Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:MIR.
 Mir
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da planta
Imaxe
 Composto por
Módulo Principal da Mir(pt)Traducir(1986 - 2001)
Spektr(1995 - 2001)
Priroda(1996 - 2001)
Kristall(1990 - 2001)
Kvant-1(1987 - 2001)
Kvant-2(1989 - 2001)
Módulo de Acoplagem da Mir(pt)Traducir(1995 - 2001)Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Мир (ru)Editar o valor en Wikidata
 Uso
Datas
 Fundación / creación
1986Editar o valor en Wikidata
 Lanzamento
19 de febreiro de 1986Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
19 de febreiro de 1986lanzamento espacial (Baikonur Cosmodrome Site 200(en)Traducir)
23 de marzo de 2001Deórbita da Mir(pt)Traducir
23 de marzo de 2001reentrada atmosféricaEditar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de saída
 País
Identificadores
VIAF137696977Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0kzv7Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Mir (en ruso: Мир, significapaz oumundo) foi o nome da famosaestación espacial orixinalmente soviética, que despois do colapso daURSS pasou a ser rusa. Mir foi a primeira estación espacial de investigación habitada de forma permanente da historia, e a culminación do programa espacial soviético. Estaba previsto que funcionase tan só 5 anos; pero finalmente estivo operativa durante 13 anos. Grazas a numerosas colaboracións internacionais, foi accesible acosmonautas eastronautas.[1][2]

A Mir foi ensamblada en órbita ao conectar de forma sucesiva distintos módulos, cada un lanzado de forma separada dende o 19 de febreiro de 1986 ata o ano 1996. Estaba situada nunha órbita entre os 300 e 400 quilómetros da superficie terrestre, orbitando completamente a Terra en menos de dúas horas. Serviu como laboratorio de probas para numerosos experimentos científicos e observacións astronómicas, establecendo récords de permanencia de seres humanos no espazo. Tras un incendio en febreiro de 1997, a estación empezou a quedar vella e obsoleta, coa consecuente cadea de fallos que puxo en marcha a súa desorbitación e desintegración na atmosfera. Foi destruída de forma controlada o 23 de marzo de 2001, precipitándose sobre oocéano Pacífico.[1][2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Mark Wade (2020)."Mir"(en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  2. 2,02,1Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed."Mir / DOS 7"(en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  MirModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mir&oldid=6665348»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp