivares da boca lubrican a rádula e aglutinan as partículas para ser inxeridas.

A continuación hai unesófago e unestómago, máis ou menos complexo, no que desembocan as glándulas dixestivas (fígado ouhepatopáncreas); a circulación da masa mucosa que contén p alimento (prostilo) vese favorecida pola presenza de numerosos cilios. As partículas alimenticias entran nos condutos das glándulas dixestivas. Ointestino é longo e está enrolado.

As formas dealimentación son enormemente variadas. Os moluscos poden serfitófagos, como aslapas ou oscaracois terrestres,carnívoros, como osconos,filtradores, como asameixas ou osmexillóns,detritívoros etc.

Unpoliplacóforo.
Enteroctopus dolfeini, un polbo xigante.
Nautilus, unfósil vivente.

Sistema circulatorio

[editar |editar a fonte]

Osistema circulatorio é aberto, a excepción doscefalópodos que o teñen pechado. Ocorazón está tabicado e dividido usualmente en tres cámaras (dúasaurículas e unventrículo), aínda que o número das cámaras pode ser moi variábel. O corazón está recuberto por unha fina tea que forma a cavidade pericárdica. Ahemolinfa pasa do ventrículo para os vasos que verten nos espazos tisulares, onde se recolle por outros vasos que van cara ásbranquias, onde osangue se oxixena e, de aí, volve ao corazón entrando polas aurículas.

Sistema excretor

[editar |editar a fonte]

Os órganosexcretores son un par denefridios (riles) relacionados coa cavidade pericárdica, nos que un dos extremos comunica coceloma (a través duns condutos denominadoscelomodutos, que poden desenvolverse neste extremo a xeito de embude) e o outro desemboca ao exterior, na cavidade paleal (a través dosnefridioporos).

Sistema nervioso

[editar |editar a fonte]

Osistema nervioso dos moluscos é moi variábel. O modelo básico comprende un anel periesofáxico do cal saen dous pares de cordóns nerviosos cara a atrás, un cara ao pé e outro cara á masa visceral.

Os órganos dos sentidos comprenden ollos (moi complexos noscefalópodos),estatocistos (sentido do equilibrio) equimiorreceptores, como ososfradios (situados nas branquias), papilas e fosetas olfactorias na cabeza e o órgano subradular (asociado á rádula). O grao máximo decefalización dáse nos cefalópodos, nos que se pode falar dun auténticocerebro, protexido por un cranio cartilaxinoso.

Reprodución

[editar |editar a fonte]

Asgónadas en moitas especies de moluscos proceden directamente doperitoneo que recobre oceloma. Areprodución é exclusivamentesexual; os individuos poden serunisexuados (tamén denominadosdioicos, como nosbivalvos) ou, como no caso da maioría dosgasterópodos,hermafroditas (simultáneos ou consecutivos) con capacidade deautofecundación ou sen ela. Afecundación pode ser externa ou interna, con frecuencia medianteespermatóforos (sacos cheos deespermatozoides).

Odesenvolvemento embrionario típico dos moluscos comenza cunhasegmentación espiral docigoto, e agastrulación ten lugar por epibolia,invaxinación ou ambas. Agástrula resultante desenvólvese nunhalarvatrocóforaplanctónica. O proceso é virtualmente idéntico ao dosanélidos. Esta larva trocófora pode desenvolver moito algunha das súas bandas ciliadas para dar unha estrutura delgada en forma de veo.

Na maioría dos moluscos, esta larva dá lugar á larvavelíxera, máis desenvolvida, na que se pode observar xa o pé, a cuncha e outras estruturas. Finalmente, a larva velíxera descende ao fondo e sofre unhametamorfose para adoptar o hábitatbentónico típico do adulto. Os cefalópodos e os gasterópodos terrestres e de auga doce teñen sempre desenvolvemento directo.

Clasificación

[editar |editar a fonte]
Lapa (Patella vulgata). Ungasterópodo mariño.
Unha grandeamonita,cefalópodofósil.

As opinións varían sobre o número declases de moluscos, por exemplo, a táboa de abaixo amosa sete clases viventes,[11] e dúas extintas. Aínda que é improbable formar unclado, algúns traballos antigos combinan osCaudofoveata eSolenogastros nunha clase, osAplacóforos.[23][24] Dúas das "clases" recoñecidas comunmente só son coñecidas por fósiles.[13]

ClasePrincipais organismosEspecies vivas descritas[11]Distribución
Gastropoda[25]Tódolos caracois elesmas, incluíndoorellas de mar,lapas,nudibranquios,anaspideas,Thecosomata70,000mariño, auga doce, terra
Bivalvia[26]ameixas,ostras,vieiras,Panopea generosa,mexillóns20,000mariño, auga doce
Polyplacophora[27]quitóns1,000zona rochosa intermareal e fondo do mar
Cefalópodoss[28]téutidos,polbos,Sepideos,náutilo,spirula900mariño
Scaphopoda[29]dentalios500mariño 6–7 000 metres (20–22 966 ft)
Aplacóforos[23]organismos con forma de verme320fondo do mar 200–3 000 metres (660–9 840 ft)
Monoplacophora[30]Unha antiga liñaxe de moluscos con conchas con forma de capucha31fondo do mar 1 800–7 000 metres (5 900–23 000 ft); unha especie a 200 metres (660 ft)
Rostroconchia[31]fósiles; probables antecesores dos bivalvosextintamariño
Helcionelloida[32]fósiles; organismos semellantes a caracois comoLatouchellaextintamariño

A clasificación nun taxón superior para estes grupos foi e segue sendo problemática. Un estudo filoxenético suxire que os poliplacóforos forman un clado cos monofiléticos Aplacóforos.[33] Adicionalmente, suxire que existe unha relación filla de taxon entre os bivalvos e gasterópodos.Tentaculita tamén poderían estar nos moluscos.

Antigamente caudofoveados e solenogastros eran agrupados na claseAplacóforos que agora se consideraparafilético e ditos grupos clases separadas.[34]

Por outra parte, a tendencia actual é a de dividir a claseGastropoda en dúas subclases:Eogastropoda (que inclúe só as lapas verdadeiras) eOrthogastropoda que inclúe todos os demais gasterópodos.[35]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Galería de imaxes de moluscos de Galicia.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. moluscos no dicionario daRAG.
  2. Mollusca noWoRMS.
  3. Margulis, L. & Schwartz, K. V. (1998):Five Kingdoms: an illustrated guide to the Phyla of life on earth. 3rd edition. New York, NY, USA: Freeman.ISBN 0-7167-3027-8.
  4. Martinell, Jordi (2009): "Moluscos. I. Generalidades", en Martínez Chacón, M. L. e Rivas, P. (eds.)Paleontología de invertebrados. Sociedad Española de Paleontología, Instituto Geológico y Minero de España, Universidad de Oviedo, Universidad de Granada.ISBN 978-84-613-4625-7, pp. 228-235.
  5. malacoloxíaArquivado 22 de xullo de 2013 enWayback Machine. no dicionario da RAG.
  6. malacología noDRAE.
  7. malacologie noTrésor de la langue franáise informatisé.
  8. malacology noWebster's Revised Unabridged Dictionary.
  9. mollusque noTrésor de la langue française informatisé.
  10. E. Bertrand,Dictionaire universel des fossiles propres et des fossiles accidentels
  11. 11,011,111,2Haszprunar, G. (2001). "Mollusca (Molluscs)".Encyclopedia of Life Sciences. John Wiley & Sons, Ltd.doi:10.1038/npg.els.0001598. 
  12. Rebecca Hancock (2008). Australian Museum, ed."Recognising research on molluscs". Arquivado dendeo orixinal o 30 de maio de 2009. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  13. 13,013,113,2Editador por Winston F. Ponder, David R. Lindberg. (2008). Ponder, W.F. e Lindberg, D.R., ed.Phylogeny and Evolution of the Mollusca. Berkeley: University of California Press. p. 481.ISBN 978-0520250925. 
  14. Ruppert, E.E., Fox, R.S., e Barnes, R.D. (2004).Invertebrate Zoology (7a ed. ed.). Brooks / Cole.ISBN 0030259827. 
  15. Winston F. Ponder e David R. Lindberg (2004). World Congress of Malacology, ed."Phylogeny of the Molluscs". Arquivado dendeo orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o2009-03-09. 
  16. Brusca, R.C., e Brusca, G.J. (2003).Invertebrates (2a ed. ed.). Sinauer Associates. pp. 702.ISBN 0878930973. 
  17. David M. Raup & Steven M. Stanley (1978).Principles of Paleontology (2a ed. ed.). W.H. Freeman and Co. pp. 4–5. 
  18. Giribet, G.; Okusu, A.; Lindgren, A.R.; Huff, S.W.; Schrödl, M.; Nishiguchi, M.K. (maio de 2006)."Evidence for a clade composed of molluscs with serially repeated structures: Monoplacophorans are related to chitons".Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America103 (20): 7723–7728.PMC 1472512.PMID 16675549.doi:10.1073/pnas.0602578103. Arquivado dendeo orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  19. Barnes, R.S.K., Calow, P., Olive, P.J.W., Golding, D.W. e Spicer, J.I. (2001).The Invertebrates, A Synthesis (3a ed. ed.). Blackwell Science. 
  20. Kubodera, T. e Morra, K. (2005)."First-ever observations of a live giant squid in the wild"(PDF).Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences272 (1581): 2583–2586.doi:10.1098/rspb.2005.3158. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 03 de xuño de 2016. Consultado o2008-10-22. 
  21. Richard Black (26 abril 2008). BBC News, ed."Colosal squid out of the freezer". 
  22. Lydeard, C.; R. Cowie; R., Ponder; W.F.; et al. (abril 2004)."The global decline of nonmarine mollusks"(PDF).BioScience54: 321–330.doi:10.1641/0006-3568(2004)054[0321:TGDONM]2.0.co;2. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 31 de marzo de 2007. Consultado o 20 de outubro de 2009. 
  23. 23,023,1Ruppert, pp. 291–292
  24. Healy, J.M. (2001). "The Mollusca". En Anderson, D.T.Invertebrate Zoology (2 ed.). Oxford University Press. pp. 120–171.ISBN 0-19-551368-1. 
  25. Ruppert, p. 300
  26. Ruppert, p. 367
  27. Ruppert, pp. 292–298
  28. Ruppert, p. 343
  29. Ruppert, pp. 403–407
  30. Ruppert, pp. 298–300
  31. Clarkson, E.N.K. (1998).Invertebrate Palaeontology and Evolution. Blackwell. p. 221.ISBN 0-632-05238-4. 
  32. Runnegar, B.; Pojeta Jr, J. (outubro de 1974). "Molluscan Phylogeny: the Paleontological Viewpoint".Science186 (4161): 311–317.Bibcode:1974Sci...186..311R.JSTOR 1739764.PMID 17839855.doi:10.1126/science.186.4161.311. 
  33. Kocot, K. M.; Cannon, J. T.; Todt, C.; Citarella, M. R.; Kohn, A. B.; Meyer, A.; Santos, S. R.; Schander, C.; Moroz, L. L.; et al. (September 22, 2011)."Phylogenomics reveals deep molluscan relationships".Nature477 (7365): 452–456.Bibcode:2011Natur.477..452K.PMC 4024475.PMID 21892190.doi:10.1038/nature10382. 
  34. "Tree of Life: Mollusca". Arquivado dendeo orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  35. Ponder W. & Lindberg D. R. (1997):"Towards a phylogeny of gastropod molluscs; an analysis using morphological characters".Zoological Journal of the Linnean Society, 1997;119: 83-265.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Moluscos
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Moluscos

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Ruppert, E.E.; Fox, R.S.; Barnes, R.D. (2004).Invertebrate Zoology (7 ed.). Brooks / Cole.ISBN 0-03-025982-7. 
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005):Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España.ISBN 0-87893-097-3.
  • D'Ancona, Humberto (1972): "Moluscos" enTratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 729–763.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975):Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra.ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976):Invertebrados. (En Grassé, P.-P.,Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson.ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006):Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.ISBN 84-481-4528-3.
  • Margulis, L. & Schwartz, K.V. (1998):Five Kingdoms: an illustrated guide to the Phyla of life on earth. Terceira edición. Nova York, NY, EUA: Freeman.ISBN 0-7167-3027-8.
  • Meglitsch, P. A. (1986):Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide.ISBN 84-368-0316-7.
  • Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996):Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia.ISBN 978-84-8288-072-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Mollusca (Moluscos)", enZoología sistemática.Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega.ISBN 84-282-0608-2, pp. 121–169.
  • Trigo, J.E.; Díaz Agras, G.J.; García-Álvarez, O.L.; Guerra, A.; Moreira, J.; Pérez, J.; Rolán, E.; Troncoso, J.S. &Urgorri, V. (2018). Troncoso, J.S., Trigo, J.E. & Rolán, E., ed.Guía de los Moluscos Marinos de Galicia. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.ISBN 978-84-8158-787-6.
  • VV. AA. (1968): "Moluscos" en:Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 248–293.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moluscos&oldid=6733367»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp