Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Minsk

Coord.:53°54′08″N27°33′43″L / 53.902246,27.561837
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMinsk
Мінск (be)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

HimnoHimno de Minsk (24 de outubro de 2001)Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 53°54′08″N27°33′43″L / 53.902246,27.561837
EstadoBelarúsEditar o valor en Wikidata
Enclave enRexión de MinskEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.996.730(2025)Editar o valor en Wikidata (4.876,02hab./km²)
Lingua oficiallingua belarusa
lingua rusaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie409,5 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porrío Nyamiha,río Svislach,río Loshytsa,río Sliepnia,río Cna,río Myška,río Traścianka,río Piarespa erío DražniaEditar o valor en Wikidata
Altitude280 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
Organización política
Órgano executivocomité executivo de MinskEditar o valor en Wikidata
• AlcaldeEditar o valor en WikidataUładzimier Kucharaw(2020–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConsello municipal de Minsk ,Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal220001–220141Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico+375 17Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2BY-HMEditar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Gaziantep(2018–)Editar o valor en Wikidata

Sitio webminsk.gov.byEditar o valor en Wikidata
Facebook: minskgovbyTwitter: minskgovbyTelegram: minskiygorispolkomBNE: XX451453Editar o valor en Wikidata
Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Minsk (enbelaruso:Менск ouМінск; enruso:Минск; enpolaco:Mińsk) é acapital e cidade máis grande deBelarús. Está situada no centro do país, e está atravesada polos ríosNyamiha eSviloch. É a sede administrativa daComunidade de Estados Independentes (CEI).

A cidade ten unha extensión de 348 km² na que habitaban un total de 1 907 700 persoas en2013.[1]

Como capital do Estado, Minsk ten un status administrativo especial dentro de Belarús e é ademais a capital darexión de Minsk e do distrito homónimo.

Historia

[editar |editar a fonte]

As primeiras referencias históricas da cidade datan doséculo XI (1067), cando é nomeada como cidade provincial no principado dePolotsk. O asentamento desenvolveuse nos ríos que o atravesan. No ano1242, Minsk converteuse en parte doGran Ducado de Lituania e recibiu o título de cidade en1499.

Desde1569 foi a capital doVoivodato de Minsk, naRepública das Dúas Nacións ou Mancomunidade de Polonia-Lituania. En1793 foi unha das rexións anexionadas poloImperio ruso como consecuencia daSegunda partición de Polonia.

Gran parte da cidade foi destruída como consecuencia dos bombardeos daAlemaña nazi durante asegunda guerra mundial. En efecto, durante a invasión alemá á Unión Soviética en1941 (Operación Barbarroxa), Minsk foi invadida de inmediato. A cidade foi bombardeada polos alemáns desde o primeiro día da guerra e foi invadida catro días máis tarde. Os nazis converteron a cidade no centro administrativo doReichskommissariat Ostland e comezaron a reprimir duramente a poboación, especialmente a comunista e a xudía. Ungueto xudeu de cen mil acodes foi construído en Minsk. A cidade foi reconquistada polos soviéticos o3 de xullo de1944. Ao final da guerra, cerca do 80% da cidade estaba en ruínas. Minsk foi reconstruída ao estilo soviético.

Nos últimos anos dadécada de 1980, oaccidente de Chernóbil tocou unha gran parte do sueste do país, o acceso a algunhas zonas aínda está restrinxido. A cidade foi capital daRepública Socialista Soviética de Belarús desde1919 ata1991, cando pasou a ser a capital da República deBelarús.

Actualmente Minsk é unha gran metrópole cunha arquitectura predominante da época soviética, aínda que tamén con edificios modernos que datan de despois da caída daUnión Soviética.

O 11 de abril de 2011Atentado bomba nun metro na cidade de Minsk,Belarús mata 12 persoas e deixa 204 feridos.

O78º campionato do mundo de hóckey sobre xeo celebrouse na Minsk entre o 9 e o 25 de maio de 2014.

Toponimia

[editar |editar a fonte]

Segundo a lenda, un xigante chamadoMenesk ouMincz tiña un muíño sobre as ribeiras do río veciño á cidade. Alí moía as pedras para facer os pans cos que alimentaba aos seus guerreiros. O nome de "Minsk" quizais procede da palabrabelarusaMensk, que deriva da palabraмена (miena 'cambio, cambiar', en galego), baseada na longa historia comercial da cidade.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Vista doSviloch e da cidade de Minsk ao fondo.

Minsk está situada na ladeira sueste dos outeiros homónimos, unha sección de outeiros cuxa dirección vai desde o suroeste na cunca alta dorío Niemen, ao nordeste deBelarús, no lagoLukomsko ao noroeste. A altitude media da cidade é de 220 metros sobre o nivel do mar. A xeografía de Minsk formouse durante as dúas eras glaciais máis recentes. Orío Sviloch, que flúe a través da cidade desde o noroeste ao suroeste, está noUrstromtal, un antigo val fluvial formado pola auga que flúe das capas de xeo de fusión a finais da últimaIdade do xeo.

O desenvolvemento orixinal da cidade foi nos devanditos outeiros, o que permitiu a fácil construción de fortificacións para a defensa. Porén, noséculo XX, creceu en dirección sueste incluíndo as chairas relativamente planas dos arredores. A parte occidental da cidade é a máis montañosa.

O ecosistema predominante na cidade, ao igual que no resto do país é oBosque temperado de frondosas, presente especialmente no norte e o leste da mesma. Co crecemento da metrópole, algúns dos bosques orixinais foron preservados en parques, como por exemplo oParque Chelyuskinites.

Clima

[editar |editar a fonte]

Minsk ten unclima continental húmido (Köppen Dfb), debido a súa localización entre a influencia do aire húmido doocéano Atlántico e o aire seco da masa continental eurasiática. O clima é inestable e tende a cambiar con frecuencia. A temperatura media en xaneiro é de -4,5 °C, mentres que en xullo é 18,5 °C. A temperatura máis baixa rexistrada foi de -40 °C o17 de xaneiro de1940, e a máis cálida se rexistrou o29 de xullo de1936 e foi de 35 °C.

Isto dá lugar a frecuentes néboas no outono e primavera. Minsk recibe unha precipitación anual de 690 milímetros, das cales unha terceira parte é no período de frío (comoneve echoiva) e dous terzos no período de quentamento. Ao longo do ano, sopran ventos do oeste e noroeste traendo aire fresco e húmido do Atlántico.

Administración

[editar |editar a fonte]

Minsk está dividida en pequenas unidades administrativas, organizadas en1938, debido ao gran crecemento da cidade. O17 de marzo de1938, tres distritos foron establecidos, Stalinsky (Zavodski desde1961), Varashylauski (Savetski desde 1961) e Kahanovichski (Kastrychnitsky desde1957). Na actualidade a cidade está dividida en nove distritos: Frunzenski, Kastrychnitski, Leninski, Maskouski, Partyzanski, Pershamayski, Savetski, Tsentralny e Zavodzki.

Cidades irmás

[editar |editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Ópera-Ballet de Minsk, Belarús.
    Ópera-Ballet de Minsk, Belarús.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Численность населения Минска превысила 1,9 млн человек".news.tut.by. Arquivado dendeo orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. (en ruso)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  MinskModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Rexión-Cidade capital
Rexións
Brest  · Homieĺ  · Hrodna  · Mahilioŭ  · Minsk  · Viciebsk
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Minsk&oldid=7199095»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp