![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en)Mildred Spiewak![]() 11 de novembro de 1930 ![]() Brooklyn, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 20 de febreiro de 2019![]() Mount Auburn Hospital (Estados Unidos de América) ![]() |
Lugar de sepultura | Cemitério de Mount Auburn(pt)![]() ![]() |
Educación | Universidade de Chicago-Doutora en filosofía (–1958) Universidade Harvard Hunter College Universidade Cornell Hunter College High School Radcliffe College ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Física,física aplicada,enxeñaría eléctrica eNanotecnoloxía![]() |
Ocupación | física, enxeñeira, profesora universitaria![]() |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts![]() |
Membro de | |
Interesada en | Nanotecnoloxía![]() |
Alumnos | Gregory Timp(en)![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Gene Dresselhaus Frederick Reif ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih,![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Mildred Dresselhaus, nada enBrooklyn (Estados Unidos) o11 de novembro de1930 e finada o20 de febreiro de2017, foi unha física enanotecnólogaestadounidense coñecida como a "raíña da ciencia docarbono", foi a primeira catedrática e catedrática emérita deFísica eenxeñaría eléctrica doInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts[1]. Dresselhaus obtivo numerosos premios que inclúen aMedalla Presidencial da Liberdade, aMedalla Nacional de Ciencia, oPremio Enrico Fermi e oPremio Vannevar Bush.
Mildred Spiewak era a filla de Ethel (Teichtheil) e Meyer Spiewak, inmigrantes polacos xudeus.[2][3]
Criada noBronx, graduouse no Hunter College High School. Obtivo a súa licenciatura polo Hunter College en Nova York en 1951, e por consello da futura premio NobelRosalyn Yalow continou os seus estudos de física.[4] Realizou estudos de posgrao naUniversidade de Cambridge cunhaBolsa Fulbright e naUniversidade de Harvard. Conseguiu o seu doutoramento naUniversidade de Chicago en 1958, onde estudou baixo o a dirección do premio NobelEnrico Fermi. Pasou logo dous anos naUniversidade Cornell antes de trasladarse ao Laboratorio Lincoln como empregada. Converteuse en profesora visitante doMIT en 1967, en profesora titular en 1968, e en catedrática de Física en 1983. En 1985, converteuse na primeira muller seleccionada coa distinción máis alta do profesorado no MIT.[5][6][7]
Dresselhaus recibiu aMedalla Nacional de Ciencia en 1990 en recoñecemento ao seu traballo sobre as propiedades electrónicas dos materiais e a promoción de oportunidades para mulleres en ciencia e enxeñaría. E en 2005 recibiu o 11º Premio Heinz na categoría de Tecnoloxía, Economía e Traballo.[8][9][10] En 2008 recibiu a Medalla Oersted, e en 2015 a Medalla IEEE de Honra.
De 2000–2001, foi a directora da Oficina de Ciencia no Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. De 2003 a 2008, foi a presidenta do consello de goberno do Instituto Estadounidense de Física. Tamén tivo o cargo de presidenta da Sociedade Física Estadounidense, a primeira muller presidenta da Asociación Estadounidense para o Adianto da Ciencia, e tesoureira da Academia Nacional de Ciencias. Dresselhaus dedicou moito tempo a apoiar os esforzos para promover o aumento da participación das mulleres na física.
En 2012 Dresselhaus acadou o Premio Enrico Fermi, xunto aBurton Richter.[11] O31 de maio de2012 Dresselhaus recibiu o Premio Kavli, "polas súas contribucións pioneiras no estudo do fonón, as interaccións fonón-electrón, e o transporte térmico nas nanoestructuras."[12][13]
En 2014, recibiu aMedalla Presidencial da Liberdade.[14]
Dresselhaus distinguiuse en especial polo seu traballo sobre o grafito, os compostos deintercalación dografito, os fullerenos, os nanotubos de carbono, e o efecto termoeléctrico de baixa dimensión. O seu grupo fixo frecuente uso da estrutura de banda electrónica, o efecto Raman, e a fotofísica das nanoestructuras de carbono. Entre os antigos alumnos de Dresselhaus atópanse recoñecidos científicos materiais tales comoDeborah Chung e James S. Speck e físicos notables comoNai-Chang Yeh,Greg Timp,Mansour Shayegan,Lourdes Salamanca Riba, eAhmet Erbil.
Dresselhaus explorou o potencial dosnanotubos de carbono.[15] Os seus máis de 1700 traballos na materia e a coautoría de oito libros merecéronlle o apoio deRaíña do Carbono.[15]
Hai varias teorías físicas que reciben o nome de Dresselhaus. O modelo Hicks-Dresselhaus (L. D. Hicks e Dresselhaus) .[16] O modelo SFDD (Riichiro Saito, Mitsutaka Fujita, Xene Dresselhaus, e Mildred Dresselhaus) que foi o primeiro en predicir as estruturas de banda dos nanotubos de carbono.[17] O efecto Rashba-Dresselhaus refírese á interacción orbito-xiratoria modelada por Gene Dresselhaus, o marido de Mildred Dresselhaus.
En 2017 Dresselhaus apareceu nun anuncio para a campaña deGeneral Electric co fin de conseguir 20 000 mulleres enSTEM para 2020.[18]