Amodulación de amplitude en cuadratura é un esquema demodulación tanto dixital como analóxica, onde se envía sinais con información cambiando, isto é modulando, a amplitude de dúas ondas portadoras, úsase amodulación por desprazamento da amplitude no esquema de modulación dixital e aamplitude modulada no analóxico. Estas dúas ondas, xeralmentesinusoides, están desfasadas 90º unha respecto á outra, ou o que é o mesmo está en cuadratura. Estas ondas acaban xuntándose e como resultado a nova onda é unha combinación demodulación por desprazamento de fase e modulación por desprazamento de amplitude no caso dixital e demodulación de fase e amplitude modulada no caso analóxico.
Entre outros usos utilízase paramódems telefónicos de velocidades superiores a 2400bps, transmisión de sinais detelevisión,microondas ousatélite, modulación TCM (Trellis Coded Modulation), que consegue velocidades de transmisión moi elevadas combinando a modulación coa codificación de canal e módemsADSL que traballan no bucle do subscritor, a frecuencias situadas entre 24KHze 1104KHz, onde se poden obter velocidades de datos de ata 9Mbps.