| Nome completo | Minardi F1 Team |
|---|---|
| Bandeira | |
| Baseada en | Faenza,Italia |
| Tempadas en activo | 21 (1985-2005) |
| Número de pilotos | 39 |
| Debut | Gran Premio do Brasil de 1985 |
| Carreiras | 345 |
| Campionatos de Construtores | 0 |
| Campionatos de Pilotos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas Rápidas | 0 |
| Puntos totais | 38 |
| DerradeiroGP | Gran Premio da China de 2005 |
| A Galipedia ten unportal sobre:Fórmula 1 |
Minardi F1 Team foi unha escudería italiana fundada en1979 porGiancarlo Minardi, participante desde1980 enFórmula 2, e desde1985 enFórmula 1. Habituais na grella até2005, ano no que foi mercado para formarScuderia Toro Rosso, xamais acadou ningunha pole nin ningunha vitoria.
Desde os seus comezos na máxima categoría do automobilismo mundial, o equipo colleitou só 31 puntos nos campionatos (aínda que co sistema moderno de puntuación esta cifra aumentaría), e arredor da metade deles foron obtidos polo seu primeiro piloto,Pierluigi Martini. Martini foi tamén quen conseguiu a única primeira fila na grella de saída para a escudería, e incluso liderou durante unha volta no G.P dePortugal do1989. Non obstante, Minardi nunca obtivo un podio na súa historia, sendo o seu mellor resultado un cuarto lugar. Esta posición foi ocupada dúas veces por Martini en1991 e outra vez por Christian Fittipaldi en1993.
Cerca da quebra en moitas ocasións, o equipo foi comprado polo magnate australiano Paul Stoddart a principios de2001. Desde que pasou a ocupa-la posición de director do equipo, Stoddart rogou pola redución dos custos neste deporte. Solicitou aos principais construtores un acordo, segundo o cal os equipos independentes (que son os que teñen finanzas máis febles) poderían acceder a provisión de motores a un prezo menor do que teñen na actualidade. A cambio, as principais escuderías lograrían o apoio das máis pequenas no momento de opoñerse a cambios no regulamento propostos pola FIA. Un exemplo disto é a prohibición do sistema de control de tracción, a cal moitos equipos (incluído Minardi) se opoñen, aínda que Stoddart ameazou con retirar o seu apoio.
Minardi presentou no 2004 a dous debutantes na categoría, o italianoGianmaria Bruni e o húngaroZsolt Baumgartner. Durante a temporada, festexaron o vixésimo aniversario da escudería. Baumgartner obtivo un punto para a escudería no Gran Premio dosEstados Unidos tras máis de dous anos de seca, ao finalizar oitavo entre os oito coches que cruzaron a liña de chegada. O piloto converteuse tamén no primeiro húngaro en obter un punto naFórmula 1 moderna.
A pesar da súa fama de equipo de segunda, a escudería ha foi o berce de pilotos que logo se converteron en estrelas da categoría.Giancarlo Fisichella,Jarno Trulli eFernando Alonso (quen xa gañaron na categoría), ademais da promesaMark Webber, integraron as filas do equipo nos seus inicios.

Durante a Temporada 2005 de Fórmula 1, Paul Stoddart anunciou que Minardi foi vendida a marca de bebidas enerxéticas Red Bull. A pesar que Red Bull xa ten o seu equipo principal na Fórmula 1, decidiu usa-la compra de Minardi para cultivar novos talentos que serían as estrelas do futuro.
O1 de novembro de 2005 pasou a chamarseScuderia Toro Rosso despois da compra de Minardi.
Giancarlo Minardi recuperou os dereitos sobre o nome do equipo e, a partir de2006, competirá na serie EURO 3000 de novo como Minardi e baixo as cores orixinais da escudería faentina: amarelo e azul marino.
Minardi continúa en diferentes competicións fóra da Fórmula 1. Actualmente participa no campionato "3000 Euroseries", na "GP2 Series" e na fórmula americana "Champ Car".
Minardi puido entrar de novo naFórmula 1 con outro nome no ano 2008. Finalmente non puido ser.
(Chave) As carreiras en letra grosa indicanpole position; as carreiras encursiva indicanvolta rápida.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Minardi |