Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Minisat 01

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minisat 01
Parche da misión Minisat 01
TipoDemostrador tecnolóxico.
OrganizaciónInstituto Nacional de Técnica Aeroespacial[1]
Data de lanzamento21 de abril de 1997[2][3][4]
Foguete portadorPegasus XL[1][3]
Sitio de lanzamentoIllas Canarias[3][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[3][5]
Decaemento26 de febreiro de 2002[2]
NSSDC ID1997-018A
Masa200 kg[1][3][5]

Minisat 01 foi un satélite artificial doInstituto Nacional de Técnica Aeroespacial usado para facer diversos experimentos no espazo. Tratábase do primeiro lanzamento doPrograma de Pequenos Satélites (Minisat), un programa espacial desenvolvido polo gobernoespañol. Foi lanzado o21 de abril de1997 desde asIllas Canarias mediante un foguetePegasus XL aerotransportado.[1][3]

Características

[editar |editar a fonte]

Minisat 01 foi un satéliteespañol adicado á experimentación no espazo que foi lanzado desde un foguete aerotransportado Pegasus XL xunto co satélite funerarioCelestis. Foi inxectado nunhaórbita inicial de 566 km deperixeo e 585 km deapoxeo, cunhainclinación orbital de 150,97graos e unperíodo orbital de 96,1969minutos. O seu obxectivo principal foi realizar diversos experimentos de demostración de novas tecnoloxías.[1][3][4]

O satélite foi construído porConstrucciones Aeronáuticas S.A. e estaba estabilizado nos tres eixos. Levaba catropaneis solares despregables capaces de proporcionar cada un ata 45vatios depotencia. O sistema eléctrico da nave funcionaba con 28voltios e necesitaba unha media de 60 vatios de potencia. A capacidade de almacenamento de datos interna era de 32 Mbytes e a transmisión con terra realizábase enbanda S, cunha velocidade de ata 1 Mbps. Reentrou naatmosfera o 26 de febreiro de 2002.[1][2]

Experimentos

[editar |editar a fonte]

Minisat 01 levaba tres experimentos a bordo:[1][3][5]

  • EURD: era unespectrógrafo construído en colaboración cosEstados Unidos para estudar a radiación de fondo na banda doultravioleta extremo.
  • LEGRI: construído en colaboración coReino Unido, estudou oradiación gamma de fontes astronómicas usando detectores de HgI2.
  • CPLM: foi un experimento para estudar o comportamento das pontes líquidas en condicións de microgravidade.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,41,51,6Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed."Minisat 01"(en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  2. 2,02,12,2N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed."MINISAT 01"(en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  3. 3,03,13,23,33,43,53,63,7NASA (26 de agosto de 2014)."Minisat 01"(en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  4. 4,04,1"Note verbale dated 9 October 1997 from the Permanent Mission of Spain to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General"(PDF) (97-27372). 20 de outubro de 1997: 2. Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  5. 5,05,15,25,3Mark Wade (2011)."Minisat"(en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Minisat_01&oldid=6694818»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp