Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Milgrandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milgrandeira

Milgrandas, froito da milgrandeira.
Clasificación científica
Reino:Plantae
(sen clasif.)Anxiospermas
(sen clasif.):Eudicotyledoneae
(sen clasif.):Rosidae
Orde:Myrtales
Familia:Lythraceae
Xénero:Punica
Especie:P. granatum
Nome binomial
Punica granatum
L.,Sp. Pl., 1: 472, 1753[2]
Sinonimia
  • Punica floridaSalisb.
  • Punica grandiflorahort. ex Steud.
  • Punica nanaL.
  • Punica spinosaLam.[1]

Amilgrandeira oumiligranda[2] (Punica granatum) é unarbusto ou pequenaárborefroiteiracaducifolia, de tronco retorto e moi ramalluda, cultivada desde a máis remotaAntigüidade polos seus froitos comestíbeis, asmilgrandas, tamén chamadasgranadas[3] (o nome milgranda tamén se lle pode dar á árbore).[4][5]

Orixinaria da zona dos actuaisIrán eIraq, a milgranda cultívase noCáucaso desde tempos moi antigos. Desde alí o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas,Oriente Medio eMediterráneo, alcanzando até oHimalaia, no norte daIndia.

Na actualidade é amplamente cultivada en todaTurquía,Irán,Siria,Azerbaidján,Armenia,Afganistán,India,Paquistán,Bangladesh,Iraq,Líbano,Exipto, aChina, oXapón,Birmania,Arabia Saudita,Israel,Xordania, as partes máis secas do sueste deAsia, a rexión mediterránea do sur deEuropa e aÁfrica tropical.[6] Introducida enAmérica Latina e enCalifornia polos colonizadores españois en1769, cultívase tamén en partes de California eArizona para a produción de zume.[7]

Nohemisferio norte a granada é froita de temporada normalmente desde setembro até febreiro.[8] NoHemisferio Sur está en temporada desde marzo até maio.

A milgranda aparece mencionada en numerosos textos antigos, como noLibro do Éxodo, nosHimnos homéricos e noCorán.

Nos últimos anos alcanzou un protagonismo principal nos mercados comerciais de todo o hemisferio occidental.[7]

Etimoloxía dePunica granatum, milgranda e granada

[editar |editar a fonte]

O nome doxénero,Punica, deriva do etnónimo (ou xentilicio)latinoPūnicī, dePūnicus, -a, -um nome empregado polos romanos para referirse aoscartaxineses e aos seus antepasadosfenicios, que formaron un imperio nas costas doMediterráneo occidental, despois de que se estableceran enCartago, e que foron a principal potencia opositora áRepública romana,[9] debido a que os cartaxineses foron activos difusores do cultivo desta árbore, en parte por razóns de tipo relixioso.

Granada aberta mostrando as súas sementes ou "grans".

O nomeespecíficogranatum deriva do adxectivolanitogrānātus, -a, -um, que significa 'con grans' (debido ás sementes do froito —en realidade, froitos, xa que o que se denomina normalmente froito, a granada, é unha infructescencia— que se denominabangrāna (plural degrānum, 'gran'). De aí deriva un dos nomes da froita en galego,granada,[10] e noutros idiomas romances (castelán,granada, portugués,granada —aínda que menos usado queromã—, francésgrenade, sicilianogranatu).

Porén, no latín clásico o nome da froita eramalum punicum oumalum granatum, é dicir,mazá dos cartaxineses oumazá graúda (demālum, -i, 'mazá'). Isto deu lugar a nomes como o galegomilgranda, oumilgrá novalego[11], que se aplica tanto á árbore como ao froito, oingléspomegranate, oalemánGranatapfel, oitalianomelograno, ocatalánmagrana, oaragonésminglana oumengrana, ocorsomela granata, osardomelagranada e osvénetosmalgaragno,magragno,pomoingranà epomogranà.

Outra raíz para "granada" é a exipcia e semíticarmn. Así, encóntrase no antigoexipcio e nohebreorimmôn, e noáraberummân. Do árabe pasou a a gran número de linguas, entre elas aoportugués (romã) e aoromanés (rodie).

Descrición

[editar |editar a fonte]
Milgranda cultivada enIsrael.

A milgrandeira é unha pequenaárborecaducifolia de portearbustivo que pode alcanzar de 5 a 8 m de altura. Pode vivir até 200 anos, pero é máis produtiva en froitas nos primeiros 20 anos de frutificación. A casca do tronco é de cor cinsenta apardazada e tende a gretar e escamar coa idade.

Asfollas, caedizas, son opostas ou subopostas, brillantes, oblongas, estreitas, enteiras, de 3 a 7 cm de lonxitude e 2 cm de largo. Nalgunhas rexións a árbore non perde as súas follas no inverno.

Asflores son de cor vermella brillante, de 3 cm de diámetro, con cincopétalos (normalmente máis nas plantas cultivadas). Algunhas variedades estériles cultívanse só polas flores.

O froito, amilgranda, é unhabaga globular (balaustia) de tamaño entre o dunpomelo e o dunlimón, de 5 a 12 cm de diámetro e pel grosa e coriácea de cor avermellada, dividida internamente en varios lobos que conteñen numerosas sementes, cuxo número pode oscilar entre unhas 200 e unhas 1.400 (por termo medio, unhas 600), en contra dalgunhas crenzas que afirman que as milgrandas teñen todas exactamente o mesmo número de sementes.[12] Cada semente está arrodeada por unha polpa cargada de auga —oarilo, a parte comestíbel— de cor que varía entre a branca e á vermella escura ou púrpura, segundo as variedades, revestida por unha tona, asarcotesta ou testa carnosa de cor branca, esponxosa,adstrinxente.[13][14]

A milgranda abre espontaneamente ao chegar á madureza por fendas que deixan ao descuberto o contido de cada lóculo. As aves, atraídas pola viva cor das sarcotestas, consómenas e, así, as sementes son espalladas, transportadas polas aves e depositadas coas súas feces; é un caso notábel dedispersión endozoócora.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Milgrandas novas.
    Milgrandas novas.
  • Follas, flores e froito (novo) de milgranda. Tunisia.
    Follas, flores e froito (novo) de milgranda.Tunisia.
  • Flor de milgranda cultivada.
    Flor de milgranda cultivada.
  • Flor dunha milgranda ornamental no Springs Preserve Garden, Las Vegas, Nevada, EE.UU..
    Flor dunha milgranda ornamental noSprings Preserve Garden,Las Vegas, Nevada,EE.UU..
  • Milgranda na árbore.
    Milgranda na árbore.
  • Gran de milgranda.
    Gran de milgranda.
  • Milgranda bonsai.
    Milgrandabonsai.

Historia

[editar |editar a fonte]
Cartago antes daPrimeira Guerra púnica. Oscartaxineses foron os introdutores do cultivo da milgranda, e os seus mitos, no Mediterráneo occidental.

A milgranda é orixinaria dunha vasta rexión que abarcaba os actuaisIrán eIraq, e cultivada desde a máis remotaAntigüidade. Desde tempos moi antigos o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas,Oriente Medio eMediterráneo, alcanzando até oHimalaia, no norte daIndia.[15]

O seu froito era moi apreciado nas zonas desérticas, debido a que está protexido do desecamento pola súa pela grosa e coriácea, o que permitía que as caravanas a puidesen transportar a grandes distancias sen que que iso afectase á conservación das súas calidades, tan apreciadas.

Estas milgrandas asilvestradas e abandonadas (como se demostra polo descoido das plantas, sen colleitar nin podar) nos arredores doCastelo de Aledua (provincia de Valencia) dan fe da construción desta fortaleza polos árabes, xa que foron eles os que introduciron o cultivo da milgranda naPenínsula Ibérica.

Achamos as súas pegadas en numerosos textos antigos, como noLibro do Éxodo,[16] nosHimnos homéricos e noCorán.

Sábese que a milgranda se cultivou desde hai polo menos 5000 anos enAsia occidental e noNorte de África. Encontrábase nosxardíns colgantes de Babilonia, e aparece representada en baixorrelevos exipcios.

Os antigosexipcios preparaban co zume do granada unviño lixeiro con sabor aframboesa.

Hipócrates recomendaba ozume de milgranda contra afebre e como fortificante contra as enfermidades.

ABiblia fai referencia en numerosas ocasións ás milgrandas, e sempre na súa defensa.

Osromanos coñeceron a milgranda grazas aosfenicios, que a levaron deFenicia aCartago e, estes, despois, aRoma (de aí o seu nome científico dePunica, como vimos).

Osbérberes introduciron a milgranda enEuropa, a través deAl-Ándalus, e a cidade deGranada, fundada noséculo X, recibiu o seu nome, segundo algúns, a partir do froito desta árbore.

Coa colonización española, a milgranda chegou aoCaribe e a toda aAmérica hispana.

Tamén chegou na súa expansión até oExtremo Oriente.

Mitos, crenzas e tradicións

[editar |editar a fonte]

Moitos pobos viron a granada como un símbolo doamor, dafertilidade e da prosperidade:

Granada na árbore.
  • Os antigosexipcios eran enterrados con granadas.
  • Osbabilonios crían que mastigar os seus grans antes das batallas facíaos invencíbeis.
  • Segundo amitoloxía grega, o primeiro granado foi plantado porAfrodita, a deusa grega do amor e da beleza.
  • Hades, deus dos infernos, raptou aPerséfone, filla da deusaDeméter, para facela súa muller. Deméter esixiu aZeus a volta da filla, e así ordenouno Zeus, pero Hades deulle a comer un gran de milgrandeira e conseguiu deste xeito que quedase con el tres meses ao ano, podendo ascender aos ceos o resto do ano (Pseudo-Apolodoro,Biblioteca mitológica, I, 5, 3).Ovidio eVirxilio afirman que pasa medio ano no ceo e outro medio ano no Hades.
  • A granada ten uncáliz con forma de coroa. Na tradiciónxudía esta forma inspirou o deseño para facer ascoroas.
  • EnXava a granada está asociada a certos ritos que se observan durante oembarazo.
  • SegundoShakespeare, baixo a súa follaxe ocultouseRomeo para cantarlle unha serenata aXulieta.
  • NaChina hai o costume de ofrecerlle unha granada aos noivos na voda como auspicio dunha descendencia numerosa (a cor vermella desta froita está considerada na tradición chinesa como unha cor que atrae a boa fortuna).
  • Noislam considérase o granado como unha das árbores do Paraíso, conforme a referencias coránicas e ás tradicións do profeta Muhammad ouMahoma.
  • EnIrán, na festa da noite doIalda (solsticio de inverno), ofrécense granadas frescas.

Produción

[editar |editar a fonte]

Os principais países produtores son:Israel,Líbano,Exipto,Tunisia,España eItalia.

Variedades

[editar |editar a fonte]
  • Froiteiras:Fine Tendral, Gabès, Mekens, Mollar d'Elx, Mollar de València, Tendral de Xàtiva, Provence, Maroc, Gafsa, Seedless, Wonderfull, Sweet, Plentiflora, Flavescnes eAlbescent, entre outras menos coñecidas.
  • Plantas decorativas: sen froitos ou ananas,Flore Pleno, Luteum Plenum, Legrelliae, Maxima Rubra, Nana.

Cultivo

[editar |editar a fonte]

A especie tolera aseca e pode soportar curtos períodos dexeada (até -15 °C) pero prefire os climas secos. En zonas húmidas a milgranda frutifica mal, porque necesita fortes calores durante todo o período de frutificación, xa que, senón, é atacada por doenzas fúnxicas das que non se recupera.

Propagación

[editar |editar a fonte]

A milgranda cultivada non se reproduce porsementes e soporta mal osenxertos. Oscultivares propáganse, por tanto, xeralmente porpólas de 30 a 40 cm de lonxitude recollidas no inverno dos brotes. A estas quítaselles axema terminal, úntase a base da póla conauxina e plántanse deseguido directamente na terra, non deixando máis que uns 3 cm no exterior.

Usos

[editar |editar a fonte]

Na alimentación

[editar |editar a fonte]

A froita consómese natural gran a gran, apartando a codia e as lamelas amargas que separan as celas onde se encontran.

Sobremesa de grans de milgranda con limón e azucre.

Utilízase para facersorbetes,bebidas exaropesartesanais, que entran como ingredientes de varios pratos cociñados.

Na cociñalibanesa, o xarope de milgranda, chamadoRab er´remane confecciónase a partir das variedades ácidas que lle dan un sabor doce e lixeiramente acidulado. Oxarope de granada utilízase en numerosos pratos salgados para darlles unha agradable acidez, tales como as(mtabba), asberenxenas enfornadas á crema desésamo,puré de berenxena enfornado aoallo (baba ghannouj) e alahm b´ajine (pizza libanesa con gornición).

Na cociña doPanxab, ao norte daIndia, os seus grans secos utilízanse comoespecia nos pratosvexetarianos, aos que proporcionan un sabor agridoce.

A milgranda tamén ten un lugar importante na cociñairaniana.

A milgranda é un ingrediente no pratomexicano doschiles en nogada, onde a cor dos grans vermellos contrasta coa verde doschiles recheos e a salsa de noz branca, polo que resulta un prato coas cores da bandeira nacional.

Agranadina ouxarope de granadina é unha bebida elaborada con auga, grans de granada e azucre, que non contén alcohol. Debido a que adoita utilizarse para a preparación decócteles para adozar e dá cor, moitos confúndena cunha bebida alcohólica. Tamén pode tomarse como refresco, combinándoa consoda ouauga. Así mesmo emprégase para darlle sabor axeados e outras sobremesas.

Granadina e tamén o nome dunha bebida típica deXalisco (México), que se fabrica con grans de milgranda que se envolven en tea e se prensan. O zume que solta a froita déixase repousar e tómase posteriormente cun chorro de bebida alcólica, ou ben sen este.

Para a saúde

[editar |editar a fonte]

A granada é unha das chamadas, por algúns,"superfroitas" por conter variassubstancias químicas que teñen accións positivas sobre a saúde: é rica enantioxidantes e enpotasio,calcio,magnesio,ferro,manganeso,cobre,zinc evitaminasC,B,E.

Namedicina tradicional utilízase para facergargarismos (alivia atose persistente), contra afebre, asdiarreas, oscólicoe tamén se usa comovermífugo. Ten lixeiras propiedadesdiuréticas eantihipertensivas.

As flores frescas das milgrandas utilízanse eninfusión para aasma; a pel da froita, para adisentería e a infusión da codia da raíz, colmo vermífugo contra astenias.

As fibras da granada, a maioría insolúbeis, son irritantes e están contraindicadas nas persoas que padecen de diverticulites ou de colon irritábel, aínda que son moi beneficiosas para os propensos a retraementos, diarreas e ao tránsito intestinal lento.

Dos grans rosas da granada extráese unha bebida, osambu, utilizada nas curas de rexeneración e de limpeza interna que, segundo os seus preparadores, permite, ademais, axudar a perder sobrepeso.[Cómpre referencia]

Valor nutricional

[editar |editar a fonte]
Milgrandeira crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía346 kJ (83 kcal)
18.7 g
Azucres13.67 g
Fibra alimentaria4 g
1.17 g
1.67 g
VitaminasCantidade
Tiamina(B1)
6%
0.067 mg
Riboflavina(B2)
4%
0.053 mg
Niacina(B3)
2%
0.293 mg
Ácido pantoteico(B5)
8%
0.377 mg
Vitamina B6
6%
0.075 mg
Ácido fólico(B9)
10%
38 μg
Colina
2%
7.6 mg
Vitamina C
12%
10.2 mg
Vitamina E
4%
0.6 mg
Vitamina K
16%
16.4 μg
MineraisCantidade
Calcio
1%
10 mg
Ferro
2%
0.3 mg
Magnesio
3%
12 mg
Manganeso
6%
0.119 mg
Fósforo
5%
36 mg
Potasio
5%
236 mg
Sodio
0%
3 mg
Cinc
4%
0.35 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando arecomendación de US para os adultos.
Fonte:Base de datos USDA Nutrient

A milgranda é unha boa fonte defibras alimentarias e deácido fólico (vitamina B9), e unha fonte moi boa devitamina C.[17]

Composición fenólica

[editar |editar a fonte]

A parte comestíbel do froito fresco é oarilo, a envoltura carnosa vermella que arrodea a semente, mais o zume de milgranda comercial obtense esmagando a froita na súa totalidade, coa pela.[18]. A táboa aquí abaixo dá os compostos fenólicos do zume de milgranda, excepción feita das procianidinas B1 e B2, nas que as concentracións están medidas no zume dos arilos.

  • Os arilos das milgrandas conteñenflavanois (ou catequinas) como ascereixas ou asameixas, aínda que en menor cantidade .[19] Tamén están nelas presentes dímeros de flavanois (procianidois) en pequenas cantidades.
  • A coloración vermella das milgrandas responde á presenza deantocianósidos,pigmentos naturais tamén chamadosantocianos. O vermello vivo típico das milgrandas resulta dunha combinación de 3-glicósidos e 3,5-diglicósidos,delfinidol,cianidol epelargonidol.
  • A pela do froito é moi rica enelaxitaninas (glicosa ligada a varios ácidos HHDP) egalotaninas (glicosa ligada a varios ácidos gálicos). A análisecromatografía en fase líquida de alto rendemento (HPLC) detecta[18] isómeros depunicalaxina[20], ausentes no arilo. A punicalaxina é unha elaxitanina complexa, característica da pela da milgranda, formada por unha molécula de glicosa ligada aos ácidos ellacio e galáxico.

Variasflavonas (como os glicósidos de apixenol e luteolol) encontráronse nas follas.

Composición fenólica do zume de milgranda puro
segundoPhenol-Explore
[19]
ÁCIDOS-FENOIS en mg/100g MF
ÁCIDOS HIDROXIBENZOICOS

cida eláxico: 2,06
glicósido de ácido eláxico: 3,97
ácido gálico: 0,45
galoil glicosa: 4,81
punicalaxina: 43,60

ÁCIDOS HIDROXYCINÁMICOS

ácido 5-cafeilquínico: 0,12
ácido cafeico: 0,07
ácido o-cumárico 0,01
 

FLAVONOIDES, en mg/100g MF
FLAVANOIS
(+)-catecol: 0,37
(-)-epicatecol
(-)-epicalocatecol
(+)-galocatequina
ANTOCIANIDOIS
(inestábeis)
delfinidol
cianidol
perlargonidol
DIHIDROCALCONAS
(baixo forma de heterósidos)
floridzina: 0,10

 

PROANTOCIANIDOISoligómeros
(mg/100 g de arilo)
(adstrinxentes)
Procianidol B1: 0,13
Procianidol B3: 0,16

 

ANTOCIANÓSIDOS
(pigmentos vermellos)
delfinidol 3-glicósido: 1,36
delfinidol 3,5-diglicósido: 1,56
cianidol 3-glicósido: 3,43
cianidol 3,5-diglicósido: 3,39
pelargonidol 3-glicósido: 0,33
pelargonidol 3,5-diglicósido: 0,06
FLAVONOL
 
quercetol : 0,25
 
 
 

 

A medida do contido fenólico total (Gilet al.[18] 2000), calculado polo método Folin-Ciocalteu, dá valores da mesma orde de magnitude para o zume de arilo das milgrandas, o zume comercial de milgranda ou unviño tinto californiano (máis de 2000 mg/L) máis do duplo do dunha cunca de infusión de verde (de cualidade non precisada).

Segundo as medidas de Gilet al. (2000), a actividadeantioxidante é tres veces superior para un zume comercial (18-20 TEAC)[21] de granada que a dun viño tintocabernet sauvignon californiano ou da infusión de té verde (6-8 TEAC). O zume comercial elaborado por presión de froitas enteiras ten tamén unha capacidade antioxidante superior á do zume obtido a partir dos arilos sós.

Gilet al. (2000) explican esta grande actividade antioxidante pola presenza de taninos hidrolizábeis (entre eles apunicalaxina) extraídos da pel da granada no procesos de presión das froitas.

Porén estes resultados foron temperados pola análise de Borgeset al'[22] que acharon unha moi gran variabilidade na actividade antioxidante dos zumes comerciais. A análise de seis zumes comerciais puros dá índices TEAC que varian até o duplo (de 40,5 a 17,9 mmol/L) e un índice ORAC[23]

Unha ampla variedade de alimentos foron analizados utilizando esta metodoloxía con certas especias,bagas e legumes, obtendo valores elevados.[24]

A correlación entre a alta capacidade antioxidante das froitas e legumes, e o impacto positivo dunha alimentación rica en froitas e legumes, suponse que xoga un papel importante na teoría dos radicais libres doenvellecemento.

Segundo a Base USDA de índice ORAC de produtos alimentarios, a granada sitúase entre aameixa e oamorodo

Actividade antioxidante ORAC de diversas plantas, segundo USDA[25]
Parte consumidaPlanta (nome científico)ORAC medio
( μmol TE/100g)
NozJuglans regia13 541
Alcachofa crúaCynara scolymus6 552
Ameixa frescaPrunus domestica6 100
Viño tintocabernet sauvignonVitis vinifera4 523
Milgranda, frescaPunica granatum4 479
Amorodo frescoFragaria × ananassa4 302
Mazágranny smith, fresca, coa pelaMalus pumila3 898
Repolo vermello, cocidoBrassica oleracea var. capitata f. rubra3 145
Té verde, infusión de follasCamellia sinensis1 253

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Punica granatum L., The Plant List, Version 1". Royal Botanic Gardens, Kew and Missouri Botanical Garden. 2010. 
  2. Nome vulgar da planta enGran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009;Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 eVocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  3. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paragranada.
  4. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramilgranda.milgrandas.f.1. Árbore da familia das punicáceas (Punica granatum), de tronco retorto, follas oblongas e flores vermellas, que dá como froito a granada.A milgranda cultívase no sur da Península Ibérica.2. Froito desta árbore, de forma arredondada, casca dura dunha cor amarelada tirando a vermella, carne constituída por moitos grans de cor granate ou vermella escura, de sabor doce, que conteñen gran cantidade de zume.A forma da milgranda é semellante á da mazá. SIN.granada. (Definición do DRAG, 2012Arquivado 22 de xullo de 2013 enWayback Machine.)
  5. milgrandas.f. Froito da milgrandeira, de cor vermella escura e carne constituída por grans de moito zume, separados en varios grupos por tabiques membranosos [é comestible e emprégase en medicina contra s doenzas da gorxa].
    milgrandeiras.f. Árbore da familia das punicáceas (Punica grnatum), con ramas delgadas, follas opostas, oblongas, enteiras e lustrosas, flores case sentadas, vermellas e cos pétalos algo dobrados [que dá como froito a milgranda].
    (Definicións doGran dicionario Xerais da lingua, 2009.
  6. "Pomegranates: An Exquisite Fruit". Exotic Fruit for Health. 19 agosto 2011. Arquivado dendeo orixinal o 10/04/2012. Consultado o 9/4/2012. 
  7. 7,07,1Purdue New Crops Profile, Pomegranate
  8. LaRue, James H. (1980)."Growing Pomegranates in California". California Agriculture and Natural Resources. Arquivado dendeo orixinal o 05/05/2008. Consultado o 9/4/2012. 
  9. Este nome deriva do latín arcaicoPoenicī, á súa vez derivado do grego antigo Φοĩνιξ, -ικοσ, 'feicio' (e tamén 'cartaxinés')
  10. Véxasenota 2.
  11. Costas González, Xosé Henrique (2001)Fronteiras lingüísticas no Val do Río Ellas (Cáceres) Revista de Filoloxía Románica, Vol 18 (2001), p. 44
  12. Does a larger pomegranate yield more seeds? AquaPhoenixArquivado 04 de novembro de 2006 enWayback Machine.(eninglés) Consultada o 9/4/2012.
  13. Punica granatum. Floridata(eninglés) Consultada o 9/4/2012.
  14. Sarcotesta é o nome que se lle dá átesta, a parte máis externa das dúas que constitúen o episperma ou tegumento que arrodea a semente das plantas espermatófitas. Font Quer, P. (1993):Diccionario de Botánica. Barcelona: Editorial Labor.ISBN 84-335-0078-3.
  15. Janick, Jules; Robert E. Paull (2008).The encyclopedia of fruit & nuts. CABI. p. 610.ISBN 9780851996387. 
  16. "E nas súas orlas hacharás granadas de azul, púrpura e carmesí ao redor, e entre elas campaniñas de ouro ao redor. Unha campaniña de ouro e unha granada, outra campaniña de ouro e outra granada, en toda a orla do manto ao redor. E estará sobre Aarón cando ministre; e escoitarase o seu son cando el entre no santuario diante de Iavé e cando salga, para que non morra".Éxodo, 28:33-35.Igleisa.net, Biblia.
  17. Nutrition Data
  18. 18,018,118,2Gil M. I., Tomás-Barberán F. A., Hess-Pierce B., Holcroft D. M., Kader A. A.:"Antioxidant activity of pomegranate juice and its relationship with phenolic composition and processing".J. Agric. Food Chem.48, nº 10, 2000, pp. 4581-9.
  19. 19,019,1"Showing all polyphenols found in Pomegranate, pure juice - Phenol-Explorer".phenol-explorer.eu. Consultado o2022-04-21. 
  20. 2,3-(S)-hexahidroxidifenoil-4,6-(S,S)-galaxil-D-glicosa
  21. Trolox equivalent antioxidant capacity
  22. Borges, Gina; William Mullen e Alan Crozier (2010): "Comparison of the polyphenolic composition and antioxidant activity of European commercial fruit juices", inFood & Function,1
  23. O índice de OAC (acrónimo de "Oxygen Radical Absorbance Capacity"), que significa a capacidade de absorción deradicais oxixenados) é un método de medida das capacidades antioxidantes nos procesos biolóxicos; véxase: Cao, G.; Alessio, H. e Cutler, R. (1993): "Oxygen-radical absorbance capacity assay for antioxidants inFree Radic. Biol. Med.,14 (3) pp. 303–11, e Ou, B., Hampsch-Woodill M. e Prior R. (2001): "Development and validation of an improved oxygen radical absorbance capacity assay using fluorescein as the fluorescent probe. InJ. Agric. Food Chem.49, (10), pp. 619–26.
  24. [1]Arquivado 10 de xaneiro de 2011 enWayback Machine. Oxygen Radical Absorbance Capacity of Selected Foods - 2007; Nutrient Data Laboratory, Agricultural Research Service,United States Department of Agriculture, Novembro de 2007.
  25. valores medios de ORAC total tirados da táboa(eninglés)Nutrient Data Laboratory, United States Department of Agriculture, ed. (2010)."Oxygen Radical Absorbance Capacity (ORAC) of Selected Foods, Release 2 (2010)". 
    A escala ORAC mide un tipo particular de actividade antioxidante que comporta certos inconvenientes, véxaseYoung.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Milgrandeira
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Milgrandeira
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  milgranda

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Bilderback, Leslie (2007):The Complete Idiot's Guide to Spices and Herbs. Penguin Group.ISBN 1-59257-674-5.[3].
  • Graham, S. A.; J. Hall; K. Sytsma e S. Shi (2005): "Phylogenetic analysis of the Lythraceae based on four gene regions and morphology!.Int. J. Pl. Sci. 166: 995–1017.
  • Janick, Jules e Robert E. Paull (2008):The encyclopedia of fruit & nuts. CABI. p. 610.ISBN 978-0-85199-638-7.
  • Manica, I (2007):Frutas Nativas e Exóticas 4. Romã. Porto Alegre, RS (Brasil): Cinco Continentes.
  • Seerman, Navindra P.; Risa N. Schulman e David Heber (2006):Pomegranates: Ancient Roots to Modern Medicine (Medicinal and Aromatic Plants – Industrial Profiles), CRC Press Inc.ISBN 978-0-8493-9812-4.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Milgrandeira&oldid=6937558»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp