| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es)Miguel Ángel Araújo Iglesias xaneiro de 1920 España |
| Morte | 22 de xullo de 2007 Ourense, España |
| 2 de xullo de 1970 – 20 de maio de 1985 ← Jacinto Argaya Goicoechea –José Gea Escolano → Diocese:diocese de Mondoñedo-Ferrol | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1970–), sacerdote católico (1945–) |
| Membro de | |
| Consagración | Fernando Quiroga Palacios |
| Premios | |
| |
Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o10 de xaneiro de1920 enSabadelle (O Pereiro de Aguiar) e finado o22 de xullo de2007 enOurense, foi unbispo eescritor galego.
Iniciou os seus estudos debacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 naUniversidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de1945. Trasladado como crego aOurense, foi profesor deTeoloxía noseminario desa cidade ereitor del entre1956 a1966.
O6 de setembro de1970 foi ordenadobispo dadiocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polocardeal deSantiago,Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado nacatedral de Ourense, e por primeira vez na historia[Cómpre referencia] daIgrexa en Galicia, engalego. O día 13 dese mes entrou oficialmente nacatedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreirosAmador Niebla eDaniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilía. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En1985 aSanta Sé concedeulle a xubilación anticipada.
| Dignidades daIgrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Jacinto Argaya Goicoechea | 1970-1987 | Sucesor: José Gea Escolano |
Foi un grande impulsor dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución doMisal romano ao galego. Traballou tamén na versión dosRituais sacramentais e preparou undevocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais comoLa Voz de Galicia ouLa Región e revistas comoIrimia,Encrucillada,Raigame ouEstudios Mindonienses.
O30 de maio de1980 ingresou naReal Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacanteRamón Otero Pedrayo, co discursoA igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido porRamón Piñeiro[1].
Entre as súas obras destacan: