A orixe do substantivo "misa" é o vocábulolatino "mittere" (enviar) e provén da fórmula coa que acaba a celebración do rito en latín: "Ite missa est". O sentido desta frase encerra certa polémica. O significado orixinal de "mittere" é "enviar" pero algunhas fontes sosteñen que neste caso significa "despedida". O lexicógrafoDu Cange, na súa obraGlossarium latinitatis mantén que, ou ben se debe sobreentender unha "congregatio fidelium" ("Marchádevos, queda disolta (a congregación dos fieis)"), ou ben se transformou "missa" ensubstantivo en latín serodio, e adquiriu o significado de despedida.
Segundo odogmacatólico, que non comparten outras relixións cristiás, na misa renóvase o sacrificio deCristo na Cruz, ao celebrar osacramento daeucaristía: nel conságrasepan eviño por medio dunha fórmula que pronuncia o sacerdote celebrante, e prodúcese a supostatransubstanciación. Segundo esta tradición católica, a misa herda aÚltima Cea deXesucristo cos seus doceapóstolos.
Os contidos da misa e a súa estrutura varía conforme os distintosritos litúrxicos. Segundo a forma ordinaria dorito romano, é dicir, católico, a misa componse de catro partes: os ritos de entrada, a liturxia da Palabra, a liturxia da Eucaristía e os ritos de despedida.
Son todos aqueles pasos que introducen os fieis na celebración. Estes ritos iniciais, que preceden a liturxia da Palabra, inclúen o canto de entrada, o saúdo inicial, o acto penitencial, o "Señor, ten piedade", oGloria e a oración colecta. Teñen un carácter de exordio, preparación e introdución. Nalgunhas celebracións que se unen coa Misa, os ritos iniciais omítense ou realízanse dun modo peculiar.