Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Miguel Delibes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2015.)
Modelo:BiografíaMiguel Delibes

(1998)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1920Editar o valor en Wikidata
Valladolid, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 2010Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Valladolid, EspañaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de colonEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Hijos Vallisoletanos Ilustres(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro da Real Academia Española
25 de maio de 1975 – 12 de marzo de 2010
← Julio Guillén TatoJuan Gil Fernández →
DirectorEl Norte de Castilla
1958 – 1963 –Félix Antonio González →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de ValladolidEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, avogado, xornalista, novelista, poetaEditar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosJosé Jiménez Lozano,Francisco Umbral eManuel LeguinecheEditar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioMaxEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
Participou no conflitoguerra civil españolaEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosMiguel Delibes de Castro, Germán Delibes de CastroEditar o valor en Wikidata
ParentesLéo Delibes,tío avó
Alicia Delibes Liniers,sobriña
Jaime Gil de Biedma,sobriño segundoEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Sitio webfundacionmigueldelibes.esEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0217154Enciclopedia Galega Universal: 110728BNE: XX899590Dialnet: 120506Tebeosfera: delibes_setien_miguelEditar o valor en Wikidata

Miguel Delibes Setién, nado enValladolid o17 de outubro de1920 e finado en Valladolid o12 de marzo de2010,[1] foi un escritor de novelas, xornalistaespañol e membro daReal Academia Española.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Nace en Valladolid en 1920. Estudou Dereito e Comercio, foi catedrático de Dereito Mercantil na Escola de Comercio, actual Facultade de Comercio da Universidade de Valladolid[2] e xornalista. Dirixiu o xornalEl Norte de Castilla desde1958 ata1963. A súa primeira incursión na novela foiA sombra do ciprés é alargada (La sombra del ciprés es alargada) (1947), que obtivo opremio Nadal.

EnO Camiño (El camino) (1950) narra o proceso que sofre un neno no descubrimento da vida e da experiencia ante a ameaza de deixar o campo e marchar á cidade.

En1953 publicouO meu idolatrado fillo Sisí (Mi idolatrado hijo Sisí),novela de tese na que aborda a vida da burguesía provinciana nunha cidade que se parece á súaValladolid natal, así como a novela curtaO Tolo (El loco).

Outras novelas sonA folla vermella (La hoja roja) (1959), obra de contido existencialista onde un fotógrafo rememora a súa vida ao bordo da xubilación;As ratas (Las ratas) (1962), construída a partir dunha sucesión de anécdotas autobiográficas nas que se evoca o ambiente rural dun poboo castelán desaparecido e, sobre todo,Cinco horas con Mario (1966), considerada a súa obra mestra, longo monólogo de Carmen, unha burguesa de dereitas e mentalidade moi estreita, ante o cadáver de Mario, profesor de instituto e de ideoloxía esquerdista. Fóra dos seus contidos existenciais, a novela é unha furiosa sátira da mediocridade das clases medias xurdidas ao amparo do desenvolvemento económico da posguerra española baixo o goberno franquista.

Por outra banda, existe un grupo de novelas que trata na súa obra sobre unha das grandes afeccións do autor, a caza, unidas polo personaxe dun bedel de instituto afeccionado ao deporte cinexético, personaxe que despois se transforma nun emigrante en terras deChile e nun xubilado. Estas novelas forman unha triloxía composta porDiario de un cazador (1955), co que obtivo oPremio Nacional de Literatura,Diario de un emigrante (1958) eDiario de un jubilado (1996), e están escritas na castiza e precisa linguaxe habitual do autor.

En1969 publica unha novela que se aparta da súa temática habitual:Parábola do náufrago (Parábola del náufrago) inspirada nos feitos daprimavera de Praga.

O 1 de febreiro de1973 foi elixido para formar parte daReal Academia Española da Lingua e ocupar a cadeira do e minúsculo[3].

En novembro de1974 morreu a súa esposa Ángeles, deixando ó escritor sumido nunha depresión durante case tres anos, aínda que pouco despois se publicou, en1975, a súa obra teatral xa terminadaAs guerras dos nosos antepasados (Las guerras de nuestros antepasados). Nestas circunstancias tomou posesión como académico o25 de maio de 1975 co discursoEl Sentido del Progreso desde mi Obra[4] que foi respondido, no nome da Academia, porJulián Marías. Neste discurso o filósofo fai un retrato dos múltiples intereses e actividades do novo académico[5] :

«No sé qué pone en su documento de identidad. Podría poner muchas cosas: licenciado en Derecho, profesor Mercantil, intendente mercantil, catedrático de la Escuela de Comercio de su ciudad natal; podría poner también: exdirector de El Norte de Castilla, o —si se lo permitieran— “Inspirador”; por supuesto, podría poner: escritor. Pero sospecho que lo que desearía, si se atreviera, es poner: cazador. Y todavía temo que después de escribirlo se arrepintiera, pensara que era una frivolidad, y rectificara: pescador».

A súa seguinte publicación foi a novelaO disputado voto do señor Cayo (El disputado voto del señor Cayo), (1978) e pouco despois publicouse o seu discurso de entrada naReal Academia Española baixo o títuloUn mundo que agoniza (1979).

Seguiu publicandoOs santos inocentes (Los santos inocentes) (1982), onde noveliza a degradación dunha familia rural explotada por uns burgueses que encarnan a España vencedora e sen principios da posguerra civil. Foi levada ao cine porMario Camus con grande éxito. Entre as súas últimas producións atópanseCartas de amor de un sexagenario voluptuoso (1983),377A, Madeira de heroe (377A, Madera de héroe) (1987),Señora de vermello sobre fondo gris (Señora de rojo sobre fondo gris) (1991), onde está clara a evocación da figura da súa esposa e máis recentementeO herexe (El hereje) (1998), unhanovela histórica sobre a persecución aos luteranos por parte daInquisición española en Valladolid durante oséculo XVI, que constitúe unha alegación en favor da liberdade relixiosa e o seu autor dedícaa aa súa cidade, Valladolid. Con esta obra volvería obter oPremio Nacional de Literatura en1999.

Por outra banda, Miguel Delibes é autor de magníficos relatos breves como os incluídos enSestas con vento sur (Siestas con viento sur) (1957), que obtivo oPremio Fastenrath ou enVellas historias de Castilla a Vella (Viejas historias de Castilla la Vieja).

No ano2000, aXunta de Castela e León propuxo a candidatura de Miguel Delibes aoPremio Nobel de Literatura, que obtivo apoio de numerosas entidades culturais e intelectuais españolas e internacionais.

Obra

[editar |editar a fonte]

Novela

[editar |editar a fonte]
  • La sombra del ciprés es alargada (1947)
  • Mi idolatrado hijo Sisí (1953)
  • Las ratas (1962)
  • Aún es de día (1968)
  • Diario de un cazador (1955)
  • Diario de un emigrante (1958)
  • La hoja roja (1968)
  • Cinco horas con Mario (1971)
  • La caza de la perdiz roja (1975)
  • La sombra del ciprés es alargada (1977)
  • Madera de héroe (1988)
  • El camino (1977)
  • Mi idolatrado hijo Sisí (1977)
  • Los santos inocentes (1982)
  • Señora de rojo sobre fondo gris (1993)
  • El disputado voto del señor Cayo (1993)
  • Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso (1997)
  • El hereje (1998)
  • Diario de un jubilado (1996)
  • El príncipe destronado (1978)
  • Parábola del náufrago (1978)
  • Las guerras de nuestros antepasados (1978)
  • El loco (2001)

Relato curto

[editar |editar a fonte]
  • Viejas historias de Castilla la Vieja (1964)
  • La partida (1984)
  • Siestas con viento sur (1993)
  • Tres pájaros de cuenta (1987)
  • La mortaja (1987)

Viaxes

[editar |editar a fonte]
  • Un novelista descubre América (Chile en el ojo ajeno) (1956)
  • Europa : parada y fonda (1963)
  • USA y yo (1966)
  • Por esos mundos (1970)
  • La primavera de Praga (1970)
  • Dos viajes en automóvil (1982)

Caza

[editar |editar a fonte]
  • El libro de la caza menor (1966)
  • Con la escopeta al hombro (1975)
  • Alegrías de la Caza (1977)
  • Aventuras, venturas y desventuras de un cazador a rabo (1978)
  • Las perdices del domingo (1981)
  • Mis amigas las truchas (1987)
  • Dos días de caza (1988)
  • La caza en España (1993)
  • 25 años de escopeta y pluma (1995)

Ensaio e periodismo

[editar |editar a fonte]
  • Mi mundo y el mundo (1970)
  • Castilla en mi obra (1972)
  • Vivir al día (1975)
  • Un año de mi vida (1975)
  • S.O.S (1976)
  • Un mundo que agoniza (1979)
  • El otro fútbol (1982)
  • La censura en los años cuarenta (1984)
  • Mi querida bicicleta (1988)
  • Castilla, lo castellano y los castellanos (1988)
  • Mi vida al aire libre (1990)
  • Pegar la hebra (1991)
  • El conejo (1991)
  • La vida sobre ruedas (1992)
  • El último coto (1992)
  • El tesoro (1992)
  • Un deporte de caballeros (1993)
  • Los niños (1995)
  • He dicho (1997)
  • Los estragos del tiempo (1999)
  • Castilla habla (2000)
  • Castilla como problema (2001)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Falece Miguel Delibes aos 89 anos de idadeArquivado 14 de marzo de 2010 enWayback Machine., 12/03/2010,Xornal de Galicia.
  2. Historia da Facultade de Comercio
  3. [https://www.rae.es/academico/miguel-delibes-setien Ficha na Real Academia*
  4. RAE. Discurso de ingreso
  5. Web da RAE

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Miguel DelibesModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Por favor, axuda namellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.
Se cadra, podes atopar máis información napáxina de conversa.
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Década de 2020
Laureados coPremio Cervantes
1976–2000
2001
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miguel_Delibes&oldid=7210938»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp