Mirambel é un concello español daprovincia de Teruel,Aragón, situado na comarca doMaestrazgo. A súa poboación era de 137 habitantes en2004. Dista 113 km da cidade de Teruel.
Durante asguerras carlistas foi moi importante porque vivían na localidade altos cargos carlistas e era sede dalgúns dos seus centros oficiais como a Suprema de Aragón, Valencia e Murcia, nomeada polo mesmo pretendenteCarlos María Isidro.Pío Baroja ambientou neste lugar a súa obraLa venta de Mirambel.
Mirambel posúe unha boa riqueza monumental. No casco urbano érguese a fortaleza medieval, con murallas. Ao pé da torre do portal das Monxas atópase a praza de Madre Consuelo, relixiosa e mestra, destacan as celosías do convento cunha roseta hexapétala en relevo, símbolo pagán solar protector relacionado coa cardincha pirenaica.