Miles Dewey Davis III, nado enAlton (Illinois) o26 de maio de1926 e finado enNova York o28 de setembro de1991, foi un dos músicos dejazz máis importantes da última metade do século XX.Trompetista, director e compositor, Davis encabezou case tódalas principais evolucións do jazz dende a segunda guerra mundial ata os 90. Tocou nalgunhas das primeiras gravacións debebop e gravou o primeirocool jazz. Foi en parte responsable do desenvolvemento dojazz modal e ojazz fusion xurdiu do seu traballo con outros músicos entre finais dos 60 e principios dos 70. Ofree jazz foi o único estilo de jazz de despois da guerra que non foi significativamente influenciado por Davis, aínda que algúns músicos das súas bandas interpretaron despois tal estilo. As súas gravacións, xunto coas interpretacións ó vivo das súas moitas bandas, foron vitais para a aceptación do jazz coma unha música de alto valor artístico. Promotor e innovador, Davis fíxose famoso polo seu estilo melódico e lánguido e pola súa personalidade lacónica e, ás veces, conflitiva. Coma músico de jazz cada vez mellor pagado e máis vestido á moda, Davis foi un símbolo do potencial comercial do jazz.
Davis continuou unha liña de trompetistas comezada porBuddy Bolden e evolucionou xunto aJoe "King" Oliver,Louis Armstrong,Roy Eldridge eDizzy Gillespie. Foi comparado conDuke Ellington coma innovador musical: ámbolos dous foron talentosos intérpretes dos seus instrumentos, mais non considerados tecnicamente virtuosos. O principal potencial de Ellington era coma compositor e líder dunha enorme banda, mentres Davis tivo talento para xuntar a fantásticos músicos en pequenos grupos e darlles espazo para desenvolverse. Moitas das figuras do jazz da posguerra tocaron nunha das bandas de Davis nalgún momento da súa carreira; entre eles,Bill Evans,John Coltrane,Wayne Shorter,Joe Zawinul,Herbie Hancock,Chick Corea eKeith Jarrett.
Tamén é coñecido polas súas versións de cancións da música pop coma "Time after Time", deCyndi Lauper, e "Guinnevere", de David Crosby. Esta dedicación de Miles Davis á música popular acentuouse na que Joachim Berendt denominou "fase eléctrica", desde os seus álbumsIn a Silent Way (1969) eBitches Brew (1970) en diante:
"O solo pasa máis e máis a segundo termo, o grupo faise cada vez máis importante. O discoOn the Corner, aparecido en 1973, acentúa nunha medida polo de agora desoñecida en Miles Davis a percusividade da música. Esta percusividade [...] tamén é concesión intencionada ao mercado de discos da música negra. [...] A Miles importáballe acadar desa maneira un público de masas xuvenís como desdeLouis Armstrong non o lograra ningún outro músico negro de jazz. [...] O electrizante éxito do 'Miles eléctrico' fixo que o mundo do rock e do pop quixesen acaparar para si a Miles Davis. Miles opúxose [...]: 'Non quero ser home branco. Rock é palabra do home branco.' "[1]
O interese de Miles Davis pola denominada músicagroove[2] volvería situar o debate musical na relación entre a música contemporánea e a música denominada popular; na defensa desta última e os criterios empregados para xebrala da música composta ou interpretada con fins exclusivamente mercantís.
Davis foi elixido mellor trompetista polos lectores da revista Down Beat en1955,1957 e1961. En1962 foi elixido membro do DownBeat Jazz Hall of Fame. En2004, o ano da súa fundación, foi incluído no Ertegun Jazz Hall of Fame. A elección de Davis para oSalón da Fama do Rock en2006 acendeu unha polémica pola non pertenza do músico ao xénero, os apoloxetas defenderon que o homenaxeado superaba as categorías musicais estancas e merecía o respecto da institución.[3]
Recibiu nove premiosGrammy e unha total de 32 nomeamentos ao galardón, entre os obtidos o primeiro foi por compoñerSketches of Spain en1960. Recibiu tres Grammy pola mellor interpretación instrumental de banda musical, un polo álbumBitches Brew en1970, un polo álbumAura en1989 e outro en1993 polo álbumMiles & Quincy Live at Montreux, gravado en1991. Como músico solista, recibiu catro premios Grammy, porWe Want Miles en1982, porTutu en1986, porAura en1989 e postumamente porDoo-Bop en1992.O seu último Grammy adicouselle á súa Traxectoria en1990.[4]
En1989 a súa candidatura foi admitida naOrde de Malta. En1990 foi incluído no Paseo da Fama de St. Louis. O16 de xullo de1991, foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra (Ordre National de la Légion d'Honneur) En1998 inagurouselle unha estrela noPaseo da Fama de Hollywood.
En2015, os oíntes daBBC e da emisora británica Jazz FM votárono como músico de jazz máis importante de todos os tempos entre unha selección de 50 músicos. O presentador da BBC Geoffrey Smith dixo sobre a elección de Davis por diante de Louis Armstrong e Duke Ellington, en segundo e terceiro lugar, que esa selección final representaba aos "inmortais do jazz".[6]
O seu álbumThat’s What Happened 1982-1985: The Bootleg Series Vol. 7 gravado por Davis entre1982 e1985 e publicado por Columbia en2022 recibiu ese ano o premio a mellor disco no Jazz Japan Awards 2022.