Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mikhail Lomonosov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMikhail Lomonosov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1711(Xuliano)Editar o valor en Wikidata
Mishaninskaya, Rusia(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1765(Xuliano)Editar o valor en Wikidata (53 anos)
San Petersburgo, RusiaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecancroEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Lázaro de San PetersburgoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Philipps de Marburgo (1736–1739)
Academic University at the St. Petersburg Academy of Sciences(en)Traducir (1736–1736)
Slavic Greek Latin Academy(en)Traducir (1731–1734)
Universidade Técnica Academia de Minas de Freiberg(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Director de teseChristian WolffEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria natural,química,física,Mineraloxía,historia,filoloxía,Metalurxia,filosofía eastronomíaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, profesor universitario, xeógrafo, mosaicist(en)Traducir, matemático, pintor, político, científico, tradutor, inventor, historiador, físico, xeólogo, filósofo, químico, poeta, lingüista, escritor, polímataEditar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademia das Ciencias de San Petersburgo
Universidade Estatal de San Petersburgo
Universidade Estatal de Moscova
Universidade Philipps de MarburgoEditar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresChristian Wolff eJohann Friedrich Henckel(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
AlumnosStepan Rumovsky(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoStepan Rumovsky(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElisabeth Christine ZilchEditar o valor en Wikidata
FillosYelena LomonosovaEditar o valor en Wikidata
PaisVasily Dorofeyevich LomonosovEditar o valor en Wikidata  e Elena Ivanovna SivkovaEditar o valor en Wikidata
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ломоносов Михаил Васильевич)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Biográfico RusoEditar o valor en Wikidata
BNE: XX1028490Find a Grave: 2991Editar o valor en Wikidata

Mikhail Vasilievich Lomonosov (en ruso ), nado enMishaninskaya o19 de novembro de1711 e finado enSan Petersburgo o15 de abril de1765, foi uncientífico, xeógrafo,mosaiquista eescritor,polímataruso que realizou importantes descubrimentos en ciencia, literatura e educación, e fundador en 1755 da primeira universidade rusa, que hoxe leva o seu nome. Polas súas importantes e decisivas achegas é considerado o patriarca daxeografía enRusia.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Inicios

[editar |editar a fonte]

Naceu enRusia en 1711, na afastada costa domar Branco, fillo dun humilde campesiño que alternaba as faenas do campo coa pesca. Ata os 19 anos Lomonosov non saíu da súa aldea e, se adquiriu algúns coñecementos rudimentarios, foi grazas a que a súa nai era filla do diácono da parroquia. En decembro de 1730, nun afán incontido por estudar, abandonou a súa aldea e, uníndose a unha caravana de mercadores de peixe, dirixiuse aMoscova, en pleno inverno e a pé. Os seus comezos foron duros, pois tivo que gañar o seu sustento e, debido aos seus escasos coñecementos, viuse obrigado a inscribirse nunha escola para párvulos con dezanove anos e con máis de dous metros de estatura. A súa intelixencia natural e a súa capacidade de traballo asombraron os mestres e, ao rematar o curso, con axuda destes conseguiu ingresar na Academia Eslava Greco Latina de Moscova. En cinco anos pasou brillantemente os estudos programados para oito e, tras superar as probas degrego,latín, eslavo antigo, historia, filosofía e outras, recibiu unhabolsa da propia institución para proseguir os seus estudos naAcademia de Ciencias de San Petersburgo. En agosto de 1736, tras concluír con premio extraordinario os estudos da Academia de Ciencias, logrou unha bolsa para estudar naUniversidade de Marburgo enHessen, capital do estado deWiesbaden,Alemaña, onde tivo como mestre o filósofoChristian Wolff. Entre 1739 e 1740 trasladouse a Freiberg (Saxonia) onde existía unha prestixiosa Academia de Minería e tivo como mestre aJohann Friedrich Henckel, o que lle permitiu estudarquímica,física,mecánica,minaría e a arte dafundición. Despois regresou aMarburg onde casou en xuño de 1740 con Elisabeth Christine Zilch, que era a filla da súa caseira, e empezou a desenvolver con grande intensidade a súa faceta de escritor e poeta.

Desenvolvemento en literatura e gramática

[editar |editar a fonte]
Gramática rusa de M. Lomonosov. San Petersburgo. 1755

Como filólogo foi o autor daRetórica (1748), a primeiracrestomatía enlingua rusa, e daGramática rusa (1755). Adoptou o sistema de versificación silabotónico ou silábico-acentual en lugar do silábico, reformando a poesía rusa. Foi poeta oficial, baixo o reinado da emperatrizElizaveta Petrovna, e compuxoodas,epístolas etraxedias, sendo a máis importanteTamira e Selim (1750). En 1741 volveu a Rusia como adxunto á cátedra de física da Academia de Ciencias e en 1745 foi nomeado catedrático e membro da Academia de San Peterburgo. O seu carácter presuntuoso e violento e a súa excesiva afección á bebida provocáronlle algúns problemas, ata o punto de que permaneceu baixo arresto case un ano enteiro en 1743 e estivo a piques de ser expulsado da Academia. Sostivo unha grande inimizade persoal conSumarokov eTrediakovski, pero a emperatriz Isabel protexeuno e concedeulle grandes terreos, con servos incluídos.

Teoloxía e estudos xeográficos

[editar |editar a fonte]

A mediados do decenio de 1750 comezou a traballar no Departamento de Xeografía da Academia de Ciencias rusa, que nesa época estaba a realizar unha serie de levantamentos xeográficos na zona doÁrticosiberiano, onde Lomonosov fixo importantes contribucións ao descubrimento da xeografía ártica. En 1755 fundouse por iniciativa súa aUniversidade de Moscova, que logo levou o seu nome. Sendo profesor das citadas institucións, promoveu o estudo da xeografía e a formación de xeógrafos, moitos dos cales foron os seus discípulos e axudantes na exploración do Ártico. Como ferventecristián ortodoxo, en 1755 escribiu unha gramática que reformou a lingua literaria rusa combinando o vocabulario sacro da igrexa eslava coa lingua vernácula rusa.[1] Máis tarde escribiu máis de vinte odas cerimoniais solemnes, entre as que destacaA meditación da grandeza de Deus.

Catarina II de Rusia visitando a Lomonosov en 1764. Cadro de Ivan Fiodorov, 1884.

En 1758 foi nomeado director do Departamento de Xeografía da Academia de Ciencias, posto dende o cal elaborou unha metodoloxía de traballo para o levantamento xeográfico que guiou durante moito tempo as máis importantes expedicións e estudos xeográficos en Rusia, sen contar unha serie de importantes contribucións, como a demostración da orixe orgánica dosolo ou o seu estudo explicativo sobre a orixe dosicebergs en 1760. No mesmo ano Lomonosov publicou a súa propiahistoria de Rusia. En 1763 compilou unha serie de importantes contribucións na súa obra tituladaBreve descrición das diferentes travesías nos mares do norte e demostración da posibilidade de chegar ás Indias orientais atravesando o océano siberiano, onde indicou os trazos esenciais da dinámica mariña ártica, estableceu unha carta hidrográfica sinalando as rutas para embarcacións que percorresen o océano e descubriu unha lei xeral dos movementos dos xeos. Polas súas importantes aproximacións ao estudo xeográfico dos xeos e a súa lei xeral, atribúeselle ser o pai daglacioloxía. En 1764 foi designado secretario de Estado. Morreu un ano despois en San Petersburgo á idade de 53 anos.

Achegas noutros campos científicos

[editar |editar a fonte]

Replicou o experimento deRobert Boyle, o que permitiu deducir que ateoría do floxisto era falsa. Así mesmo considerou acalor como unha forma de movemento contribuíndo áteoría cinética dos gases e avanzando o carácter ondulatorio daluz.

Tamén expresou alei de conservación da materia e do movemento nunha carta datada o 5 de xuño de 1748 dirixida ao matemáticoLeonhard Euler. Desenvolvida uns corenta anos antes queAntoine Lavoisier, polo que a lei de conservación da materia é coñecida tamén como alei de Lomonosov-Lavoisier. Lomonosov descubriu que nunhareacción química a materia se conserva, a masa inicial é igual á masa resultante. Posteriormente, Lavoisier descubriu que os elementos que participan nunha reacción química, conservan cada un deles a súa propia masa despois da reacción.

Outros dos seus logros foron a medida dopunto de conxelación domercurio, a demostración da orixe orgánica dochan, daturba, docarbón, dopetróleo e doámbar. Tamén publicou un catálogo con máis de 3000minerais.

En 1762 presentou untelescopio reflector á Academia de Ciencias no que desprazara o foco a catro graos do eixe, o que permitía mirar por un tubo separado sen que a cabeza do observador fose un obstáculo á visión. Con todo, este deseño non se publicou ata 1827 cando xa existían os modelos deWilliam Herschel. Outra achega no campo daastronomía foi a suposición dunha atmosfera enVenus fundamentada en observacións do tránsito de Venus.

Outras achegas

[editar |editar a fonte]
Batalla de Poltava, mosaico de Mikhail Lomonosov.

Lomonosov estaba orgulloso de reinstaurar a antiga arte dosmosaicos. En 1754, nunha carta aLeonhard Euler, escribiu que os seus tres anos de experimentos, nos efectos da química dos minerais sobre a cor, o impulsaran a involucrarse na arte do mosaico. En 1763 puxo en marcha unha fábrica devidro que foi a primeira en producir mosaicos esmaltados fóra de Italia. Atribúense a Lomonosov corenta mosaicos, dos que só vinte e catro se conservan. Entre todos eles cómpre destacar oRetrato de Pedro I (1754) e a obra tituladaBatalla de Poltava (1762-1764) cun tamaño de 4,8×6,4 metros.[2][3] En 1925, con motivo do 200.º aniversario daAcademia das Ciencias de Rusia, a fábrica Imperial de porcelana foi nomeada na súa honra como Fábrica de Lomonosov, nome que conservou ata o ano 2005, cando recuperou o seu nome orixinal de Fábrica Imperial de Porcelana.

Recoñecementos

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Mikhail Lomonosov and the dawn of Russian science".Physics Today(eninglés)65 (2): 40. 1 de febreiro de 2012.doi:10.1063/PT.3.1438. 
  2. Biografía de Lomonosov(eninglés)
  3. М. А. Безбородое М.В.Ломоносов. Фабрика В Усть-Рудицах (en ruso)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Mikhail LomonosovModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Rusia

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Conceptos
Pensadores
Alemaña
España
Estados Unidos
de América
Francia
Grecia
Irlanda
Italia
Países Baixos
Polonia
Portugal
Romanía
Rusia
Reino Unido
(Escocia)
Xenebra
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mikhail_Lomonosov&oldid=6876952»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp