Misfits | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Lodi, New Jersey,![]() |
Período | 1977 – 1983 1995 – presente |
Xénero(s) | horror punk,hardcore punk,heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | Plan 9,Caroline,Roadrunner, Misfits |
Membros | Jerry Only Dez Cadena Eric "Chupacabra" Arce |
Antigos membros | Glenn Danzig Diane DiPiazza Jimmy Battle Manny Martínez Franché Coma Mr. Jim Bobby Steele Joey Image Arthur Googy Doyle Wolfgang von Frankenstein Robo Brian Damage Dr. Chud Michale Graves Marky Ramone |
Na rede | |
http://www.misfits.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Misfits é unha bandaestadounidense dehorror punk procedente deLodi, New Jersey e formada en1977. Adoita ser recoñecida como a proxenitora do subxénero horror punk, que mesturapunk rock e outras influncias musicais cunha estética de películas de terror. O grupo tivo unha formación flutuante durante os seus primeiros seis anos de vida, co seu creadorGlenn Danzig e o baixista Jerry Only como únicos membros constantes. Durante ese tempo editaron varios EP's e sinxelos e, co irmán de Only, Doyle, como guitarrista, os álbumsWalk Among Us (1982) eEarth A.D./Wolfs Blood (1983), ámbolos dous considerados pedras angulares do movemento hardcore punk de comezos dos anos 80. The Misfits separaríase en1983 e Danzig formaríaSamhain e posteriormenteDanzig. Publicáronse varios discos de material inédito e reedicións tras a disolución da banda, e a súa música foi moi influente nopunk rock, oheavy metal e orock alternativo de finais dos 90 e principios dos anos 2000.
Despois dunha serie de batallas legais con Danzig, Only e Doyle recuperaron os dereitos para gravar e actuar como The Misfits. Os dous formaron unha nova versión da banda en1995 co vocalista Michale Graves e o batería Dr. Chud. Esta encarnación do grupo está máis enraizada no heavy metal, e publicou os álbumsAmerican Psycho (1997) eFamous Monsters (1999) antes de disolverse no ano2000. Jerry Only pasouse entón ás voces e recrutou ao antigo guitarrista deBlack Flag Dez Cadena e ao antigo batería dosRamones Marky Ramone para unha xira de 25 aniversario da banda. Esta formación editou un álbum de versións tituladoProject 1950 e xirou durante varios anos. No2005 foi substituído por Robo, que tocara en Black Flag a comezos dos 80 e tamén estivera nos Misfits entre1982 e1983. A banda editou entón o sinxelo "Land of the Dead" no2009. A actual formación do grupo, composta por Only, Cadena e o batería Eric "Chupacabra" Arce, publicou o álbumThe Devil's Rain en outubro do ano2011.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Walk Among Us | 1982 | Ruby, Slash |
Earth A.D./Wolfs Blood | 1983 | Plan 9 |
American Psycho | 1997 | Geffen Records |
Static Age | 1997 | Caroline Records |
Famous Monsters | 1999 | Roadrunner Records |
Project 1950 | 2003 | Misfits, Rykodisc |
The Devil's Rain | 2011 | Misfits |