Asmicas son un grupo de minerais constituídos porsilicatos depotasio,aluminio,magnesio eferro. Son uns minerais exfoliables en láminas moi delgadas e flexibles, dunha dureza moi baixa e moi brillantes. As variedades principais da mica pola súa abundancia son abiotita e amoscovita.
As micas figuran entre os minerais máis abundantes da natureza. En total constitúen aproximadamente o 3.8% do peso da codia terrestre, encontrándose, fundamentalmente, enrochas intrusivas ácidas e xistos micáceos cristalinos.Encóntranse na natureza canda outros minerais (cuarzo,feldespato) formando vetas dentro derochas, xeralmente, duras. É necesario realizar voaduras das rocas para despois eliminar os minerais estraños e obter así a mica en bruto. O rendemento desta explotación é moi baixo. A mica en bruto é posteriormente exfoliada, recortada e exfoliada de novo para pasar a ser clasificada de acordo co tamaño dos cadrados obtidos. Posteriormente, é clasificada de novo atendendo átransparencia, contido de minerais estraños, lisura da superficie etc.
No 2005,India tiña os maiores depósitos de mica no mundo.China era o maior produtor de mica con case un terzo de participación global seguida polosEstados Unidos,Corea do Sur e oCanadá, segundo aBritish Geological Survey.
As micas acostuman aparecer en forma de cristais tabulares hexagonais.
Segundo sexa a súa composición química as micas presentan diferentes variedades distinguibles de forma simple pola súa cor:
- Biotita, de cor negra ou parda, ou negra escura, e en ocasión pode ser de cor marela pálida. Contén potasio, magnesio, ferro e aluminio e ten un fortebrillo.
- Flogopita, de cor parda marela, verde ou branca. É transparente en capas delgadas e perladas ou vítreas en bloques grandes.
- Lepidolita, de cor violácea ou rosa a branca agrisada. Conténlitio e aluminio. O seu brillo é perlado e é translúcido. A súa composición depende das súas cantidades relativas de Al e Li en coordinación octaédrica. Caracterízase por ser insolúbel en ácidos, a súa exfoliación micácea. Para distinguila da moscovita, realizase unensaio de chama, pois a lepidolita dá lugar a unha chama de cor carmesí (debido ao litio)
- Moscovita, de cor branca, agrisada, verdosa, amarela ou vermella clara. Conténpotasio ealuminio. Está presente en rochas ígneas ou metamórficas como ogneis e os xistos. A mica moscovita, polas súas propiedades, é mellor que a flogopita. Presenta mellores propiedades eléctricas, máis resistencia mecánica, é máis dura, flexíbel e elástica.
- Margarita, de cor rosada, branca ou gris. Contén calcio e aluminio. Presenta brillo vítreo a perlado e é translúcida. Unha pequena cantidade de sodio pode substituír o calcio. A estrutura dioctaédrica é similar á da moscovita, mais diferéncianse en que a margarita ten unha maior cantidade de aluminio.
É frecuente a presenza de mica engranitos,pegmatitas,lousas,gneis,xistos micáceos e en todo tipo de rochas ricas ensilicio.
As particulares características deelasticidade,flexibilidade e resistencia á calor das láminas de mica fan que constitúan un bo material para a industria debido as súas propiedades comoillante eléctrico e térmico. A mica utilízase en aplicacións de alta responsabilidade como illamento de máquinas dealta tensión e gran potencia,turboxeneradores,motores eléctricos, e algúns tipos decondensadores. Debido a que a mica mantén as súas propiedades eléctricas cando se quenta até varios centenares de grados, considérase un material daclase térmica alta. A temperaturas moi altas, a mica perde a auga que contén e perde transparencia, o seu espesor aumenta e as súas propiedades mecánicas e eléctricas empeoran. A temperatura á que a mica comeza a perder a auga oscila entre 500 - 600 °C para a micaflogopita e 800 - 900 °C na micamoscovita. A mica funde a 1.145 - 1.400 °C.