Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mitsubishi A6M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosaescritos xaponeses. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Mitsubishi A6M Reisen
UnZero exhibido enToquio
TipoCaza
FabricanteMitsubishi Heavy Industries
Deseñado porJirō Horikoshi
Primeiro voo1 de abril de1939
Introducidosetembro de1940
Retirado1945 (Xapón)
Produción1940 -1945
Unidades construídas10.450

OMitsubishi A6M Reisen (caza cero, o famosoZero xaponés, en xaponés: 零式艦上戦闘機, れいしきかんじょうせんとうき; 零戦, ぜろせん ou れいせん) foi uncaza monoprazaxaponés usado durante asegunda guerra mundial. Foi o sucesor doA5M e un dos avións máis decisivos das primeiras fases dasegunda guerra mundial. Voou por vez primeira en abril de1939 e entrou en servizo no verán de1940. Foron construídos 10.450 exemplares e foi alcumado "Zeke" polos aliados.

Historia

[editar |editar a fonte]

O A6M foi deseñado polo enxeñeiro deMitsubishi, Jirō Horikoshi, que despois da entrada en servizo do seu antecesor, oA5M, decidiu crear un caza con mellores prestacións de velocidade e alcance.

O seu primeiro prototipo, denominado A6M1, realizou o seu primeiro voo o día1 de abril de1939, e foi seguido pouco despois polo A6M2, que demostrou unhas prestacións superiores ás agardadas pola Armada Imperial doXapón. Oficialmente a súa denominación era Caza Embarcado Modelo 11 Tipo 0 da Armada, pero foi máis coñecido polos xaponeses como "Reisen", a abreviación derei (cero) esentoki (caza). Os aliados poríanlle o nome en código "Zeke", pero sería famoso polo nome deZero.

Historia operacional

[editar |editar a fonte]

Os primeiros avións de preserie despregáronse naChina en xullo de1940 e conseguirían as súas primeiras vitorias en combate o13 de setembro de1940, derrubando ese día 27 avións inimigos,Polikarpov I-15 eI-16, sen sufrir ningunha baixa. No momento no que se reasignaron, un ano máis tarde, os A6M xaponeses conseguiran acabar con 99 avións chineses perdendo unicamente dous, derrubados pola artillaría antiaérea.

No tempo doataque a Pearl Harbor 420 Zeros estaban activos no Pacífico. O tipo Model 21 foi o que se atoparon os estadounidenses. O seu enorme alcance, de 2.600 quilómetros, permitíalle chegar a zonas moi afastadas do seu portaavións base, dándo aos mandos aliados a impresión de que había varias veces máis Zeros dos que realmente tiñan os xaponeses.

O Zero rapidamente gañou a súa temible reputación. Grazas á combinación dunha excelente manobrabilidade e da súa potencia de fogo, eliminou doadamente á variada colección de avións aliados enviados na súa contra no Pacífico durante o ano1941. Demostrou ser tamén un difícil adversario para oSupermarine Spitfire e, aínda que non era tan rápido como o caza británico, o avión xaponés podía enfrontarse a el con facilidade, ao poder rubir cun ángulo moi empinado ou manterse no aire tres veces máis tempo que o seu adversario.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mitsubishi_A6M&oldid=6672073»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp