Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Microsoft Excel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
Microsoft Excel
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Uso
Implicados
 Desenvolvedor/a
Organizacións
Características
 Versións
2312 (Build 17126.20132)versión estábel(9 de xaneiro de 2024)
2410 (Build 18129.20158)versión estábel(12 de novembro de 2024)
2.91.2versión estábel(15 de novembro de 2024)
95
5
4
3
2
97
2000
2002
2003
2016
2021
2019
2007
2013
Microsoft 365Editar o valor en Wikidata
 Extensión de ficheiro
xlsb
xlsx
xls
xlsmEditar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
30 de setembro de 1985Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/052trEditar o valor en Wikidata
OpenAlexC3018901056 eC3019730874Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: msexcelEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Microsoft Excel é un programa defolla de cálculo integrado no paquete informáticoMicrosoft Office. Xunto co resto dos programas do paquete, está traducido ógalego. Presentado ó longo do tempo en varias versións, ten un paralelo no programaCalc deLibreOffice, tamén traducido ó galego pero baixolicenza desoftware libre.

Por defecto, os novos documentos en branco presentan tres follas, pero poden ampliarse teoricamente ata un número indefinido mentres o soporte amemoria doordenador. Para eliminar, engadir, copiar ou mover de posición as follas abonda con premer aspestanas cobotón secundario (esquerdo en ratos paradestros e dereito enratos configurados paraxergos) e escoller a opción no menú contextual. Dentro de cada folla, existe unha estrutura de dobre entrada onde cadacela referénciase coa combinación da letra correspondente ácolumna onde está localizada e o número da súaringleira. Existe tamén un método de denominación independente onde á cela ourango de celas que se especifiquen se lles pode asignar un nome definido polo usuario e remitirse a el para codificar as funcións e operadores. O alto das follas abrangue 65536 ringleiras e ten un ancho de 256 columnas, que chega ata a columna denominada IV (cando se rematan as letras simples para designar as columnas pásase a utilizar combinacións de dúas letras:X, Y, Z, AA, AB, ...)

O programa permite realizarcálculos de gran complexidade debido ás enormes virtudes destas referencias e óaniñamento defuncións, aínda que hai dous obstáculos fundamentais:

  • non se poden facer referencias circulares, é dicir se se establece unha cadea de dependencias A1 depende de A2 e A2 de A3 etc., en ningún caso unha cela daserie pode depender do valor doutra cela anterior na cadea (isto impide arecursividade);
  • existe un máximo de aniñamento de sete aniñamentos, que se pode solucionar facendo referencias a outras celas;

Excel permite tamén representar en gráficos (segundo os modelos incorporados nunha biblioteca predefinida) en base os datos que aparecen nas súas celas, dende diagramas desectores circulares, barras ou liñas ata dispersiónsestatísticas,correlacións,tridimensionais, evolucións temporais ou variacións entolerancia ou de máximos e mínimosbolsista.

Versións

[editar |editar a fonte]
  • Excel 2.0 para Windows (1987)
  • Excel 3.0 (1990)
  • Excel 4.0 (1992)
  • Excel 5.0 (1993)
  • Excel 95 (v7.0)
  • Excel 97 (v8.0)
  • Excel 2000 (v9.0)
  • Excel 2002 (v10.0)
  • Excel 2003 (v11.0)
  • Excel 2007 (v12.0)
  • Excel 2010 (v14.0)
  • Excel 2013 (v15.0)
  • 365, versión na nube
  • 2016 (v16.0)
  • 2019
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Microsoft_Excel&oldid=7041527»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp