Na súa historia, Moldova está fortemente vencellada a Romanía. O territorio da actual Moldova foi habitado naAntigüidade polosdacios. Emprazada sobre unha ruta estratéxica entreAsia eEuropa, Moldova foi vítima de numerosas invasións, incluíndo oPrincipado de Kíiv e osmongois.
A fins daIdade Media a Moldova comprendía todo o territorio poboado maioritariamente por romaneses emprazado entre osMontes Cárpatos ó oeste e orío Nistru ó leste. Noséculo XIV tendo por núcleo aBucovina constituíuse oprincipado de Moldova que foi invadido e ocupado polos turcos en1512, a familia de "beŷs" (especie) de "vicerreis" apelidadaBesarab ó servizo da chamada "Sublime Porta" (Imperio Otomán) deu o nome ó sector de Moldova emprazado ó nordeste dorío Codrii, así xurdiu aprovincia deBesarabia, que incluía case a totalidade da actual República Moldova aínda que tamén algúns distritos cara ó sur (que tras1947 pasaron aUcraína), deste modo se conformou a parte oriental doprincipado de Moldova. Este volveuse tributario doImperio Otomán tendo como límite oriental oXedisán e setentrional aPodolia, aínda que en1812 oTratado de Bucarest transferiu Besarabia aRusia como un dos "Principados Danubianos". A parte occidental de Moldova converteuse máis tarde en parte de Romanía. AGuerra de Crimea fixo retroceder as fronteiras rusas na rexión, aínda que a Besarabia (cuxo territorio é o que constitúe xunto áTransnistria a maior parte da actual república de Moldova) mantívose baixo control ruso.
TralaRevolución Rusa de 1917, Besarabia foi rapidamente convertida nunha república independente en1918, pero uniuse a Romanía ese mesmo ano, quedando só a pequena franxa daTransnistria dentro daURSS. Opacto Molotov-Ribbentrop permitiu áUnión Soviética tomar Besarabia en xuño de1940 e, a pesar de seren expulsadas novamente en1941 tralaOperación Barbavermella, as tropas soviéticas reocuparon a área enagosto de1944. Baixo o goberno soviético as rexións do norte e o sur habitadas por ucraínos e romaneses foron transferidas aUcraína e Transnistria (cunha importante poboación rusa) uniuse co resto nun mesmo estado chamado "República Soviética Socialista de Moldova", a cal ocupaba o actual territorio da República Moldova.
Cando a Unión Soviética desapareceu, en agosto de1991, Moldova proclamouse independente converténdose en membro daComunidade de Estados Independentes endecembro dese mesmo ano, ó igual cá maioría das anteriores repúblicas soviéticas. Nun principio houbo un movemento pro-reunificación con Romanía, pero unreferendo enmarzo de1994 recibiu unha enorme maioría de votos a favor da conservación da independencia.
Ese mesmo ano, a novaConstitución de Moldova, en vistas de acomodar ás minoríasrusa,ucraína egagauza, recoñece a creación das súas propias entidades territoriais dentro da estrutura nacional da República Moldova, permitindo a creación de organismos lexislativos propios, goberno e competenciaslingüísticas. Do mesmo modo, permitíase para estes territorios asecesión se Moldova se unise a Romanía.
As eleccións presidenciais de1996 resultaron propicias para os agrarios e ossocialistas, principais partidos da esquerda moldova, ePetro Lucinschi foi nomeado Presidente da República, cun 54 por cento dos votos. Dende o principio do seu mandato, Lucinschi tratou de soluciona-lo problema, xa endémico, de Transnistria, achegando posicións coa Federación Rusa. Así a todo, as conversas entre os nacionalistas de Transnistria e os representantes da República de Moldova continúan sendo intermitentes e pouco produtivas, pese ó amplo grao deautonomía que o Estado moldovo outorgou a este territorio.
A falta de acordos, a crispación política e o fracaso á hora de elixir un novo Presidente da República, provocaron a convocatoria de eleccións anticipadas para o25 de abril de2001. O PartidoComunista, conVladimir Voronin eVasile Tarlev á cabeza, obtivo unha importante vitoria electoral, conseguindo a metade dos votos emitidos, e obtendo a maioría absoluta na cámara. Voronin converteuse en Presidente da República de Moldova, e Tarlev enPrimeiro Ministro. O partido comezou un amplo proceso de reformas económicas e sociais para favorece-la súa entrada naUnión Europea. Os esforzos do goberno tamén se orientaron na creación de emprego. O distanciamento de Moldova con respecto á Federación Rusa foi, no entanto, un crecente problema no asunto de Transnistria.
Oscomunistas revalidaron a maioría absoluta nas eleccións de marzo de2005, aínda que reduciron o seu número de representantes na cámara de 70 a 56.
OParlamento unicameral moldovo conta con 101 asentos e os seus membros son electos a través do sufraxio popular por catro anos. O Parlamento logo elixe ópresidente, quen exerce comoxefe de Estado. O presidente nomea a unprimeiro ministro comoxefe de goberno, quen á súa vez confecciona ungabinete, ambos os sometidos á aprobación do Parlamento. Na actualidade o cargo de presidente ocúpaoMaia Sandu e o de primeiro ministroAlexandru Munteanu.
Dende 2003 (mediante unha Lei aprobada o 19 de marzo de 2003), Moldova está dividida en 32distritos (raion, en pluralraioane), 3 municipios (Chișinău,Bălți eTighina), e dúas rexións semi-autónomas (Găgăuzia eTransnistria).
A poboación de Moldova alcanza os 4,4 millóns (2006), e está decrecendo a un ritmo do 0,12 % anual. A maioría da poboación pertence áetnia romanesa (80 %), seguida por unha importante colectividade derusos (7 %),ucraínos (7 %),alemáns,turcos,búlgaros eserbios que constitúen o resto da poboación. Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e desenvólvese a agricultura a grande escala.
O 72,2 % dos moldovos vive nas cidades, o que representa unha da proporcións máis baixas deEuropa só superada por algúns dos seus veciños balcánicos. As principais cidades do país sonChisinau, a capital, con 1 millón de habitantes.
Moldova é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 70 % da poboación adscríbese áIgrexa ortodoxa romanesa. Tamén hai cantidades significativas decatólicosprotestantes (4 % da poboación) ougrupos pentecostais. Segundo o censo de 2002, tamén vivían no país 23.105ateos e arrelixiosos e 6100xudeus.
Aromanés, co nome de moldovo, é a lingua oficial do país. Séguenlle en importancia ohúngaro e oromaní, falados polas poboacións desas etnias. Ofrancés é falado por un significativo número de persoas (entre 1 e 2 millóns), e Moldova é membro daFrancofonía.
A economía moldova, tradicionalmente agrícola, comezou, en consonancia co resto de territorios daUnión Soviética, un acelerado proceso de industrialización, especialmente alimentario (viño e azucre refinado). A produción de refrixeradores,confección, materiais de construción emaquinaria agrícola é tamén significativa.
Aagricultura, sendo aínda un importante motor económico, perdeu peso, a raíz da aceleradaindustrialización. Con todo, conseguiu florecer de novo ante a crise do seu sector industrial. Máis da metade da poboación activa da República de Moldova dedícase á agricultura.
Existe en Moldovapetróleo, aínda que en pouca cantidade, e extráese sal dalgunhas minas. É unha das ex-repúblicas soviéticas máis pobres en recursos do subsolo explotados.
Como sucedeu no resto das antigas repúblicas que formaron aUnión Soviética, a economía moldova sufriu un forte retroceso tras a independencia. O conflito da República de Moldova coa zona rebelde deTrans-Dniéster ouTransnistria agravou aínda máis a situación.
Con respecto ao comercio exterior, en2013,Rusia concentrou o 26% das exportacións moldovas seguido porRomanía (17%),Italia (7%), eUcraína (5%). Por outra parte, tamén en2013, Rusia subministrou a Moldova o 14% das súas importacións, seguido por Romanía (13%), Ucraína (12%), eChina (8%).[17]
↑1,01,1Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004).Lingua galega: dúbidas lingüísticas(PDF).UVigo, Servizo de Publicacións. p. 110, 118 e 130.ISBN84-8158-266-2. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 05/04/2016. Consultado o 28/8/2019. Nótese, nesta publicación, a convivencia das dúas formas: "Moldova" e "Moldavia"
Fernández y Fernández, José Armando (dir. e coord.) (1996). "Moldavia".Atlas de Galicia e de España.Grupo Anaya. pp. 28–29 E21 32–33 C8.ISBN84-207-6594-5.[a]
↑A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e apoiar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic].