Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Milú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milú
Información editorial
EditorialCasterman
Primeira apariciónTintín no país dos soviets
CreadoresHergé
Biografía ficticia
EspecieCan
CompañeirosTintín,Capitán Haddock
Hergé inspirouse na raza de cansfox terrier para debuxar a Milú

Milú (enfrancésMilou, que sería literalmente engalegoNevado) é un personaxe de ficción creado en 1929 polo debuxantebelgaHergé e que protagoniza a serieAs aventuras de Tintín xunto co seu donoTintín. Milú é can de razaFox Terrier de pelo duro e branco, compañeiro deTintín e cuxo nome orixinal (Milou) débese á primeira noiva do autorHergé á idade de 18 anos (Marie-Louise Van Cutsem, chamada cariñosamenteMilou). Por esta razón moitos cometen o erro de que Milú era unha femia. Con todo, as actitudes da mascota e o constante uso da palabra "chien" (enfrancés, "can") deixan en claro que Milú era un macho. Amo e can son tan inseparables que durante moitos anos a serie sobre as aventuras do intrépido reporteiro titulouseAs aventuras de Tintín e Milú.

Caracterización

[editar |editar a fonte]

Nos primeiros álbums da serie, Milú ten un papel central, xa que é o único compañeiro do seu dono. Ambos manteñen verdadeiras conversacións, onde o can ocupa por momentos o lugar de confidente e o de obxector.

A diferenza do seu dono, Milú caracterízase por ter os pés máis firmes na terra; non está obsesionado coa misión a cumprir, sendo a súa principal aspiración a tranquilidade, o cal faino desconfiar moitas veces das iniciativas do seu amo.

A pesar de ser indeciso por momentos, Milú desfaise das súas vacilacións cando se trata de rescatar a Tintín, para o que recorre ao seu enxeño e o seu valor. Porén, por momentos permítese dubidar entre un óso atopado no camiño e o seu obxecto fundamental de protexer ao seu amo.

Entre outras figuras anecdóticas, debe resaltarse a fascinación que exerce owhisky para este can, particularmente cando se trata da (ficticia) marcaLoch-Lomond, o cal ocasiónalle non poucas dores de cabeza. Neste sentido, é moi parecido aoCapitán Haddock, ata tal punto que parece ser a súa prefiguración. O can e o capitán son personaxes da mesma orde, que equilibran con alegría o que Tintín poida ter de excesivamente sabio ou virtuoso. Posiblemente é por esta razón que o papel de Milú vese sensiblemente diminuído tras a aparición de Haddock na serie.

Notas

[editar |editar a fonte]
Referencias

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  MilúModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • Tintin.com – Lista de personaxes na páxina oficial
  • Tintinologist.org – List of characters on oldest and largest English-language Tintin fan site
The Adventures
of Tintin
Personaxes
Lugares
Televisión
Cinema
Documentais
Videoxogos
Outras series
Colaboradores
Nomes relacionados
Miscelánea
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Milú&oldid=6998243»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp