Mickey Mouse é un personaxe dedebuxos animados e emblema da compañíaDisney. Creado en1928, é unrato antropomórfico. Walt Disney prestou a súa voz ó personaxe desde1929 ata1946, cando foi substituído polo técnico de son Jimmy MacDonald. Desde1977 a voz é de Wayne Allwine. Ó longo dos anos Mickey apareceu en debuxos animados,tiras cómicas,videoxogos, e converteuse na icona da compañíaWalt Disney.
Mickey Mouse creouse como substituto deOswald the Lucky Rabbit, un personaxe de banda deseñada creado en 1927 porUb Iwerks para o estudio Disney con contrato co produtorCharles Mintz para aUniversal Studios, que se comprometía a realizar 26 curtametraxes cun orzamento de 2250$ por filme[1] que adquire popularidade e na primavera de 1928, Disney pídelle a Mintz un aumento do orzamento dos filmes ata 2500$, ao que Mintz retruca cunha petición de baixada do presuposto nun 20% a porcentaxe dos benefecios, lémbrandolle que era a Universal a que tiña os dereitos dos personaxes e tiña so contrato a varios dos debuxantes de Disney, este negouse a chegar a un acordo pero cumpriu o contrato e produciu os filmes que lle restaban de Oswald. Tras a crise o novo estudio de Disney apenas contaba conUb Iwerks,Les Clark eWilfred Jackson. A lenda oficial explica que foi creado porWalt Disney durante unha viaxe entren, e que o seu nome inicial foiMortimer, pero que cambiou aMickey a petición da súa esposa, Lillian. Segundo Bob Thomas, a lenda do nome é ficticia, e cita o caso dun personaxe chamado Mortimer Mouse, que naceu en1936, tío deMinnie Mouse. A versión máis verosímil é Disney pediu a Iwerks que deseñara ideas para un novo personaxe, realizando varias ideas baseadas en animais, unha vaca e un cabalo que Disney rexeitou, pero máis tarde retomáronse comoClarabelle Cow eHorace Horsecollar.[2]. Mickey non é máis que unha variación do personaxe de Oswald. A Walt Disney hai que atribuírlle tanto a voz do personaxe (dobrouno durante 17 anos) como a personalidade e o carácter do rato.The Walt Disney Company celebra o aniversario de Mickey o18 de novembro de1928, a raíz da estrea deSteamboat Willie, primeiracurtametraxe sonora de debuxos animados.