O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dosJackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971. A comezos dos anos 1980, Jackson converteuse na figura dominante damúsica popular. Os vídeos musicais das súas cancións, como "Beat It", "Billie Jean", e "Thriller", considéranse rompedores das barreiras raciais e transformadores do medio nunha arte e nunha ferramenta de promoción. A popularidade deses vídeos axudou a elevar á fama aMTV, daquela unha canle relativamente nova. Con vídeos como "Black or White" e "Scream", continuou a innovar no medio ó longo da década de 1990, ademais de forxarse unha reputación como artista das xiras mundiais. A través das actuacións nos escenarios e nos vídeos, Jackson popularizou unha morea de complicadas técnicas de baile, como orobot e omoonwalk, ós cales el deu nome. O seu distintivo son e estilo influíron en numerosos artistas dehip hop,post-disco,R&B contemporáneo,pop erock.
O álbum de JacksonThriller (1982) é o álbum máis vendido de tódolos tempos. Os seus outros álbums, comoOff the Wall (1979),Bad (1987),Dangerous (1991) eHIStory (1995), tamén están entre os máis vendidos do mundo. Jackson é un dos poucos artistas que foi honrado noSalón da Fama do Rock por dúas veces. Algúns dos seus outros logros son variosRécords Guinness do Mundo, 13Premios Grammy, unGrammy Legend e unGrammy á carreira artística; 26American Music Awards, máis que ningún outro artista, incluídos o de "Artista do Século" e "Artista dos anos 1980"; 13números un nos Estados Unidos na súa carreira en solitario, máis que calquera outro artista masculino na era dosHot 100; e máis de 400 millóns de discos vendidos por todo o mundo.[5][6][7][Note 1] Jackson gañou centos de premios, o que o converteu no artista máis galardoado da historia da música popular.[8] O 29 de agosto de 2010, no que sería o seu aniversario número 52, converteuse postumamente no artista máis descargado da historia daNokia Music Store.[9][10] Coñecido polo seu labor filantrópico, Jackson viaxou constantemente arredor do mundo polas súas campañas humanitarias, e o Libro dos Récords de 2000 recoñeceuno polas súas 39 actividades caritativas.[11]
Aspectos da vida persoal de Jackson, como a súa aparencia cambiante, relacións sentimentais e comportamento, xeraron moita controversia. A mediados dos anos 1990, foi acusado de abusos sexuais a menores, mais o caso resolveuse fóra dos tribunais co pago de 25 millóns de dólares e non se chegaron a presentar cargos formais.[12] No 2005, foi xulgado por máis alegacións de abusos sexuais e outros cargos, dos cales o xurado atopou inocente. Mentres se preparaba para o seu regreso nunha serie de concertos chamadaThis Is It, Jackson morreu o 25 de xuño de 2009 por mor dunhaparada cardiorrespiratoria logo dunha intoxicación aguda depropofol ebenzodiacepina. O Departamento Forense do Condado dos Ánxeles declarou a súa morte como un homicidio, e o seu médico persoal, Conrad Murray, foi condenado por homicidio involuntario. A morte de Jackson desencadeou unha resposta global e a retransmisión en directo do seu funeral foi vista arredor de todo o mundo.[13]
Jackson converteuse no primeiro artista en ter un sinxelo no Top Ten daBillboard Top 100 en cinco décadas diferentes candoLove Never Felt So Good acadou o número 9 o 21 de maio de 2014.[14]
Casa da infancia de Jackson enGary, Indiana, con tributos dos fans após a súa morte.
Michael Jackson naceu o29 de agosto de1958. Era o oitavo de dez irmáns dunha familia afroamericana de clase traballadora, que vivía nunha casa de dous dormitorios deGary, Indiana, unha cidade industrial preto de Chicago.[15][16] A súa nai,Katherine Esther Scruse, era unha devotatestemuña de Xeová. No pasado, ela aspirara a ser unha artista country que tocaba o clarinete e o piano, mais acabou traballando para a compañíaSears.[17] O seu pai,Joseph Walter "Joe" Jackson, un antigo boxeador, traballaba co aceiro paraU.S. Steel. Joe tamén tocaba a guitarra nun grupo local de R&B chamado "The Falcons" para axudar na economía familiar.[18] Michael medrou con tres irmás (Rebbie,La Toya, eJanet) e cinco irmáns (Jackie,Tito,Jermaine,Marlon, eRandy).[19] Un sexto irmán, Brandon, irmán xemelgo de Marlon, morreu pouco despois de nacer.[20]
Michael tivo unha relación problemática co seu pai, Joe.[21][22] No 2003, Joe recoñeceu que zoupaba a Michael cando era neno.[23] Joe tamén dixo ter abusado verbalmente do seu fillo, dicíndolle que tiña un "nariz gordo" en varias ocasións.[24] Jackson dixo que foi abusado fisicamente e emocionalmente durante os incesantes ensaios, aínda que tamén declarou que a estrita disciplina do seu pai xogou un papel moi importante no seu éxito.[21] Conversando abertamente sobre a súa nenez nunha entrevista conOprah Winfrey, emitida en febreiro de 1993, Jackson recoñeceu que a súa xuventude fora moi solitaria e que se sentiu illado.[25] A profunda insatisfacción de Jackson coa súa aparencia, os seus pesadelos e problemas para durmir, a súa tendencia a compracer constantemente, especialmente ó seu pai, e o seu comportamento infantil na súa vida adulta, considéranse efectos dos malos tratos que sufriu na infancia.[26]
Nunha entrevista conMartin Bashir, posteriormente incluída no telefilme de 2003Living with Michael Jackson, Jackson recoñeceu que o seu pai mancábao cando era neno, pero considerábao un "xenio", xa que segundo el mesmo, a estrita disciplina do seu pai foi fundamental para conseguir o éxito. Cando Bashir descartou o comentario positivo e continuou a inquirir sobre os golpes, Jackson puxo unha man diante da cara e opúxose ás súas preguntas.[27][28]
Michael (centro) como membro de The Jackson 5 en 1972.
En 1964, Michael e Marlon uníronse ós Jackson Brothers, unha banda formada polo seu pai na que estaban os seus irmáns Jackie, Tito e Jermaine, que eran músicos de acompañamento que tocaban ascongas e apandeireta. En 1965, Michael comezou a compartir a voz líder do grupo co seu irmán máis vello Jermaine, e o nome do grupo cambiouse porThe Jackson 5.[19] Ese ano, o grupo gañou unha competición de talentos con Michael interpretando a canción deJames Brown "I Got You (I Feel Good)".[29] Dende 1966 a 1968, a banda fixo xiras poloMedio Oeste, actuando nunha serie de clubs afroamericanos coñecidos como "chitlin' circuit". Frecuentemente facían de abreconcertos de artistas de R&B comoSam & Dave,The O'Jays,Gladys Knight eEtta James. The Jackson 5 tamén actuaron en bares e clubs, onde se facían espectáculos destriptease, e tamén en auditorios locais e bailes de instituto.[30][31] En agosto de 1967, mentres facían xira pola Costa Leste, o grupo gañou un concurso afeccionado noTeatro Apollo deHarlem.[32]
Foto dos Jackson 5 anunciando a súa aparición enThe Ed Sullivan Show.
The Jackson 5 gravaron varias cancións, como "Big Boy" (1968), o seu primeiro sinxelo, paraSteeltown Records, un selo de Gary, Indiana,[33] antes de asinar con Motown Records en 1969.[19] The Jackson 5 deixaron Gary en 1969 e trasladáronse á área dosÁnxeles, onde seguiron gravando música para Motown.[34] A revistaRolling Stone describiu a Michael como "un prodixio" con "abrumadores dons musicais," escribindo que el "emerxeu axiña como o principal atractivo e voz principal".[35] O grupo apareceu nunha lista musical cando os seus primeiros catro sinxelos—"I Want You Back" (1969), "ABC" (1970), "The Love You Save" (1970) e "I'll Be There" (1970)—acadaron o número un enBillboard Hot 100.[19] En maio de 1971, a familia Jackson mudouse a unha gran casa enEncino, nosÁnxeles,[36] onde Michael evolucionou de artista infantil a ídolo adolescente.[37] Mentres Michael comezaba a medrar como artista en solitario a comezos dos anos 1970, seguiu a manter lazos con The Jackson 5 e Motown. Entre 1972, cando comezou a súa propia carreira, e 1975, Michael lanzou catro álbums de estudio con Motown:Got to Be There (1972),Ben (1972),Music & Me (1973) eForever, Michael (1975).[38] "Got to Be There" e "Ben", as cancións que deron título ós dous primeiros álbums, foron sinxelos exitosos, así como a versión da canción deBobby Day "Rockin' Robin".[39]
The Jackson 5 foron descritos posteriormente coma "un vangardista exemplo de rompedores artistas negros".[40] Malia que as vendas do grupo comezaron a decaer en 1973, e os membros da banda anoxáronse con Motown por impedirlles ter control creativo, conseguiron un éxito top 40 como "Dancing Machine" (1974), antes de que The Jackson 5 deixara Motown en 1975.[41]
En xuño de 1975, os Jackson 5 asinaron conEpic Records, unha subsidiaria deCBS Records, e cambiaron o seu nome por the Jacksons. O irmán máis novo, Randy, uniuse formalmente á banda neste período, mentres Jermaine elixiu seguir con Motown e continuar unha carreira en solitario.[42] Os Jacksons continuaron a facer xiras internacionalmente, e lanzaron seis álbums máis entre 1976 e 1984. Michael, o líder letrista do grupo durante esa época, escribiu éxitos como "Shake Your Body (Down to the Ground)" (1979), "This Place Hotel" (1980) e "Can You Feel It" (1980).[29] A introdución de Michael no cine comezou en 1978, cando interpretou o "Espantallo" enO meigo, un musical dirixido porSidney Lumet no que tamén saíanDiana Ross,Nipsey Russell e Ted Ross.[43] O filme foi un desastre na recadación.[44] Mentres traballaba no filme, Michael coñeceu aQuincy Jones, que estaba a facer a banda sonora do mesmo, e Jones accedeu a producir o seu próximo álbum en solitario,Off the Wall.[45] En 1979, Jackson rompeu o nariz durante unha rutina de baile. A súarinoplastia non foi satisfactoria, xa que se queixaba de dificultades respiratorias que poderían afectar a súa carreira. O doutorSteven Hoefflin foi o encargado de efectuar a segunda rinoplastia de Jackson e as operacións vindeiras.[46]
Off the Wall (1979), que Jones e Jackson co-produciron, consagrou a Jackson como artista en solitario. O álbum axudouno na súa transición dende o "bubblegum pop" da súa xuventude a un son máis complexo como adulto.[37] Os letristas do álbum inclúen ó propio Jackson,Rod Temperton,Stevie Wonder ePaul McCartney.Off the Wall foi o primeiro disco en solitario que conseguiu xerar catro top 10 hits nos Estados Unidos: "Off the Wall", "She’s Out of My Life", e os sinxelos "Don't Stop 'Til You Get Enough" e "Rock with You".[47][48] O álbum acadou o número 3 naBillboard 200 e vendeu máis de 20 millóns de copias en todo o mundo.[49] En 1980, Jackson gañou tres premios nosAmerican Music Awards: Álbum Soul/R&B favorito, Artista masculino de Soul/R&B favorito e Sinxelo de Soul/R&B favorito por "Don't Stop 'Til You Get Enough".[50][51] Tamén gañou o premioBillboard Year-End ó Mellor artista negro e ó Mellor álbum negro, así como un Premio Grammy á Mellor actuación de R&B por "Don't Stop 'Til You Get Enough".[47] En 1981, Jackson foi o gañador dos American Music Awards por Álbum Soul/R&B favorito e Artista masculino de Soul/R&B favorito.[52] Malia o seu éxito comercial, Jackson sentiu queOff the Wall debería ter xerado un impacto moito maior, e iso determinouno a superar tódalas expectativas no seu próximo lanzamento.[53]
Representación de Michael Jackson caracterizado coma no vídeo musical de "Thriller".
En 1982, Jackson combinou o seu interese pola música e polo cine cando tivo a oportunidade de contribuír coa canción "Someone In the Dark" no storybook do filmeE.T. the Extra-Terrestrial. A canción, con Quincy Jones como produtor, gañou un Premio Grammy á mellor gravación para nenos en 1983.[54] Moito maior foi o éxito que tivo despois do lanzamento deThriller a finais de 1982. O álbum valeulle a Jackson sete premios Grammys máis[54] e oito American Music Awards, incluído o Premio de Mérito, sendo o artista máis novo en gañalo.[55]
"Thriller" foi o álbum máis vendido en todo o mundo en 1983.[56][57] Converteuse no álbum máis vendido da historia nos Estados Unidos,[58] e tamén no resto do mundo, cunhas vendas estimadas de 65 millóns de copias.[59] O álbum ficou no máis alto daBillboard 200 durante 37 semanas, e no top 10 de 200 durante 80 semanas consecutivas. Foi ademais o primeiro álbum en ter sete sinxelos noBillboard Hot 100 top 10, incluíndo "Billie Jean", "Beat It" e "Wanna Be Startin' Somethin'".[60] En marzo de 2009,Thriller acadou 29 millóns de envíos segundo a RIAA,[61] conseguindo Dobre Diamante nos Estados Unidos.Thriller valeulles a Jackson e Quincy Jones o Grammy a Mellor produtor do ano en 1983. Tamén gañou o de álbum do ano, e mellor interpretación masculina de pop. "Beat It" gañou o Récord do Ano, con Jackson como artista e Jones como co-produtor, e mellor interpretación masculina de rock. "Billie Jean" valeulle dous Grammys a Jackson, por mellor canción de R&B e mellor interpretación masculina de R&B.[54] Os Premios AMA de 1984 galardoaron a Jackson cun Premio de Mérito e AMAs ó artista masculino favorito, e artista favorito de Soul/R&B e Pop/Rock. "Beat It" gañou o AMA ó vídeo favorito de Soul/R&B, vídeo favorito de Pop/Rock, e sinxelo favorito de Pop/Rock.Thriller gañou o AMA ó álbum favorito, álbum favorito de Soul/R&B e álbum favorito de Pop/Rock.[55][62]
En adición ó galardoado álbum, Jackson lanzou "Thriller", un vídeo musical de catorce minutos de duración que foi dirixido porJohn Landis en 1983.[63] Foi descrito como "rompedor das barreiras raciais" pola Music Television Channel (MTV), daquela unha aínda recente canle de televisión.[37] En decembro de 2009, aBiblioteca do Congreso seleccionou o vídeo musical "Thriller" para ser incluído noNational Film Registry. Foi un dos vinte cinco filmes nomeados ese ano como "obras de duradeira importancia na cultura americana" que deberían ser "preservados por sempre."[64][65] "Thriller" é o primeiro e o único vídeo musical en ser incluído neste rexistro.[63][65][66]
O avogado de Jackson,John Branca, observou que o artista tiña a máis alta taxa de dereitos na industria da música ata daquela: aproximadamente $2 por cada álbum vendido. Tamén estaba a bater récords de beneficios polas vendas das súas gravacións. O videocasete documentalThe Making of Michael Jackson's Thriller vendeu máis de 350.000 copias nuns poucos meses. Nesta época comezaron a venderse bonecos coa aparencia de Michael Jackson, que apareceron nas tendas en maio de 1984 cun prezo de $12.[67] O biógrafoJ. Randy Taraborrelli escribiu que "Thriller xa non se vendía como un artigo de lecer como unha revista, un xoguete, ou as entradas para o cine, comezou a venderse como un elemento básico do fogar."[68] En 1985,The Making of Michael Jackson's Thriller gañou o Grammy a mellor vídeo musical.[54]Time describiu do seguinte xeito a influencia de Jackson como "Estrela das gravacións, da radio, dos vídeos rock. Un equipo de rescate dun só home para o negocio da música. Un compositor que establece o ritmo durante unha década. Un bailarín cos pés máis luxoso na rúa. Un cantante que atravesa tódalas fronteiras do gusto, do estilo e tamén da cor".[67]The New York Times escribiu que, "no mundo da música pop, está Michael Jackson e despois tódolos demais".[69]
Un intre decisivo na carreira de Jackson produciuse o 25 de marzo de 1983, cando Michael se reuniu cos seus irmáns para unha lendaria actuación en vivo que foi gravada no Pasadena Civic Auditorium paraMotown 25: Yesterday, Today, Forever, un especial de televisión da NBC. O espectáculo emitiuse o 16 de maio de 1983, e tivo unha audiencia estimada de 47 millóns de espectadores, e na cal actuaron os Jackson e outras estrelas de Motown.[70] O espectáculo é lembrado especialmente pola interpretación en solitario de "Billie Jean", que lle valeu o primeiro nomeamento ós Emmy.[71] Vestindo unha característica chaqueta negra con brillantes e unhaluva de golf decorada con diamantes de imitación, realizou o seu famoso movemento de baile, omoonwalk, que o antigo bailarín deSoul Train e membro deShalamarJeffrey Daniel lle ensinara tres anos antes.[72] Jackson rexeitara orixinalmente a invitación para participar no espectáculo, xa que cría que xa fixera televisión abonda por aquel entón. Porén, a petición de Berry Gordy, Jackson mudou de parecer e accedeu a participar no show coa condición de poder facer unha actuación en solitario.[73] Segundo o reporteiro deRolling Stones Mikal Gilmore, "Hai intres nos que sabes que estás a oír ou ver algo extraordinario...iso ocorreu esta noite".[37] A actuación de Jackson foi comparada coa deElvis Presley ouThe Beatles' enThe Ed Sullivan Show.[74] Anna Kisselgoff deThe New York Times escribiu posteriormente, "O moonwalk que el fixo famoso é unha axeitada metáfora do seu estilo de baile. Como o fai? Como técnico, é un grande ilusionista, un xenuíno mimo. A súa habilidade de manter unha perna recta mentres esvara cunha curva coa outra require dunha sincronización perfecta."[75] Berry Gordy comentou da súa actuación que "dende o primeiro intre de Billie Jean, quedei fascinado, e cando fixo o seu icónico moonwalk, fiquei abraiado, foi máxico, Michael Jackson entrou en órbita, e xa nunca descendeu".[76]
1984–85: Pepsi, "We Are the World" e carreira nos negocios
A mediados da década de 1980, a galardoada carreira musical de Jackson contribuíu ó seu éxito comercial, que resultou ser substancial. En novembro de 1983, Jackson, xunto cos seus irmáns, colaborou conPepsiCo nun acordo promocional de $5 millóns que rachou cos récords na industria da publicidade pola imaxe dunha celebridade. A primeira campaña dePepsi, levouse a cabo nos Estados Unidos dende 1983 a 1984 e lanzou o tema "New Generation". Na campaña estaba incluído a publicidade, a xira de patrocinio, eventos de relacións públicas e exhibicións en tendas. Jackson, que estaba activamente involucrado na creación do icónico anuncio dePepsi, suxeriu o uso da canción "Billie Jean" como jingle publicitario.[77]
O 27 de xaneiro de 1984, Michael e outros membros dos Jacksons rodaron un anuncio de Pepsi Cola que foi supervisado porPhil Dusenberry,[78] un executivo da axenciaBBDO, eAlan Pottasch, o Director Creativo de Pepsi Internacional, noShrine Auditorium dos Ánxeles. Diante dun nutrido grupo de fans na simulación dun concerto, foguetes pirotécnicos prenderon lume no cabelo de Jackson, causándolle queimaduras de segundo grao no seu coiro cabeludo. Jackson foi sometido a tratamento para agochar os sinais da queimadura, e realizou a súa terceirarinoplastia pouco despois.[46] Pepsi chegou a un acordo extraxudicial e Jackson doou a súa residencia de $1,5 millóns ó Centro Médico Brotman enCulver City (California). Na súa honra foi renomeado Michael Jackson Burn Center.[79] Dusenberry relatou o episodio nas súas memorias,Then We Set His Hair on Fire: Insights and Accidents from a Hall of Fame Career in Advertising. Jackson asinou un segundo acordo con Pepsi a finais de 1980 por $10 millóns. A segunda campaña tivo repercusión mundial, abranguendo máis de vinte países e proporcionando apoio financeiro ó novo álbum de JacksonBad, e a súa xira mundial de 1987–88.[77] Malia que Jackson tiña acordos e contratos publicitarios con outras marcas, comoL.A. Gear,Suzuki eSony, ningunha delas foi tan significativa como Pepsi, que máis tarde asinaría con outras estrelas musicais comoBritney Spears eBeyoncé para promover os seus produtos.[77][77][80]
O labor humanitario de Jackson foi recoñecido o 14 de maio de 1984, cando foi invitado áCasa Branca para recibir un premio do PresidenteRonald Reagan polo seu traballo caritativo para axudar á xente a superar oalcoholismo e o abuso das drogas,[81] e en recoñecemento polo seu apoio aAd Council e a campaña de prevención de alcoholismo ó volante da Administración Nacional de Seguridade no Tráfico. Asemade, Jackson doou o uso de "Beat It" para os anuncios da campaña de servizo público.[82]
Ó contrario que os outros álbums,Thriller non tivo xira oficial para promovelo, pero o "Victory Tour" de 1984 do grupo The Jacksons amosou o novo material en solitario de Michael a máis de dous millóns de estadounidenses. Foi a derradeira xira que fixo cos seus irmáns.[83] Por mor da controversia da venda de entradas para o concerto, Jackson deu unha conferencia de prensa e anunciou que ía doar a súa parte dos cartos da xira Victory Tour, cun valor de $3 a 5 millóns, á caridade.[84][85] O traballo caritativo de Jackson e os seus premios humanitarios continuaron co lanzamento de "We Are the World" (1985), que co-escribiu conLionel Richie.[86] Lanzada mundialmente en marzo de 1985 para axudar ós pobres dos Estados Unidos e África, a canción conseguiu $63 millóns para paliar a fame,[87] e converteuse nun dos sinxelos máis vendidos de tódolos tempos, con 20 millóns de copias. "We Are the World" gañou catroGrammys en 1985, incluíndo o premio á "Canción do Ano", e a Jackson e Richie como autores.[86] Malia que os directores da American Music Award eliminaron a canción caritativa da competición porque sentían que non era xusto, a edición dos AMA de 1986 fíxolle un tributo á canción no seu primeiro aniversario. (A canción foi gravada o 28 de xaneiro de 1985).[88] Os creadores do proxecto recibiron dous premios especiais de honra: o primeiro pola creación da canción e o segundo pola idea doUSA for Africa. Jackson, Quincy Jones, e o promotor Ken Kragan recibiron galardóns especiais polos seus papeis na creación da canción.[88][89][90][91]
O interese económico de Jackson no mercado dos dereitos musicais medrou despois de colaborar conPaul McCartney a comezos da década de 1980. Da súa colaboración aprendeu que McCartney facía aproximadamente $40 millóns cada ano a partir de cancións doutras persoas.[87] En 1983, Jackson comezou a investir en dereitos de cancións que outros artistas escribiran, mais foi coidadoso coas súas adquisicións, facéndose só cunhas poucas das ducias que lle ofreceron. As primeiras adquisicións de Jackson foron "Everyday People" (1968) deSly Stone, "1-2-3" (1965) deLen Barry, "The Wanderer" (1961) e "Runaround Sue" (1961) deDion DiMucci. Porén, a compra máis significativa de Jackson produciuse en 1985, cando mercou os dereitos sobre aATV Music Publishing após meses de negociacións.[87] A ATV tiña os dereitos de preto de 4000 cancións, incluíndo o catálogoNorthern Songs que contiña a maioría das composicións de Lennon–McCartney gravadas conThe Beatles.[92]
En 1984,Robert Holmes à Court, o rico investidor australiano que posuía ATV Music Publishing, anunciara que poñía o catálogo de ATV á venda.[92] En 1981,[93] fóralle ofrecido a McCartney por £20 millóns.[87][94] Segundo McCartney, contactou conYoko Ono para facer a compra xuntos, dividindo a cantidade a £10 millóns cada un, mais Ono pensou que poderían mercalo por £5 millóns cada un.[87][94] Como non foron quen de facer a compra conxunta, McCartney, que non quería ser o único propietario das cancións dos Beatles, non desempeñou a oferta pola súa conta.[93][94]
Jackson foi informado da oferta polo seu avogado, John Branca, en setembro de 1984.[92] Un avogado de McCartney tamén asegurou a Branca que McCartney non estaba interesado. McCartney dixera da oferta que "Era demasiado cara",[87][93] mais outras compañías e investidores estaban interesados. Jackson realizou unha oferta de $46 millóns o 20 de novembro de 1984.[92] Os seus axentes coidaron que tiñan resolto varias veces, mais atopáronse con outros poxadores e outras áreas de debate. En maio de 1985, o equipo de Jackson retirouse das conversas despois de ter gastado case un $1 millón e catro meses en dilixencias nas negociacións.[92] En xuño de 1985 Jackson e Branca descubriron que a empresa deCharles Koppelman eMarty Bandier fixera unha tentativa de acordo con Holmes à Court para comprar ATV Music por $50 millóns; mais, a comezos de agosto, o equipo de Holmes à Court contactou con Jackson e as conversas reandáronse. Jackson propuxo unha oferta de $47,5 millóns, que foi aceptada debido a que podía pechar o trato máis axiña por facer as dilixencias con ATV Music.[92] Jackson tamén aceptou visitar a Holmes à Court en Australia, onde aparecería enChannel Seven Perth Telethon.[95] A adquisición de ATV Music rematou o 10 de agosto de 1985.[92]
1986–90: Aparencia, tabloides,Bad, filmes, autobiografía e Neverland
A pel de Jackson tivo unha cor medio marrón durante toda a súa xuventude, mais a mediados da década de 1980, volveuse gradualmente máis pálido. O cambio recibiu unha gran cobertura dos medios de comunicación, que incluían murmurios de que podía estar clarexando a súa pel.[96] Segundo a biografía deJ. Randy Taraborrelli, en 1986, a Jackson diagnosticáronllevitilixe, que de acordo con Taroberrelli, puido ser consecuencia de clarexar a pel. Taraborelli tamén dixo que a Jackson diagnosticáronllelupus; a vitilixe clarexou parcialmente a súa pel, e o lupus estaba a curar, máis ámbalas dúas enfermidades fixérono moi sensible á luz do sol. Os tratamentos que empregou polo seu estado clarexaron aínda máis a súa pel, e, coa aplicación de maquillaxe para uniformar as manchas, a súa aparencia era a dun home branco.[97] Jackson foi diagnosticado con vitilixe na súa autopsia, mais non de lupus.[98]
A cirurxiá plástica neiorquina Dra. Pamela Lipkin, que non tratara nunca a Jackson ou revisara o seu historial médico, dixo, "cando ollas para as outras características, o clarexar da pel vai da man do que eu coido que era unha busca da beleza, así que teño que preguntarme que foi primeiro? Vitilixe ou clarexar a pel?" Tendo en conta que Jackson tiña un ton de pel uniforme cando era mozo, a interpretación de Lipkin foi que "probablemente está a tratar de parecer caucásico: a súa pel é máis branca. O seu nariz faise máis delgado cada seis meses. Os seus beizos están a quedar máis finos. As súas cellas son máis altas. O seus ollos son cada vez meirandes. Os seus pómulos son maiores".[99] Jackson declarou que tan só se fixo dúas rinoplastias como toda cirurxía na cara, malia que eventualmente mencionou que se fixo unha depresión no queixo. Jackson perdeu peso a comezos dos anos 1980 por mor dun cambio de dieta e polo seu desexo dun "corpo de bailarín".[100] Testemuñas declararon que tiña mareos frecuentes e especulouse de que sufrise deanorexia nerviosa; os períodos de perda de peso foron un problema recorrente na súa vida.[101]
Durante o curso do tratamento, Jackson fixo dous grandes amigos: o seu dermatólogo, Dr.Arnold Klein, e a enfermeira de Klein,Debbie Rowe. Rowe converteríase posteriormente na segunda muller de Jackson e a nai dos dous fillos maiores. Jackson confiaba moito en Klein en asuntos médicos e de negocios.[102]
Jackson converteuse no obxectivo dun crecente xornalismo sensacionalista. En 1986, os tabloides difundiron a historia de que Jackson durmía nunhacámara hiperbárica de osíxeno para reducir o proceso de envellecemento, e foi representado deitado dentro dunha caixa de cristal. Malia que a historia non era certa, os tabloides argüíron que fora o propio Jackson quen difundira a historia, fabricada por el mesmo.[103] Cando Jackson mercou un chimpancé de nome Bubbles a un laboratorio, díxose del que estaba a perder cada vez máis a noción da realidade.[104] Tamén se dixo que fixera unha oferta para mercar os ósos deJoseph Merrick (o "home elefante"), e aínda que era falso, Jackson non negou a historia.[105] Nun principio, vía esas historias como oportunidades de publicidade, mais cesou de darllas á prensa conforme se ían facendo máis sensacionalistas. Consecuentemente, os medios comezaron a facer as súas propias historias.[103][106][107] Esas reportaxes quedaron na conciencia pública, e inspiraron o alcume "Wacko Jacko" ("Jacko o tolo"), que Jackson detestaba. Respondendo ós rumores, Jackson comentoulle a Taraborrelli:
Por que non dicirlle á xente que son un alien de Marte? Dille que como polos vivos e bailo voodoo a medianoite. Creerán todo cantoti lles digas, porqueti es xornalista. Pero se eu, Michael Jackson, dixese "Son un alien de Marte, como polos vivos e bailo voodoo a medianoite", a xente diría, "Ei meu, este Michael Jackson estátolo. É un desquiciado. Non podes crer unha soa palabra das que lle saen pola boca".[108]
Sinal do Captain Eo en Disneyland.
Jackson colaborou conGeorge Lucas eFrancis Ford Coppola no filme 3-D de 17 minutosCaptain EO, que se estreou en setembro de 1986 enDisneyland eEPCOT en Florida, e en marzo de 1987 enTokyo Disneyland. O filme de $30 millóns foi unha popular atracción nos tres parques. Unha atracción de Captain EO foi instalada en Euro Disneyland despois de que o parque abrise en 1992. As instalacións de Captain EO nos catro parques estiveron abertas ata a década de 1990: a instalación de París foi a derradeira en pechar, en 1998.[109] A atracción volvería a Disneyland en 2010 despois da morte de Jackson.[110]
En 1987, Jackson disociouse dastestemuñas de Xeová como resposta á súa desaprobación do vídeoThriller.[111][112] Coa industria agardando por outro éxito maior, o primeiro disco de Jackson en cinco anos,Bad (1987), foi moi esperado. Non superou aThriller como triunfo comercial ou artístico, peroBad tivo un enorme éxito por si mesmo.
O álbumBad lanzou sete sinxelos de éxito nos Estados Unidos, cinco dos cales ("I Just Can't Stop Loving You", "Bad", "The Way You Make Me Feel", "Man in the Mirror" e "Dirty Diana") acadaron o número un nas listasBillboard Hot 100. Foi unha gravación récord por ser a que máis números un en Hot 100 tivera nunca, superando aThriller.[113] Malia que o vídeo da canción principal foi posiblemente derivado do sinxelo "Beat It", ovídeo de "Bad" demostrou ser un dos máis icónicos de Jackson. Rodouse no sistema demetro de Nova York, con vestiario e coreografías inspiradas enWest Side Story. No 2012, o álbum levaba vendidos entre 30 e 45 millóns de copias en todo o mundo.[114][115][116][117][118] Grazas aBad, Bruce Swedien eHumberto Gatica gañaron un Grammy en 1988 ó mellor arranxo para álbum - non clásico, e Michael Jackson gañou un Grammy ó mellor vídeo musical por "Leave Me Alone" en 1989.[54][119] Ese mesmo ano, Jackson gañou o Premio ó éxito nosAmerican Music Awards, xa queBad foi o primeiro álbum en crear cinco sinxelos números un nos Estados Unidos, o álbum número un en 25 países e o máis vendido internacionalmente entre 1987 e 1988.[120][121][122][123] En 1988, "Bad" gañou un American Music Award ó sinxelo favorito de Soul/R&B Single.[124]
Jackson vestía unha chaqueta dourada-prateada de estilo militar na eraBad.
A xira mundialBad comezou o 12 de setembro dese ano, e rematou o 14 de xaneiro de 1989.[125] Só no Xapón, a xira tivo 14 vendas totais de entradas e acudiron 570.000 persoas, case o triplo que o récord anterior de 200.000 nunha única xira.[126] Jackson conseguiu unrécord Guinness cando 504.000 persoas foron ó espectáculo doWembley Stadium.[127] Realizou un total de 123 concertos a unha audiencia de 4,4 millóns de persoas.[128][129]
En 1988, Jackson estreou a súa única autobiografía,Moonwalk, que lle levou catro anos e vendeu 200.000 copias.[130] Jackson escribiu sobre a súa nenez,The Jackson 5, e o abuso que sufrira.[131] Tamén escribiu sobre a súa aparencia facial, dicindo que só se fixera dúas rinoplastias e unha depresión no queixo.[100] Atribuíu a maioría dos seus cambios faciais ápuberdade, á perda de peso, a unha estrita dieta vexetariana, o seu cambio de pelo e á iluminación dos escenarios.[100]Moonwalk acadou o primeiro posto na lista dos mellores vendidos realizada porThe New York Times.[132] O músico estreou un filme chamadoMoonwalker, que inclúe imaxes da súa vida e curtas protagonizadas por Jackson eJoe Pesci. O plan orixinal contemplaba a estrea nos cines, pero debido a temas de financiamento, foi estreado en vídeo. Só foi emitida nos cines en Alemaña.
En marzo de 1988, Jackson adquiriu terras preto deSanta Ynez, California, para construír oRancho Neverland cun custo $17 millóns. Nel, fixo instalarnoras,menagerie e un cine na súa propiedade. Un grupo de seguridade de 40 persoas facían garda nos terreos. En 2003, foi valorado en aproximadamente $100 millóns.[133][134] En 1989, as ganancias de vendas de álbums, publicidade e concertos foron estimadas en $125 millóns só nese ano.[135] Pouco tempo despois, converteuse no primeiro occidental en aparecer nun anuncio de televisión daUnión Soviética.[136]
O seu éxito valeulle o título de "Rei do Pop".[137][138][139][140]O alcume foi popularizado porElizabeth Taylor cando o presentou no Soul Train Heritage Award en 1989, proclamándoo "o verdadeiro rei do pop, rock e soul."[141] O presidenteGeorge H. W. Bush designouno "Artista da Décade" pola Casa Branca.[142] Dende 1985 a 1990, doou $455.000 áUnited Negro College Fund,[143] e tódolos beneficios do seu sinxelo "Man in the Mirror" foron destinados a caridade.[144] A actuación en directo de Jackson de "You Were There" na celebración do 60 aniversario deSammy Davis, Jr. permitiulle conseguir a Jackson o seu segundo nomeamento ós Emmy.[136]
1991–93:Dangerous, Fundación Heal the World e Super Bowl XXVII
En marzo de 1991, Jackson renovou o seu contrato con Sony por $65 millóns, un acordo récord naquela época,[145] desprazando á renovación de contrato deNeil Diamond conColumbia Records. Estreou o seu oitavo álbum,Dangerous, en 1991. Este foi co-producido conTeddy Riley, que convenceu a Michael a introducir rap no seu álbum por vez primeira. No 2013, o álbum levaba vendidas sete millóns de copias nos Estados Unidos, e aproximadamente 30 millóns en todo o mundo.[146][147][148] Nos Estados Unidos, o primeiro sinxelo, "Black or White", foi o máis exitoso, conseguindo o número un nosBillboard Hot 100 e permanecendo nesa posición sete semanas, e cun éxito semellante en todo o mundo.[149] O segundo sinxelo, "Remember the Time", mantívose oito semanas no top cinco nos Estados Unidos, chegando ó número tres da listaBillboard Hot 100.[150] A finais de 1992,Dangerous foi premiado como o álbum mellor vendido do ano en todo o mundo e "Black or White" foi premiado como o sinxelo máis vendido do ano en todo o mundo nos Billboard Music Awards. Ademais, gañou un premio como mellor artista da década de 1980.[151] En 1993, Jackson interpretou a canción nosSoul Train Music Awards nunha cadeira, dicindo que sufrira unha lesión nos ensaios.[152] No Reino Unido e noutras partes de Europa, "Heal the World" foi o meirande éxito do álbum; vendeu 450.000 copias no Reino Unido e estivo cinco semanas como número dous en 1992.[150]
Jackson creou aFundación Heal the World en 1992. A organización caritativa levaba a nenos desfavorecidos ó rancho de Jackson para desfrutar das atraccións do parque que estaba construído na propiedade. A fundación tamén destinou millóns de dólares en todo o mundo para axudar a nenos ameazados pola guerra, a pobreza e a enfermidade. No mesmo ano, Jackson publicou o seu segundo libro, a colección de poemasDancing the Dream. Mentres que o libro foi un grande éxito comercial e revelou a cara máis íntima da natureza de Jackson, a colección foi negativamente recibida pola crítica no momento da súa publicación. En 2009, o libro foi republicado porDoubleday e foi mellor acollido por algúns críticos por mor da súbita morte de Jackson. ODangerous World Tour recadou $100 millóns. A xira comezara o 27 de xuño de 1992, e rematara o 11 de novembro de 1993. Jackson actuou para 3,5 millóns de persoas en 70 concertos.[150][153] Ademais, vendeu os dereitos de emisión da xira mundialDangerous á canleHBO por $20 millóns, un acordo récord que aínda non foi superado.[154]
Por mor da enfermidade e morte deRyan White, Jackson axudou a centrar a atención pública naSIDA, un tema moi controvertido naquela época. Declarou publicamente coaadministración de Clinton na Gala Inaugural do Presidente para que destinase máis cartos á prevención e investigación da SIDA.[155][156] Nunha visita de alto nivel a África, Jackson visitou varios países, entre elesGabón eExipto.[157] A súa primeira parada en Gabón foi acollida cunha gran e entusiasta recepción de máis de 100.000 persoas, algunhas delas portando letreiros onde se lía, "Benvido a casa Michael". Na súa viaxe aCosta do Marfil, Jackson foi coroado "Rei Sani" por un xefe tribal. El agradeceu ós dignatarios en inglés e francés, asinou documentos oficiais formalizando o seu reinado e sentou nun trono dourado mentres presidía danzas cerimoniais.
En xaneiro de 1993, Jackson fixo unha memorable actuación no descanso daSuper Bowl XXVII. Por mor do descenso de interese durante o descanso nos anos anteriores, a NFL decidiu buscar un artista de gran nome que mantivese ós espectadores durante ese tempo, e Jackson foi seleccionado pola súa popularidade e interese mundial.[158] Foi a primeira Super Bowl na que audiencia foi superior durante o descanso que durante o propio partido. O espectáculo comezou con Jackson sendo propulsado ó escenario con foguetes por detrás del. Ó aterrar, mantívose inmóbil co "puño pechado, con postura de estutua en pé", vestido con roupa negra e dourada de estilo militar e lentes de sol; ficou totalmente inmóbil por un minuto. Despois quitou as lentes e lanzounas a un lado, e cantou catro cancións: "Jam", "Billie Jean", "Black or White" e "Heal the World".Dangerous subiu 90 posicións nas listas de álbums.[96]
En febreiro de 1993, Jackson recibiu o premio "Living Legend" na35ª edición dos Grammy nos Ánxeles. "Black or White" foi nomeado ó Grammy á mellor interpretación vocal. "Jam" gañou dous nomeamentos: mellor intepretación de R&B e mellor canción de R&B.[150]Dangerous gañou o Grammy ó mellor arranxo - non clásico, premiando o traballo de Bruce Swedien e Teddy Riley. No mesmo ano, Michael Jackson gañou tres American Music a álbum favorito de Pop/Rock (Dangerous), sinxelo favorito de Soul/R&B ("Remember the Time") e foi o primeiro en gañar o International Artist, polos seus espectáculos e compromisos humanitarios. Este premio recibiría o seu nome no futuro.[54][119][159]
1993–94: Primeira acusación de abusos sexuais a menores e primeiro matrimonio
O 10 de febreiro de 1003, Jackson ofreceu unha entrevista de 90 minutos aOprah Winfrey, a súa segunda entrevista de televisión dende 1979. Fixo unha carantoña ó falar do abuso na infancia a mans do seu pai, confesou que crera perder os seus anos da infancia e admitiu que a miúdo choraba de soidade. Negou os rumores dos tabloides que dicían que mercara os ósos dohome elefante, que durmía nunha cámara de osíxeno, ou que clarexara a súa pel, confirmando por primeira vez que padecíavitilixe.Dangerous volveu entrar nas listas de álbums top 10, máis que o ano anterior, o do seu lanzamento orixinal.[28][96][150]
No verán de 1993, Jackson foi acusado deabuso sexual infantil por un neno de trece anos chamado Jordan Chandler e polo seu pai,Evan Chandler, un dentista.[160][161][162] A familia de Chandler esixiu un pagamento en compensación por parte de Jackson, ó que nun principio se negou o cantante. Posteriormente, Jordan Chandler díxolle á policía que Jackson abusara sexualmente del.[163] Evan Chandler foi gravado mentres falaba da súa intención de presentar cargos, dicindo, "Se sigo adiante con isto, gañarei ó grande. Non hai forma de que perda. Conseguirei todo o que queira e el quedará destruído para sempre..... A carreira de Michael rematará". Porén, a nai de Jordan, estaba convencida de que nunca houbera malas accións por parte de Jackson.[162] Jackson usou a gravación para argumentar que estaba a ser vítima dun pai envexoso cuxo único obxectivo era conseguir cartos a súa costa.[162] En xaneiro de 1994, despois de ser investigada a alegación de extorsión, o fiscal do distrito dos Ánxeles, Michael J. Montagna, declarou que Chandler non podía ser acusado, entre outros motivos, por mor da falta de cooperación de Jackson e á súa vontade de negociar con Chandler durante varias semanas.[164]
En agosto de 1993, a casa de Jackson foi rexistrada pola policía, quen segundo os documentos do xulgado, atopou libros e fotografías na súa habitación onde saían nenos con pouca roupa.[165] Dado que os libros eran legais, tanto para mercar como para posuír, o xurado decidiu non acusar a Jackson.[166] En decembro de 1993, Jackson foi inspeccionado espido.[167] Jordan Chandler dera unha descrición á policía das partes íntimas de Jackson, e a inspección revelou que Jordan describira correctamente que Jackson tiña nádegas de cor irregular, pelo pubiano curto e testículos de cor rosa e marrón.[167][168] Malia os diferentes informes internos de fiscais e investigadores[169] e as posteriores declaracións do xurado que dicía que as fotografías non concordaban coa descrición[170][171][172] o fiscal declarou baixo xuramento que cría na veracidade e exactitude da declaración,[173] así como tamén o fixo o fotógrafo do shériff.[174] Unha moción de 2004 presentada pola defensa de Jackson afirmou que este nunca fora acusado penalmente por un gran xurado e que non se atoparan probas de conduta criminal ou malas prácticas.[175]
Os amigos de Jackson dixeron que nunca se recupou da humillación da inspección espido. A investigación foi inconcluente e nunca se presentaron cargos.[176] Jackson fixo unha declaración pública na que proclamou a súa inocencia.[160][167][177] O 1 de xaneiro de 1994, Jackson chegou a un acordo coa familia Chandler fóra dos tribunais por $22 millóns. O gran xurado do Condado de Santa Barbara e o gran xurado do condado dos Ánxeles disolveuse o 2 de maio de 1994 sen acusar a Jackson,[178] e os Chandler deixaron de colaborar coa investigación o 6 de xullo de 1994.[179][180][181] O documento do acordo fóra de tribunais dispuña que Jackson non cometera ningunha mala práctica e non se facía responsable. Os Chandler e o avogado da familia, Larry Feldman, asinárono sen ningunha disputa.[182] Feldman tamén afirmaba explicitamente que "ningúen mercaba o silencio doutro".[183] Unha década despois, durante a segunda acusación de abusos sexuais a menores, os avogados de Jackson presentarían un arquivo que demostraba que o acordo se fixo sen o seu consentimento.[180] Unha posterior descrición doFBI a partir dos recompilados durante 20 anos, levou ó avogado de Jackson a suxerir que non existían proas de comportamento molesto ou sexual de Jackson cara ós menores.[184] Segundo documentos doDCFS que investigou a Jackson en 1993 no caso de Chandler, e de novo en 2003, non existen probas fiables de conduta abusiva.[185][186]
En maio de 1994, Jackson casou conLisa Marie Presley, a filla deElvis ePriscilla Presley. Coñecéranse en 1975, cando Lisa Marie con sete anos asistiu a unha celebración da familia Jackson noMGM Grand Hotel and Casino, e volvéronse coñecer a través dun amigo común.[187] Segundo un amigo dos Presley, "a súa amizade como adultos comezou en novembro de 1992 nos Ánxeles".[188] Mantiveron o contacto cada día a través do teléfono. Cando as acusacións de abuso a menores se fixeron públicas, Jackson comezou a depender de Presley e do seu apoio emocional; ela estaba preocupada pola súa saúde cambiante e a súa adicción ós medicamentos.[189] Presley explicou, "Crin que non fixo nada malo e que foi inxustamente acusado e si, comecei a namorarme del. Quería salvalo. Sentín que podía facelo."[190] Posteriormente, persuadiuno de chegar a un acordo civil fóra dos tribunais e de ir a rehabilitación para recobrar a saúde.[189]
Jackson propúxose a Presley por teléfono en outuno de 1993, dicíndolle "Se che pregunto de casar, que me dirías?"[189] Casaron en segredo naRepública Dominicana, negándoo durante os dous meses seguintes.[191] O seu matrimonio era, en palabras dela, "unha vida de parella casada..... e sexualmente activa".[192] No seu momento, os medios especularon que a voda era unha montaxe para mellorar a imaxe pública de Jackson.[191] O matrimonio durou menos de dous anos e rematou cun acordo amigábel.[193] Nunha entrevista con Oprah, Presley admitiu no 2010 que continuaron catro anos máis despois do divorcio "volvendo xuntos e rompendo" de xeito continuado ata que ela decidiu parar.[194]
En 1995, Jackson fusionou o seu catálogo de música ATV co da música de Sony creandoSony/ATV Music Publishing. Jackson retivo a metade da propiedade da compañía, gañando $95 millóns por adiantado e os dereitos de aínda máis cancións.[195][196] Estreou un álbum dobreHIStory: Past, Present and Future, Book I. O primeiro disco,HIStory Begins, foi un álbum de quince grandes éxitos, e foi reeditado comoGreatest Hits: HIStory, Volume I en 2001, mentres que o segundo disco,HIStory Continues, contiña trece novas cancións e dúas cancións versionadas. Debutou como número un nas listas de álbums e foi certificado para sete millóns de envíos nos Estados Unidos.[197] É o álbum múltiple mellor vendido de tódolos tempos, con 20 millóns de copias (40 millóns de unidades) vendidas en todo o mundo.[149][198]HIStory recibiu un nomeamento ós Grammy como Mellor álbum do ano.[199]
O primeiro sinxelo lanzado foi "Scream/Childhood". "Scream" foi un dueto xunto coa súa irmá máis novaJanet. A canción é un ataque ós medios, principalmente polos agravios que lle causaron durante as acusacións de abusos en 1993. O sinxelo tivo o debut máis alto daBillboard Hot 100, no número 5, e reiciu un nomeamento ós Grammy pola "Mellor colaboración vocal pop".[199] "You Are Not Alone" foi o segundo sinxelo lanzado deHIStory; mantén oRécord Guinness por ser a primeira canción en debutar no número un na listaBillboard Hot 100.[200] Está considerado un grande éxito artístico e comercial, e recibiu un nomeamento ós Grammy á "Mellor interpretación vocal pop".[199]
A finais de 1995, Jackson foi trasladado ó hospital despois de colapsar durante uns ensaios para unha actuación televisada; o incidente foi causado por unataque de pánico relacionado co estrés.[201] "Earth Song" foi o terceiro sinxelo lanzado deHIStory, e copou as listas do Reino Unido durante seis semanas e o Nadal de 1995; vendeu un millón de copias, converténdose no sinxelo máis exitoso de Jackson no Reino Unido.[199] A pista "They Don't Care About Us" fíxose controvertida cando aLiga Antidifamación e outros grupos a criticaron por parecer as súas letrasantisemitas. Jackson axiña sacou unha versión revisada da canción sen as partes ofensivas.[202] En 1996, Jackson gañou o Grammy polo Mellor vídeo musicalpor "Scream" e un American Music Award ó mellor artista masculino Pop/Rock favorito.[54][203]
O álbum foi promovido co exitosoHIStory World Tour. A xira comezou o 7 de setembro de 1996 e rematou o 15 de outubro de 1997. Jackson realizou 82 concertos en 58 cidades a máis de 4,5 millóns de fans, e gañou un total de $165 millóns. O espectáculo, que pasou polos cinco continentes e por 35 países, converteuse no máis exitoso en termos de audiencia.[125] Durante a xira, Jackson casou coa súa amigaDeborah Jeanne Rowe, enfermeira dermatóloga, nunha cerimonia improvisada enSidney, Australia. Nesa época, Rowe estaba embarazada de aproximadamente seis meses do primeiro fillo da parella. Orixinalmente, Rowe e Jackson non tiñan plans de casar, pero a nai de Jackson, Katherine, persuadiunos para que o fixeran.[204]Michael Joseph Jackson Jr (comunmente coñecido como Prince) naceu o 13 de febreiro de 1997; e a súa irmáParis-Michael Katherine Jackson naceu un ano despois o 3 de abril de 1998.[193][205] A parella divorciouse en 1999, e Jackson obtivo a custodia completa dos nenos. O divorcio foi relativamente amigábel, xa que o tema da custodia non se resolveu totalmente ata 2006.[206][207]
Michael Jackson no Festival de Cannes de 1997, na estrea do vídeo musical Ghosts.
Co cambio de século, Jackson gañou unPremio American Music como Artista da década de 1980.[212] No 2000 e 2001, Jackson traballou no estudio con Teddy Riley eRodney Jerkins, así como con outros colaboradores. Esas sesións darían como resultado un novo álbum,Invincible, lanzado en outubro de 2001.Invincible foi o primeiro disco composto completamente de temas novos dende había seis anos, e sería o seu derradeiro álbum con novo material mentres estivo vivo. A estrea deste álbum estivo precedida pola disputa entre Jackson e a súa discográfica,Sony Music Entertainment. Jackson agardaba as licenzas dos másters dos seus álbums revertesen nel a comezos do 2000. Unha vez que tivese as licenzas, el sería quen de promover o material e manter tódolos beneficios. Porén, por mor das cláusulsa do contrato, a data de reversión de licenzas estaba a varios anos máis de distancia. Jackson descubriu que o avogado que o representaba a el tamén estaba a representar a Sony.[209] Jackson tamén descubriu o feito de que Sony, durante varios anos, estivera a apertar para que vendese a súa parte no catálogo musical que compartían. Jackson temía que Sony puidese ter un conflito de intereses, xa que se a súa carreira caía, teríalles que vender a súa parte do catálogo a un prezo máis baixo.[213] Jackson buscou unha saída prematura do contrato.[209]
En setembro de 2001, dousconcertos do 30 aniversario foron realizados no Madison Square Garden para conmemorar os 30 anos de carreira como artista en solitario. Jackson apareceu nun escenario xunto cos seus irmáns por primeira vez dende 1984. No espectáculo tamén actuaronMýa,Usher,Whitney Houston,'N Sync,Destiny's Child,Monica, Luther Vandross eSlash, entre outros artistas.[214] O segundo dos dous espectáculos celebrouse a noite anterior ósatentados do 11 de setembro de 2001.[215] Despois desa data, Jackson axudara a organizar o concerto benéficoUnited We Stand: What More Can I Give, que tivo lugar noRFK Stadium deWashington, D.C. Celebrouse o 21 de outubro de 2001, e incluíu actuacións de ducias de grandes artistas, que interpretaron a canción "What More Can I Give".[213] As actuacións en solitario de Jackson foron omitidas na versión televisada do concerto, mais apareceu cantando nos coros. Esta omisión debeuse a temas contractuais cos anteriores concertos do 30 aniversario: estes, foron fusionados nun especial de dúas horas tituladoMichael Jackson: 30th Anniversary Celebration que se estreou en novembro de 2001.
Malia os eventos que precederon á estrea do álbum,Invincible lanzouse en outubro de 2001 con moita expectación. Probou ser todo un éxito, debutando no máis alto das listas de 13 países e vendendo aproximadamente 13 millóns de copias internacionalmente. Recibiu dobre disco de platino nos Estados Unidos.[146][149] Pero as vendas deInvincible foron menores que as dos seus anteriores traballos por varios motivos: tivo menos promoción, non tivo unha xira mundial que o apoiase e as disputas coa discográfica. Tamén hai que subliñar que era unha mala época para a industria da música en xeral.[213] A gravación custou uns $30 millóns, sen incluír os cutos de promoción.[216]Invincible lanzou tres sinxelos, "You Rock My World", "Cry" e "Butterflies", este último sen vídeo musical. Jackson alegou en xullo de 2002 que Mottola era un "devil" e un "racista" que non apoiaba ós artistas afroamericanos, usándoos soamente para o seu beneficio persoal.[213] Acusou a Mottola de chamar ó seu colegaIrv Gotti "negrata gordo".[217] Sony rexeitou renovar o contrato con Jackson, e argumentou que a campaña de promoción fallara porque Jackson se negara a facer unha xira nos Estados Unidos.[216]
No 2002, Michael Jackson gañou o seu American Music Award número 22, desta volta como mellor artista do século.[218] Ese mesmo ano, naceu o terceiro fillo de Jackson,Prince Michael Jackson II (alcumado "Blanket").[219] A identidade da nai é descoñecida, mais Jackson dixo que o neno foi o resultado dunhainseminación artificial do seu propio esperma nunhanai de alugamento.[206] O 20 de novembro dese ano, Jackson ensinou ó seu neno ós fans da rúa a través do balcón doHotel Adlon de Berlín. Sosténdoo co seu brazo dereito e cun livián pano sobre a cara do cativo, Jackson ergueno brevemente por riba da reixa, a catro andares de altura sobre a rúa, causando moitas críticas nos medios. Jackson pediu desculpas polo incidente, chamándoo "un terrible erro".[220] Sony lanzouNumber Ones, unha compilación dos grandes éxitos de Jackson en CD e DVD. Nos Estados Unidos, o álbum conseguiu triplo platino polo RIAA; no Reino Unido obtivo seis platinos e vendeu 1,2 millóns de copias.[146][221]
2003–05: Segunda acusación de abusos sexuais a menores e absolución
A comezos de maio de 2002, Jackson concedeu a gravación dun filme documental, conducido polo británicoMartin Bashir, que consistía nun seguimento constante da súa vida. O equipo de rodaxe de Bashir estaba con Jackson durante o "incidente co bebé" en Berlín. O programa foi emitido en marzo de 2003 comoLiving with Michael Jackson, que resultou ser un retrato pouco eloxioso para o cantante.
Nunha escena particularmente controvertida, Jackson aparece cun rapaz mozo e falando das disposicións para durmir na súa casa.[222] Tan axiña como foi emitido, a oficina legal do condado de Santa Barbara comezou unha investigación criminal. Despois dunha exploración inicial doLAPD e dos Servizos de Protección ó menor en febreiro de 2003, chegaron á conclusión de que as acusacións eran "infundadas".[223] Despois de que o rapaz que aparece no documental e a súa nai contaran ós investigadores que Jackson tivera un comportamento inapropiado con el, Jackson foi arrestado en novembro de 2003, e foi acusado de sete cargos de abusos sexuais e dous cargos de administración de alcohol ó rapaz de 13 anos que sae no filme.[222] Jackson negou as acusacións, dicindo que as súas festas de pixamas non eran sexuais. O xuízoPeople v. Jackson comezou o 1 de xaneiro de 2005 enSanta Maria, California, e durou cinco meses, ata finais de maio. O 13 de xuño de 2005, Jackson foi absolto de tódolos cargos.[224][225][226] Despois do xuízo, mudouse á illa deBahrain, noGolfo Pérsico, como convidado deSheikh Abdullah.[227] Bahrain era o lugar onde a familia pretendía enviar a Jackson se era declarado culpable (malia que Jackson non sabía nada do plan), de acordo cunhas declaracións de Jermaine Jackson aThe Times en setembro de 2011.[228]
2006–09: Peche de Neverland, últimos anos eThis Is It
En marzo de 2006, a mansión do rancho de Neverland foi pechada como unha medida de aforro de gastos.[229] Publicáronse numerosas reportaxes que aseguraban que Jackson tiña problemas financeiros. Jackson tivo problemas cos pagos de $270 millóns do seguro das súas propiedades musicais, malia que esas propiedades lle proporcionaban uns $75 millóns ó ano.[230] OBank of America vendeu a súa débeda aFortress Investments. Sony propuxo un acordo de re-estruturación que lles puidera permitir unha futura posibilidade de mercar a metade das participacións de Jackson (deixandolle con só un 25%).[196] Jackson accedeu a un acordo de financiamento con Sony en abril de 2006, pero os detalles exactos non se fixeron públicos.[231] Naquela época, Jackson non tiña contrato de gravación con ninguna outra discográfica que substituíse a Sony.
A comezos de 2006, anunciouse que Jackson asinara un contrato coa discográfica deBahrain Two Seas Records. Porén, nada se soubo do acordo, e o responsable de Two Seas, Guy Holmes, declarou que este nunca se acabara de realizar.[23][232] No 2006, Sony sacou á venda 20 sinxelos dos anos 1980 e 1990 baixo a serieMichael Jackson: Visionary, que se convertería nunhacaixa recompilatoria. Como resultado, moitos sinxelos volveron ás listas musicais. En setembro de 2006, Jackson e a súa exmuller Debbie Rowe confirmaron que fixaran os termos dunha custodia de longa duración dos seus nenos, mais eses termos nunca se fixeron públicos. Jackson continuou a ser o pai responsable dos dous fillos da parella.[207] En outubro de 2006, o xornalista deFox News Roger Friedman informou de que Jackson estivera a gravar nun estudio rural enWestmeath, Irlanda. Descoñecíase que Jackson puidese estar a traballar de novo dende que o seu publicista declarara que deixara Two Seas.[23][233]
En novembro de 2006, Jackson invitou a un cámara deAccess Hollywood ó estudio de Westmeath, e aMSNBC difundíu a historia de que estaba a traballar nun novo álbum, producido porwill.i.am deThe Black Eyed Peas.[149] Jackson actuou nosWorld Music Awards, en Londres o 15 de novembro de 2006, e aceptou un Diamond Award por vender 100 millóns de copias.[149] Volvería ós Estados Unidos despois do Nadal de 2006 para asistir ó funeral deJames Brown enAugusta, Xeorxia. Eloxiou ó artista finado dicindo que "James Brown é a miña maior inspiración".[234] Na primavera de 2007, Jackson e Sony sumaron forzas para mercar outra compañía de dereitos de publicación:Famous Music LLC, antigamente propiedade deViacom. Este trato deulle os dereitos de cancións deEminem,Shakira eBeck, entre outros.[235] Durante o perídodo seguinte, Jackson gravou en Nova York co cantautor e produtor will.i.am, e tamén nasVegas cos produtoresAkon eRedOne.[236][237] En marzo de 2007, Jackson concedeu unha breve entrevista áAssociated Press en Toquio, na que dixo que "Estiven na industria do entretemento dende que tiña seis anos, e como diríaCharles Dickens, 'Foi o mellor dos tempos, foi o peor dos tempos.' Pero non cambiaría a miña carreira... Aínda que algúns teñan feito intentos deliberados de me facer dano, tómoo con calma, porque teño unha familia amorosa, unha forte fe e amigos marabillosos e fans que me apoiaron e seguirán apoiándome."[238]
En marzo de 2007, Jackson visitou o posto do Exército dos Estados Unidos no Xapón,Camp Zama, para animar a 3.000 soldados e as súas familias. Os anfitrións presentaron a Jackson un Certificado de Aprecio pola súa devoción polas tropas e as súas familias.[239]
En setembro de 2007, Jackson estaba aínda traballando con will.i.am, mais o álbum aparentemente nunca foi rematado.[240] Porén, no 2008, Jackson e Sony lanzaronThriller 25 para conmemorar o 25 aniversario doThriller orixinal. Neste álbum incluíuse a non estreada canción "For All Time" (tomada das gravacións orixinais) así como mesturas, onde Jackson colaborou con outros artistas máis novos que foron inspirados polo seu traballo. Dous dos remixes foron lanzados como sinxelos, cun éxito modesto: "The Girl Is Mine 2008" (conwill.i.am) e "Wanna Be Startin' Somethin' 2008" (conAkon). O primeiro deles, baséase nunha versión demo anterior, xunto conPaul McCartney. O álbum en si mesmo foi un éxito.[241][242] Na expectativa do seu 50 aniversario, Sony BMG lanzou un álbum de grandes éxito chamadoKing of Pop. Versións lixeiramente diferentes foron estreadas en varios países, baseadas en enquisas ós fans locais.[243]King of Pop acadou o top 10 en moitos países, e tivo unhas vendas iportantes noutros (como os Estados Unidos).[244][245]
Vista aérea de parte do Rancho Neverland, preto de Los Olivos, California.
A finais de 2008, Fortress Investments ameazou con pechar oRancho Neverland, que Jackson usaba como garantía de préstamos que ascendían a varios millóns de dólares. Porén, Fortress optou por vender as débedas de Jackson aColony Capital LLC. En novembro, transferiu a propiedade do Rancho Neverland a Sycamore Valley Ranch Company LLC, que era un ben común entre Jackson e Colony Capital LLC. Este acordo resolveu a débeda de Jackson, e conseguiu $35 millóns extras. No momento da súa morte, Jackson aínda posuía unha parte de Neverland/Sycamore Valley, pero descoñécese o tamaño desa parte.[246][247][248] En setembro de 2008, Jackson comezou negociacións conJulien's Auction House para poxar unha gran colección de obxectos que se compuña de 1.390 lotes. A poxa estaba prevista para celebrarse entre o 22 e o 25 de abril.[249] A exhibición dos lotes fíxoseo 14 de abril, mais a poxa foi cancelada por solicitude de Jackson.[250]
En marzo de 2009, Jackson celebrou unha conferencia de prensa noO2 Arena de Londres e anunciou o seu regreso ós escenarios nunha serie de concertos tituladosThis Is It. Esta xira sería a primeira gran serie de concertos dende HIStory World Tour en 1997. Jackson suxeriu un posible retiro despois del; dixo que sería a "derradeira saída a escena". O plan orixinal supuña 10 concertos en Londres, seguidos por espectáculos en París, Nova York eMumbai. Randy Phillips, presidente e xefe executivo de AEG Live, declarou que as primeiras 10 citas poderían facerlle gañar uns £50 millóns.[251] A permanencia en Londres alongouse no tempo a 50 citas, despois de que se romperan os récords de venda de entradas: un millón en só dúas horas.[252] Jackson ensaiou nos Ánxeles as semanas antes do comezo da xira baixo a dirección do coreógrafoKenny Ortega. Moitos dos seus ensaios tiveron lugar noStaples Center, que era propiedade de AEG.[253] Os concertos deberían comezar o 13 de xullo de 2009 e rematar o 6 de marzo de 2010. Menos de tres semanas antes do primeiro espectáculo en Londres, e con todas as entradas vendidas, Jackson morreu despois de sufrir un fallo cardíaco.[254]
A primeira canción lanzada despois da súa morte foi "This Is It", que Jackson escribiu xunto conPaul Anka na década de 1980. Non estaba no programa de concertos, e a gravación estaba baseada nunha cinta demo. Os seus irmáns reuníronse nun estudio por vez primeira dende 1989 para facer os coros. O 28 de outubro de 2009, un filme documental sobre os ensaios tituladoMichael Jackson's This Is It foi estreado.[255] Malia que só tivo unha duración nos cines de dúas semanas, converteuse no filme documental con máis recadación de tódolos tempos, con ganancias de máis de $260 millóns en todo o mundo.[256] O patrimonio de Jackson recibiu o 90% dos beneficios.[257] NosAmerican Music Awards de 2009, Jackson gañou catro premios póstumos, dous para el e outros dous para o seu álbumNumber Ones, conseguindo en total 26 premios American Music.[258][259]
Os fans acudiron en masa ata a estrela de Jackson noPaseo da Fama de Hollywood, adornándoo con flores e notas no día da súa morte.
O 25 de xuño de 2009, Jackson morreu na cama na súa mansión do 100 North Carolwood Drive enHolmby Hills, un distrito dos Ánxeles. Os intentos de reanimación de Conrad Murray, o seu médico persoal, non produciron efecto.[260] Os paramédicos doDepartamento de Bombeiros dos Ánxeles recibiron unha chamada 911 ás 12:22 (PDT, 19:22 UTC), e tres minutos despois chegaron onde Jackson.[261][262] Segundo os informes, non respiraba e foille realizada unhaRCP.[263] Os intentos de reanimación continuaron de camiño óRonald Reagan UCLA Medical Center, e case unha hora despois de chegar, ata as 13:13 (20:13 UTC). Foi declarado morto ás 2:26 (21:26 UTC).[264][265] A morte de Jackson provocou unha reacción mundial de pesar.[260]
A nova espallouse axiña pola rede, causando que as páxinas web funcionasen máis lentas ou se bloqueasen por sobrecarga de usuarios. TantoTMZ comoLos Angeles Times sufriron cortes.[266] DendeGoogle, creuse nun primeiro momento que as millóns de pescudas de "Michael Jackson" significaba que o motor de busca estaba baixo unataque DDoS, e bloqueron as buscas relacionadas con Michael Jackson durante 30 minutos. Twitter informou de fallo do sistema, como tamén o fixo Wikipedia ás 15:15 PDT (22:15 UTC).[267] AFundación Wikimedia informou de que as visitas do artigo de Jackson chegaron a un millón en só unha hora, que con toda probabilidade foi o meirande número de visitas que recibiu un artigo nunha soa hora na historia da Wikipedia.[268]AOL Instant Messenger colapsou por 40 minutos. AOL chamouno un "momento crucial na historia de Internet", e engadiu, "Nunca viramos nada como isto en termos de alcance ou profundidade".[269]
Arredor do 15% dos chíos de Twitter, ou 5.000 chíos por minuto, mencionaron a morte de Jackson despois de coñecerse a nova,[270][271] comparado co 5% que mencionaron as Eleccións iranianas ou apandemia de gripe A que copou os titulares a comezos de ano.[271] Ademais, otráfico web pasou do 11% a un 20% máis alto do normal.[270][272]MTV eBET emitiron maratóns dos vídeos musicais de Jackson.[273] Os especiais de Jackson emitíronse en moitas canles de televisión de todo o mundo.
A tumba de Jackson na Holly Terrace do Great Mausoleum, Forest Lawn Glendale.
O enterro de Jackson celebrouse o7 de xullo de 2009, noStaples Center dos Ánxeles, precedido por un velorio familiar no Forest Lawn Memorial Park's Hall of Liberty. Por mor da gran demanda, organizaron un sistema de lotaría para a distribución dos billetes de entrada para membros do público. 1,6 millóns de fans solicitaron os billetes no período de dous días nos que o rexistro estivo aberto. 8.750 nomes foron elixidos ó chou para decidir quen distribuía os billetes.[274] O ataúde de Jackson estivo presente durante o enterro pero non foi revelada información sobre a disposición do corpo. O servizo de enterro foi un dos eventos máis vistos en rede en toda a historia.[275] A audiencia dos Estados Unidos estimouse en 31,1 millóns, unha cifra comparable á dos 35,1 millóns que viron o funeral do presidenteRonald Reagan en 2004, e ós 33,1 millóns de americanos que viron o funeral de 1997 da PrincesaDiana de Gales.[276]
Mariah Carey,Stevie Wonder,Lionel Richie,John Mayer,Jennifer Hudson,Usher,Jermaine Jackson eShaheen Jafargholi actuaron durante o evento.Berry Gordy eSmokey Robinson dedicáronlle eloxios, mentresQueen Latifah leu "We had him", un poema escrito para a ocasión porMaya Angelou.[277] Un dos momentos máis lembrados do enterro foi cando a filla de 11 anos de Jackson, Paris Katherine, se dirixiu publicamente á multitude e dixo, "Dende que nacín, Papá foi o mellor pai que podería imaxinar... Só quero dicir que o quero... moito".[278][279] O reverendo Lucious Smith dedicou unha oración de peche.[280] O 24 de agosto, diversos medios recibiron avisos anómimos que afirmaban que o forense dos Ánxeles decidira tratar a morte de Jackson como un homicidio; máis tarde sería confirmado polo propio forense o 28 de agosto.[281][282] No momento anterior á súa morte, a Jackson fóralle administradopropofol,lorazepam emidazolam.[283]Os oficiais de policía realizaron unha investigación criminal contra o seu médico persoal, Conrad Murray, que foi acusado de homicidio involuntario polos fiscais dos Ánxeles o 8 de febreiro de 2010.[284] O corpo de Jackson foi soterrado o 3 de setembro de 2009, no Forest Lawn Memorial Park deGlendale, California.[285]
Tributo dos fans de todo o mundo na tumba do Forest Lawn Memorial Park no primeiro aniversario da súa morte.
O 25 de xuño de 2010, no primeiro aniversario da súa morte, os fans viaxaron ós Ánxeles para renderlle tributo. Visitaron a estrela de Jackson noPaseo da Fama de Hollywood e a súa casa familiar, así como o Forest Lawn Memorial Park. Moitos dos fans levaron flores e outros elementos neses lugares. Os membros da familia Jackson e outros amigos achegados tamén foron presentar os seus respectos.[286][287] A súa nai, Katherine, volveu aGary, Indiana para desvelar un monumento de granito construído no xardín da casa familiar. O velorio continuou cunha vixilia á luz das candeas e unha actuación especial de "We Are the World".[288][289] O 26 de xuño, realizouse unha marcha de protesta en fronte do Departamento de Policía dos Ánxeles e unha recollida de sinaturas con miles de asinantes que demandaban que se fixera xustiza.[290][291] A fundación da familia Jackson, xunto con Voiceplate, presentaron "Forever Michael", un evento no que a familia Jackson, celebridades e fans celebraron o seu legado. Unha parte dos beneficios foron doados a obras caritativas. Katherine tamén presentou o seu libro "Never Can Say Goodbye".[292][293]
Despois da súa morte, Jackson converteuse no artista que máis álbums vendeu de 2009. Só nos Estados Unidos, vendeu uns 8,2 millóns de copias, e arredor de 35 millóns en todo o mundo.[294][295] Jackson converteuse no primeiro artista en conseguir un millón de descargas nunha semana, conseguindo un récord de 2,6 millóns de descargas das súas cancións. Tres dos seus álbums vendéronse máis que calquera outro álbum novo, outro feito que nunca antes se producira.[296] Jackson tamén se converteu no primeiro artista da historia en ter catro álbums entre os 20 máis vendidos nun só ano nos Estados Unidos.[297] Con motivo deste incremento nas vendas, Sony anunciou que alongou a relación con este material. Os dereitos de distribución de Sony Music estaban previstos para expirar no 2015.[298] O 16 de marzo de 2010, Sony Music Entertainment asinou un novo contrato para estender os dereitos sobre o seu catálgo ata 2017, e ademais obtivo o permiso de lanzar ata dez novos álbums con material inédito e novas coleccións do material estreado.[299]
O 4 de novembro de 2010, Sony anunciou o lanzamento deMichael, o primeiro álbum póstumo que se estreou o 14 de decembro dese ano, cun sinxelo promocional titulado "Breaking News".[300] O contrato non tiña precedentes na industria da música e foi o máis caro contrato cun só artista da historia. Este contrato supuña para Sony Music o pago de $250 millóns.[298][301] O creador devideoxogosUbisoft anunciou que estrearía un novo xogo de canto e baile protagonizado por Michael Jackson. O xogo, titulouseMichael Jackson: The Experience, e foi dos primeiros en empregar a tecnoloxíaKinect ePlayStation Move, un sistema de detección de movementos deXbox 360 ePlayStation 3.[302]
O 3 de novembro de 2010, a compañía de espectáculosCirque du Soleil anunciou que estrearíanMichael Jackson: The Immortal World Tour en outubro de 2011 na cidade de Montreal, e que un espectáculo permanente ficaría en Las Vegas.[303] O espectáculo, de 90 minutos, combina o repertorio musical e coreográfico máis representativo de Jackson xunto co estilo artítico do Cirque du Soleil, con actuacións baile e acrobacias aéreas de 65 artistas.[304] A xira foi escrita e dirixida porJamie King.[305] O 3 de outubro de 2011, anunciouse o lanzamento do álbum recompilatorioImmortal, o cal contiña unhas 40 gravacións orixinais de Jackson producidas por Kevin Antunes. Un segundo e meirande espectáculo teatral do Cirque, tituladoMichael Jackson: One, foi anunciado o 21 de febreiro de 2013 para ser representado no resortMandalay Bay de Las Vegas. O espectáculo, cuxa produción foi escrita e dirixida porJamie King, comezou a representarse o 23 de maio de 2013, conseguindo un grande éxito da crítica e comercial.[306][307][308][309]
En abril de 2011, o empresario multimillonario e grande amigo de JacksonMohamed Al-Fayed, dono doFulham Football Club, colocou unha estatua de Jackson na parte exterior do estadio do club, oCraven Cottage.[310] Os fans do Fulham sentíronse confundidos pola estatua, xa que non entendían a relevancia de Jackson para o club.[311] Al Fayed defendeu a estatua e díxolles ós fans que podían "ir ó inferno" se non eran quen de aprecialo.[312] A estatua foi retirada en setembro de 2013.[313]
No 2012, nun intento de poñer fin ás disputas familiares,Jermaine Jackson retractouse da súa sinatura nunha carta que se fixo pública na que criticaba ós xestores do patrimonio de Michael Jackson e ós conselleiros da súa nai no concernente á lexitimidade da vontade do seu irmán.[314] T.J. Jackson, fillo de Tito Jackson, foi feito co-titor dos fillos de Michael Jackson despois dos falsos rumores que falaban da desaparición de Katherine Jackson.[315]
O 16 de maio de 2013, o coreógrafoWade Robson delcarou enThe Today Show que Jackson "lle realizara actos sexuais e que o obrigara a facer actos sexuais a el" durante 7 anos, comezando cando Robson tiña 7 anos.[316] Robson testificara no pasado como defensa de Jackson no xuízo de abusos sexuais de 2005.[317] O avogado do patrimonio de Jackson describiu a declaración de Robson como "indignante e patética".[318] A data para a audiencia que determinará se Robson pode demandar o patrimonio de Jackson celebrouse o 2 de xuño de 2014.[319] En febreiro de 2014, oInternal Revenue Service fixo público que o patrimonio de Jackson lles debía $702 millóns, incluíndo $505 millóns en impostos e $197 millóns en sancións despois de que os responsables do patrimonio infravalorasen a fortuna de Jackson[320]
O 31 de marzo de 2014, Epic Records anunciou o lanzamento dun novo álbum con oito cancións de material inédito,Xscape. As cancións foron extraídas de sesións de gravación pasadas.[321] Foi lanzado o 13 de maio de 2014.[322] O 12 de maio de 2014, Jimmy Safechuck, demandou ó patrimonio de Jackson, acusando a Jackson de ter abusado sexualmente del "dende os 10 ata os 14 ou 15 anos" durante a década de 1980.[323] Durante a cerimonia dosPremios Billboard Music 2014 do 18 de maio, unha "pantasma de Pepper" coa aparencia de Jackson, bailou "Slave to the Rhythm", unha canción do segundo álbum póstumo,Xscape.[324]
Unha das estatuas promocionais baseada na estutua orixinal deDiana Walczak, esparexidas por Europa para promoverHIStory.
As raíces musicais de Jackson atópanse noR&B, nopop e nosoul. O seu estilo foi influído polo traballo de artistas comoLittle Richard,James Brown,Jackie Wilson,Diana Ross,Fred Astaire,[325]Sammy Davis, Jr.,[325]Gene Kelly,[326]David Ruffin,[327]The Isley Brothers, osBee Gees e os bailaríns deWest Side Story, ós cales fixo un tributo nos vídeos de "Beat It" e "Bad".[328] SegundoDavid Winters, que se fixo amigo de Jackson no especial de 1971Diana!, o cantante víaWest Side Story case cada semana e era o seu filme favorito.[329][330][331] Little Richard tivo unha importante influencia en Jackson,[332] mais James Brown foi a súa maior inspiración. En referencia a Brown, Jackson declarou: "Dende que era un neno pequeno, non máis de seis anos, a miña nai espertábame sen importar a hora que fose, se estaba a durmir, e sen importar o que estivera facendo, para ver na televisión ó mestre en acción. E cando o vin moverse, quedei abraiado. Nunca vira un artista actuar como James Brown, e dende ese intre souben que era o que quería facer o resto da miña vida grazas a James Brown."[333]
Cando era neno, Jackson debíalle a súa técnica vocal a Diana Ross. Non foi só unha figura materna para el, senón que a observaba acotío nos ensaios. Sobre este tema , Jackson declarou: "Cheguei a coñecela ben. Ensinoume moito. Adoitaba sentar nun recuncho e vela moverse. Ela era arte en movemento. Estudei o seu xeito de moverse, o xeito de cantar, a súa maneira de ser." Nunha ocasión díxolle a Ross: "Quero ser coma ti, Diana." E ela respondeu: "Só sé ti mesmo."[334] Mais Jackson asimilou gran parte estilo vocal de Ross, como o uso das interxecciónsoooh. Dende moi novo, Jackson marcaba a miúdo os seus versos cunha exclamaciónoooh. Diana Ross empregara este efecto en moitas das súas cancións conThe Supremes.[335]
Ó contrario que moitos artistas, Jackson non escribía as súas cancións nun papel. No canto diso, dictáballe a unha gravadora de son, e mentres gravaba, cantaba a canción de memoria.[336] En moitas cancións, como "Billie Jean", "Who Is It" e "Tabloid Junkie", facía beatbox e imitaba os instrumentos usando a súa propia voz. Jackson dixo que era máis doado cantar a liña instrumental, ou cantar o baixo, que tocar os instrumentos reais. Moitos críticos dixeron que a voz distintiva de Jackson era quen de substituír calquera instrumento convincentemente. Steve Huey deAllmusic dixo que, na súa carreira en solitario, a versatilidade de Jackson permitiulle experimentar con varios temas e xéneros.[337] Como músico, variou dende o estilo dance e as baladas de Motown, ótechno,house enew jack swing, ata pezas que incorporan ritmosfunk ehard rock.[133][338]
Jackson en 1988, actuando en directo na súa xira récord Bad.
Segundo Huey,Thriller supuxo un refinamento deOff the Wall; as pistas de dance e rock foron máis agresivas, mentres que as cancións pop e as baladas foron máis suaves e soul.[337] As baladas foron "The Lady in My Life", "Human Nature" e "The Girl Is Mine"; as pezas funk foron "Billie Jean" e "Wanna Be Startin' Somethin'"; e as de estilo post-disco, "Baby Be Mine" e "P.Y.T. (Pretty Young Thing)".[337][338][339][340][341] ConThriller, Christopher Connelly deRolling Stone comentou que Jackson desenvolveu unha grande asociación co tema daparanoia e a imaxinería escura.[341] En "Billie Jean", Jackson canta sobre a obsesión dunha fan que alega que é o pai do seu fillo. En "Wanna Be Startin' Somethin'" ataca os rumores e ós medios de comunicación. "Beat It" fala das bandas da rúa e é unha homenaxe aWest Side Story. Con "Thriller" comezou o seu interese polo tema sobrenatural, un tema que recuperaría nos anos seguintes. En 1985, Jackson co-escribiu o himno da caridade "We Are the World"; os temas humanitarios converteríanse nun tema recorrente das súas letras.
EnBad, o concepto principal de Jackson como amante depredador pode apreciarse en "Dirty Diana".[342] O sinxelo "I Just Can't Stop Loving You" é unha balada de amor, mentres "Man in the Mirror" é un himno á confesión e á resolución. "Smooth Criminal" evoca a asaltos sanguentos, violacións e asasinatos.Stephen Thomas Erlewine de Allmusic dixo queDangerous presenta a Jackson como un individuo paradoxal.[343] Comenta que o álbum é máis diverso que o anterior,Bad, e apela a unha audiencia urbana ó tempo que atrae á clase media con temas como "Heal the World".[343] A primeira metade da gravación é new jack swing, con cancións como "Jam" e "Remember the Time".[344] Este álbum é o primeiro de Jackson en tratar temas sociais; "Why You Wanna Trip on Me", por exemplo, protesta contra a fame mundial, aSIDA, a xente sen fogar e as drogas.[344]Dangerous contén temas de amor multifacético, "In the Closet".[344] A canción do título continúa o tema do amante depredador e do desexo compulsivo.[344] A segunda metade é máis introspectivo, con temas pop-gospel como "Will You Be There", "Heal the World" e "Keep the Faith". Na balada "Gone Too Soon", Jackson fai un tributo ó seu amigoRyan White e a súa difícil situación coa SIDA.[345]
HIStory recrea unha atmosfera de paranoia.[346] O seu contido incide nas dificultades e as disputas públicas que Jackson tivo que padecer pouco antes da súa produción. Nun estilo new jack swing-funk-rock, "Scream" e "Tabloid Junkie", xunto coa balada de R&B "You Are Not Alone", Jackson fala das inxustizas e o illamento que sufriu, e dirixe gran parte da súa rabia contra os medios de comunicación.[347] Na balada introspectiva "Stranger in Moscow", Jackson láiase da súa "caída en desgraza", mentres cancións como "Earth Song", "Childhood", "Little Susie" e "Smile" son pezas pop.[346][347] Na canción "D.S.", Jackson lanza un ataque verbal contraTom Sneddon. Descríbeo como un antisocial, un supremacista branco que quixo "conseguir o meu cu, vivo ou morto". Sobre a canción, Sneddon dixo, "Non lle fixen a honra de escoitala, pero dixéronme que o final remata co son dun disparo". EnInvincible, Jackson traballou co produtor Rodney Jerkins. A gravación foi feita cun soul máis urbano, apreciable en "Cry" e "The Lost Children", con baladas como "Speechless", "Break of Dawn" e "Butterflies", e mesturas de estiloship hop, pop eR&B en "2000 Watts", "Heartbreaker" e "Invincible".[348]
Jackson cantou dende neno, e co paso do tempo, a súa voz e estilo vocal cambiaron notablemente. Entre 1971 e 1975, a voz de Jackson pasou de soprano a tenor alto.[349] O seu rexistro vocal como adulto era de Mi2-Mi♭6. Jackson empregou a técnica do "salouco vocal" en 1973, coa canción "It's Too Late to Change the Time" do álbumG.I.T.: Get It Together xunto cosJackson 5.[350] Jackson non utilizou a técnica do salouco totalmente ata a gravación deOff the Wall: pode verse no vídeo promocional "Shake Your Body (Down to the Ground)".[41] Co lanzamento deOff the Wall a finais da década de 1970, as habilidades de Jackson como vocalista foron moi ben consideradas. Naquela época,Rolling Stone comparou a súa voz coa de Stevie Wonder. A súa análise destaca que "A ben timbrada voz de tenor de Jackson ten unha extraordinaria beleza. Deslízase suavemente nun abraiantefalsete que usa moi atrevidamente".[351][352]
Jackson tamén era coñecido como o Rei dos Vídeos Musicais,[353] e segundo Steve Huey de Allmusic, transformou os vídeos musicais nunha forma de arte e nunha ferramenta de promoción a través de argumentos complexos, coreografías, efectos especiais e aparicións de famosos; ó tempo que crebaba coas barreiras raciais.[337] Antes deThriller, Jackson tiña que esforzarse moito para recibir cobertura da MTV, presuntamente porque era afroamericano.[354] A presión de CBS Records persuadiu a MTV para que comezase a amosar "Billie Jean" e "Beat It", o que supuxo o comezo dunha duradeira colaboración con Jackson, e que outros artistas negros conseguisen recoñecemento.[355] Os empregados de MTV negaron racismo na súa cobertura, ou un intento de presión para mudar a súa postura. MTV mantén que eles reproducían música rock, sen ter en conta a raza.[356] A popularidade dos vídeos de MTV axudou a poñer á relativamente nova canle "no mapa"; o enfoque de MTV cambiaría a prol do pop e do R&B.[355][357] A actuación de Jackson enMotown 25: Yesterday, Today, Forever cambiou a forma dos concertos en directo. A coreografía deThriller converteuse en parte da cultura popular global, sendo representada en filmes da India ou en prisións de Filipinas.[358] O vídeo deThriller marcou o inicio do auxe dos vídeos musicais, e está considerado o vídeo musical máis exitoso de tódolos tempos poloGuinness World Records.[135]
No vídeo de 19 minutos feito para "Bad", dirixido porMartin Scorsese, Jackson comeza a usar acenos e coreografías máis sexuais que non se viran antes no seu traballo. Ocasionalmente tocaba o peito, o abdome ou a entreperna. Cando foi preguntado por Oprah na entrevista de 1993 sobre o motivo polo que o facía, el contestou, "Penso que ocorre subliminalmente" e describiuno como algo non pensado, senón como algo que xurdiu da propia música. Con "Bad" conseguiu diversas valoracións de fans e críticos; a revistaTime describiuno como "infame". No vídeo tamén apareceWesley Snipes; e non sería o único, xa que os seus seguintes vídeos tiveron moitos cameos.[106] Para o vídeo de "Smooth Criminal", Jackson experimentou coa inclinación anti-gravidade chegando a formar un ángulo de 45 graos con respecto do chan, por debaixo do seu centro de gravidade. Para conseguilo, Jackson e uns deseñadores crearon uns zapatos especiais que quedan fixos no escenario, permitíndolle crear o efecto. Malia que o vídeo musical de "Leave Me Alone" non foi oficialmente estrado nos Estados Unidos, en 1989 foi nomeado a tres premiosBillboard Music Video;[359] e ese mesmo ano gañou oLeón de Ouro pola calidade dos efectos especiais usados na súa produción. En 1990, "Leave Me Alone" gañou o Grammy ó mellor vídeo musical.[136]
Recibiu un Premio "MTV Video Vanguard" en 1988 e un Premio "MTV Video Vanguard Artist of the Decade" en 1990 para celebrar os seus logros na arte dende a década de 1980. En 1991, o primeiro premio foi renomeado na súa honra.[150] "Black or White" foi acompañado por un controvertido vídeo, que o 14 de novembro de 1991 se estreou de xeito simultáneo en 27 países ante unha audiencia aproximada de 500 millóns de persoas, o meirande visionado dun vídeo musical naquel intre.[149] No vídeo orixinal había escenas de natureza sexual e imaxes de violencia. As escenas ofensivas nesa versión de 14 minutos foron eliminadas para evitar que o vídeo fose prohibido, motivo polo cal Jackson pediu desculpas.[360] Xunto con Jackson, tamén aparecen no vídeoMacaulay Culkin,Peggy Lipton eGeorge Wendt. Axudou a incorporar o uso demorphing como recurso tecnolóxico dos vídeos musicais.[361]
"Remember the Time" foi unha produción moi elaborada, e converteuse nun dos máis longos do artista, cunha duración de máis de nove minutos. Ambientado noantigo Exipto, caracterízase polo uso de efectos visuais, as aparicións deEddie Murphy,Iman eMagic Johnson, ademais das complexas coreografías.[362] O vídeo do tema "In the Closet" foi a peza audiovisual máis sexualmente provocativa de Jackson. Nel aparece a modeloNaomi Campbell bailando con Jackson. O vídeo foi prohibido en Suráfrica por mor das súas imaxes.[150]
O vídeo musical de "Scream", dirixido porMark Romanek e con deseño de produción de Tom Foden, é un dos mellor valorados pola crítica. En 1995, conseguiu 11 nomeamentos ósMTV Video Music Awards, máis que ningún outro, e gañou nas categorías de "Mellor vídeo de baile", "Mellor coreografía" e "Mellor dirección de arte".[363] A canción e o vídeo son unha resposta ó trato recibido polos medios de comunicación despois das acusacións de abusos sexuais de 1993.[364] Un ano despois, gañou o Grammy como mellor vídeo musical, e pouco despois oGuinness World Records listouno entre os vídeos musicais máis caros nunca feitos, cun custo de $7 millóns.[199][200]
A canción "Earth Song" foi acompañada dun caro e ben recibido vídeo musical que obtivo un nomeamento ós Grammy en 1997. Cunha temática claramente medioambientalista, amosa imaxes de crueldade contra animais, deforestación, polución e guerra. Mediante o uso de efectos especiais, as catástrofes son revertidas, co cal a guerra remata, regresa a vida e os bosques volven medrar.[199][365] Lanzado en 1997 e estreado noFestival de Cannes de 1996,Michael Jackson's Ghosts foi un filme curto escrito por Jackson eStephen King, e dirixido porStan Winston. Ten unha duración de 38 minutos e oGuinness World Record do vídeo musical máis longo da historia.[199][209][366][367]
Os medios téñense referido a Jackson como o "Rei do pop" xa que, ó longo da súa carreira, transformou a industria musical e marcou o camiño da música pop moderna. O escritor doDaily Telegraph,Tom Utley, describiu a Jackson no 2003 como "extremadamente importante" e un "xenio".[368] Ademais, exerceu unha influencia a nivel mundial en toda unha xeración de artistas novos, alén das súas contribucións humanitarias.[202] A música e os vídeos de Jackson axudaron a incrementar a diversidade racial na grella da MTV, levaron á fama a unha canle relativamente pouco coñecida e ampliaron o foco de atención dende o rock á música pop e R&B. A obra musical de Jackson continúa a influír en artistas dehip hop, rock, pop eR&B. BET describiu a Jackson "simplemente como o meirande artista de tódolos tempos" e como alguén que "revolucionou os vídeos musicais e deu bailes como o moonwalk ó mundo. O seu son, estilo, movemento e legado continúan a inspirar a artistas de tódolos xéneros."[369]
A mediados da década de 1980, o crítico da revistaTimeJay Cocks dixo que "Jackson é o máis grande dendeThe Beatles. É o fenómeno individual máis quente dendeElvis Presley. Poida que sexa o artista negro máis popular para sempre". En 1990,Vanity Fair citou a Jackson como o artista máis popular na historia da industria do espectáculo.[136] No 2007, o propio Jackson dixo: "A música foi o meu medio, o meu agasallo a tódolos amantes deste mundo. A través da miña música, sei que vivirei por sempre."[370]
Pouco despois do pasamento de Jackson, o 25 de xuño de 2009, a MTV volveu ó seu formato d vídeos musicais orixinal para facerlle un tributo polo seu traballo.[371] A canle emitiu durante horas os vídeos de Jackson, xunto con especiais en directo e reaccións de personalidades e celebridades. O cambio temporal na programación da MTV culminou a semana seguinte coa retransmisión en directo dos servizos fúnebres de Jackson.[372] No funeral do 7 de xullo de 2009, o fundador deMotown Records, Berry Gordy, proclamouno "o máis grande artista que nunca viviu".[373][374][375]
Michael Jackson foi incluído noPaseo da Fama de Hollywood en 1980 como membro deThe Jacksons e en 1984 como artista en solitario. Ó longo da súa carreira recibiu numerosas honras e galardóns, incluíndo o premio ó artista pop masculino que máis vendeu do milenio nosWorld Music Awards, o premio ó artista do século nosAmerican Music Awards e o premioBambi como artista pop do milenio.[214][376] Foi incluído por dúas veces noSalón da Fama do Rock and Roll, unha como membro de The Jackson 5 en 1997 e outra como artista en solitario no 2001. Tamén foi incluído noutros moitos paseos da fama, como noVocal Group Hall of Fame (sendo membro deThe Jackson 5) en 1999, e noSalón da Fama dos Compositores no 2002.[214] No 2010, Jackson foi incluído no Salón da Fama do Baile como primeiro bailarín do mundo de pop e rock 'n' roll.[377] No 2014, Jackson foi incluído noSalón da Fama do Rhythm and Blues; unha honra que o seu pai, Joe Jackson, aceptou no seu lugar.[378]
Entre os seus premios hai variosGuinness World Records,[379] 13Premios Grammy (así como unGrammy Legend e oGrammy á carreira artística), 26American Music Awards (incluíndo o "Artista do Século" e "Artista da década de 1980"), máis que ningún outro artista, 13 números un nas listas musicais dos Estados Unidos, máis que ninguén na era dos Hot 100[380] e 400 millóns de copias vendidas en todo o mundo,[381][382] o que o converteu no artista que máis discos vendeu en toda a historia.[383][384][385][386][387] O 29 de decembro de 2009, a American Film Institute recoñeceu a morte de Jackson como "momento de importancia", xa que a "repentina morte de Michael Jackson en xuño á idade de 50 anos foi notable pola tristura internacional e o eloxio global e sen precedentes do seu concerto póstumo en forma de filmesThis Is It."[388]
Estímase que Michael Jackson gañou arredor de $750 millóns na súa vida.[389] As vendas das súas gravacións e da música de Sony valéronlle uns $300 millóns en dereitos. Ademais, gañou arredor de $400 millóns máis dos concertos, publicacións musicais (como a súa parte no catálogo de the Beatles) merchandising e vídeos musicais. A estimación de cantos deses cartos foron directamente ó peto de Jackson é difícil de facer, xa que deben terse en conta os impostos, os custos de gravación e de produción.[390]
Houbo varias estimacións da riqueza neta de Jackson, que ían dende débedas de $285 millóns a $350 millóns en positivo.
Riqueza estimada de Michael Jackson ó longo dos anos
$550 millóns ($100 millóns en propiedades, incluíndo o rancho Neverland; as residencias de Encino e Las Vegas e outras propiedades, alén dos $450 millóns en dereitos musicais)
$567,6 millóns (incluíndo o 50% do catálogo de Sony/ATV, valorado en $390,6 millóns, Neverland valorado en $33 millóns, coches, antigüidades e outras propiedades $20 millón, e $668.215 en efectivo)
$331 millóns
$236 millóns
Estimación da situación financeira de Michael Jackson de marzo de 2007 realizada por Thompson, Cobb, Bazilio & Associates.[393]
O 26 de xullo de 2013, os executores do patrimonio de Michael Jackson presentaron unha petición óUnited States Tax Court por mor dunha disputa coInternal Revenue Service (IRS) sobre os impostos federais gravados sobre o patrimonio de Jackson no momento da súa morte. Os executores do patrimonio reclamaron que o patrimonio tiña un valor de $7 millóns. O IRS afirmou que o patrimonio estaba por riba de $1,1 billóns, e que existía unha débeda de máis de $700 millóns en concepto de impostos federais.[394][395]
↑Browne, David (29 de novembro de 1991)."Michael Jackson's Black or White Blues".Entertainment Weekly. Arquivado dendeo orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2013.[A] highly placed source at MTV says the network was obligated to refer to Jackson on air as theKing of Pop in order to be allowed to show "Black or White."
↑"Leva a coroa como Rei do Pop porque ningún artista foi quen de superar o seu récord de vender preto de 60 millóns de copias dun único álbum (Thriller)", en (Lewis 2005, p. 3)
↑Daniel Schechter, Erica Willheim (2009). "The Effects of Violent Experience and Maltreatment on Infants and Young Children". InCharles H. Zeanah (Ed.).Handbook of Infant Mental Health—3rd Edition. New York: Guilford Press, Inc. páxinas 197–214.
↑Abimboye, Demola (5 de xullo de 2009)."The Man, His Weird Ways".Newswatch. Arquivado dendeo orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 24 de outubro de 2009.
↑Press references to Jackson as a music "king" appeared as early as 1984 after he swept theGrammy Awards, and "king of pop" appeared as early as 1987. MTV andFox used the title in joint press releases and ads for the "Black or White" video at Jackson's request, but MTV denied a report that VJs were required to use it on-camera. Writers described the title as self-proclaimed from then on.
↑Arar, Yardena (29 de febreiro de 1984). "Michael Jackson coronated latest king of rock 'n' roll".Boca Raton News. p. 7A.
↑"Is the thrill gone for singer Michael Jackson?".Sacramento Bee. 27 de xullo de 1987. p. B3.
↑Browne, David (29 de novembro de 1991). "Michael Jackson's Black or White Blues".Entertainment Weekly.
↑Carter, Kelley L. (10 de agosto de 2008)."New jack swing".Chicago Tribune. Arquivado dendeo orixinal o 11 de xuño de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2010.
↑Orth, Maureen (1 de maio de 2005).The Importance of Being Famous: Behind the Scenes of the Celebrity-Industial Complex. Henry Holt and Company. p. 331.ISBN978-0-8050-7847-3.
↑"Top 100 Albums (Page 2)". Recording Industry Association of America. Arquivado dendeo orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 16 de abril de 2008.
↑Heyliger, M."Thriller by Michael Jackson". Consumerhelpweb.com. Arquivado dendeo orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 12 de marzo de 2011.Not many artists could pull off such a variety of styles (funk, post-disco, rock, easy listening, ballads) back then....
↑Harrington, Richard (24 de novembro de 1991). "Jackson's 'Dangerous' Departures; Stylistic Shifts Mar His First Album in 4 Years".The Washington Post.
↑Boepple, Leanne (1 de novembro de 1995).Scream: Space Odyssey, Jackson-Style.(video production; Michael and Janet Jackson video)29. Theatre Crafts International. p. 52.ISSN1063-9497.
↑Bark, Ed (26 de xuño de 1995). "Michael Jackson Interview Raises Questions, Answers".St. Louis Post-Dispatch. p. 06E.
Lewis, Jel D. (2005).Michael Jackson, the King of Pop: The Big Picture: the Music! the Man! the Legend! the Interviews: an Anthology. Amber Books Publishing.ISBN978-0-9749779-0-4.
Noonan, Damien (1994).Michael Jackson (Audiolibro). Carlton Books.ISBN1-85797-587-1.