Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Moda

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Moda (estatística).
A top modelGisele Bündchen.
Unhacaricatura do ano1796 deJames Gillray, tituladaFollowing the Fashion (engl.:Seguindo a moda).

Amoda é un termo aplicado a maioría das veces a unha corrente de expresión predominante, aínda que tamén se usa como modo de expresión que pode -ou non- ser seguido polos demais. Ligada ao termo vai a idea de que a moda cambia máis axiña cácultura na súa totalidade.

A moda pódese definir como o uso pasaxeiro que regula o xeito de vestirse, de construír, de vivir etc., segundo o gusto do momento[1] ou como o uso social que condiciona a indumentaria segundo unhas normas preestablecidas que varían de acordo coa época e a civilización.[2] Indica no seu significado máis amplo unha elección ou, máis ben, un mecanismo regulador de eleccións, realizadas en función duns criterios de gustos, diferentes en cada cultura. Aínda que a moda pode asignarse ben ó feminino ou ó masculino, algunhas tendencias sonandroxinias.[3]

A moda, ou as modas, e máis concretamente a moda nosvestidos, designa o xeito de vestirse, conforme aogusto dunha época nunha zona determinada. É un fenómeno que implica ao colectivo a través da sociedade, a visión que ela reenvía, os códigos que impón e o gusto individual. O concepto de moda pasa a necesidade de vestir. O fenómeno da moda foi durante moito tempo un privilexio daaristocracia, da corte, e dos ricos que querían imitar as formas; posteriormente popularizouse e converteuse nun fenómeno de masas.

A moda, polo tanto, no que afecta ao corpo concirne non só áindumentaria senón tamén aos complementos, ámaquillaxe, aoperfume e ata ásmodificacións do corpo. A moda está vinculada a varios factores, entre eles a produción en serie, a aparición de poboacións máis numerosas, as cidades e a capacidade de difusión daprensa. A moda desenvólvese en asociación cun conxunto de fenómenos creativos, dos medios, industriais e comerciais, polo cal é un elemento dunha certa complexidade característica da nosa sociedade. Pode ser vista como un reflexo social e cultural. De feito, co desenvolvemento das comunicacións e o transporte, case todas as creacións no ámbito de pezas de vestir están dispoñibles para a maioría da xente, sexa cal for o grupo social.

A difusión da moda vai ser lenta ata fins do século XVII, en diante foron as primeiras publicacións periódicas as que lle deron publicidade. Antes, o comercio, as cartas, os matrimonios, as viaxes e ata a espionaxe eran os sistemas principais de difusión da moda. Aruta da seda tivo un gran papel pero baixo o segredo da elaboración destes tipos de tecidos . No século XVI comezáronse a popularizar as bonecas de dimensións pequenas ataviadas segundo a moda do momento con todos os seus detalles, tal e como menciona unha carta do reiFrancisco I de Francia dirixida aIsabella d'Este, duquesa deMantua.[4] En 1672 fundouse en Francia o xornal literario e de modaLe Mercure Galant, seguido doutras publicacións similares noutros países europeos.

A moda pode ser observada desde un punto de vista estritamente artístico ou artesanal, pero tamén pode ser analizada como un instrumento do desenvolvemento económico.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A palabramoda deriva dolatínmodus, que significaxeito, norma, regra, tempo, melodía, ritmo.

Enfrancés,mode aparece na escrita a partir de1482 e refírese aos cambios nos detalles da roupa reservada para a elite. A expresión a "nova moda", "estar á moda" é do1549.[5]

Enitaliano, o termomoda aparece co seu significado actual no tratado La carrozza da nolo, ovvero del vestire alla moda, do clérigo Agostino Lampugnani, publicado en1645.

En canto aoinglésfashion[6] deriva tamén do latínfacto, que en francés daráfaçon. Xa en 1489 aparece por escrito como o xeito de vestir ou de vivir das clases altas.Vogue,style,look e outros son case sinónimos.Mode tamén se utiliza en inglés.

Os creadores de imaxe

[editar |editar a fonte]

A moda como tal xurdiu no século XIV e foi evolucionando ata os nosos días. Durante centos de anos foron os monarcas e os nobres os que marcaron as pautas da moda. No século XVII,Lois XIII, rei de Francia, decidiu ocultar a súa calvicie cunhaperruca. Ao pouco tempo, os nobres europeos comezaron a afeitarse a cabeza e seguir o seu exemplo, impoñendo un estilo que durou máis dunha década. No século XIX, as revistas femininas comezaron a promover as novas tendencias e ata a ofrecer patróns económicos para que as mulleres puidesen confeccionarse a súa propia roupa. Coa chegada do século XX e a popularidade docine e atelevisión, asestrelas da pantalla convertéronse en ídolos internacionais e empezaron a impoñer a moda. O mesmo sucedeu cos músicos famosos, os cales puxeron en voga estilos radicais que a mocidade non tardou en imitar. Hoxe en día, a situación apenas cambiou. Os anunciantes válense eficazmente de desfiles de modelos, atractivas revistas de papel satinado, carteleiras, escaparates e anuncios televisivos para crear unha demanda de pezas novas.

Historia

[editar |editar a fonte]
Dama daAntiga Grecia lucindo unquitón.

Ata oséculo XV a historia da moda é a historia davestimenta, dado que ata aquel momento os cambios na vestimenta eran moi lentos ou practicamente inexistentes, non se pode falar de moda no sentido actual.

As leis dos modos daépoca romana son un valioso documento para coñecer o xeito de vestir daquel tempo, estas leis limitaban oluxo no xeito de vestir masculino e feminino.

Xa no215 a.C. aLex Oppia buscaba limitar a riqueza dos vestidos das mulleres,Xulio César e outros emperadores interviñeron contra os traxes de homes e mulleres fixando tamén o prezo.

As imposicións no xeito de vestir era xusto o contrario do concepto de moda propiamente dito; por exemplo en moitos lugares obrigábase osxudeus a portaren un distintivo no seus vestidos e en ningún caso había unha liberdade no xeito de vestirse que, en toda Europa occidental, estaba suxeita a numerosas regulamentacións.

Este tipo de leis antisuntuarias e de obrigacións no vestido continuaron ata o século XVIII. En1789, ás portas daRevolución francesa, os burgueses parisienses presentáronse á apertura dos estados xerais con vestido negro e gravata branca, vestido este que se lles impuxo para humillalos ante a aristocracia que estaba moi luxosamente ataviada. Aínda así este contraste no xeito de vestir provocou o efecto contrario posto que aAsemblea Nacional Constituínte aboliu as diferenzas de clase, en Francia, en canto ao vestiario.

A moda noRenacemento

[editar |editar a fonte]
Miguel de Cervantes lucindo unhagorgueira segundo a moda do seu tempo

Co renacemento redescóbrese ahumanidade como centro doUniverso,; por primeira vez estudáronse as proporcións. Ata a primeira metade do século XVI homes e mulleres usaban vestidos que seguían as formas do corpo sen alteralas. Na segunda metade do século XVI iniciouse un proceso de maior rixidez no vestiario debido á influencia da moda de España e da intervención moral dacontrarreforma. Os vestidos volvéronse a pechar e a finais do século púxose de moda a gorgueira -que era un pescozo de tea amidonado- e as saias femininas eran en forma de campá ríxida.

Século XVII

[editar |editar a fonte]

Cara a 1630 a moda masculina toma un aire case militar cunha especie de corpiño ebotas altas de coiro, cunha espada á beira ebigote marcial. Nesta época domina a moda francesa tanto nos homes como nas mulleres.

O caso dorei Sol,Lois XIV, foi un auténtico paradigma, impuxo unhas modas e unha etiqueta que se copiou en toda Europa. EnVersalles había unhas regras precisas de como debía vestir a nobreza. Unha novidade absoluta foi a introdución do habit a française (vestido como os franceses) que constaba de tres pezas: unhachaqueta decoiro, unha longa peza ácintura e unspantalóns curtos ata o xeonllo. Outra novidade co mesmo éxito foi aperruca masculina con rizos, esta facía máis grande e estilizada a silueta de quen a levaba.

A finais doséculo XVII inventouse agravata, nun principio demuselina, ornamentada con círculos, e que rodeaba o pescozo. Tamén os labores depunto pasaron deVenecia ao mundo occidental.

Século XVIII

[editar |editar a fonte]

É neste século cando a moda aparece como unhaindustria e queda totalmente igualada para toda a civilización occidental. É tamén noséculo XVIII, como consecuencia do triunfo daburguesía e doindividualismo, que aparecen os primeiros nomes de creadores de moda e de estilistas.[2]

Noséculo XVIII será o triunfo dorococó onde a moda feminina da época se caracteriza pola opulencia e a elegancia, con cores vivas,flores bordadas e labores de encaixe. Maliciosamente puxéronse de moda as falsas pencas noescote, na parte descuberta dopeito, pero aínda con todo isto a figura da muller estaba rixidamente engaiolada. As mulleres da clase alta só podían sentar nundiván e éralles difícil pasar pola porta xa que levaban baixo as saias unha armazón chamadacancán. O vestido máis utilizado ata o1770 chamábase andrienne, tamén chamado roupa á francesa, que levaba un longo manto para o que se necesitaban metros de tea.

Logo de1770 os vestidos foron máis redondeados e acurtáronse ata ensinar o nocello. Aparecerongabardinas abrochadas por detrás e abertas por diante, chamadas polonaise, e chaquetas curtas e estreitas. Finalmente o gustoneoclásico que se abría camiño achegou a simplicidade e as mulleres vestiron traxes camiseiros, con vestido longo, suave e fino. Para o home continuou o uso dohabit a française, pero con cores claras e decoración bordada. Acompañábase tamén cun pequeno colo duro. Logo de 1770 comezaron, sobre todo na moda masculina, a insinuarse influencias inglesas que xa emprendera aRevolución industrial e tiña gran riqueza nas súas colonias.

Na Francia revolucionaria unha violenta reacción popular afectou tamén á modaaristocrática: comezaron a desaparecer prezados tecidos, cosméticos e outros. Abandonouse aseda polamuselina dealgodón. Tamén para as "xoias" comezou a usarse oferro. As mulleres levaban unha banda vermella ao redor do pescozo chamada graficamente a guillotina. Foi tamén popularizado o corte do cabelo à la victime, que recordaba o que se impuña aos condenados águillotina.

Xosefina Bonaparte, esposa deNapoleón, cara ao ano1801.

A perruca usábana os dous sexos. A raíña de FranciaMaría Antonieta facíase facer polo seu peiteador, Leonard, peiteados monumentais nas perrucas. Ata a Revolución Francesa só se vían brancas. Tamén oscosméticos se difundiron entre homes e mulleres: en xeral a figura masculina vaise ver máis afectada e menos marcial que noséculo XVII.

Século XIX

[editar |editar a fonte]

Noséculo XIX, o inglésCharles Frederick Worth, durante oSegundo Imperio Francés, crea o modelo actual do modisto creador e, aproveitando os avances darevolución industrial, foi o primeiro que mirou de industrializar as súas creacións e todos os complementos do vestir, que ata entón nada máis que eran feitos en pequenas artesanías.[2]

Sobre todo é o xeito de vestir masculino o que sofre un cambio máis profundo e radical. Para substituír o que se considera a frivolidade do século anterior, imponse un look austero e rigoroso, corte simplificado, tecido de punto robusto e decoración reducida ao mínimo. Todo isto abre a influencia inglesa que propón unha elegancia máis práctica e civil, informal e deportiva... Por iso a sinxeleza do vestido dogentleman entrou en toda Europa, en particular ofrac e alevita ( frock coat) que permitía cabalgar de forma cómoda.

O dandi Brummel no 1805 segundoRichard Dighton.

Odandi máis famoso foiBeau Brummell co seu lema: "Para ser elegante non é necesario facerse notar" que foi lei para os homes que querían seguir a moda. Para Brummell a gravata non debía seramidonada e tiña que ter o nó adecuado ás diferentes ocasións, o corte de cabelo e as luvas tamén eran moi importantes para el.

Nas mulleres burguesas de principios de século a moda eran os vestidos lixeiros e case transparentes. O inconformismo consecuencia da Revolución francesa durara menos de 20 anos. O papel da muller durante boa parte doséculo XIX estaba reservado ao espazo privado e ao fogar, evitando mostrar sensualidade na forma de vestir. O vestido pechado á beira do pescozo tiña mangas longas e ombreiros caídos mentres as liñas do corpo insinuaban fraxilidade, dozura e suavidade. Obusto era unha coraza de tea ríxida, as saias estaban provistas dunha armadura que ata podía provocar dor.

Este século foi tamén o século daprostitución e asqueridas que tamén acabarían influíndo na moda. O novo ideal estético e literario era o defemme fatale. Se a principios de século o vestido feminino mostraba o nocello, pouco despois os vestidos fixéronse máis longos ata cubrilos. Neste século os movementos literarios e sociais sucesivos tiveron moita influencia na moda: oneoclasicismo coa imitación dos trazos estilísticos das estatuas gregas e romanas, oromanticismo con traxes cubertos de pequenos ornamentos, oeclecticismo da década de 1870 e oModernismo (floral) a finais de século. Logo de 1890 adaptáronse sempre os traxes das mulleres por ciclos, pero, coa intención, aínda, de esconder todo o posible a pel do corpo.

O século XX

[editar |editar a fonte]

Oséculoxx caracterizouse polo descubrimento defibras artificiais e a difusión doprêt-à-porter (listo para levar), como feito sociolóxico de igualación. Ata ese momento as persoas só puideran comprar as pezas de vestir á medida e por previo encargo, con custos moi elevados. O feito de poder comprar os vestidos, como nas tendas hoxe en día, levou os modistos creadores a lanzaren os seus propios complementos:perfumes,bixutería,luvas,medias etc., para cubrir, deste xeito, eles todo o campo do consumo da moda.[2]

A moda comeza no ano1900 coa chamada silueta S, debido aocorsé que empuxaba os peitos cara a arriba, estreitando a cintura e as súas saias axustadas á cadeira ensanchándoas en forma de campá ao chegar ao chan. No mundo laboral comézanse a incorporar os traxes xastre e o corte con influencia masculina para as mulleres. Os vestidos eran longos, cubrían os zapatos; as plumas e os encaixes facían furor, destacando os grandes chapeus con infinidade de adornos e ornamentos. A moda practicamente só foi seguida polas clases altas e medias. En 1908, a silueta foi moito máis recta, sen marcar tanto a cintura e produciuse unha vaga de orientalismo debido aos deseños de Paul Poiret e os ballets rusos.

Os sistemas de comunicación tiveron unha grande evolución e con eles aumentou a difusión da moda: o cine (primeiro mudo, despois sonoro e máis tarde en cor), a televisión, as revistas en cor, a maior facilidade de desprazamentos, a publicidade, o incremento do nivel de vida e do comercio, a liberación da muller, todo axudou á difusión das propostas da moda.

A principios de século, nadécada de 1920 (Os anos tolos) imponse na moda o estiloflapper (en francèsgarçonne), que propón unha muller delgada, case sen peito e co cabelo cortado aobob cut, vestida con cores vivas, con xoias rechamantes e saias moito máis curtas das que se viron ata entón. OBallets Russes deSergei Diagilev, que actuaba en París, tamén impuña a súa estética de influencias orientais. O pret-à-porter (listo para levar) aínda non existía pero déronse os primeiros pasos entón .

En1914 estalou aprimeira guerra mundial. Mentres tanto París quíxose manter no seu papel de árbitro da elegancia e os grandes talleres de costura continuaron a súa actividade, a pesar da falta dematerias primas. Quizais pola influencia da escaseza de tecido, assaias acurtáronse ata as canelas mentres se afirmaban as liñas de inspiración militar mitigadas por unha saia detule.

Inglaterra continuaba no seu papel de modelo da elegancia masculina. O home aínda así seguía ligado ao estilo tradicional do séculoxix: chaqueta, chaleco, pantalóns e camisa. A vestimenta para levar posta no inverno era variada e en ocasións máis cerimoniosas, aínda moi frecuentes entón, levábase o frac, o smóking e o "tight". As cores eran escuras, a camisa rigorosamente branca, co colo ríxido e almidonado. Para manter a brancura, sempre perfectamente puída, o colo e os puños estaban separados da propia camisa.Eduardo VII, príncipe de Gales e fillo de raíñaVitoria, foi un modelo dedandy: inventou novas pezas masculinas como os pantalóns con prego e volta. Parece que o smóking (obtense simplemente cortando a cola do frac) foi idea súa.

Tras a primeira guerra mundial o escenario europeo cambiou moi profundamente, vaise producir o ascenso dunha nova clase social enriquecida pola guerra que vai ser a nova clientela das firmas da moda. E xurdiu a influencia dos Estados Unidos, ojazz e ocharlestón na música e ostar system nos espectáculos. Os actores de cine pasaron a ser modelos a imitar. Pero o fenómeno sociolóxico máis importante foi a emancipación das mulleres, que se fixeron máis presentes na vida en xeral.

O novo modelo feminino era unha muller delgada, sen curvas nin peito, con cabelo o estilo masculino. As saias eran máis curtas. A finais da década de1920 afirmouse o estilo bebé con saia ata os xeonllos, zapatos con correa e chapeus á Cloche. A moda propuña un novo xeito de entender o vestido: práctico, sinxelo, de custo reducido e elegante. Predecesora desta moda foiCoco Chanel. Foi ela quen lanzou a súa chaqueta curta e recta característica, sen colo. Foi a primeira en propor abixutería feita convidros coloreados. Non deseñou pantalóns para as mulleres xa que aínda erantabú no seu tempo.

Joan Crawford notrailer da películaThe Last of Mrs. Cheyney trailer de 1937.

Logo de1930 o ideal feminino copia as estrelas do cine deHollywood: os beizos deJoan Crawford, o pelo da loura platinoJean Harlow, os pantalóns deMarlene Dietrich. A muller ideal era lonxilínea e feminina, levaba tacóns altos e tinguía o pelo. A italiana emigrada aos Estados UnidosElsa Schiaparelli era unha das deseñadoras de referencia inspirada nosurrealismo e ocubismo, así como nos cadros deSalvador Dalí e dePablo Picasso.

New Look

[editar |editar a fonte]

Durante asegunda guerra mundial houbo restricións nos abastecementos de todo tipo que afectaron á moda e durante aqueles anos as liñas propostas polos deseñadores pasaron a ser simples e pouco espectaculares. Nos Estados Unidos estendéronse ospantalóns vaqueiros. Ata algunhas mulleres pintaban as medias nas pernas xa que faltaba onailon.

Christian Dior foi o artífice da moda de posguerra lanzando, en1947, o chamado New look. Dior fora anteriormente anticuario e tiña na cabeza unha muller señorial, refinada e romántica. No vestido propuña a cintura de avespa e assaias longas e anchas. Os traxes de Dior eran falsamente naturais e gustáballe obranco e onegro. O aspecto ultrafeminino da roupa acentuábase cos complementos: eran obrigatorios asluvas, os zapatos con tacón e osgorros.

Anos cincuenta

[editar |editar a fonte]

Co final dasegunda guerra mundial o papel preponderante dos Estados Unidos e a Unión Soviética afirmouse. Os estadounidenses influíron en Europa na moda, na fala, no baile, no canto etc. Os mozos europeos adoptaron unha moda máis deportiva e informal: os pantalóns vaqueiros, as camisetas, as chaquetas de pel e abrillantina para o pelo. Por primeira vez os mozos vestíanse de xeito diferente aos seus proxenitores. Os vaqueiros foran inventados no século XIX como indumentaria dos traballadores grazas á robustez do seu tecido, con dobre costura e remaches de metal. Os universitarios americanos adoptárono tras o éxito da película "The wild one" (O salvaxe) (1954) co mozoMarlon Brando. Pero os fenómenosElvis Presley e orock and roll, vanse afianzar definitivamente. En Europa tamén o mundo da moda pasou a ser de consumo masivo.

Vestido deseñado por Christian Dior

Ata a súa morte, en1957, Christian Dior foi presentando as súas coleccións, algunhas das cales se inspirában nas letras do alfabeto, como a liña H de1954 , co busto alargado, igual que no retrato deAna Bolena, muller deHenrique VIII. Sucesivamente presentou a liña E e a liña A. O ano da súa morte revolucionou a moda coa liñasaco. Chanel reabriu a súa firma de modas e volveu propor a chaqueta sen colo e a saia simple e recta. Chanel detestaba a Dior e consideraba os vestidos do seu competidor incómodos e pouco prácticos para unha vida activa. Lanzou o zapato sen tacón coa punta de cores diversas.Yves Saint Laurent foi o sucesor da firma Dior. Na súa primeira colección propuxo a liña trapecio, era fresca, xuvenil, e substancialmente unha continuación do saco de Dior.

Na moda para o tempo de lecer destaca obikini. Os pantalóns marchaban cara ao éxito, cun lazo pasando baixo o pé. Amalla, desde sempre considerada unha materia pobre e popular, comezou a ser parte das coleccións.

Anos sesenta

[editar |editar a fonte]

Na década de 1960 cambia radicalmente a moral e o estilo de vida no que se estaba aínda radicado. En 1964 estalaba a intervención norteamericana naguerra do Vietnam. NaUniversidade de Berkeley estala a primeira manifestación de estudantes, e pouco despois omaio de 1968 onde se manifestaban tamén contra o mundo elitista que precisamente eran os sustentadores da moda de alta costura. Os manifestantes do maio francés levaban: anoraks, bufandas, vaqueiros, xerseis deformados e zapatillas de tenis.

A moda Beatle, chegada ao aeroporto JFKennedy en febreiro de 1964

En California un reducido grupo de intelectuais formaron a beat generation cunha nova filosofía de vida baseada na procura da liberdade pero tamén no consumo de drogas e alucinóxenos. En Inglaterra a música beat, que representaban osBeatles e osRolling Stones, coa capacidade de agregar millóns de adolescentes que copiaban a vestimenta dos seus ídolos musicais. Os Beatles levaban pantalóns estreitos e curtos, chaquetas curtas e uniformes do século XIX. Os Stones, máis informais, preferían camisa e pantalóns de satén, colares e brazaletes, e maquillábanse. Nos dous grupos era fundamental o pelo longo que estaba mal visto nos homes desde había un século, as cores rechamantes substituían o vestido gris da burguesía. Londres converteuse na meta dos mozos europeos,Barbara Hulanicki, abre na cidade a tendaBiba, que foi a primeira boutique de moda xuvenil. Os vestidos eran máis coloreados e cómodos, facendo nas mulleres que o novo modelo feminino xa non fosen as actrices do cine senón asmodelos:Twiggy,Jean Shrimpton,Veruska. TaménBrigitte Bardot gustaba polo seu bronceado sensual, a cola de cabalo e os longos cabelos rizados. En InglaterraMary Quant lanzou en 1964 a minisaia. Inventaron os pantys de cores. En FranciaAndré Courrèges foi o único en seguir a moda nova, adoptando as saias curtas, zapatos sen tacón e liñas xeométricas e facendo grande uso dos pantalóns femininos. Audaz e innovador, Courrèges lanzou en 1969 a moda espacial.

Paco Rabanne lanzou os vestidos metálicos. En 1965 Yves Saint Laurent propuxo a colecciónMondrian que se baseaba na pintura dePieter Mondrian; eran os anos dopop art e doop art, deVictor Vasarely.Andy Warhol presenta en 1962 un vestido estampado coas súas famosas latas de sopa Campbell.

Finalmente neste período xorden os traxes Unisex, coa famosa sahariana ideada por Saint-Laurent, vestidos transparentes ao estilo Nude look. En 1967 apareceu a maxisaia polo grande éxito da películaDoutor Zivago. Tamén apareceu a solución intermedia amidisaia.

Anos setenta

[editar |editar a fonte]
Hippy francesa.

Nos Estados Unidos, como reacción águerra do Vietnam, xorde oflower power (O poder das flores), e ofestival de Woodstock.

Oshippys de principios da década levaban camisas grandes e longas, túnicas transparentes, cores chispeantes, flores xigantes, xoias de todo tipo e vestidos exóticos. Os cabelos transformáronse nunha maraña de rizos sen peitear. Isto todo era como unha antimoda e símbolo da liberdade.

Nos anos setenta xa non se pode falar de moda senón en plural,modas.Yves Saint Laurent por exemplo aplicou ás súas coleccións femininas vestimentas típicamente masculinas como o smóking, a gabardina e os bombachos. Como consideración aofolclore, creou un famosa colección ao estilo ruso, seguida doutra ao estilo chinés. Varias veces as súas coleccións estiveron inspiradas no mundo da arte, dopop, ocubismo (colección Picasso) ou ofauvismo.

Anos oitenta

[editar |editar a fonte]

Nesta década hai unha redefinición do concepto de estilista. Non bastaba con ser un bo artesán e crear vestidos de óptima factura e de calidade senón tamén dar unha imaxe atractiva do propio produto. A competencia, debido á globalización, pasou a ser desapiadada. Co desenvolvemento deInternet cada marca creou a súa propia páxina web, non só para chamar a atención senón para vender algúns dos seus produtos directamente ao cliente.

A moda dos anos oitenta caracterizouse polo culto ao éxito e á eficiencia. A estéticapunk dulcificouse na pasarela. Desenvolveuse a ansia por ter boa forma física e ata para persoas que xa non eran mozas adaptáronse vestidos deportivos. Nese momento a moda pasou a ser realmente internacional. Coa redución da importancia da alta costura francesa, cada nación desenvolveu un estilo propio. En Europa foron Alemaña, Italia e Inglaterra mentres emerxían os Estados Unidos e sobre todo oXapón; os deseñadores xaponeses maioritariamente emigraron a París desde onde desenvolveron a súa creatividade con liñas de corte impecable e de materiais insólitos.

En Italia,Milán en concreto, destacanGiorgio Armani,Missoni,Gianfranco Ferré,Gianni Versace,Dolce & Gabbana. O éxito deste último débese en gran parte a vestir á cantanteMadonna.

O ideal de beleza feminina era o dunha muller deportiva e delgada, musculosa e ambiciosa, con éxito privado e público.

O fenómenoyuppie (Young Urban Professional) nos Estados Unidos, era unha persoa agresiva e ambiciosa, os yuppies traballaban nabolsa con poucos escrúpulos e frecuentaban ambientes e restaurantes exclusivos, esnifandococaína e vestían á italiana, especialmente Armani e Versace.

A moda hoxe en día

[editar |editar a fonte]

Deseño dunha colección

[editar |editar a fonte]

Desde mediados do século XX, a moda constrúese aos poucos e dando unha imaxe dun inevitable fenómeno social. Modistos comoPaul Poiret a principios do século, ou posteriormenteMadeleine Vionnet,Cristóbal Balenciaga,Christian Dior,Yves Saint Laurent,Hubert de Givenchy ,Pierre Cardin eCoco Chanel eAndré Courrèges,Nina Ricci e, máis recentemente,Thierry Mugler,Giorgio Armani,Gianni Versace,Christian Lacroix,Helmut Lang eMiuccia Prada,Antoine Chaulieu eTom Ford convertéronse en figuras públicas. Convertéronse en creadores de tendencias das grandes marcas da distribución internacional. O seu rol é conseguir achegarse ao colectivo dos consumidores.

Nos paísestemperados, a moda renóvase en función dun sistema de acordo coas estacións anuais, en períodos de seis meses: outono/inverno e primavera/verán. Antes de que a colección chegue ás tendas, sempre hai un gran traballo en equipo xa que as coleccións deséñanse con seis ou oito meses de anticipación.

O primeiro paso é a procura de indicadores para prever a dirección da moda do futuro. Con esta recolleita de información, prepárase un caderno coas tendencias, máis coñecido polo seu nome inglés trend book (libro de tendencias).

Para poder realizar esta recolleita de ideas, hai varios pasos inevitables, diversos eventos que hai que ter presentes. En primeiro lugar, son os desfiles de moda, como o de "Première Vision" (Primeira Visión) enParís, e o "Pitti Uomo i Pitti Immagine" (Home Pitti e Imaxe Pitti) deFlorencia eMilán, onde hai un gran número de salóns. Ademais tamén existen os desfiles de moda pero o máis accesible son os escaparates e ver como viste a xente nas rúas. Por iso, fotográfanse varios detalles interesantes sobre como viste a xente da rúa, incluso os fashion buyers (compradores de moda) van comprar roupa e accesorios en determinadas tendas de referencia.

A continuación, establécese un apuntamento dos diferentes elementos, e póñense en marcha diferentes grupos de ideas que se concretan nos diferentes temas. Cada un destes temas inclúe diversos materiais así como diferentes tipos de pezas cos seus pequenos detalles.

Así, cada páxina dun libro de tendencias presentarase cunha mostra de téxtiles, debuxos técnicos detallados, unha ilustración de moda (a figura) e, posiblemente, con fotografías das referencias. O resultado será exhibido nos salóns de moda da tempada ou vendidos directamente ás grandes marcas de roupa. Estes libros poden anticipar a tendencia da moda en dúas ou tres tempadas; é dicir, a modo de exemplo, no outono/inverno de 2005, presentouse a tendencia dos libros de primavera/verán de 2006, xa se acabaron de deseñar as de outono/inverno do 2006/2007 e iniciouse a procura da proposta de primavera/verán do 2007.

Nun libro de tendencias (trend book) aparecen un conxunto de ideas, aínda non hai ningunha colección creada. O deseñador utilízao para crear a súa propia colección, e só tomará os elementos que lle interese. Como exemplos de deseñadores de trend book cabe destacar Nelly Rodi, Peclers ou Promostyl en París, e A+A en Milán.

Exemplo de figurino de moda

Creación

[editar |editar a fonte]

Unha vez que as ideas e os temas foron seleccionados, os deseñadores deben crear as súas coleccións cunha tempada de antelación, ou ata dúas. Deben seleccionar as ideas e os tecidos definitivos que decidiron promover, proporcionar impresións ou bordados, e detalles dos pequenos accesorios como poden ser clips ou botóns. A continuación, han de montar unha colección que inclúa os trend books de diferentes grupos. Por exemplo, nun tema sobre a maxia, levaranse a cabo unha ducia de pezas coa idea da bruxería, outra sobre asfadas, unha sobre as variñas máxicas etc. Nunha colección, en función do tamaño da marca, pode haber entre dous e seis grupos de traballo.

Os deseñadores deben asegurarse de que a colección sexa equilibrada e que os diferentes compoñentes vaian ben coordinados. Cada modelo será representado por un debuxo técnico que mostrará claramente todos os detalles, cunha visión dianteira e outra traseira, e ata máis tarde detállanse elementos máis específicos. Unha vez terminado este traballo, a presentación farase en forma de debuxos técnicos de cada un deles cunha mostra do tecido téxtil ou das referencias pertinentes.

O modelista é responsable dos seus debuxos técnicos para deseñar unpatrón do vestido. Nesta etapa prodúcense frecuentemente contactos entre o modelista e o deseñador para axustar a proposta á realidade do día a día. Finalmente, o modelista segue adiante e elabora os prototipos para ver se é o que realmente se quere facer. Aínda hai marxe de mellora e o proceso complétase unha vez que se incorporan os últimos cambios.

Da confección á comercialización

[editar |editar a fonte]

Unha vez que o patrón de cada prototipo foi producido polo modelista, pásase á fase deindustrialización, que a miúdo é máis responsabilidade do patrocinador e ogradeur (modelista xefe). O patrocinador, a partir do patrón coas principais pezas do vestido, encárgase de montar todos os anexos de pezas técnicos, por exemplo dobreces, e algúns persoais de montaxe. Ogradeur é o responsable de traducir o modelo elaborado e adaptalo a untalle de referencia, un modelo descrito válido para todos os talles que se queiran producir.

Unha vez que o patrón de cada modelo entra en fase de industrialización, a roupa prodúcese en maior ou menor cantidade segundo a distribución esperada. Esta é a confección do vestido, que posteriormente é empaquetado e enviado aos diferentes puntos de venda.

Algúns modelos poden ser creados especificamente para un desfile de moda, por exemplo, para anticipar a colección da marca. Nunha colección, aproximadamente o 20% dos modelos non se venderán nunca.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramoda.
  2. 2,02,12,22,3ModaArquivado 12 de setembro de 2019 enWayback Machine.Gran Enciclopèdia Catalana
  3. Undressing Cinema: Clothing and identity in the movies – páxina 196, Stella Bruzzi – 2012
  4. Rosita Levi Pizetsky - Storia del costume in Italia, Istituto editoriale Italiano, 1966
  5. Nathalie Bailleux e Bruno Remaury. Éditions Gallimard, ed.Modes et vêtements.ISBN 2-07-053270-4. 
  6. Segundo oBarnhart dictionary of etymology de 1988

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  ModaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Jeanne Allen.Showing your colors, Angus & Robertson
  • Yvonne Deslandres i Florence Müller.Histoire de la mode au s. XX
  • Guillaume Erner.Victimes de la mode

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moda&oldid=6742059»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp