Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mol

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Mol (homónimos).
Mol
Tipounidade básica do SI, unit of amount of substance, unidade derivada de UCUM e unidade do SI cun nome especial
Nomeado en referencia aMolécula
editar datos en Wikidata ]

A magnitude que expresa o número de partículas presentes nas substancias éa magnitude básica de substancia. A súa unidade noSI e omol.

Unmol é a cantidade de substancia que contén tantas entidades elementais (átomos, moléculas, electróns,...) como átomos hai en 0,012 kg de carbono 12.O número de átomos presentes en 12 g de carbono 12 é unha constante chamadaconstante de Avogadro,NA.Por isto, un mol é a cantidade de materia que contén un número de partículas igual a NA.

Non se poden contar os átomos ou as moléculas, pero existen métodos para determinar o número de partículas presentes nas substancias. Mediante estes métodos calculouse que o valor daconstante de Avogadro é:

NA = 6,022045 · 1023 mol−1

A partir de agora, utilizarase como valor daconstante de Avogadro NA = 6,022 · 1023 mol−1 para simplificar os cálculos.

Un mol é a cantidade de substancia que contén 6,022 · 1023 unidades. Así:

  • 1 mol de moléculas contén: 6,022 · 1023 moléculas.
  • 1 mol de átomos contén: 6,022 · 1023 átomos.
  • 1 mol de electróns contén: 6,022 · 1023 electróns.

O mol refírese sempre a unnúmero fixo de partículas, sexanátomos,ións... E incluso lapis e bolígrafos.

Para facerse unha idea, toda aTerra dividida en bólas duns 15 cm de diámetro daría un número de bólas igual á constante deAvogadro.

Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrequímica é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mol&oldid=6341315»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp