Omicroscopio (das palabras gregasmicro-, μικρο, pequeno, escopio, σκοπεω, observar) é un aparello utilizado para visualizar estruturas minúsculas, demasiado pequenas para ser observadas a simple vista, como ascélulas.
O tipo máis común, e o primeiro en ser inventado, foi omicroscopio óptico. Trátase duninstrumento óptico que contén unha ou variaslentes que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona porrefracción.
Aciencia que investiga os obxectos pequenos empregando este instrumento recibe o nome demicroscopia.
Crese que o microscopio foi inventado en1590 porHans Janssen e o seu pai Zacharias, dousholandeses fabricantes deóculos. Todo indica, porén, que o primeiro en facer observacións microscópicas de materiais biolóxicos foi o holandésAntoni van Leeuwenhoek (1632 -1723).
Os microscopios de Leeuwenhoek estaban dotados dunha únicalente, pequena e case esférica. Neses aparellos el observou polo miúdo diversos tipos de material biolóxico, comoembrións deplantas, osglóbulos vermellos dosangue e osespermatozoides presentes noseme dosanimais. Foi tamén Leeuwenhoek quen descubriu a existencia dosmicrobios, como eran antigamente chamados os seres microscópicos, hoxe coñecidos comomicroorganismos.