Millawanda
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Milawata ouMillawanda foi o nomehitita da cidade deMileto. Foi unha das cidades aliadas dosAhhiya ou Ahhiyiwa (aqueos) e capital dun pequeno estado independente.
O cuarto ano do reinado deMursilis II, foi atacada polos hititas, dirixidos polos oficiais Gulla e Mallaziti, como represalia pola axuda dada pola cidade ao rei deArzawa. Os atacantes saíron vitoriosos e devolveron aHattusa botín e prisioneiros. Malia unha temporal submisión aos hititas, no reinado de Muwatallis volvía a ser independente baixo o goberno deAtpa.Piyama-radu, un guerreiro posibelmente deLazba (Lesbos), e que dirixía un continxente de desarraigados deArzawa, púxose ao servizo deAhhiyawa nunha posíbel loita contra os hititas e despois casou coa filla de Atpa.